O Concello nin responde aos veciños por canles oficiais nin pon encima da mesa ningunha solución á situación de lastre económico sobre os afectados
Uso como arma electoral en 2011 este proxecto sen importarlle os prexuízos ás persoas, e agora ignora o problema
“Se Valle-Inclán levantase a cabeza voltaría inventar o esperpento para poder recoller a actitude grotesca do alcalde José López con respecto ao IBI do terreos da Cidade do Moble e ao propio proxecto en si”, comentou a socialista Louzao.
Nos últimos días coñecíase a preocupación dos propietarios dos terreos afectados polo proxecto da Cidade do Moble, proxecto paralizado na súa execución dende a Xunta como recoñeceu o anterior Conselleiro de PP Agustín Hernández, ao transcorrer o prazo de 6 meses de paralización no cobro do imposto de contribución de 2014. Os terreos en cuestión están sometidos ao pago do imposto de bens baixo a consideración de solo urbano industrial, a pesar de que non se ten realizado ningunha reparcelación urbana, nin se executou ningunha acción que supuxese a variación de uso rústico das fincas. Sigue leyendo











































