A CAMPAÑA DE INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN “A ESTRADARECICLA” CHEGA AOS CENTROS EDUCATIVOS

O Concello da Estrada continúa coa súa campaña “A
Estrada Recicla”, de información e sensibilización sobre a importancia de que os
cidadáns teñan un extenso coñecemento do lixo que se ten que depositar en cada
contedor, de maneira que se poida reducir a porcentaxe de impropios que se arroxa a
cada un deles. Despois dunha primeira parada a pé de rúa, o material divulgativo e as
charlas de concienciación chegaron tamén aos sectores máis novos da sociedade
estradense a través de actividades nos centros educativos. Os primeiros foron o CEIP O
Foxo, o CEIP Cabada Vázquez de Codeseda eo CEIP Manuel Villar Paramá (Vea).
Dentro da calendarización deseñada, estas xornadas volverán este mércores á zona
peonil do casco urbano, aproveitando a xornada de feira, e o material informativo
chegará tamén o sábado ao entorno do Novo Mercado. A intención do Concello é que
estas sesións recalen tamén en novos centros educativos e nas parroquias, contando
asemade cunha xornada no casco urbano coa participación de diferentes colectivos.
A través dunha posta en escena moi visual e coidada, os veciños reciben nesta campaña
información de primeira man sobre o funcionamento de cada un dos colectores da
recollida selectiva, sobre o punto limpo e tamén sobre a implantación do chamado
quinto contedor, o de cor marrón que se destinará especificamente aos residuos
orgánicos.
O Concello da Estrada mobiliza cada día 20.000 quilogramos de lixo ata a planta de
Sogama en Cerceda, o que equivale a unha media dun quilo por veciño e día. Neste
volume estímase todo o arroxado aos colectores, coa excepción dos iglús destinados ao
vidro. O obxectivo que se marca o goberno con esta campaña de concienciación é
reducir o actual 50% de impropios, tentando rebaixalo ao 20%.

Publicado en Portada | Deja un comentario

ABREN A ENTREGA DAS ACTAS DE OCUPACIÓN PARA PROLONGAR AAUTOVÍA AG-59 ATA O ROLLO, CON 214 FINCAS DUNS 170PROPIETARIOS AFECTADAS

 A unidade técnica chegou hoxe ao Teatro Principal, onde permanecerá
instalada ata este xoves.
 A edil Amalia Goldar participa no proceso como representante do
Concello no que se efectúa a expropiación.

A titular estradense de Urbanismo, Amalia Goldar,
visitou esta mañá aos técnicos da unidade desprazada esta semana ata o Teatro
Principal da Estrada para facer entrega das actas de ocupación dos terreos que serán
expropiados para poder prolongar a autovía Santiago-A Estrada ata O Rollo, xa na
parroquia estradense de Santa Cristina de Vea. En relación ás 212 fincas que finalmente
están suxeitas a este trámite de expropiación están citados para estes días arredor de
170 propietarios.
Este servizo quedou instalado a primeira hora desta mañá no piso superior do Principal,
onde serán atendidos os propietarios afectados ata o vindeiro xoves. Haberá citas de
mañá e tarde ata o mércores, de xeito que o xoves só se preste atención ao público en
horario matutino.
Ademais de proceder a asinar cos propietarios dos terreos as actas de ocupación, o
persoal desprazado ata A Estrada entregará tamén as notificacións de intento de mutuo
acordo e a folla de valoración polas fincas que se ven afectadas pola prolongación da
AG-59.
Amalia Goldar participa neste trámite como representante do concello onde se realiza
esta expropiación. De feito, a conselleira de Urbanismo ten que asinar as 600 actas de
ocupación que será entregadas, tal e como se avanzou nos últimos días.
Namentres se avanza neste proceso, a Xunta de Galicia ten xa en fase de licitación as
obras que suporán xa a ocupación destes predios, traballos que continuarán esta vía de
alta capacidade libre de peaxe dende Pontevea ata O Rollo. Contan cun orzamento de 33
millóns de euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata ovindeiro 24 de xuño, coa previsión de que os traballos poidan comezar no outono. O
prazo de execución estenderase ata finais de 2028.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A HOSTALERÍA RESPALDARÁ A XII FEIRA DA SIDRA APORTANDO UNHADECENA DE POSTOS CON TAPAS A 4 EUROS E RACIÓNS A 7

 Os seus pratos, varios deles con presenza de sidra ou mazá, serviranse no
horario matutino da degustación sidreira, dende as 12.00 ata as 15.00.
 A organización baralla unha venta anticipada destes tickets, logo de
teren comezado xa coa que distribúe os vasos e que se programa nas
xornadas de feira dos mércores e sábados.
 Adquirindo o vaso conmemorativo desta edición a 7 euros, poderá
degustarse a sidra dos 24 lagares participantes.

Concello da Estrada e Asociación Maceira e Sidra
traballan estes días de xeito coordinado nos últimos preparativos que comporta a
organización da XII Feira da Sidra, que se celebrará na Praza da Constitución o sábado 7
de xuño. O edil de Promoción Económica, Óscar Durán, confirmou hoxe a implicación da
hostalería local para acompañar a degustación de sidra de diferentes tapas e racións
pensadas coma unha boa maridaxe cos caldos que ofrecerán os 24 lagares presentes na
cita.
Segundo os datos que barallaba hoxe o edil, serán unha decena de postos os que se
instalarán nun extremo do recinto, previsiblemente no lado oposto ao palco da música.
Todos eles ofrecerán tapas a un prezo de 4 euros e racións a 7 euros, quedando á súa
elección se son propostas salgadas ou doces.
• Malo Será. Terá tapa de Fajita de polo, por 4 euros.
• A Casa do Pan. O seu serán dúas tapas (4€ cada unha): Empanada de carne e
torta de mazá.
• O Candil de Silvia. Tamén escolle dúas tapas: Cochinita asada tipo pibil e Flan de
queixo.
• Velis Nolis. Kokotxas con fabes (ración, 7€), Fideua de choco e gamba (tapa e
ración) e mexillóns con vinagreta de sidra (tapa e ración).
• Río Liñares. Ensaladilla (tapa) e Bocata pulled pork á sidra (ración).

• A Fogaza. Bolo preñado (tapa).
• O Lar. Tortilla española (tapa) e Bocadillo de xamón asado (ración).
• A Artesa. Terá dúas tapas: pizza e empanadilla de mazá.
• A Riala: Arroz con cogomelos (tapa e ración).
• A Lacena de Chucha: callos e fabada (tapas e racións).
Durán explicou que a organización está contemplando agora a posibilidade de poñer
tamén en venta anticipada os tickets de tapas e racións, ao obxecto evitar ou reducir as
colas. Precisou que, en todo caso, esta venta limitaríase aos establecementos que
participan na Feira da Sidra o día 7.
Vasos xa á venda
Neste senso, cómpre sinalar que a venta anticipada dos vasos que se empregarán este
ano na degustación de sidra está xa en marcha dende o pasado sábado. O mércores
volverá estar operativa, xa que os vasos facilitaranse (a un prezo de 7 euros cada un) no
Novo Mercado os días de feira, tanto nas xornadas do mércores como nas do sábado.
De xeito individual, cada persoa que teña un destes vasos poderá consumir, as veces que
desexe, de todas as sidras presentes nesta gran mostra. Este ano hai récord de
participantes, con 24 lagares de cinco países.
Cómpre indicar que a degustación da hostalería limitarase ao horario matutino da feira,
de 12.00 a 15.00. A tarde resérvase unicamente a saborear a sidra dos diferentes lagares
presentes, dende as 19.00 ata as 21.00. Nas dúas partes da feira haberá ambientación
musical, de mañá a cargo de Os Bregadiers e Señora DJ e, pola tarde, con Rebelda Band e
Fanfarria Takikardia. Ademais, xa contando coa iniciativa privada, haberá tardeo na Rúa
Serafín Pazo, cubrindo o tempo sen actividade na Praza da Constitución.

Publicado en Portada | Deja un comentario

RADIO ESTRADA ACTUALIZA A SÚA IMAXE E SOMÉTEA A VOTACIÓNPÚBLICA

 A emisora municipal propón dúas opcións de novo logotipo no
marco do seu 30º aniversario.
 A votación estará aberta do venres ao luns a través das redes
sociais e WhatsApp.

– Radio Estrada continúa coas actividades
conmemorativas do seu trixésimo aniversario cunha nova iniciativa de participación
cidadá. A emisora municipal renova a súa imaxe de marca e quere contar coa
opinión da veciñanza para elixir o novo logotipo que a representará nos próximos
anos.
A cidadanía poderá escoller entre dúas propostas diferentes de logotipo, que
serán sometidas a votación pública desde o venres ata o luns. As opcións estarán
dispoñibles para consulta e votación a través de dúas canles:
– A páxina de Facebook oficial de Radio Estrada (Radio Estrada 107.7)
– O número de WhatsApp da emisora: 644 165 966
Con esta acción, Radio Estrada reafirma o seu compromiso cunha comunicación
próxima, participativa e adaptada aos novos tempos. A renovación da identidade
visual forma parte dun proceso máis amplo de actualización que a emisora está
a desenvolver neste ano tan especial.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO INFORMA DO APAGADO DEFINITIVO DA CENTRAL DECOBRE DO CASCO URBANO ESTRADENSE O VINDEIRO 27 DE MAIO

 O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, sinala que
queda completado así o proceso de eliminación das antigas liñas de
cobre no municipio.
 Aínda que non se agardan incidencias relevantes nesta última fase,
dende o Concello recoméndase verificar coas compañías contratadas
que a liña está correctamente adaptada.

O edil estradense de Novas Tecnoloxías do Concello da
Estrada, Manuel Magariños, informou esta mañá de que o vindeiro martes, 27 de maio,
está programado o apagado definitivo da central de cobre do casco urbano,
completándose deste xeito o proceso de eliminación das antigas liñas de cobre do
municipio, impulsado por Telefónica e autorizado pola Comisión Nacional dos Mercados
e da Competencia (CNMC).
Magariños explicou que ao logo do ano 2024 xa se levaron a cabo os apagados das
centralitas do rural, concretamente entre os meses de maio e outubro, afectando a
diferentes parroquias e zonas dispersas. Ao longo deste tempo, as compañías foron
actualizando progresivamente as liñas dos usuarios á fibra óptica ou outras tecnoloxías,
polo que a incidencia prevista desta última fase será baixa.
Porén, dende o Concello recomendouse hoxe que os cidadáns verifiquen coa compañía
que teñan contratada que a súa liña estará correctamente adaptada, aos efectos de
evitar calquera posible interrupción do servizo que teñen contratado. Neste senso, as
operadoras facilitaron unha serie de contactos para xestionar calquera dúbida ou
migración pendente.
• R: 1449 / WhatsApp 604 02 97 77 / https://mundo-r.com/es/contacto
• Orange: 1470 / WhatsApp 653 85 00 85
• Jazztel: 1565 / WhatsApp 640 12 32 43
• Telefónica: 900 410 646, ou 1004

“Este apagado supón o peche dunha etapa na infraestrutura de telecomunicacións da
vila. Afortunadamente, grazas ao traballo previo das operadoras, a maior parte das liñas
xa foron adaptadas e non se agarda unha afectación relevante”, sinalou o concelleiro de
Novas Tecnoloxías. Manuel Magariños engadiu que o Concello da Estrada continúa
colaborando coa AMTEGA e a FEGAMP para garantir “unha transición dixital completa e
ordenada, tanto no casco urbano como no rural”, sinalou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA VIVIRÁ A XII CARREIRA NOCTURNA O 21 DE XUÑO

 A inscrición quedará aberta este venres, manténdose ata o 19 de xuño.
 Preludio das festas patronais de San Paio, os participantes percorrerán
de noite un circuíto urbano de 4 quilómetros, con dúas voltas para a
categoría absoluta.

– O Concello da Estrada, en colaboración con Atletismo A
Estrada, ten xa moi avanzada a organización dunha nova edición -a duodécima- da
carreira popular Estranoite, tamén coñecida como a Nocturna Estradense. O evento
marca, tradicionalmente, o inicio das festas patronais de San Paio, enchendo as rúas do
casco urbano de animación.
Como o seu propio nome indica, a proba desenvólvese de noite, conferíndolle un
atractivo maior a esta saudable práctica deportiva, por un circuíto completamente
urbano de asfalto. O percorrido é de 4 quilómetros, se ben a proba absoluta completará
unha distancia de 8, tendo os participantes que dar dúas voltas ao mesmo.
Tanto a proba absoluta como as probas escolares celebraranse en circuítos pechados e
valados. Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados. A organización
contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que colaborarán no
control da carreira. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da FGA.
O departamento municipal de Deportes abrirá as inscricións para a Nocturna dende
mañá venres, 23 de maio, manténdoa ata o mércores día 19 de xuño. Pecharase ás 23:59
horas. A única forma de inscribirse é a través da web http://www.emesports.es (única
forma de inscrición).

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ADMITE 44 SOLICITUDES DE CLUBS E DEPORTISTASINDIVIDUAIS PARA DISTRIBUÍR 204.100 EUROS EN SUBVENCIÓNS

 Entre elas, 23 corresponden a clubs ou asociacións e outras 6 a
deportistas individuais.
 A nova liña de axudas para eventos deportivos, dotada con 100.000
euros, estréase cun total de 15 peticións formalizadas.
 Con respecto ao ano pasado, quedan fóra da convocatoria da liña de
actividade cinco solicitantes, tres por presentar fóra de prazo e dous
porque non chegaron a cursar a solicitude.
 Sumánse a estas subvencións tres novas entidades.

–

O departamento municipal de Deportes do Concello da
Estrada deu a coñecer hoxe o número de subvencións a clubs deportivos e deportistas
individuais que están xa en valoración ao abeiro da convocatoria de axudas 2024/2025,
logo de que rematara o prazo para a presentación de solicitudes. A administración
municipal admitiu un total de 44 peticións.
Así, desta volta e dentro da convocatoria anual habitual, o Concello admitiu a trámite 29
solicitudes, 23 delas vencelladas a clubs e asociacións e outras seis ligadas a deportistas
individuais. Entre todos eles distribuirá un total de 104.100 euros, aplicando para cada
caso os correspondentes criterios de baremación.
As seis subvencións a deportistas individuais que se presentaron foron admitidas na súa
totalidade. Pola contra, no caso dos clubs, optan a axuda 23 entidades, quedando
excluídas tres peticións desta convocatoria por presentar a solicitude fóra de prazo,
aínda cando se trata de clubs que tradicionalmente viñan beneficiándose destas axudas
anuais do Concello da Estrada. Ademais, outras dúas entidades habituais nesta listaxe
non figuran entre as que se beneficiarán nesta convocatoria porque non chegaron a
presentar a correspondente solicitude.
Os clubs que si presentaron documentación en prazo e optan a recibir unha destas
achegas económicas municipais son Atletismo A Estrada, Estrada Futsal, ACD Veteranos
Berres, Figueiroa Estrada Pádel, Club Ciclista Estradense, Peña Ciclista Bikestrada,
Carracedo Competición, CNS A Estrada, CAI A Estrada, Club Ximansia Estrada, Vea C.F.,

Sport Team A Estrada, EEFB, Club Bádminton A Estrada, Estrada Fútbol Sala Feminino,
CD Estradense, Sincroburbullas, Club Budoyama Karate, CBD Sondodance e CD Berres. A
eles súmanse outros tres que acceden á convocatoria por vez primeira: A Cambadela
Loita, Club RC A Estrada (radiocontrol) e Escudería San Paio.
Para eventos
Por outra parte, na nova liña de axudas convocadas este ano por Deportes A Estrada e
dotadas cunha partida de 100.000 euros, o departamento que dirixe Ismael Pena ten
contabilizadas 15 solicitudes en prazo e forma.
Esta nova convocatoria de axudas en réxime de concorrencia competitiva respaldará os
eventos deportivos de carácter puntual que poidan ser desenvolvidos no Concello da
Estrada entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de agosto de 2025 por entidades ou
asociacións deportivas legalmente constituídas, sen ánimo de lucro e que teñan unha
repercusión social, económica e turística, ademais de servir como escaparate e
promoción da actividade física entre a cidadanía estradense.
O importe destas novas subvencións calcularase en consonancia cos criterios de
valoración recollidos nas bases publicadas o pasado mes de marzo. En todo caso, non
poderán superar o 60% do orzamento presentado para a competición ou evento
deportivo. Os importes máximos de cada categoría serían de 12.000 euros na categoría
internacional; 9.000 en categoría nacional; 6.000 na autonómica; 3.000 na provincial e
1.500 euros de máximo na categoría local.

Publicado en Portada | Deja un comentario