O Camiño de Santiago en Ruta

FormatFactoryFoto 1-4-15 13 13 56Senderuta en colaboración có Concello de A Estrada e a Deputación de Pontevedra organiza 6 rutas, duns 20 km, para realizar o Camiño de Santiago dende Sarria.

Os interesados poden participar en unha ou varias rutas estando as prazas limitadas ao aforo do autocar (53 prazas) con saída dende A Estrada. O prezo para acudir a unha etapa é de 12€ por persoa e dependerá da dispoñibilidade de prazas no autocar. Tamén se pode solicitar un bono para as 6 etapas de 55€ por persoas, neste caso a praza de autocar xa quedaría reservada para todas as rutas.

As etapas son as seguintes: Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Igrexa, Portada | Deja un comentario

O PSOE considera que non se pode desarrollar o PXOM sen solucionar o conflicto xurídico

mIMG_8849Na mañá de onte os socialistas estradenses, representados por Xosé Antonio Dono, Belén Louzao e Montse Maceiras, compareceron en rolda de prensa para facer valoración dos últimos anuncios do goberno local.

O líder do PSOE, Xosé Antonio Dono, asegura que o alcalde minte cando di que ten fondos para expropiar os terreos da alameda. Os mesmos terreo que pertencen aos veciños que teñen o PXOM no Supremo, motivo polo que cre «que no momento que se intente esa expropiación o único que vai conseguir o alcalde é outro pleito». Para que esto non suceda «o primeiro que hai que facer có PXOM antes de desarrollar nada é solucionar o conflicto xurídico», engade.

«Primeiro atraer empresas e emprego e logo a diversión»

En canto a recente polémica de se sería mellor unha gran zona verde ou varias máis Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG denuncia que o PP é contrario a impulsar a Feira do Móbel da Estrada, así como o propio sector

IMG_6663Ao PP tráelle sen coidado o sector do móbel. Nin máis cartos para a Fundación nin plan específico para impulsar o sector

O deputado do BNG, Daniel Rodas, di que a Feira do Moble é o escaparate do sector da madeira e do moble do concello de A Estrada pero tamén para o conxunto do País.

Unha actividade que dá emprego a 13.000 traballadores, supón o 4% do PIB e que reflicte un modelo económico, que xera valor engadido, paga impostos na Galiza, fixa poboación e comparte obxectivos co contorno en contraposición a outro modelo que facilita a implantación de grandes transnacionais, precariza o emprego e condicionan un modelo forestal e rural baseado na desertización do monocultivo e no abandono.

Nos tempos que corren e coa dureza en que se está a vivir a crise non é de recibo que a Xunta invista *unicamente 45.300 euros* na Feira do Moble que é referencia do sector no noroeste peninsular. Esta falta de compromiso por parte do goberno de Nuñez Feijóo sumase a demanda de máis dunha década que industriais e comerciantes veñen reclamando o desenvolvemento do polígono sectorial da Cidade do Moble para poder darlle resposta as necesidades empresariais da comarca e regularizar as falcatruadas que os gobernos populares teñen consolidade urbanisticamente no concello da Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os cabaleiros de Riobo fan o Camiño de Santiago

foto-1-4-15-23-49-29Os Cabaleiros de Riobó estan a facer dende onte o Camiño a Santiago,son usn nove compañeiros, uns a cabalo e outros fan a asistencia en coche. Sairon esta mañá dende o Cebreiro, comeron en Triasca e pasaran a noite en Sarria, polo momento din que o camiño foi bo e esperan que así sexan os vindeiros dias.

 

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Xa está todo disposto para a III Ruta Cabalar dende A Lanzada a Sabucedo

mg_7308Os días 1 e 2 de Maio terá lugar a III Ruta Cabalar A Lanzada – Sabucedo, organizada por Asociación Rapa das Bestas.

Recorrerán 8 concellos (O Grove, Sanxenxo, Meaño, Meis, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo e A Estrada) pasando a noite en Pontevedra.  Este video pertence a primeira ruta.

Redacción e vídeo: Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Horario das misas de Semana Santa na Igrexa de San Paio de A Estrada

img_4842Mércores Santo

20:00 horas: Misa rezada

20:30 horas: Celebración comunitaria da Penitencia (confesións)

Xoves Santo

20:00 horas: Celebración Solemne da cea do Señor

Seguidamente Procesión do Cristo Atado á Columna.

23:00 horas: Hora Santa

Venres Santo

12:00 horas: Vía Crucis Solemne

20:00 horas: Celebración solemne da morte do Señor

Seguidamente Procesión do Santo Enterro

img_5337Sábado Santo

Durante a mañá, visita e comuñón ós enfermos (avisar párroco)

23:30 horas: Solemne Vixilia Pascual

Domingo de Pascua

10:15 horas: Misa rezada

12:30 horas: Celebración solemne da Pascua de Resurrección, con bautizos

20:00 horas: Misa rezada

Publicado en Igrexa, Portada | Deja un comentario

Olaia Fdez. Davila pregunta a fomento se "desta vez o anuncio de licitación da variante de A Estrada se vai cumprir ou será outro anuncio electoral como sucedeu no pasado

logobngA deputada do BNG rexistrou unha batería de preguntas ao Ministerio para saber as datas concretas de inicio da execución dunha infraestrutura viaria necesaria e que leva anos en espera.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para preguntarlle ao Ministerio de Fomento en que data se vai licitar a variante da N-640, a variante de A Estrada, e se garantiza que se vai licitar neste ano esta esperada infraestrutura viaria.

A deputada do BNG explica que o proxecto de construción da variante de A Estrada leva anos no “limbo do inmaterial sen que se avance nin un ápice na súa realización”. Lembra que o BNG presentou numerosas iniciativas ao longo destes anos pero Fomento nunca pasou dos anuncios electorais. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario