Móvete mostra o seu desacordo a ampliación da alameda

cartaz boneco CDende móvete (movemento veciñal estradense) queremos expresar o noso total desacordo co goberno municipal con respecto a aprobar unha inversión de 1,5 millóns de euros para a ampliación da alameda no derradeiro pleno desta lexislatura. A ampliación da Alameda é sen dúbida unha proposta moi apetecible para a vila de A Estrada, pero, na xestión pública como nas economías domésticas, non se trata só de que apeteza ou non, trátase de que economicamente sexa viable. Trátase de non seguir hipotecando as arcas municipais que se manteñen cos impostos de tódolos estradenses.

Xustifica o alcalde que ampliar a alameda ata a rúa Castelao era un dos puntos do seu programa, e será certo, pero se ó longo da lexislatura non foi quen de levalo a cabo, por qué comprometer ó vindeiro goberno con esta inversión?

Do mesmo xeito, o señor alcalde síntese avalado para tomar esta decisión por máis de 1500 sinaturas recollidas no ano 2000, fai 15 anos.

Está seguro o alcalde de que os veciños teñen as mesmas necesidades agora que hai 15 anos.

É se lle damos a elixir á cidadanía entre ampliar 4.000 m2 a alameda ou mercar 100.000 m2 de terreo nunha zona moi próxima ó núcleo urbano investindo un terzo do orzamento que o goberno di que ten disposto para esta inversión.

En móvete temos moi clara cal é a necesidade actual do pobo, é por iso, que cando cheguemos ó goberno, o concello poñerá á disposición dos veciños 10 hectáreas de zona verde que serán destinadas, entre outras cousas, a xardín e parque botánico, a sendeiros Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O PSOE anuncia que votará en contra da RPT no pleno de hoxe

06Xosé Antonio Dono anunciaba este martes a súa disconformidade coa RPT que se propón aprobar o goberno no pleno desta noite.

Según o lider socialista a RPT non está avalada por ningunha empresa, senon, según os informes, elaborada pola propia alcaldía. Ademáis non está adaptada a nova Lei de Emprego Público, indica.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG comprométese a dinamizar o sector turístico do concello

BNG2O candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía da Estrada, Xosé Magariños, reuniuse na tarde hoxe con representantes do sector turístico do concello para achegarlle as propostas do BNG e escoitar as demandas do sector.

O actual concelleiro nacionalista explicou que “na Estrada non temos praia, pero temos un rico patrimonio que está a monte e está sen explotar desde o punto de vista turístico -a Torre e o Pazo de Guimarei son un exemplo-, a posta en valor das potencialidades turísticas das que dispoñemos e, convertidos estes recursos en produtos turísticos serán a nosa prioridade se os veciños e veciñas da Estrada confían en nós para o futuro goberno municipal”.

“Así”, explicou Magariños, “aproveitando o singular patrimonio material e inmaterial (arquitectónico, paisaxístico, etnográfico, gastronómico, micolóxico, literario, musical, etc) crearanse diferentes paquetes turísticos cos que incentivar a visita de turistas á Estrada onde se combine o aloxamento, a manutención así como as visitas ás diferentes contornas do Concello da Estrada.” “Tamén apostamos pola elaboración dun plan de dinamización turística contando co sector (bares, restaurantes, casas de turismo rural… )”, explicou Magariños.

“Por outra parte”, afirmou o candidato do BNG-Asembleas Abertas, “tamén recollemos e asumimos como propias dúas propostas que nos fixeron, que son a unificación da sinalización das casas de turismo rural e a instalación de paneis informativos sobre as excelencias turísticas do concello nas principais vías de comunicación da Estrada”.

BNG de A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Fundación Cultural acollerá un Curso de Formación "Educar en Cooperativismo"

Educar en cooperativismoDende a aula da rede Eusumo da Fundación Cultural da Estrada e a Concellería de Educación do Concello da Estrada, levarase a cabo o  Curso de Formación EDUCAR EN COOPERATIVISMO, impartido por UCETAG en colaboración coa Consellería de Traballo. Consta de 20 horas de formación: 16 horas presenciais e 4 de prácticas. Terá lugar os días 12,13,19 e 20 de maio de 2015 de 16:30 a 20:30 h na aula da Fundación Cultural de A Estrada, sita na segunda planta do Edificio de Usos Múltiples (Av. Benito Vigo, 104, 2º A Estrada)

• DIRIXIDO A:

Profesionais da educación, do ensino, a educación social, o tempo libre e outros ámbitos

• OBXECTIVOS:

–          Presentar metodoloxías e recursos para transmitir os valores cooperativos a rapaces e rapazas de 6 a 16 anos.

–          Reforzar as competencias educativas na transmisión do cooperativismo.Educar en cooperativismo2

–          Orientación ao autoemprego cooperativo como alternativa laboral.

• METODOLOXIA:

Traballo práctico con unidades didácticas para as distintas idades.

• INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

986866149 / teresa@ucetag.org

986570997 / aedlestrada@gmail.com

ACTIVIDADE GRATUITA

Fundación Cultural da Estrada e Concellería de Educación

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG presenta o seu programa electoral para o rural

BNG1Magariños presenta como principal obxetivo recuperar un rural productivo no que se poida vivir e traballar. Para acadar esto dan a coñecer  29 prospostas que incluen no seu programa electoral e cas que se pretende conseguir creación de postos de traballo, mellora dos servizos no medio rural para asentar alí máis poboación e prezos rentables para os productos agrícolas e gandeiros.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

López defende a aprobación da RPT que elaboraron durante o último ano e medio

09López defende a aprobación da RPT na que se rapartirán 200.000 euros ao ano entre máis de 60 funcionarios para compretar as nóminas.

O rexedor negou que o concello recibirá a sentencia anunciada polo principal partido da oposición nos pasados días e recomendou a Dono «que tivera coidado» xa que moitos dos dereitos dos traballadores, que agora están gañando demandas ao concello, foron adquiridos «por debaixo da mesa» durante o goberno socialista.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Magariños insta ao alcalde a visitar a desfeita da praia fluvial de Barcala e asumir responsabilidades

BNG Barcala2Os nacionalistas insisten no dano á vexetación e á paisaxe, mentres as autoridades competentes miran para outro lado

O concelleiro do BNG e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, amosouse “perplexo e sorprendido” polas declaracións do tenente de alcalde, Juan Constenla, que reflectían os
medios de comunicación o pasado domingo “porque no canto de asumir a súas
responsabilidades na desfeita da praia de Barcala tiran para adiante como se nada pasara, esgrimindo un proxecto que pode estar moi ben sobre o papel, pero non ten nada que ver co que se executou na praia fluvial”.

“Alí houbo unha ampliación do carreiro natural”, engadiu Magariños, “as fotos que sacamos no seu día falan por si soas, e pode verse con claridade que non utilizaron desbroce manual para limpar o carreiro, utilizaron unha escavadora provocando un forte impacto na paisaxe e danos á vexetación e á paisaxe”.

“A foto que divulgou o tenente alcalde é efectivamente parte do carreiro natural que non se veu afectado pola desfeita”, explicou Magariños, “pero paralelamente a este, na praia e río arriba o concello abriu un camiño cunha escavadora onde antes non había tal camiño, segundo reflicten os planos que consultamos, ocultando completamente o carreiro existente”.
Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario