Este mércores comeza o curso de Comunicación nos Servizos Xerais Administrativo

Amalia GoldarEste mércores dará comezo o curso de Comunicación nos Servizos Xerais Administrativo, actividade gratuita con diploma acreditativo de formación de 90 horas.

A formación práctica-teórica baséase no proceso da comunicación (oral, expresiva, escrita), a comunicación interna dunha empresa, emprego das TICs co cliente, como resolver conflictos… O papel da comunicación é fundamental para as empresas, sendo un vehículo indispensable para ampliar a carteira de clientes, conseguir a súa fidelización, motivar aos empregados, mellorar a organización do traballo.

O programa formativo do Concello de A Estrada conta coa participación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través do Programa para a Prevención do Abandono Escolar presentado pola entidade local.

Poderán participar persoas maiores de 16 anos de idade e non é imprescindible ter o título da ESO. As clases comezarán o mércores 2 de outubro, de luns a venres en horario de mañá de 9:30 a 13:30 ata o 31 de outubro.

Así no lo explicaba na xornada do luns a edil de Educación Amalia Goldar.

Redacción: Concellería de Educación

Gravación e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Plataforma de Emigrantes Retornados de A Estrada pedirá no pleno deste xoves a implicación do alcalde

IMG_2600Este xoves buscaremos no pleno da Estrada unha implicación seria e decidida do alcalde para solucionar esta inxustiza.

Logo das palabras do Ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, a Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada somos moi pesimistas sobre os problemas que está a ter o noso colectivo de afectados por unha lei que se nos aplica retroactivamente e sen que antes mediara campaña de información algunha para o colectivo de emigrantes retornados.

O goberno central de Mariano Rajoy trátanos como se foramos defraudadores, aplicándonos multas abusivas e inxustas, cando non hai moitos meses aplicou unha amnistía fiscal a defraudadores profesionais multimillonarios que teñen os seus cartos en paraísos fiscais. Está claro, non somos todos iguais. Aos ricos aplícaselles a lei con toda benevolencia, aos pobres, aos que vivimos dunha pensión gañada logo de moito esforzo lonxe do noso fogar, o goberno deixa caer sobre as nosas costas todo o peso da lei.

A Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada, que traballa á par coa coordinadora galega constituída a semana pasada, traballaremos socialmente para presionar a este goberno e aos responsábeis institucionais do PP até conseguir unha solución política aos nosos problemas, porque está visto que é a única maneira de que se nos faga xustiza e non se nos trate como delincuentes.

Neste sentido anunciamos a intención da Plataforma de Emigrantes Retornados de acudir ao pleno do xoves 3 de outubro (20,30 horas) para solicitar o apoio do Alcalde ás nosas demandas. Sabemos, despois das declaracións feitas a semana pasada, que entende o noso problema, pero a nosa intervención no pleno irá no sentido de recadar propostas concretas do alcalde para dar solución aos problemas que nos están sacando o sono, tendo en conta que o Sr. López, a parte de rexedor municipal é tamén deputado provincial e membro da executiva provincial do PP.

Por outra parte, como a unión fai a forza, como tantas veces se ten demostrado, facemos un chamamento a todos os afectados do noso concello, e os que non o son, para que, de xeito pacífico e cívico, amosemos coa nosa presenza que non estamos dispostos a claudicar e que queremos unha solución na aplicación desta lei inxusta aprobada en 2006, pero non aplicada até este ano 2013, e que agora se nos esixe con carácter retroactivo.

Redacción: Plataforma de Emigrantes Retornados de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O BNG ve unha burla e un insulto do PP 5.000 € para a Variante

IMG_8517Os orzamentos que o Estado Central adicará á Estrada en 2014, son absolutamente incualificábeis; 5.000 euros para a Variante son unha nova burla e un insulto e demostra que o Sr. López é un cero á esquerda dentro do Partido Popular ao ser incapaz de conseguir executar unha Variante, que é absolutamente necesaria.

Con este novo ninguneo e co seu silencio cómplice demostra que López non pinta nada, demostra que non é un alcalde da Estrada que pelexa polo seu concello, senón que é un alcalde do PP que se prega aos caprichos e aos deseños que fai Madrid para A Estrada e para Galiza.

Malia esta burla do PP á Estrada non agardamos milagres por parte deste partido. Nin sequera agardamos que o alcalde e os deputados que del dependen presenten emenda algunha para que a execución da Variante sexa unha realidade, xa que nunca o fan cando gobernan en Madrid, pregándose así ás necesidades orzamentarias do Ministerio que dirixe Ana Pastor.

Por outra parte, e para mostra de que con este alcalde do PP A estrada está ninguneada nos orzamentos do estado, temos que recordar que hai uns meses aprobouse por unanimidade o arranxo da entrada a autoestrada Santiago-Ourense no Alto da Rocha, e esta obra menor nin sequera figura no orzamento estatal, demostrando así o escaso peso político do alcalde da Estrada.

O BNG non se deixará levar por esta dinámica de complacencia do PP cos orzamentos da Estrada, e presentaremos, como sempre fixemos, as correspondentes emendas que deberían servir para dotármonos dunha infraestrutura historicamente demandada. É a nosa responsabilidade presentar estas emendas, do PP só agardamos que, polo ben da Estrada, como mínimo as teñan en conta no Congreso dos Deputados e as voten favorabelmente.

Redacción: BNG de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O Festival de Títeres Galicreques chega á Estrada

IMG_1330A Estrada será o primeiro concello da provincia de Pontevedra en acceder ás representacións do Festival de Títeres Galicreques. Ata agora este festival sólo se desenrolaba en Santiago e en outros concellos da Mariña coruñesa.

As representacións teñen dous formatos, a maioría serán con formato escolar con representacións no Museo do Moble e da Madeira (MOME), onde tamén estará aberta nos días das actuacións unha exposición de títeres. A outra actuación será aberta ao público no Teatro Principal o sábado 5 ás 20:00 horas, neste caso vai dirixida a rapaces a partir de 12 anos e adultos cunha entrada de 3€.

Así no lo explicaron Amalia Goldar, concelleira de Educación, e Jorge Rey, director do festival.

O programa do festival é o seguinte:

XOVES 3 ás 11:00 h (MOME Campaña Escolar)
“Caperucita Roja” Los Claveles (Murcia)
(Espectáculo pertencente ao Festival de Títeres Galicreques)

VENRES 4 ás 11:00 e 12:30 h (MOME Campaña Escolar)
“Sopa de Ladrones “Titiritainas (Ecuador)
(Espectáculo pertencente ao Festival de Títeres Galicreques)

SÁBADO 5 ás 20.00 h (TEATRO PRINCIPAL)
“Donde esta marcada la X” Pavel Ortega (México)
(Espectáculo pertencente ao Festival de Títeres Galicreques)

XOVES 10 ás 11:00 h (MOME Campaña Escolar)
El patito feo de Bombalino y Cuchufleta “La Estrella” (Valencia)
(Espectáculo pertencente ao Festival de Títeres Galicreques)

VENRES 11 ás 11:00 h (MOME Campaña Escolar)
“Alicia no país das marabillas” Títeres Cachirulo
(Espectáculo pertencente ao Festival de Títeres Galicreques)

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Feira do Moble recaudou 300€ para Cáritas e a Peña Bikestrada doalle 100 quilogramos de froita

IMG_1049Finalizada a Feira do Moble de Galicia a presidenta da Fundación, Dona Mercedes Cuíña, facía entrega ao Director de Cáritas Parroquial de A Estrada, Don José Manuel Vázquez, da recadación efectuada durante as xornadas da Feira, en total arredor de 300€.

Ademais das aportacións desinteresadas realizadas por visitantes tamén se inclúen o recadado polo fotomatón realizado durante a exposición da Copa do Mundo e da Eurocopa, no cal os visitantes, ademais de fotografarse gratuitamente cos trofeos, tiñan a opción de levar unha foto de recorto por 5€, dos cales 1€ ía destinado a Cáritas.

Froita cáritasA Peña Ciclista Bikestrada tamén fixo entrega ao director de Cáritas duns 100 quilogramos de froita variada que lles sobrou da XII Ruta BTT da Rapa. Esta froita foi repartida entre as familias usuarias desta Organización, sobre todo aquelas que teñen nenos ao seu cargo.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Fotografía froita: Cáritas Parroquial

 

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada, XXVII Feira do Moble de Galicia | Deja un comentario

Exitosa participación na XII Ruta BTT Rapa organizada por Bikestrada

O pasado sábado 21, numerosos ciclistas aglomerábanse no entorno da zona deportiva para partir a XII Ruta BTT da Rapa das Bestas de Sabucedo, organizada pola Peña ciclista estradense Bikestrada.

Gravación: Adrián Eiras

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A ACOE organiza unha Noite de Comercio Aberto

Este venres 4 de outubro a Asociación de Comerciantes de A Estrada organiza unha noite de Comercio Aberto de 8 a 12 da noite.

Ademáis da apertura dos comercios ata a medianoite con ofertas, descontos, promocións e talleres, terán lugar jaimas, actuacións e xogos populares na rúa.

1236166_707070985989002_711197308_n noite compras acoe

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario