López reitera que a ampliación da alameda é "unha realidade" e dille a Dono que "pasóuselle o arroz"

02Destaca que «hai cartos para levala a cabo» pola «boa xestión económica do goberno» e e lembra que «se fora por Dono agora mesmo habería edificios nesas parcelas e facturas sen pagar nos caixóns»

O candidato popular acusa ao socialista de «pretender que os estradenses paguen politicamente as súas frustracións persoais por perder as eleccións en 2011»

«A lamentable estratexia de oposición de Dono foi estar tres anos coma o boneco Wally, perdido non se sabe onde, e vir agora a criticar, mentir e difamar, pero a xente lémbrase do que fixo e do que non cando era alcalde», sostén López O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López, replica ás afirmacións do candidato socialista sobre a ampliación da alameda asegurando que «non é unha promesa, senón unha realidade» porque «hai cartos para levar a cabo as expropiacións grazas á boa xestión económica deste grupo de goberno».

«Se fora por Dono xa sabemos que agora mesmo non se podería facer a ampliación por dous motivos: o primeiro é que xa habería edificios construídos nesas parcelas e o segundo é que non habería cartos e si facturas sen pagar nos caixóns, que foi a herdanza que nos deixou a este goberno e a todo o pobo da Estrada», manifesta José López.

01Por estes motivos, José López asegura sentirse «canso dos ataques reiterados, das falsedades a sabendas e da lamentable estratexia de oposición» de Dono, que «non aportou nin unha soa idea en positivo en todo o mandato e estivo tres anos coma o boneco Wally, perdido non se sabe onde, e que agora vén criticar, mentir e difamar e incluso pretende dar leccións, pero a xente lémbrase perfectamente do que fixo e do que non cando era alcalde». O candidato popular considera que o Partido Popular da Estrada Juan Constenla – 636 24 47 25 seu comportante «irrespetuoso no institucional e faltón no persoal» amosa que «a Dono pasóuselle o arroz da política» e só «pretende que os estradenses paguen politicamente as súas frustracións persoais por perder as eleccións en 2011».

«Mentres el andaba desaparecido, outros estabamos aquí, ao pé do cañón, traballando para solucionar a súa desfeita especialmente no eido económico, a pesares de que lle choveron de arriba 14 millóns de euros que dilapidou. Por iso hai que ter a cara moi dura para pretender agora sentar cátedra nesta materia, cando o que deixou foi pufos e facturas sen pagar», conclúe López.

Solo industrial

Respecto á creación de solo industrial, López lémbralle a Dono que «o PXOM impulsado e aprobado por este goberno contempla a creación de máis de 550.000 metros cadrados en ampliacións públicas do polígono de Toedo e 382.000 metros cadrados máis en Lagartóns». Ao respecto, sinala que actualmente, polas circunstancias do mercado, «non existe unha gran demanda e mesmo a ampliación privada de Toedo atópase á venda en prezos que poden considerarse atractivos para potenciais empresas interesadas».

PPdeG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os nacionalistas denuncian cacicadas na Estrada

krAs cacicadas na Estrada habelas hainas

O PP aumenta o ancho dun camiño de carro na parroquia de Lamas, que non estaba contemplado no proxecto de PXOM de 2010

O BNG da Estrada denuncia que a política de caciqueo do PP aumenta por momentos segundo se achega a cita electoral do 24 de maio. Así, un camiño que tiña apenas o ancho dun antigo camiño de carros no proxecto de PXOM de 2010, aparece agora no PXOM do PP transformado nunha pista máis ancha pola que collen até dous coches, tal e como se pode comprobar nas imaxes que se achegan. E este cambio faise sen que houbera a preceptiva exposición pública para que os veciños e veciñas puideran alegar a conveniencia ou non de ampliar o ancho dese camiño, que, por outra parte ten unha dubidosa utilidade pública.

Ocorre isto no lugar de Abelleira, na parroquia de Lamas, pero podería ocorrer en calquera outra parroquia do concello, onde o PP practica o caciqueo para ter contenta a súa infantería, importante para sacar un bo resultado nas eleccións municipais. E estes Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Representación da última cea na igrexa parroquial e procesión de Xoves Santo

02Unha ano máis a igrexa parroquial de San Paio acolleu os oficios do Xoves Santo e posterior Procesión do Cristo Atado á Columna.

Durante os oficios como xa é habitual varios rapaces e rapazas da vila participaron realizando a representación da Última Cea e o párroco, Xosé Antonio Ortigueira, realizaou o lavado dos pés.

Seguidamente tivo lugar a procesión cunha gran participación de fieis.

Publicado en Igrexa, Portada | Deja un comentario

Este luns comezará o petitorio para as festas de San Paio

IMG_8341Achéganse as festas de San Paio e a comisión traballa xa na confección das mesmas. Este luns Susi, Bea e Isabel, recorreran a vila realizando o petitorio para o que pretenden a cadar a cifra de 120.000 euros.

Comisión de Festas San Paio

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Orixinalidade e variedade na 4ª Edición das Santas Tapas

09A pasada noite deron comezo as Santas Tapas con moi bo ambente nos locais participantes. Falamos con Tapería O Lar, Cafetería Andalucía, O Novo Paseo, Cafetería Mimela, Mesón A Vila e Bar Scala que nos contaron en que consisten as súas tapas e Pan de Cerdedo amosounos en que consiste o seu Minicóctel, unha das novidades nesta edición das Santas Tapas.

Como vedes a variedade e orixinalidade non faltan nesta nova edición. Non volas perdades e recordade cubrir o cartón cós selos dos locais que visitedes para participar no concurso dos numerosos agasallos, e se as probades todas no sorteo do premio gordo, 650€

IMG_5684Ademais recordade que presentando o cartón selado con tan só un local dispoñedes de entradas gratis no cine da vila durante toda a Semana Santa, por cada entrada que compredes recibiredes outra de balde.

Deixámosvos a continuación unha galería con todas as tapas que participan no concurso.

 

Publicado en Asociacións, Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

Móvete aproba a primeira parte do programa de goberno baseada na transparencia e participación cidadá

11046314_450803468401150_7297928398837813225_nNa xuntanza de móvete do día 27 de marzo aprobamos a primeira parte do noso programa de goberno que será o noso compromiso cos veciñxs da Estrada para os vindeiros catro anos, e que se fixo coma o resto do programa, facendo partícipes na súa elaboración aos diferentes sectores existentes no noso concello.

Este primeiro bloque inclúe os piares dunha proposta na que cremos fondamente e que está baseada na transparencia e participación cidadá, que son as dúas políticas transversais a aplicar en todos os ámbitos municipais. A finalidade é  pasar dunha democracia representativa a unha democracia participativa e directa na que o concello este realmente ao servizo do pobo, o noso principal obxectivo será ir sempre na procura do interese xeral .

Algunhas das propostas a destacar dentro da nosa política de transparencia e loita contra o caciquismo e clientelismo actual son a creación, publicación e exposición de listas de contratación por sectores de actividade, a exposición pública dos orzamentos municipais ou a utilización dun tribunal externo ao concello en todas as oposicións que este convoque. Móvete promoverá e articulará desde o Concello as consultas populares que sexan necesarias en todos aqueles temas de importancia capital para o pobo da Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Bikestrada organiza unha serie de rutas BBT para todos os públicos

FormatFactoryFoto 1-4-15 13 35 30Na xornada de onte o clube de ciclismo Bikestrada presentou no concello acompañados do concelleiro de deportes, Ismael Pena, varias rutas que teñen preparadas para os próximas semanas.

Os sábados 11 e 18 de abril ás 17:00 horas partiran da Praza do Concello as rutas infantís cunha lonxitude duns 10 Km aproximadamente. Estas rutas, de dificultade baixa, están pensadas para nenos dende 6 a 16 anos. Será necesario a participación de algún responsable para os máis cativos e a firma dunha autorización dos pais ou titor legal para poder participar.

Os domingos 12 e 19 de abril ás 10:00 horas sairan da Praza do concello unhas rutas pensadas para todos os públicos, pero neste caso a distancia será de entre 15 e 20 Km polo que se recomendan para maiores de 12 anos. Tratase de recorridos levadeiros e con boas paisaxes.

Para finalizar o 17 de maio terá lugar a Ruta do Salmón, que partirá ás 9:30 horas da zona deportiva, subindo polo centro urbano e Praza do Concello para dar comezo unha ruta duns 45 Km. A dificutade desta ruta é media-baixa.

Recorridos das rutas: Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario