O PSOE de A Estrada presenta a súa candidatura ás Eleccións Municipais

IMG_3951A agrupación socialista da estrada aprobou en Asemblea, por unanimidade, a súa candidatura que acompañará a José Antonio Dono López como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio.

Esta candidatura foi avalada pola Comisión Provincial de Listas do partido e polo seu Comité Provincial na mañá de hoxe. Será ratificada polo Comité Nacional Galego o vindeiro mércores. Nas vindeiras semanas realizarase a presentación pública de todo o equipo.

“O equipo de candidatas e candidatos que me acompañan como integrantes na candidatura socialista da Estrada para as vindeiras eleccións de maio auna experiencia e renovación, incorpora ao proxecto local xente nova. Está configurada dando igual representación a mulleres que a homes, recollendo o importante peso que as parroquias e a vila teñen no noso Concello e está formada por persoas con capacidade, formación e experiencia en distintos sectores laborais. Trátase dun equipo con ilusión e ganas de traballar para ofrecer aos veciños e veciñas da Estrada outra forma de entender as necesidades locais”, comentou José Antonio Dono, candidato dos socialistas estradenses.

INTEGRANTES DO EQUIPO DA CANDIDATURA DOS SOCIALISTAS DA ESTRADA, ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2015: Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada xa conta có Centro de Emerxencias de Galicia

09No medio día de onte presentouse o novo edificio da AXEGA sito nas dependencias da Académia de Segudidade, AGASP, na Estrada. Con este motivo os encargados da xestión de emerxencias estiveron acompañados na visita ás novas instalacións polo alcalde estradense, Xosé López, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, entre outras outoridades.

Estas instalacións albergarán a 250 persoas adscritas ao 112 e 061 que se espera que dinamicen a vila ao acudir diariamente ao seu posto de traballo.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A Casa das Letras xa está preparada para a recepción da biblioteca municipal

01O pasado sábado 14 de marzo o alcalde, Xosé López, acompañado polo secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o recentemente nomeado Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, inauguraron a Casa das Letras diante dun mural do estradense Ramiro Cimadevila.

As reformadas instalacións do colexo José Antonio acollerán a biblioteca municipal, deste xeito, os estudantes que utilizan este servizo non terán os actuais problemas ao compartir edificio con outras actividades como as aulas de música do conservatorio no edificio de Usos Múltiples.

Durante a mañá da apertura a compañía «Os Bolechas» amenizou a visita ao edificio dos máis cativos con xogos populares, títeres, contacontos e outras actividades de lecer. Xa pola noite pechábanse as actividades cós concertos do quinteto de corda Queizás e a actuación do cantante Luis Iglesias.

A reforma foi realizada polo obradoiro de emprego estradense cunha inversión de 600.000 euros financiados ao 50% pola Xunta de Galicia e as arcas municipais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A vella Praza de Abastos reabre como o Novo Mercado

img_2667Despois de 3 anos de reformas o Novo Mercado de A Estrada abreu as súas portas o pasado 7 de marzo ante un gran número de veciños.

Os primeiros 500 visitantes recibiron bolsas reutilizables e posteriormente todos puderon debustar productos e bebidas locais de forma gratuita.

A distribución do Novo Mercado que consta de tres plantas repártense da seguinte maneira:

– Planta baixa (1.715 m2): 14 postos de praceiros e cafetería.

– Primeira Pranta: Centro  de alzheimer xestionado por Agadea, espazo para viveiro de empresas, centro lúdico para persoas maiores e oficinas da extensión agraria (estas últimas ata agora estaban no centro comarcal de Toedo)

– Segunda Pranta: Espazo lúdico para exposicións e terraza exterior con vistas a vila.

As obras foron subvencionadas polo FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional) con 1.300.000 euros, dos cales case 400.000 foron de aportadas polo concello, a maiores o Concello proporcionou 100.000 euros máis e a Consellería de Industria 500.000 euros.

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

Inaugúrase a primeira fase das obras de mellora da estrada Liñares – Balboa

02O sábado 28 de febreiro o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde estradense, Xosé López, desprazáronse a parroquia de Berres para realizar a inauguración das obras de mellora da estrada Liñares-Balboa, e anunciar a mellora do segundo tramo desta estrada.

Esta segunda fase terá un custo de 750.000 euros, dos cales 250.000 serán aportados polo concello e os 500.000 restantes pola Deputación de Pontevedra.

Publicado en Política | Deja un comentario

Seis comerciantes presentaron ofertas para optar aos postos vacantes no Novo Mercado

Oscar DuranÓscar Durán anuncia unha campaña para promover a ocupación dos postos restantes e augura que «será máis doado cando o edificio comece a coller vida comercial»

O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, informa que un total de seis produtores e comerciantes presentaron en prazo as súas ofertas para optar aos 11 postos comerciais vacantes no Novo Mercado.

En canto ao proceso de adxudicación, o concelleiro anuncia que nos vindeiros días
convocarase unha reunión da mesa de contratación para valorar as propostas recibidas e, no caso de que algún solicitante non aportase toda a documentación, concederlle un prazo
adicional para adxuntala. «Ademais, no caso de que varios solicitantes aspiren a ocupar o
mesmo posto haberá que resolver esta circunstancia», engade. Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A gargalladas en Vinseiro coas Lerchas

IMG_7439O dúo estradense «As Lerchas» amenizaron a noite do sábado dos veciños e veciñas de Vinseiro. As polifacéticas humoristas encheron de gargalladas o local social cós seus contos.

Pero aínda que conten contos non critican a ninguén,
non son chismosas nin espían sólo contan o que ven,
agochadas tras a persiana cando non teñen que facer.
 

Aquí vos deixamos unha ampla galería de xestos e expresións durante a súa actuación, se queredes saber a que corresponden non vos perdades a próxima función.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Humor, Portada | Deja un comentario