El gallo de las veletas pasou polo Teatro Principal

IMG_5067O sábado o Principal acollía unha nova representación do Ciclo Colorín Colorado. Esta vez foi o turno de La Canica Teatro de Madrid que representaron a obra «El gallo de las veletas».

Este espectáculo foi gañador do Premio ao Mellor Espectáculo FETÉN 2013, que é considerado o mellor festival de teatro infantil de España.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Xunta concede un novo taller de emprego á Estrada para transformar o edificio de José Antonio na Casa das Letras

IMG_7739O pasado venres, o rexedor estradense, José López, inauguraba un novo Taller de emprego en A Estrada que durante 6 meses formará e dará emprego a 22 alumnos.

O taller contará con dous módulos, carpintería e albañilería. Nas próximas semanas os alumnos recibirán clases teóricas esperando comezar coas obras a comezos de novembro.

Redacción: Iria Eiras

Fotografía: Patricia Figueiras

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O PSdeG PSOE de A Estrada presenta unha moción contra o copago para os medicamentos hospitalarios

IMG_8576NON SE PODE TOLERAR O COPAGO PARA OS MEDICAMENTOS HOSPITALARIOS

“As persoas afectadas dependen destes medicamentos para seguir vivindo”

O grupo municipal socialista da Estrada ven de facer público o seu total rexeitamento ao “novo copago para fármacos” que se dispensan nos hospitais de xeito ambulatorio, polo que unha parte moi importante dos medicamentos para o tratamento de enfermidades graves ou crónicas en pacientes hospitalizados pasarán a estar suxeitos ao pago segundo unha resolución ditada polo goberno do PP a nivel estatal.

Ao respecto, os socialistas estradenses levarán ao Pleno da Corporación unha moción pedindo a derrogación da citada Resolución de copago, instando ao Goberno da Xunta de Galicia a sumarse á Comunidades Autónomas que teñen anunciado a súa non aplicación. Así mesmo, buscarán un acordo unánime entre os partidos que forman a corporación relativo á apertura de unha liña de apoio aos pacientes que se vexan na obriga de afrontar o pago dos tratamentos.

“No seu camiño cara a destrución da sanidade pública e gratuíta, o PP cébase nesta ocasión cos pacientes crónicos, que deberán pagar por este tipo de medicación dispensada nos hospitais, o que sen dubida, se une á xa difícil situación persoal derivada da gravidade das súas doenzas: cáncer, hepatite, …”, informou Louzao. “Esta medida do PP é unha inxustiza de crueldade maiúscula, que non se pode explicar nin tolerar dende ningunha óptica, e moito menos dende a puramente recadatoria coa que se impón. Para as persoas afectadas por estas doenzas seguir o tratamento non é unha opción, é cuestión de vida ou morte.”  Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O vindeiro martes coñecerase o gañador do Premio de escrita teatral MOME "Varela Buxán"

O vindeiro martes darase a coñecer o gañador da III edición do Premio de escrita teatral MOME «Varela Buxán» convocado pola Fundación Cultural da Estrada.

O xurado, composto polo dramaturgo Roberto Salgueiro, a directora escénica Marta Pazos e o actor e director Xúlio Lago, seleccionará a obra gañadora entre os sete orixinais presentados á concurso.

Redacción: Departamento de Cultura

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Este luns realizarase unha xuntaza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas

teatro4O vindeiro luns 14 ás 20.30 h no Teatro Principal terá lugar a xuntanza de principio de curso da Escola Municipal de Artes Escénicas; un curso que xa comezou este mércores día 9 coa primeira sesión do Grupo de Adultos.

A xuntanza, especialmente dirixida aos grupos infantís e xuvenís, estár adicada a coordinar aspectos puramente organizativos (horarios,composición de grupos, profesorado etc.)

Nesta mesma liña comentarvos que o vindeiro martes día 15 ás 20.00 h o grupo de adultos da Escola comezará un curso de MONOLOGUISMO impartido por Cándido Pazó que se desenvolverá durante todos os martes do mes de outubro en horario de 20.00 a 23.00 h.

O curso ofrece tamén a posibilidade de asistir na modalidade de oínte. Todo aquel interesado en asistir en dita modalidade deberá poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello da Estrada para formalizar a súa inscrición.

Redacción: Escola Municipal de Artes Escénicas

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Este fin de semana o Agility volve á Estrada

Agility A Estrada LigaEste fin de semana A Estrada volverá acoller probas de agility, neste caso a competición será de Liga Ibérica de Agility no estadio da Baiuca.

Fai un mes no mesmo recinto celebrábase o II Open Ibérico de Agility. Silvia López, representante estradense na competición, e Julio Freire, Presidente da Federación Galega de Agility contábannos en que consistían as probas.

Fotografías da proba do sábado:

Fotografías da proba do domingo:

Fotografías Trofeos:

Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Clara Torres realizou o pasado xoves unha charla sobre nutrición en Santo André de Vea

IMG_4649A asociación de Mulleres Rurais de Santo André de Vea organizou o pasado xoves unha charla de nutrición e bos hábitos alimentarios impartida pola asesora nutricional Clara Torres.

Trala charla as asistentes puideron preguntarlle dúbidas e tópicos cos que nos atopamos habitualmente.

Clara tratou os seguintes puntos que ela mesmo nos resume:

IMG_4659A Organización Mundial da Saúde xa considera a obesidade como unha epidemia a nivel mundial. Máis da metade da población española está por enriba do seu peso recomendado, e se falamos da obesidade infantil, case un de cada dous nenos ten un peso superior ao recomendado para a súa estatura e idade.

O verdadeiro problema está en que a obesidade se relaciona coas principais enfermidades crónicas como diabete tipo 2, hipertensión arterial, certos tipos de cáncer e coas enfermedades cardiovasculares.

Tanto sobrepeso como obesidade son causas dun estilo de vida inadecuado. Unha mala alimentación e o sedentarismo facilitan que a graxa se deposite e a báscula marque cada vez máis quilos.

A solución parece sinxela, e de feito o é. Todo está nas nosas mans e basta con seguir 5 puntos clave:

IMG_4651– Beber un litro e medio de auga cada día

– Aumentar o consumo de froitas e hortalizas, así como de cereais integrais

– Reducir o consumo de grasas e azúcares

– Facer un reparto calórico adecuado, comezando por un bo almorzó

– Dedicar unha hora ao exercicio, como mínimo tres días á semana.

Clara Torres Campos ten consulta en A Estrada no centro terapéutico Alameda, na rúa Serafín Pazo, 31 Baixo, Telf. 986 570074, email: claratorrescampos@gmail.com

Redacción: Iria Eiras e Clara Torres

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario