“Non se pode tomar a decisión á lixeira, o teórico descenso do prezo do IBI para 2014 pode ter consecuencias non desexadas para 2015 e sobre outros impostos e taxas”
Dende o ano 2011 o recibo da contribución urbana na Estrada experimentou unha subida do 140%. Tomando como referencia a mesma casa, sen que se teñan feito melloras constructivas nela, cada familia pagou en 2013, case 2,5 veces o que estaba a pagar en 2011. Este roubo aos cidadáns é resultado da decisión do Alcalde de eliminar a bonificación aos recibos, e da decisión do PP en Madrid de incrementar o tipo impositivo.
Por todo isto, un veciño da Estrada, con un piso na vila de 3 habitacións e un valor catastral de 55.000 euros veu como dende que goberna o PP na Estrada o seu recibo sufriu as seguintes variacións:
|
Ano |
Valor catastral |
Importe contribución |
Incremento |
| 2011 |
55.000 € |
138,99 € |
|
| 2012 |
55.000 € |
277,97 € |
100 % |
| 2013 |
55.000 € |
333,57 € |
140 % |
Este veciño, froito da decisión de López Campos e das subidas de Rajoy, perdeu nestes dous últimos anos 333 €, dos cales 166,78 € se corresponden directamente coa decisión de López Campos e 166,22 € se obteñen de aplicar o Decreto de Madrid.
“Claramente estes brutais incrementos supoñen un roubo nas economías familiares, e xustifican o malestar existente entre os veciños da Estrada” opinaron dende o grupo municipal socialista da Estrada. “Dende o noso grupo apoiamos a necesidade de baixar os recibos da contribución, pero para paliar este abuso sería necesario aplicar reducións de polo menos o 50% con respecto ao cobrado en 2013. A situación das familias estradenses é cada día máis complicada: o paro no noso Concello alcanza cifras históricas, os salarios non aumentan, ni tan sequera moderadamente –ironizaron os socialistas- e cada día son máis os estradenses que teñen que buscar apoio en Cáritas ou na Cruz Vermella para chegar a fin de mes”.
Perspectiva para 2014
O goberno municipal de López Campos decidiu anular en 2011 a bonificación establecida na Estrada, que corrixía os erros por sobrevaloración catastral que recolle a vixente ponencia de valores que afecta á Estrada. Esta anulación supuxo un incremento no valor dos recibos do 60 %, que se sumou posteriormente aos incrementos practicados como resultado de aplicar as decisións do PP en Madrid. Sigue leyendo









































