II Edición Cantos de Taberna

Este sábado dende as 18,30 déronse cita varios grupos para celebrar a segunda edición de Cantos de Taberna en A Estrada. Os grupos participantes foron, Garatuxa Gaiteiros, Media Leva, Maravallada, Muiñeiros do Sarela, O Chusco do Boi, Oa que Hai, Os Saljariteiros, Pana Raiada, Punk- Dereiteiras, Retrouso e Recanto, Reviravolta, Son das Ondas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O goberno local decide levar a cabo a ampliación da alameda ao dispoñer dos fondos necesarios para as expropiacións dos terreos afectados

Cartel ampliación alameda 28-03-15No mediodía de onte o alcalde, Xosé López, anunciaba ante os medios de comunicación a decisión do goberno local de levar a cabo a ampliación da alameda, actuación que califica de «demanda histórica do pobo da Estrada». Esta zona verde pasará a dispoñer de 4.506 metros cadrados máis no centro do pobo sumando case 12.000 metros cadrados.

Esta ampliación poderase realizar grazas ao PXOM, sendo esta a primeira actuación pública que se realizará tras a aprobación do plan xeral. Esta actuación supón a expropiación de seis parcelas pertencentes a catro propietarios. Os técnicos municipais xa valoraron esos terreos e o concello xa dispón deses cartos consignados.

O rexedor tamén valora a política económica do seu equipo de goberno grazas a cal se poderá dispoñer de fondos para realizar a urbanización da zona da Baiuca, a realización dun Centro de Día no Novo Mercado, a senda peonil en Matalobos e a mellora da traída de auga para tratar de subsanar os frecuentes cortes.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Móvete presenta unha campaña de recollida de Alimentos frescos en beneficio de Cáritas A Estrada

CARTAZ CARITAS 2 copiaA campaña de “Móvete pola Solidariedade Alimentaria” que presentamos hoxe, día 27 de marzo de 2015, e que comenzará o próximo luns, día 30 de marzo, conta coa implicación das seguintes froiterias: A horta de Vea; Froitas Sandra; Castelao; Froitas Mucha; Froitas Tucho; Froitas Lucita; Amifrut.

Os obxetivos desta campaña son fomentar a solidariedade dos veciños e veciñas da Estrada en beneficio de outros veciños e veciñas que neste momento están pasando por unha situación económica complicada, xa que todos somos susceptibles de necesitar axuda e todos queremos axudar.

Esta campaña consiste en poñer un Caixón Móvete en cada unha das froiterias colaboradoras e nos cales os clientes poderán deixar parte da súa compra, sen ser necesario unha cantidade mínima. De tal xeito que, cada persoa pode axudar en función das súas posibilidades, porque o importante é crear solidariedade cós demais. Ao final do día membros de Móvete pasarán a recoller por cada unha das froiterías os productos dos caixóns e levarannos a Cáritas, que os repartirán baixo o criterio que ten establecido.

Dende Móvete daremos conta semanalmente das cantidades de froitas e verduras que os veciños da Estrada comparten con outros veciños que neste momento os precisan. Por iso animamos a todos os que poidan a que merquen a prol da Solidaridade Alimentaria entre veciños.

Dende Móvete trataremos de extender esta campaña tamén entre as tendas de alimentación do Rural.

Redacción: Móvete – Movemento veciñal estradense

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

As Santas Tapas veñen acompañadas de cócteles, moitos agasallos e cine gratis

01Chega a Semana Santa e con ela unha nova edición das Santas Tapas con cada vez máis hostaleiros ofrecendo as súas dotes culinarias nestas pequenas racións.

Nesta edición terán lugar entre o mércores 1 de abril pola tarde ata o domingo 5. O horario será de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 horas a 23:00 horas. O prezo é de 1,50€ por tapa e este ano participan 23 hostaleiros divididos en 3 rutas.

Para participar nos sorteos dos premios será necesario ter 5 cuños cubertos de cada ruta e para obtar ao premio maior de 650€ haberá que ter feito o recorrido completo dos 23 locais.

O ano pasado tivo éxito o de enviar unha foto de grupo facendo a ruta das Santas Tapas polo que este ano non ía ser menos, o grupo ten que estar formado por un mínimo de 5 persoas e enviar a foto a info@acoe.es, publicarase no facebook da ACOE, a foto máis votada terá de premio unha caixa de Sidra Ribela e a visita ao lagar.

Ademais como novidade, este ano vaise facer unha ruta de minicócteles, tamén se cuñaran aínda que non entraran en valoración de puntuación, pero pediremos que nos digan cal lles gustou máis. O prezo do minicóctel é de 2,50€. Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Dono considera imposible a "re-promesa" da licitación da variante e solicita ao alcalde solucionar as deficiencias do centro de saúde

02O PSOE denuncia o talante electoralista das inauguracións, como esta última da AXEGA que non comezará a funcionar antes do 2016 como moi pronto, mentras os empresarios estradenses continúan sen cobrar o material suministrado.

Xosé Antonio Dono consideras electoralistas como tantas «outras inauguracións realizadas nos últimos tempos de obras sen rematar e que continúan pechadas e sen servizo».

O portavoz socialista tacha as promesas do alcalde como «re-promesas, porque xa son de 4 anos atrás». Como por exemplo que «Lagartóns ía ser o IKEA galego» e «o que hai é un novo IBI de solo urbano industrial»; «a autovía de Santiago ía estar en funcionamento no 2013» e «non está, nin se espera»; e «a circunvalación se ía mover de xeito inmediato para Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O próximo mércores remata o prazo para anotarse nos cursos de prevención de riscos laborais

Dende a Concellería de Promoción Económica do Concello da Estrada  e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada comunicase que continua aberto o prazo ata o vindeiro mércores para anotarse na formación específica de 6 horas dos cursos do convenio da construcción dos sectores de:

–                   Albañileria.

–                   Electricidade.

Para poder realizar estes cursos especificos é condición necesaria posuir o curso básico de 60 horas, completando así a formación neste ámbito de Prevención de riscos laborais.  Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG leva a “desfeita” da praia fluvial de Barcala ao Parlamento Galego

BNG Barcala2Esta é unha mostra maís do desprezo total do PP ao noso medio natural

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, acompañado por militantes da organización nacionalista acompañaron hoxe pola tarde ao deputado Daniel Rodas a coñecer de primeira man que cualificaron como “desfeita” da praia fluvial de Barcala, logo das obras
efectuadas polo concello.

O deputado nacionalista explicou que “logo de coñecer os feitos denunciados polas compañeiras e compañeiros do BNG da Estrada quixen coñecer de primeira man a desfeita efectuada polo concello da Estrada, con cartos da Xunta de Galicia e do Ministerio de Agricultura”. “A realidade supera ao que vin nas fotos que me enviaron da Estrada”, engadiu Daniel Rodas, “esta é unha mostra máis que estamos gobernados por un partido, o PP, que despreza total e absolutamente o noso país, o noso territorio e a nosa paisaxe; se non fora así non se entendería que se puidera abrir un “camiño” para “mellorar” un carreiro natural que quedou totalmente desfeito pola nova obra, e todo isto faise nunha zona da Rede Natura, que debía ter unha especial protección ambiental”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario