A Escola Municipal de Artes Escénicas oferta 3 novas prazas para nenos entre 6 e 9 anos

teatro1
Malia ter cuberta a totalidade das prazas ofertadas nos grupos Xuvenil 1 (20) Xuvenil 2 (20) e Adultos (18), a Escola Municipal de Artes Escénicas oferta *TRES NOVAS PRAZAS* no seu grupo infantil ata o xoves 31 de outubro.

O Grupo infantil, integrado por nenos que abranguen dende os 6 ata os 9 anos, terá as súas clases os xoves de 17.30 a 19.15 h. no Teatro Principal.

A profesora, Berta Secall, catalana licenciada polo Conservatorio Superior de Danza “María Ávila” de Madrid na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica, será quen comezará impartindo clase aos cativos, dirixindo a didáctica cara a expresión corporal e o movemento. Da súa man, os nenos porán en escena, ao longo do curso, unha obra musical baseada nun conto clásico.

As clases, que rematarán o vindeiro mes de xuño, terán un prezo por matrícula de 96,00 €; podendo realizarse o pagamento de maneira fragmentada.

Todos os interesados en matricular aos nenos, poderán facelo no número de teléfono 986573601 en horario de oficina.

Por outra banda, comentarvos que hoxe martes ás 20.00 hs terán continuidade as clases de monologuismo impartidas por Cándido Pazó aos alumnos do Grupo de adultos da Escola Municipal de Artes Escénicas.

Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os nacionalistas denuncian que "os orzamentos da Xunta como os do Estado pasan de longo pola Estrada"

IMG_8517López é un alcalde submiso e indigno para A Estrada por non ser quen de enfrontarse co seu partido para defender o noso concello.

O consello local do BNG da Estrada reuniuse na noite de onte para analizar os orzamentos da Xunta para 2014. A conclusión á que chegamos, unha vez máis, é que o PP está empeñado en afogar os sectores produtivos da Estrada en particular, e en xeral os de toda Galiza, xa que non hai unha soa partida para a reactivar economicamente os nosos sectores produtivos máis importantes como son o agro-gandeiro e o sector do móbel.

O Partido Popular segue a apostar entidades como a AXEGA, que nada aporta á economía local, fronte aos investimentos na economía real, que é o que vive o 99% da poboación da Estrada, como pode ser reactivar a Cidade do Móbel, que dorme o soño dos xustos desde que o PP goberna a Xunta de Galiza. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A CATEDRAL DE COMPOSTELA

Sen dubida a catedral de Santiago de Compostela (A Coruña) é o monumento máis emblemático de toda Galicia. Alí acoden milleiros de persoas tódolos días para visitar tanto o seu interior coma  o exterior.

Achegándonos a cidade de Compostela e dende case calquera punto da mesma podemos ver as torres da catedral: torre das Campás (Obradoiro), torre Berenguela, da Trinidad ou do reloxo e a torre Norte ou Carraca.

Da catedral de Compostela poderíamos falar centos de verbas: que a ela acoden os peregrinos de todo o mundo en busca de consolo ou favores do Apóstolo Santiago, que foi declarada PATRIMONIO DA HUMANIDADE pola UNESCO no ano 1985 ou que ten un Botafumeiro, incensario, de máis de 60kg. E coma con calquera destes enunciados nos quedariamos curtos, imos a amosarvos fotos, así vos mesmos poderedes xulgar.

 

VISTAS DENDE A ALAMEDA

VISTAS DENDE A ALAMEDA

TORRE DA BERENGUELA

FACHADA DO OBRADOIRO

Con esta primeira entrada, adicada a Compostela, quero agradecerlle a aestradanarede.net a oportunidade de compartir as fotos que vou facendo dos lugares de Galicia que visito. Graciñas.

Redacción e fotografía: Ana Requeijo

Publicado en Percorrendo Galicia | Deja un comentario

Inauguramos unha nova sección "Percorrendo Galicia" na que vos animamos a descubrir Galicia connosco

IMG_5821Inauguramos nova sección en A Estrada Na Rede, Percorrendo Galicia, onde, “como o seu nome indica, faremos un percorrido polos lugares máis importantes e curiosos de Galicia”, así no lo define a nosa nova colaboradora, Ana Requeijo, unha estradense viaxeira e amante da fotografía que nos descubrirá moitos lugares que podemos visitar na nosa xeografía.

Como Ana nos indica, “todos sabemos que nos gusta viaxar e coñecer novos sitios fora de Galicia, aínda que dentro dela temos moitísimos lugares máxicos que non coñecemos. Dende esta nova sección imos a tratar de amosarvos eses lugares para que vós tamén vos animedes a visitalos e percorres Galicia connosco. Mentres,… desfrutade!!”

Dende A Estrada Na Rede, queremos agradecer a colaboración de Ana por abrirnos o seu amplo arquivo fotográfico e contarnos as súas experiencias levándonos a percorrer Galicia con ela.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Ana Requeijo

Publicado en Percorrendo Galicia, Portada | Deja un comentario

A Concellería de Deportes e Bikestrada organizan rutas populares BTT

Rutas populares bttA Concellería de Deportes, Novas tecnoloxías e Participación Cidadá, en colaboración cá peña Ciclista Bikestrada, ofertan para este outono as rutas populares de BTT. Levaranse a cabo dúas rutas para nenos e dúas para maiores.

As rutas para os mais cativos terán lugar os sábados do 26 de Outubro e o 2 de Novembro. A saída será as 16:00 horas da Praza do Concello. Todos os participantes terán que vir acompañados polos seus titores e traer unha autorización firmada polos mesmos para poder participar. Evidentemente o uso de casco e obrigatorio.

As rutas para os maiores de 16 anos serán os domingos 24 de Novembro e o 1 de Decembro. A saída será as 10:00 horas da Praza do Concello. Todos os participantes menores de 18 anos terán que traer unha autorización firmada polos seus titores. Uso de casco obrigatorio.

Redacción: Concellería de Deportes

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O Atletismo A Estrada desplazouse este fin de semana a Vigo, Ames e Pontevedra

img 007Contamos este fin de semana con varios frentes atléticos por parte del Atletismo A Estrada: Vigo, Ames y Pontevedra.

En Ames estuvo el futuro del atletismo estradense, grupito de 11 niños de las escuela en los que los resultados más destacados fueron el 2do puesto para Sonia Rivadulla y 3ro para Ingrid Sande como Benjamín Femenino (500 metros) y el 3ro para Noa Prieto como Alevín Femenino (1.200 metros).

img 013Estuvieron también presentes: Mauro Rivadulla, Alba Sande, Carolina Rivadulla, Rodrigo Sanjurjo, María Souto, Jesús Souto, Antía Prieto y Aarón Sande. En el apartado de absolutos en el mismo Concello de Ames, Pablo Luengo completó los 7,9 km en 31:47 minutos finalizando como el 38 en Veterano1.

Ya en Vigo se disputó la Vigo +11 en la que nuestro atleta Ourensano residente en Moaña, Javier Miranda, completó los 11 km en un crono de 44:06 minutos y llegando en el puesto 30 como Senior Masculino.

img 014Por último la Media Maratón de Pontevedra, 21.097 metros en los que contamos con 6 atletas; el 1ro en cruzar la linea de meta fué Marcos Otero con un tiempo de 1:22:49 y siendo el 36 Senior Masculino, el 2do fué Emilio Rúa con 1:29:32 y 56 Veterano2, Juan Núñez con 1:30:56 y 68 como Veterano2, Juan Besteiro con 1:30:48 y 107 Veterano1, Carlos Torres con 1:35:43 y finalizando como 149 Veterano1; Xosé Magariños no pudo finalizar la prueba al sentirse mal en el km 12 y tener que abandonar la misma.

Buenos resultados para todos y sobre todo amplia representación en muchos sitios; la semana que viene nos veremos en la XXXVI Carreira Pedestre Popular de Santiago.

FOTOS:
Los niños de las escuelas de Atletismo.
Sonia Rivadulla e Ingrid Sande en el Podium.
La alevín Noa Prieto con su trofeo.

Redacción y fotografías: Club de Atletismo A Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este luns poranse á venda as entradas para os concertos de Leilía e Vaamonde, Lamas e Romero

A partir deste luns poranse á venda as entradas dos concertos de LEILÍA, que se celebrará o venres 29 de novembro ás 22.00 h no Teatro Principal da Estrada, e do concerto de VAAMONDE, LAMAS E ROMERO a celebrar o día 5 de decembro ás 22.00 h tamén no Teatro Principal.

As entradas, que terán un custe de 10,00€, poderanse mercar no departamento de Cultura do Concello da Estrada en horario de oficina de 10:00 a 14:00 horas.

Redacción: Departamento de Cultura

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario