El patito feo de bombalino y cuchufleta amenizou a mañá dos máis cativos de Oca e o Foxo

IMG_4553A mañá de onte a compañía valenciana de Teatro de Marionetas La Estrella chegaba a Estrada para representar «El patito feo de bombalino y cuchufleta». Nesta ocasión foi o turno dos rapaces dos colexios do Foxo e de Oca os que poderon gozar con esta peza.

Hoxe pechara o pano do Festival Internacional de Títeres Galicreques a compañía de Títeres Cachirulo coa representación de «Alicia no país das marabillas».

A representación con marionetas de fío está recomendada a partir dos 12 anos e a sinopse é a seguinte: Conducidos polo Coello Branco, a través desta peza seguiremos as aventuras da pequena Alicia nese mundo onírico e fantástico baixo terra. Allí merendaremos coa Lebre e o Sombreireiro Tolo, coñeceremos ao Leirón e xogaremos ao críquet coa Raíña de Corazóns.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Unha nova aplicación permitirá aos estradenses denunciar incidencias a través do móbil

IMG_4481Onte foi presentada polo rexedor, Xosé López e o director executivo da empresa eLABORO, Jesús Velasco, unha nova aplicación que xa está dispoñible para baixar de Google Play para móbiles smartphones con sistema Android. O programa é totalmente gratuíto e a finais de ano espérase que estea tamén dispoñible para teléfonos iPhone.

IMG_4498A aplicación permite, previa instalación e rexistro, enviar incidencias ao concello que dende alcaldía derivaran aos respectivos departamentos. Ao realizar a denuncia pódese agregar unha foto da anomalía ou infracción e a situación GPS da mesma.

O usuario de city 4aestrada, nome que recibe a aplicación, pode seguir o desenvolvemento da mesma, sendo informado de cando está solucionada. O concello disporá dun mapa con puntos vermellos onde se atopen as incidencias e que se volverán verdes unha vez reparadas. Desta forma ao final de ano poderá dispor dunha estatística de todas as incidencias.

A través do móbil o cidadán poderá realizar tamén realizar suxerencias ao concello. O servizo estará dispoñible os 365 días do ano e as 24 horas do día.

Gravación: Adrián Eiras

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os Irmandinhos únense á recollida de tapóns solidarios para Jose Manuel

Irmandinhos 2Os Irmandinhos faran recollida de Tapóns para Jose Manuel no seu encontro amigable deste sábado e en todos os partidos que dispute como local.

Cando se realizan recollida de tapóns para causas solidarias como é o caso do rapaz de Vedra, José Manuel;

José Manuel é un rapaz do concello de Vedra que padece Disparesia Espástica nivel 4, un tipo de parálise cerebral que, entre outras cousas, lle impide camiñar. Para gañar autonomía necesita dun custosa operación que non cubre a seguridade social polo que os que poidades e queirades colaborar deixovos aquí o link a súa web:

 Páxina web de José Manuel

 Nestos casos todos pensamos en tapas de refrescos, pero en realidade son válidos moitos tipos de tapóns e tapas de plástico de distintos envases:

recollida de tapónsAquí vos deixo un link a un pdf con imaxes de tapas e tapóns que se poden utilizar. RecogidaTapones

  • Tapones de botellines de agua, Coca-Cola, refrescos…
  • Tapones de detergentes tipo Norit.
  • Pistolas de limpiadores tipo KH-7, Cristasol.
  • Tapones de limpiadores tipo Pronto.
  • Boquillas de productos que se pulverizan del tipo Toke.
  • Boquillas tipo sifón de Mistol Concentrado.
  • Tapas de queso fundido tipo Filadelfia. Sigue leyendo →
Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este venres clase de cultura con Misión Sapiens

IMG_4318Xa están a venda as entradas para o nova obra da compañía estradense Malasombra Teatro do actor e director Xoque Carbajal.

Nesta ocasión pretenden sorprender ao público có humor de Misión Sapiens. Unha comedia con un formato parecido o do club da comedia. O guión pertence a Xosé Luís Prieto o que xa pertenceron outras obras da compañía como a recente Smoke City. Nesta ocasión a dirección está a cargo de Marcos Orsi que tamén participa como actor.

malasombra 01O reparto completo está composto por Xoque Carbajal, que actuara a modo de presentador e introdutor do resto dos compoñentes, cada un con un tema diferente coa finalidade de ensinar a unha persoa a aparentar ser culta sen selo. Os monólogos correrán a cargo de Jouse García, Marcos Orsi, Xabier Deive e Luís Iglesias. Estes tres últimos moi coñecidos por formar parte dá famosa serie da TVG Matalobos.

Xoque destaca os éxitos da súa compañía a empregar sempre bos actores cos cales resulta moi sinxelo traballar e saber escoller as obras en función do que o público quere ver.

Así no lo presentaron onte a edil de Educación, Amalia Goldar, acompañada dos actores Xoque Carbajal, Xabier Deive e Marcos Orsi.

As entradas están xa a venda anticipada no Departamento de Cultura do Concello a 5€ e unha hora antes da función na billeteira do teatro. A representación terá lugar o venres ás 21:00 horas no Teatro Principal.

A obra está englobada na Programación Cultural de Outono do Teatro Principal elaborada polo Departamento de Cultura do Concello.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Gravación: Adrián Eiras

Fotos reparto actores cedidas por Malasombra Teatro

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Este sábado disputaranse as semifinais e final do XIX Torneo de Tenis "Concello de A Estrada" aprazadas polo mal tempo

XIX Torneo de TenisA Concellería de Deportes do Concello da Estrada que organiza o XIX Torneo de Tenis “Concello da Estrada”, e aprazara no seu día as semifianais e a final deste torneo polas malas condicións meteorolóxicas, comunica que despois de consultar a predicción meteorolóxica para esta fin de semana, e tamén consultar a disponibilidade dos catro semifinalistas, decidiuse que este sábado día 12 será a data para xogar a fase final do torneo nas pistas de tenis municipais.

Os horarios son os seguintes:

SEMIFINAIS:

-11 horas: Carlos Suárez – Miguel Sánchez (Pista 1)
-11 horas: Javier Durán – Juanma Martínez (Pista 2)

FINAL:
-18 horas

Redacción: Concellería de Deportes

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este xoves chega o turno de "El patito feo de bombalino y cuchufleta"

IMG_1387Este xoves continúa a campaña escolar do Festival internacional de Títeres Galicreques. Nesta ocasión os máis cativos poderán ver a obra «El patito feo de bombalino y cuchufleta» da compañía valenciana de Teatro de Marionetas La Estrella.

Para a representación empregarán marionetas de fío, máscaras, muppets e pallasos, cunha duración de 60 minutos irá dirixida a rapaces a partir de 2 anos.

A sinopse é a seguinte: O Patiño Feo, a obra universal de H.C. Andersen, é «asaltada» polos pallasos Bombalino e Cuchufleta para darlle o seu particular sentido do humor e recreación deste pequeno e feo parrulo que acaba voando como un cisne. Humor, cancións, marionetas e pallasos no máis puro estilo de La Estrella. O Patiño Feo remove cuestións como a solidaridade, o compañeirismo, o cariño, o respecto, a comprensión cara ao «diferente», a superación e o espírito de loita tan necesarios nos nosos tempos.

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O Clube Deportivo San Paio participará por primeira vez nunha carreira fora da nosa comunidade, viaxando a terras leonesas

cartel lestrove 2013Este fin de semana recuperaremos la participación masiva de nuestros atletas en las populares e incluso haremos nuestro debut fuera de la comunidad autónoma gallega.

Hasta 10 de nuestros atletas participarán este fin de semana en la reputada *XV Carreira Pedestre Lestrove 2013*. A nuestra representación se unirá el atleta Estradense del Celta de Vigo y miembro de nuestro grupo de entrenamiento Miguel Otero que buscará un nuevo podium tras el conseguido en el último CorreSan de Santiago.

En cuanto a Lestrove la lista de atletas
que nos representará en esta carrera está formada por Juan Carlos Mosquera, Carlos Esquilas, Diego Buján, Alba Bugallo, Alberto Reboredo, David Montenegro, Enrique Reboredo, Tania Gamallo, Jorge Dios y Nuria Gamallo.

1273035_433723960081800_307470331_oAdemás el club dará un gran paso este fin de semana con su debut fuera de la comunidad gallega ya que nuestro joven atleta Ivan DoSantos participará
en la I*I Carrera de las Barrancas de Santalla* que se disputa en la localidad de *Santalla del Bierzo en León*. Esta carrera supone un gran paso para el club en su corta vida. Los demás atletas del club seguirán preparando el gran objetivo a corto plazo del club que será la *Carrera Pedestre de Santiago* que se celebra el
27 de este mes y donde haremos la primera foto de grupo de la temporada.

Redacción: Club Deportivo San Paio

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario