O BNG contra o copagamento de medicamentos das persoas doentes crónicas non hospitalizadas

IMG_8517Presenta moción no concello para que o PP elimine a súa decisión e que a Xunta de Galiza non a aplique no noso país.

Xosé Magariños, portavoz municipal do BNG no concello da Estrada presentou hoxe unha moción diante do pleno da corporación municipal para «instar á Xunta de Galiza a que demande do goberno do Estado a derrogación da resolución que obriga ao copagamento das medicinas ás persoas doentes crónicas non hospitalizadas, e a que non aplique no noso país esta regresiva medida».

O portavoz municipal nacionalista manifestou ademais que «estas persoas terían que pagar o 10% até os 4,20 euros de cada medicamento dos usados para enfermidades como cancro, tumores, leucemia, hepatite C, artrite reumatoide ou dexeneración muscular.» Engadiu que «esta medida do PP resulta indigna, inhumana e inxusta, que retrata a un goberno que actúa contra a xente e favorece as grandes fortunas, á banca e ao poder económico.»

Finalmente, o concelleiro do BNG, dixo que «esta medida vén sumarse aos distintos roubos para facer caixa que se executan contra a xente máis desfavorecida, onde engrosan as persoas que adquiriron preferentes e subordinadas, as emigrantes retornadas, pensionistas, funcionarias e, en xeral, a clase traballadora para engordar a banca e o poder».

Redacción: BNG de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O sábado no Principal estreouse o Ciclo Colorín Colorado con unha gran participación

IMG_2992O sábado ao mediodía daba comezo de novo o Ciclo Colorín Colorado que como en anteriores ocasións tivo unha importante afluencia de público. Nesta ocasión os encargado de abrir o pano foron os integrantes da compañía EME 2 coa obra «O Príncipe e o parrulo».

Xa pola tarde tamén se representou no teatro unha nova obra do Festival de Títeres «Donde esta marcada la X» de Pavel Ortega, compañía mexicana. Nesta ocasión a peza ía dirixida a público maior de 12 anos.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O pasado venres o Festival Galicreques interpretou unha dobre sesión de "Sopa de Ladrones"

IMG_2556O pasado venres o Festival Internacional de Títeres Galicreques trouxo á Estrada a compañía Titiritainas de Ecuador que interpretou Sopa de Ladrones.

Nesta ocasión tivo lugar unha dobre sesión para os nenos dos colexios de Lourdes e Figueroa que gozaron interactuando cós personaxes da obra.

Redacción, gravación e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Primeira das charlas de A Estrada Micolóxica

IMG_2633O venres deron comezo as charlas organizadas pola Asociación de A Estrada Micolóxica. Nesta ocasión foi a cargo de Mercedes Nodar coa temática «Iniciación á micoloxía»

Fotografía: Iria Eiras

IMG_2629

IMG_2645

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O PSdeG PSOE anuncia a renuncia de José Luís Picaño por motivos laborais

IMG_2118SUBSTITUCIÓN NO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA 

O grupo municipal socialista comunica a renuncia ao cargo de concelleiro e as obrigas derivadas de José Luís Picaño Riveira. Decisión que adopta por motivos laborais, que lle imposibilitan a atención requirida ás funcións propias do cargo.

A efectos de que se proceda á súa substitución, tense comunicado a decisión do compañeiro ao Concello vía rexistro municipal de entrada, agardando se dea conta da mesma no vindeiro Pleno, facéndoa así efectiva, e se inicien os trámites necesarios ante a Xunta Electoral.

O grupo municipal e a agrupación socialista estradense comprenden a decisión adoptada polo compañeiro e fan público o seu agradecemento polo traballo realizado.

Ao longo do seu período como concelleiro, Picaño Riveira, ten demostrado sobradamente ter asumindo a responsabilidade que comporta formar parte da Corporación Municipal coa dedicación necesaria.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Plataforma de Emigrantes Retornados volverá reunirse para estudar os seguintes pasos a seguir

IMG_2162Logo do pleno do pasado xoves, onde a Plataforma de Emigrantes Retornados
da Estrada, expresou as súas inquietudes sobre os problemas que afectan a este colectivo, queremos manifestar que o luns 7 de outubro, ás 20,30h, na sala de exposicións de Caixa Nova da Estrada, temos prevista unha reunión con todos os afectados para analizar os seguintes pasos que tomaremos para conseguir os nosos obxectivos, que motivaron a constitución desta
plataforma de afectados.

Neste sentido, na propia reunión analizaremos as últimas declaracións do alcalde a respecto dunha oficina de asesoramento. Por outra parte, constituiremos unha comisión da Plataforma para reunirse co rexedor municipal ao que lle trasladaremos as nosas propias peticións, que serán moi concretas e claras para dar solución aos nosos problemas, á inxustiza que nos somete a axencia tributaria española.

Na mesma reunión tamén daremos conta aos afectados da constitución da coordinadora galega de emigrantes retornados, que aglutina a todas as plataformas galegas de afectados.

Reiteramos unha vez máis o noso rexeitamento ao tratamento que nos está dispensar a Axencia Tributaria, que por mor dunha decisión política do goberno central, está a aplicarnos unha lei aprobada en 2006, mais non executada até 2013, sen informar, con carácter retroactivo a 5 anos e tratándonos como verdadeiros delincuentes fiscais.

Redacción: Plataforma de Emigrantes Retornados

Fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os socialistas depuncian que os Orzamentos xerais do estado 2014, "son as contas do engano, a estafa e a manipulación de datos", Guillermo Meijón, Deputado do PSOE

_DSC0008“Son uns orzamentos socialmente inxustos, que debilitan a comarca, mentres os Alcaldes do PP calan e consenten”, Paula Fernández Pena, Senadora do PSOE

Membros da executiva e do grupo municipal socialista da Estrada e representantes dos grupos municipais da comarca Tabeirós-Terra de Montes reúnense con Guillermo Meijón, Deputado do PSOE, e Paula Fernández Pena, Senadora do PSOE, para analizar os Orzamentos Xerais do Estado 2014 propostos polo Goberno de Mariano Rajoy. No transcurso dunha reunión de traballo estudaron emendas a plantexar.

_DSC0137“Estes orzamentos son fiel reflexo das políticas que ven aplicando o PP, e que conducen ao empobrecemento de toda a sociedade e ao desmantelamento do Estado que está a practicar o Sr. Rajoy dende a súa chegada ao Goberno. Son as contas do ‘engano’ porque van contra calquera tipo de ‘recuperación’, tal e como sosteñen os populares; da ‘estafa’ porque conlevan salarios máis baixos, máis precariedade e menos dereitos, menos inversións en educación, en sanidade, o copago farmacéutico e a devaluación das pensións; e da Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario