O vindeiro sábado terá lugar unha manifestación na Praza do Concello estradense contra a granxa de visóns

Sin título-1-trO vindeiro sábado 4 de Abril, tes unha cita na Praza do Concello de A Estrada as 11h00.

Empresas estranxeiras veñen a poñer granxas de visóns americanos na nosa
terra con gravísimas consecuencias para o medioambiente e torturando aos animais, para logo marchar cos cartos aos seus países deixando os nosos ecosistemas desolados.

Dende que saiu o proxecto da granxa a exposición pública tanto expertos medioambientais coma veciños intentamos advertir dos problemas que vai traer consigo a granxa de visóns que se está a construir en Parada (A Estrada). As advertencias dos expertos medioambientais foron ignoradas a pesar da forza dos seus argumentos, ao mesmo tempo que foi ignorada a voz das máis de 18.600 firmas acadadas na páxina de change.org. Sigue leyendo →

Publicado en Demandas, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O secretario xeral de política lingüística presentou onte na AGASP o primeiro manual preparatorio das oposicións a bombeiro

IMG_8794Deuno a coñecer onte á tarde na Academia Galega de Seguridade Pública, nun acto no que estivo acompañado polo director xeral desta entidade e mais polo primeiro tenente de alcalde estradense

Trátase do primeiro manual para bombeiros avalado pola Xunta de Galicia que desenvolve os temas teóricos recollidos nas últimas bases das oposicións das cidades galegas que contan con servizos públicos de extinción de incendios

Saen do prelo da man de Andavira Edicións e do bombeiro Gerardo Fernández Costa

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, presentou onte á tarde «O bombeiro galego. Temario e cuestionarios» 1 e 2, o primeiro manual preparatorio das probas teóricas ás oposicións a bombeiro avalado pola Xunta de Galicia que sae do prelo da man de Andavira Editora e do bombeiro Gerardo Fernández Costa. Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Podemos de A Estrada apoia a candidatura de A Estrada Pode e integrará membros no proceso de eleccións primarias deste grupo

Screenshot_2015-03-31-17-33-40Dende PODEMOS A Estrada sempre priorizamos a loita pola devolución dos dereitos da cidadanía, a igualdade en todas as áreas e a participación da cidadanía na xestión do desenvolvemento municipal.

É por isto que dende fai meses vimos tendo contacto con diferentes forzas políticas para procurar unha confluencia común aos comicios do mes de maio, que reflicta o verdadeiro espíritu que defende o código ético de Podemos.

Para nós era unha prioridade empoderar á cidadanía e facelo dende a honestidade, a confianza e a transparencia, polo que buscamos un acercamento e conxunción con Anova, Esquerda Unida, Equo, CxG e diferentes plataformas e asociacións. En pro dunha concurrencia forte que multiplicase posibilidades, transmitimos a esas formacións os nosos principios de actuación:

11027958_1551021918494885_8750718926553280711_n1.Primarias abertas á cidadanía para elexir a candidatura coas únicas correccións de xénero e/ou de equilibrio no reparto territorial.
2.Compromiso ético-político para a Revogabilidade dos cargos electos.
3.Limitación de mandatos e de salarios.
4.Transparencia, publicidade e rendición de contas.
5.Elaboración colectiva e aberta do Programa Electoral. Aprobación pola cidadanía.
6.Radicalidade democrática mediante fórmulas de democracia directa.
7.Auditoría da débeda municipal e seguimento dos proxectos INICIADOS.
8.Orzamentos participativos, referendos vinculantes, asembleas deliberativas. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

Benestar construirá unha escola infantil de 74 prazas no Concello de A Estrada

09A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, realizou onte, acompañada polo alcalde da localidade, José López, unha visita ao Concello da Estrada

A previsión é licitar a construción deste centro este ano, para o que se destinarán máis de 700.000 euros

Mato confirmou ademais que A Estrada contará en 2015 cun Plan Integrado de Emprego, dotado con 122.000 euros

A Consellería de Traballo e Benestar está a destinar ao Concello da Estrada máis de 800.000 euros no eido laboral e social, sen incluír o financiamento previsto para a escola

A Consellería de Traballo e Benestar construirá unha escola infantil de 74 prazas no Concello de A Estrada, segundo anunciou hoxe a titular dese departamento autonómico, Beatriz Mato, nunha visita a parcela que acollerá o novo centro.

A conselleira, acompañada polo alcalde da localidade, José López, sinalou que a previsión é proceder ao longo deste ano á contratación do proxecto a á licitación da obra. Ao respecto, explicou que con ese obxectivo o Concello está traballando simultáneamente na tramitación urbanística necesaria e na licitación do proxecto de urbanización da parcela.

O investimento na cosntrución da nova escola ascenderá a arredor de 740.000 euros, que serán cofinanciados entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de A Estrada nunhas porcentaxes de 60 e 40 por cento, respectivamente. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

A unidade de doazón de sangue estará xunto ao concello ata ás 9 da noite

2015-03-30 17.14

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A peña ciclista Bikestrada participa nunha ruta internacional por estrada

Ruta Lobios_Peneda GeresO pasado domingo 29 de marzo trece membros da peña ciclista Bikestrada parciparon nunha espectacular ruta por estrada, que tivo o seu comezo no concello de Lobios (Ourense), para dende aquí cruzar ata Portugal adentrándose no corazón do parque natural Peneda Gêres.

O percorrido non deixou indiferente a ningún dos participantes, tanto polo beleza das paisaxes que ofrece este parque natural, como pola dureza que entraña enfrontarse as súas montañas. Resultou un duro percorrido de 100 km cun desnivel acumulado duns 3.000 metros, salvando tres portos de montaña.

Dende Lobios a Portela do Home, pasando por diversos pobos dos municipios portugueses de Braga e Viana do Castelo para regresar a Lobios e poder desfrutar dun merecido xantar cun dos pratos típicos da gastronomía desta zona, que non é outro que a carne de Cachena.

A Peña Ciclista ten programada para o 21 de xuño outra ruta por estrada para os seus socios, esta vez pola serra dos Ancares. Os participantes poderán comparar se as montañas dos veciños portugueses son tan duras como as galegas.

Redacción: Peña Ciclista Bikestrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG aposta por crear varias áreas de lecer para que todas as veciñas e veciños teñan preto unha zona verde e de lecer

IMG_3861O PP concentra ás areas de lecer e o gasto do PXOM nunha única actuación

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, fixo hoxe unha valoración do último anuncio do goberno municipal do PP sobre a ampliación da alameda. O concelleiro nacionalista afirma que “é un erro centralizar todas áreas verdes e todas as áreas de lecer nun único
punto como pretende o Partido Popular”.

“O alcalde só pensa nos que viven no centro, non para os que teñen que desprazarse das zonas máis afastadas do casco urbano como pode ser Fernando Conde, a avenida de Pontevedra, a avenida de Santiago, etc”, engadiu Magariños, “nós ese modelo non o compartimos, o BNG aposta por crear varias zonas verdes e de lecer distribuídas por todo o casco para que todo o mundo teña preto unha área deste tipo”.

01“Asi mesmo”, explicou o concelleiro do BNG, “concentrar preto de 2 millóns de euros nunha actuación deste tipo é unha grave irresponsabilidade, xa que é obvio, que logo de gastar esta suma na ampliación da alameda, non haberá máis zonas verdes en todo casco urbano nin outras actuacións importantes como aparcadoiros públicos en superficie que permitan eliminar a zona hora e residencial”.
Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario