A Estrada acolle este sábado o Torneo da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico

10686631_1578522942395674_9160545724375762681_nA Estrada será sede este sábado do Torneo da Liga Ibérica de Fútbol Gaélico que se disputa este ano en Galicia.

Este torneo contará coa participación de máis de vinte equipos, masculinos e femininos, que chegarán dende diferentes cidades da peninsula ibérica, desprazando máis de 200 xogadores, ó noso concello.

Dende o Clube Irmandinhos A Estrada solicitaron ser a sede deste torneo da liga liga ibérica cá ilusión de que este torneo sexa escaparate e do agrado de todos os cidadáns do noso Concello e da comarca.

Así no lo presentaron na tarde de onte Andrea Piñeiro e Ramón Codesido, presidentes dos equipos de Irmandinhas e Irmandinhos respectivamente, acompañados do alcalde, Xosé López, e o concelleiro de deportes, Ismael Pena. Ao acto de presentación tamén acudiron representantes da política local entre os que se atopaban Belén Louzao, Xosé Magariños, Xosé Antonio Duro, Orlando Villamayor, Amalia Goldar e Juan Constenla, así como xogadores dos equipos do clube Irmandinhos A Estrada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Xa se coñecen as bases para o XXVII Premio de Novela "Manuel García Barros" e o XIX Premio de Poesía "Avelina Valladares"

Screenshot_2015-03-25-21-25-19O Concello da Estrada, convoca o XXVII Premio de Novela Manuel García Barros. A este certame, que concorren todos os anos gran cantidade de textos procedentes de toda Galicia e mesmo de fóra dela.

As bases, poden consultarse na páxina web oficial do premio, www.premiogarciabarros.com ou na páxina web do Concello www.aestrada.gal.

Os orixinais deberanse presentar por sextuplicado exemplar ata o 6 de maio de 2015. A dotación económica do premio é de 9.000 €, e nel colaboran a Secretaría Xeral de
Política Lingüística e a Editorial Galaxia.

Descargar Diptico Premio García Barros.

Este galardón leva 27 anos convocando a escritores/as en galego, e recuperando a vida e obra de Ken Keirades.

O Concello da Estrada a través do PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS”
(KEN KEIRADES) quere testemuñar a admiración e respecto e manter a presenza do ilustre académico e galeguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, mestre e fillo deste Concello, contribuíndo así ao espallamento da súa persoa e máis a importante achega que a súa obra fixo ás Letras Galegas.

Gañadores de edicións anteriores, foron dende “Paisaxe con muller e barco” de Manuel Forcadela, “Magog” de María Gándara, “O espírito de Broustenac” de Álvarez Cáccamo, “Tal vez melancolía” de Xoan Carlos Caneiro, “As rulas de Bakunin” de Riveiro Coello, “Un nicho para Marilyn” de Miguel Anxo Fernández, “A vida que nos mata” de Xavier López López ou “Lois e Helena buscándose nun día de tormenta” de Manuel Veiga, a “Lúa da Colleita” de Anxos Sumai ou “Máscaras rotas para Sebastian Nell” de Alberto Ramos gañador da XXVI edición do 2014.

Screenshot_2015-03-25-21-25-53Deste mesmo xeito tamén presentamos a XIX Edición do Premio de Poesía “Avelina Valladares”, cun premio de 2000 euros e cullas bases poderanse consultar na páxina web do Concello.

Os interesados en participar deberán presentar os orixinais por cuadruplicado antes do día 13 de maio. As obras poderán ser de temática libre contando cun mínimo de 300 versos e un máximo de 800.

Descargar díptico Premio Avelina Valladares.

Como ven sendo habitual estos últimos anos premio será entregado dentro do acto da Festa da Poesía, onde o ano pasado recibiu este galardón o poeta Rafa Lobelle pola obra “Andar ás apóutegas”.

Redacción: Concellería de Cultura

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Asemblea de Compromiso por Galicia da Estrada decide por unanimidade xuntar forzas á iniciativa cidadá aberta A Estrada Pode

cxglogoA decisión tomouse logo de comprobar que as outras forzas alternativas ao PP na Estrada non amosasen vontade de confluír nunha candidatura conxunta para as eleccións municipais.

CXG da Estrada concorda co redactado do Manifesto e o Código Ético por consideralos concomitantes cos seus postulados de transparencia, rexeneración democrática, defensa do estado do benestar e das persoas e do dereito a decidir dos pobos.

11027958_1551021918494885_8750718926553280711_nTras o convite realizado pola iniciativa cidadá A Estrada Pode para participarmos na asemblea de presentación deste colectivo e despois de termos estado presente na mesma, a Asemblea Local de Compromiso por Galicia da Estrada acordou por unanimidade traballar conxuntamente con todos os colectivos e cidadáns que de modo individual se adhiran á mesma para conformar unha candidatura veciñal para as próximas eleccións municipais da Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Asociación Enrólate busca persoas máis seguras e felices no ámbito educativo có Programa Treva

Screenshot_2015-03-25-19-09-32La Asociación Enrólate lleva un año trabajando para conseguir que las personas crean en sí mismas, se planteen objetivos y juntos poner en marcha un plan de acción para lograrlos. Aunque nuestra actividad principal se centra en colaborar con personas desempleadas y emprendedoras nuestra máxima siempre ha sido la sensibilización, gestión e impartición de formación de calidad para *crear oportunidades*.

Y en este sentido nace la propuesta formativa del Programa Treva con la que creemos que podemos colaborar en crear personas más seguras y felices dentro del ámbito educativo.

*¿Qué es el programa Treva?*

El Programa TREVA (Técnicas de Relajación Vivencial Aplicadas al Aula) es una propuesta de intervención pedagógica. Su misión es llevar a las aulas la RELAJACIÓN y la MEDITACIÓN desde la sencillez y el rigor científico.

Pretende dos finalidades: Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O BNG cre que "o anuncio do alcalde sobre a Variante non concreta nada en absoluto"

IMG_3877Este ano só hai orzamentado para a Variante 2,3 millóns de euros, dos 50 que custa, unha cifra insuficiente para iniciar unha obra deste calibre.

“O alcalde lanza un novo anuncio ao electorado, como quen lanza un anzol no río, a ver se cae algún voto, esa é a credibilidade que lle damos ao anuncio de López sobre a licitación da Variante”, explicou o concelleiro nacionalista, Xosé Magariños.

Para o BNG este novo anuncio “enmárcase na pre-campaña electoral na que leva inmerso o alcalde desde hai varias semanas, con inauguracións de obras sen rematar, de bibliotecas sen libros, anuncios varios, etc, pero xa lle quedan poucos días, en canto se convoquen as eleccións municipais acabáronselle as promesas a López e teremos que dar paso a avaliación dos feitos, que será cero”, engadiu o concelleiro do BNG.

Os nacionalistas da Estrada poñen en cuestión que este ano poida licitarse a Variante, “temos que ter en conta”, explicou Magariños, “que esta obra ten un custe total de 50 millóns de euros, e este ano só hai orzamentado 2,3 millóns, un cifra que para nós é insuficiente para iniciar unha obra deste custe”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O Ministerio de Fomento comprométese a licitar a variante de A Estrada para o segundo semestre deste ano

VARIANTEIRIANa tarde de onte o alcalde, Xosé López reuníase có Secretario Xeral de Infraestructuras do Ministerio de Fomento, Manuel Niño González, número 3 da ministra Ana Pastor, onde abordaron a situación do proxecto da variante de A Estrada.

Nesta xuntanza o alcalde recibeu o compromiso do Ministerio de Fomento para a súa licitación no segundo semestre deste ano. O rexedor estradense móstrase confiado da palabra do ministerio que dirixe Ana Pastor a quen define como unha política «seria e rigurosa», pero sen embargo, tendo en conta os incumprimentos de varios gobernos avoga «pola cautela e por manternos vixiantes para que ese compromiso se materialice».

O investimento rondaría os 50,5 millóns de euros nun trazado de 8,7 quilómetros que permitirían desviar o tráfico pesado do centro da vila.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Están abertos os prazos para as inscripcións nos campamentos de verán

Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que a Xunta de Galicia abriu o prazo para a presentación de solicitudes para os campamentos de verán.

Todos os interesados poderán formalizar a solicitude para a inscrición no sorteo ata o 8 de abril.

Para máis información, entrar na páxina web xuventude.net ou na ligazón
http://xuventude.xunta.es/uploads/docs/acciondeveran/2015/00_campamentos15_1.pdf

Lembramos tamén que está aberto o prazo para os campamentos de verán «A Lanzada» e os Polideportivos «Príncipe Felipe», aínda que o prazo remata o 2 de abril, no Departamento de Cultura só recollemos as solicitudes ata o xoves 26 de marzo para achegalas á Deputación.

Departamento de Cultura Concello da Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario