O Entroido da Ulla celébrase en vinte e sete lugares dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.
A colaboración entre os Concellos, que comezou en novembro de 2011 e se concretou nun protocolo de colaboración asinado o tres de febreiro do 2012, foi clave para obter o recoñecemto.
O Pazo de Raxoi acolleu unha xuntanza de Alcaldes e concelleiros de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces para valorar o recente recoñecemento por parte da Xunta de Galicia do Entroido dos Xenerais da Ulla como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Os representantes municipais quixeron destacar e agradecer o traballo dos veciños das parroquias dos seus respectivos Concellos onde se celebra esta tradición, xa que son os propios veciños os que manteñen vivo este particular Entroido que se remonta ao século XIX e que hoxe en día conta cunha alta participación, crecente ano tras ano.
Os oito Concellos comezaron a traballar conxuntamente na promoción dos Xenerais da Ulla en novembro de 2011. O traballo conxunto concretouse na sinatura dun protocolo de colaboración que tiña como obxectivo xeral promocionar dun xeito unificado as diferentes celebracións que teñen lugar en distintas parroquias dos oito concellos. Con este cometido, elaborouse a web www.xeneraisdaulla.com e editouse material promocional, coa colaboración das deputacións de A Coruña e Pontevedra. Sigue leyendo











































