A Asociación Galega de Fútbol Gaélico ten a honra de anunciar o acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra de cara ao Mundial de Fútbol Gaélico que se disputará en Abu Dhabi, capital dos Emiratos Árabes Unidos, do 5 ao 8 de marzo.
Por este acordo de colaboración, a equipación da Selección, tanto masculina como feminina, levará no seu frontal durante os GAA World Games o emblema da Diputación de Pontevedra.
Desde a Asociación Galega de Fútbol Gaélico, agradecemos á institución presidida por D. Rafael Louzán a predisposición e interese desde o primeiro momento cara ao noso deporte e a participación da nosa Selección neste torneo, tal e como reflicte o acordo acadado. Énchenos de orgullo que un organismo público galego colabore na que será a maior aventura deportiva da nosa Selección e agardamos estar á altura do dito apoio. Sigue leyendo




Neste ano 2015 celebrarase a III edición do Circuito de Carreiras Populares Concello da Estrada “CORRE A ESTRADA CORRE”, que agrupa dun xeito organizado as carreiras populares que se disputarán o longo deste ano 2015 no noso concello. A maiores das probas xa coñecidas e que formaron parte das duas primeiras edicións, o Cross Rio Liñares, a Nocturna Estradense e o Memorial Manuel Bergueiro, este ano incluimos una proba nova: a Cronoescalada AEstradaVertical, polo que serán catro as probas puntuables para o Circuito.



































