Este sábado dobre sesión de teatro infantil

IMG_1413Mañá sábado ás 12.30 h dará comezo o novo ciclo de teatro infantil COLORÍN COLORADO organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada.
O ciclo comezará coa estrea da obra de títeres O PRÍNCIPE E O PARRULO de EME 2 Producións, unha coprodución entre a compañía compostelá e a compañía vasca GORAKADA TEATRO que terá unha duración aproximada de 50 minutos e un aforo limitado a 100 espectadores. O prezo da entrada será de 3,00 €.

Xa pola tarde, terá lugar o pase da obra DONDE ESTÁ MARCADA LA X unha peza escrita polo Novel estadounidense Eugene O Neill e escenificada pola compañía mexicana de Pavel Ortega. É unha peza de títeres para público maior de 12 anos pertencente ao Festival Internacional de Títeres
«GALICREQUES» que se está a celebrar en Santiago de Compostela durante a primeira IMG_1387semana de outubro. Unha magnífica oportunidade de visionar un espectáculo que está a xirar por todo o panorama internacional.

O aforo da sala, estará limitado a 100 persoas e o custe da entrada será de 3,00€. A billeteira do teatro abrirá media hora antes da función.

Redacción: Departamento de Cultura

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Esta noite, "Noite de Compras"

Sólo quedan unhas horas para que comeza a Noite de Compras en A Estrada.

¡Esperámosvos!

1236166_707070985989002_711197308_n

noite compras acoe

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O primeiro espectáculo de títeres do Festival Galicreques fascina aos máis cativos

IMG_2028

Esta mañá abriuse o Festival Galicreques coa interpretación de «Caperucita Roja» a cargo da compañía murciana «Los Claveles».

Nesta modalidade de campaña escolar os máis pequenos do Colexio Pérez Viondi encheron de risas o Museo do Moble e da Madeira, onde tamén puideron ver a exposición de títeres que ficará alí ata o fin das representacións.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Música Exposición: Juan Ruibal

 

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

"O Príncipe e o Parrulo" abren un novo Ciclo Colorín Colorado

IMG_1463Este sábado ás 12:30 dará comezo o ciclo Colorín Colorado de Nadal destinado aos máis cativos. Nesta ocasión será a compañía EME2 coa representación de “O Príncipe e o Parrulo” os encargados de abrir o pano.

A representación vai dirixida a todos os públicos a partir dos 3 anos.

As entradas estarán á venda 30 minutos antes da función na billeteira do teatro a un custo de 3€.

Así no lo presentaba esta mañá a edil de Educación, Amalia Goldar, acompañada da produtora da obra, Mercedes Castro, e da actriz Rocío González.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Integrantes de Protección Civil realizan un curso de utilización de maquinaria forestal

CURSO DE STIHL SOBRE MAQUINARIA DE RESCATE Y SALVAMENTO EN PROTECCION CIVIL DE A ESTRADANa xornada de onte integrantes de Protección Civil realizaron un curso para a correcta utilización de maquinaria forestal como motoserras. A actividade tivo unha primeira parte teórica nas instalacións sita no edificio de usos múltiples e unha segunda parte práctica que se desenrolou en Guimarei.

A finalidade do curso que se realizou en colaboración coa empresa Motos Calvelo é evitar accidentes na utilización desta maquinaria.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere pon en marcha de novo as clases de baile galego nos institutos

Tal e como fixeron o ano pasado, Tequexetéldere, o Concello e os tres seminarios de Educación Física dos Institutos de Ensino Secundario da Estrada levan a cabo un proxecto de introdución ao baile galego.

Imaxes da foliada de fin de curso do ano pasado na Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada.

Proxecto talleres baile galego institutos A Estrada. 

1. Introducción.

Con este proxecto de baile tradicional galego o que se pretende non so é que os rapaces e rapazas, entre idades de trece a dezaseis anos, coñezan a cultura tradicional galega senón tamén a importancia que ten dentro da súa evolución tanto a nivel psicomotor como a nivel psicoevolutivo.

O enfoque que se pretende dar a este traballo e didáctico e pedagóxico. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Os socialistas estradenses tamén critican a consignación de 5.000 € para a Variante

IMG_8566A consignación de 5.000 euros no PGE 2014 supoñen para A Estrada outra labazada do PP. Dende que chegaron ao Goberno a Variante da N-640 ao seu paso pola vila caeu no esquecemento.
Esto ven a demostrar unha vez máis que o PP minte reiteredamente. Todos lembramos á hoxe ministra de Fomento Ana Pastor acompañando na Estrada ao actual alcalde López Campos e exixindo ao anterior Goberno do Estado maior celeridade na execución deste proxecto, calificándoa de débeda histórica cos veciños da Estrada e comprometéndose a traballar para a súa consecución. Pois ben, dende que a Sra. Pastor é a ministra responsable de infraestruturas non se ten movido un só euro para avanzar cara a execución da Variante.

En 2010, o goberno socialista realizou o levantamento de actas previas de ocupación dos terreos afectados, sendo o seguinte paso necesario a ocupación dos mesmos, pero coa chegada do PP ao Goberno o único que se ten faito é ‘nada’, claro que para facer ‘nada’ ata os ridículos 5.000 euros consignados nos orzamentos son cartos – ironizou Louzao-. Esto debe ser o que pensa o Sr. alcalde López Campos e os seus concelleiros, posto que
resulta increíble que se manteñan serviles e sumisos ao PP con tal de seguir aparecendo nas fotos, inda sen importarlle pisotear para elo as necesidades dos veciños e veciñas da Estrada.

Resulta vergonzoso e unha bulra que ano tras ano os orzamentos do Estado feitos polo PP ignoren as demandas estradenses. Sendo máis vergonzoso, se cabe, que o Sr. López Campos agora non exixa, coa vehemencia que o facía dende a oposición, a celeridade que pedía entón para a materialización da Variante, sen acordarnos de outros proxectos que se pedían entón. Parece que a amizade e proximidade á Ministra da que presumía o Sr. López Campos só vale para saír na foto en campaña electoral, no para xestionar proxectos para A Estrada, ou será que á Ministra só lle interesaba A Estrada para obter un sillón máis no cómputo das Alcadías do PP?.

Redacción: PSdeG PSOE de A Estrada

Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario