O BNG remítelle ao alcalde a preocupación dos veciños e veciñas de Lagartóns polo remate da suspensión dos recibos do IBI

IMG_3877Rematada a suspensión dos recibos do IBI de Lagartóns os veciños e veciñas están preocupados polo silencio do alcalde

Magariños instou ao alcalde a dar a cara e explicar claramente se vai dar solución a esta cuestión ou vai sacarse da manga outra distracción até pasar o día das eleccións

Veciños e veciñas con propiedades nos terreos afectados polo proxecto da Cidade do Móbel amosaron a súa preocupación ao BNG polo remate da suspensión da emisión dos recibos do IBI relativos ás fincas incluídas neste proxecto sectorial.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista “a suspensión rematou o 11 de febreiro deste ano e a día de hoxe os veciños e veciñas descoñecen que vai pasar agora”. “Os propietarios”, engade, “seguen a reclamar que os terreos sexan cualificados como de natureza rústica a efectos catastrais, xa que a día de hoxe, e visto a lentitude do PP para construír o polígono da Cidade do Móbel, eses terreos son rústicos e non industriais”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

López considera que a suspensión cautelar "non é unha cuestión de fondo, senón de forma" e espera unha pronta solución

IMG_3790Na mañá de onte o rexedor estradense, José López, comparecía ante os medios acompañado da concelleira Amalia Goldar. O alcalde lamentaba a suspensión cautelar do Plan Urbanístico que nos devolve as Normas Subsidiarias do Planeamento Municipal, que ao non estar adaptadas á nova Lei de Solo, unicamente permiten pequenas obras.

Ante esta situación López móstrase optimista xa que o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) refírese solo á orde de aprobación definitiva ditada pola Xunta, non ao documento en sí. O alcalde espera que as alegacións presentadas polos servizos xurídicos da Xunta resolvan o fallo do TSXG, que nestes casos de plans se pronuncia bastante rápido, polo que podería estar resolto en cuestión dun mes.

IMG_3697Segundo o alcalde, entende que o problema na aprobación se debe a que a Xunta fixo unha aprobación definitiva condicionada a unha serie de correccións, mentres o Tribunal considera que as correccións se deberían facer antes da aprobación definitiva. Por iso,  en caso de non prosperar o recurso, ao non afectar o fallo do TSXG ao contido do documento espera poder volver levar o PXOM a unha nova aprobación xa coas correccións feitas.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Os socialistas califican como "Crónica dunha morte anunciada" a suspensión cautelar do PXOM

IMG_4132Crónica dunha morte anunciada: O TSCG suspende cautelarmente o PXOM da Estrada

 “Esta é unha mala noticia para o Alcalde, pero é moito peor para todos os veciños da Estrada. É a puntilla dunha serie de malas decisións tomadas por José López como Alcalde que prexudican aos estradenses” 

José Antonio Dono, líder do grupo socialista valorou no día de hoxe a suspensión cautelar do PXOM da Estrada, aprobado en solitario polo PP de  José López Campos. “Trátase da crónica dunha morte anunciada” dicía Dono, que lembraba que “durante o Pleno de decembro de 2012, no que o PP local aprobou o documento en solitario, pasando por encima dos informes desfavorables dos técnicos titulares da secretaría e intervención municipal, dende o grupo socialista da Estrada ofrecíamos a José López Campos e ao seu grupo de goberno o noso apoio para realizar un plan que contase con seguridade xurídica para a súa aprobación, evitando acabar embarrancado contra as pedras xuridicamente. Sen embargo López Campos con prepotencia e chulería preferiu tirar para adiante cara a ningún lado”

Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG pide a dimisión do alcalde pola suspensión do PXOM

IMG_3897O alcalde é o culpábel da suspensión do PXOM e o alcalde ten que dimitir

A suspensión da aprobación definitiva é tal desastre que a Estrada retrocede 36 anos, retrocede á lei da selva

“O alcalde é o culpábel da suspensión do PXOM e o alcalde ten que dimitir”. Así de taxativo se amosou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, nunha rolda de prensa dos nacionalistas para avaliar a situación após a sentenza que suspende a aprobación definitiva do PXOM da Estrada, que se deu a coñecer onte.

Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

El Atletismo A Estrada traspasa las fronteras gallegas con las victorias de su tan preciada cantera

AlicanteAprovechando su estancia en Alicante, Sergio y Antía Prieto han disputado las Carreras Infantiles La Torre de les Maçanes. Carrera en la que los jóvenes hermanos estradenses se han impuesto al resto de rivales alicantinos.

Victoria de Sergio Prieto en la categoría Benjamín y victoria de Antía Prieto en la categoría Alevín, ambos sobre una distancia de 800 metros. La base del Atletismo A Estrada le sigue dando alegrías a sus entrenadores, familias y en definitiva al deporte estradense.

Redacción y fotografía: Atletismo A Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Esta tarde novo pase de "Os tres porquiños" no Principal

IMG_2027

¡Entradas Agotadas!

Hoxe ás 17:30 horas, terá lugar unha nova representación da obra infantil «Os tres porquiños».

Despois da boa acollida do anterior pase que agotou o aforo do Teatro Principal, quedando fora numeroso público, o departamento de cultura preparou para esta tarde unha nova cita coa compañía «Educateatro Produccións».

Aquí vos deixamos unha galería de imaxes da anterior representación.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os tres porquiños chegarán o sábado ao Principal

porquiño3O vindeiro sábado 29 ás 17:30 horas o Teatro Principal de A Estrada acollerá a obra infantil “Os tres porquiños”, trátase dunha obra musical con bonecos a tamaño real dirixida a familias con nenos e nenas de 3 a 7 anos.

Ao final da representación o público poderá fotografarse cós personaxes.

As entradas están á venda anticipada no Departamento de Cultura do concello e na xoguetería Tiko Doco a 5€, tamén se poderán adquirir o día da función na billeteira do teatro.

Así no lo presentaron a edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, acompañada de Xandre Vázquez, en representación da compañía Educateatro Produccións, e un dos personaxes da obra.

Aquí podedes ver un avance da obra:

Gravación: Adrián Eiras // Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario