A XVII Feira do Moble de Galicia recibe unha boa afluencia de público dende a súa inauguración o pasado sábado

IMG_3442LA XUNTA DE GALICIA Y UNA NUTRIDA REPRESENTACIÓN DE LAS DEMÁS INSTITUCIONES PÚBLICAS Y PRIVADAS, MOSTRARON EN A ESTRADA SU APOYO A LA FERIA DEL MUEBLE DE GALICIA. 

 

  • El Conselleiro de Economía e Industria, alaba las excelencias del sector de la madera, como símbolo e identidad de nuestra Comunidad.
  • El PXOM y la Ley de Emprendemento, serán un elemento clave de dinamización económica para A Estrada, así lo afirman el regidor estradense y el Conselleiro.
  • El sector de la madera y el mueble gallego, en los cinco primeros meses del presente año, ha incrementado en un 25% su índice de exportación.
  • En el último año, una de cada tres empresas emprendieron algún proyecto de innovación.
  • La apertura de fronteras y la búsqueda de nuevos mercados es hoy día, la solución para que los empresarios mantengan su posición.
  • La Directora gerente del recinto ferial quiso resaltar el trabajo realizado codo con codo y desde el entendimiento de las partes así como, reivindicó A Estrada como Capital del Mueble de Galicia.

IMG_3452Francisco Conde López, titular de la cartera de Economía e Industria y Sol María Vázquez Abeal, Directora Xeral de Comercio, llegaron A Estrada para inaugurar oficialmente la XXVII Feria del Mueble de Galicia que permanecerá abierta hasta el próximo día veintidós, en horario ininterrumpido de once a veintiuna horas y manteniendo, al igual que en la pasada edición, la entrada gratuita de visitantes.

Previa intervención del Conselleiro, tomó la palabra en primer lugar, Mercedes Cuiña, la Directora Gerente del recinto ferial, quien subrayó en su discurso la importancia de trabajar unidos y desde el entendimiento de las partes para afrontar con solvencia la realización de un evento como el que nos atañe. Igualmente quiso destacar en su intervención, que a la fecha, la Feria del Mueble de Galicia, es el único certamen sectorial por sus características en toda Galicia y a su vez, todo un referente del noroeste peninsular, lo que hace que A Estrada sea la Capital del Mueble de Galicia. La Gerente, igualmente aprovechó la ocasión, para agradecer el apoyo de distintos organismos así como, las ayudas libradas por las distintas administraciones públicas. Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada, XXVII Feira do Moble de Galicia | Deja un comentario

Os socialistas estradenses demandan medidas de apoio aos gandeiros e productores agrícolas

PSOEO GOBERNO MUNICIPAL TEN QUE EXECUTAR ACCIÓNS DE APOIO REAL AOS GANDEIROS E PRODUTORES AGRÍCOLAS, NON SÓ FACER FOTOS 

Os sectores gandeiro e agrícola precisan medidas de apoio efectivo, non actividades de entretemento. 

Chegado o tempo de recoller as forraxes, o sector gandeiro e os produtores agrícolas da Estrada atópanse un ano máis con importantes perdas ocasionadas polos ataques de distintos animais aos cultivos. As explotacións teñen cada día máis complicada a súa continuidade ao ver reducidas as súas rendas polas perdas nas colleitas e o aumento custes de mantemento e produción. Fronte a isto, o apoio das administracións gobernadas polo PP limítase a discursos baleiros de contido e actividades de entretemento.

A importancia do sector agrícola-gandeiro na Estrada é innegable. Por esta razón dende o grupo socialista reclamamos ao goberno local un traballo decidido en favor dos gandeiros e agricultores do noso Concello. O Alcalde López Campos e os seus concelleiros, como xestores dos cartos dos estradenses, están na obriga de destinar o recadado en beneficio da Estrada, debendo executar accións con repercusión real sobre o sector agrícola e gandeiro, accións que supoñan un apoio decidido polo campo, e non en meros actos propagandísticos. Sigue leyendo →

Publicado en Agrogandeiros, Portada | Deja un comentario

A Estrada xa ten Plan

IMG_0083O pasado 6 de Setembro foi publicado no BOP, Boletín Oficial da Provincia, o ansiado Plan Xeral estradense. O alcalde, Don Xosé López, acompañado do equipo de goberno destacou que esta data ía quedar marcada en vermello no calendario despois do traballo realizado polas distintas corporacións para sacar adiante este plan.

O rexedor quixo agradecer a todos os que traballaron para conseguir a aprobación deste texto, ao equipo redactor, aos técnicos municipais, a Secretaria Xeral de Urbanismo Encarnación Rivas, ao conselleiro Agustín Hernández e ao equipo de goberno.

IMG_0017López anunciou o comezo dunha campaña informativa, “A Estrada xa ten Plan”, para achegar o documento aos veciños que xa poden solicitar licencias de acordo a nova normativa.

Do novo plan destacou que recolle solo edificable para 3000 novas vivendas no rural e 7000 no núcleo urbano, novas bolsas de solo industrial, a ampliación da alameda, unha circunvalación en conexión coa variante proxectada na estrada N-640,…

IMG_0120Ademais da campaña informativa, todos os que queiran acceder ao plan poden facelo a través da web do concello, www.aestrada.com. O rexedor agradeceu o gran traballo realizado pola estrada dixital para por a disposición dos veciños o documento na rede, onde destacou a sinxeleza da web para acceder aos contidos.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Festas en Santo André de Vea

Este sábado a parroquia estradense de Santo André de Vea celebrou a festa na honra a Virxe das Dores.

Fotografía: Yaisa Picallo

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O Partido Socialista de A Estrada ponse a disposición da plataforma estradense de emigrantes e anuncia unha campaña informativa no Deza, pola súa banda os nacionalistas instan ao alcalde a que presione ao seu partido para buscar unha solución

IMG-20130914-WA0000A senadora socialista, Paula Fernández, presentou na mañá de hoxe, acompañada dos lideres socialistas  de A estrada e Forcarei, José Antonio Dono e Ana Doval, as iniciativas que o PSdG ven de presentar no parlamento galego en referencia a problemáticas das pensións dos emigrantes.

Os socialistas galegos acaban de propor ao parlamento unha proposición non de lei, que foi aprobada pola cámara para regularizar a situación dos pensionistas emigrantes retornados e eximilos do pago de sancións.

A proposta socialista reclamaba que os pensionistas sexan axeitadamente informados, un tratamento homoxéneo destes casos en tódalas axencias tributarias, xa que hoxe dan prazos e tratamento diferenciado, que non se cobren os intereses de demora ou sancións económicas e deixar un prazo suficiente para aqueles que teñan que facer fronte aos pagos.

Tamén deron a coñecer as iniciativas presentadas no Congreso dos deputados,onde se presentou tamén unha proposición non de lei similar e que será debatida nas sesións plenarias vindeiras, e as presentadas no parlamento europeo polos eurodeputados socialistas galegos e Andaluces.

Pola súa banda a Senadora socialista tamén anunciou que no senado presentarase tamén  iniciativas “na defensa dos galegos e as galegas que están a ser tratados como delincuentes polo Ministerio de facenda”  Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A Plataforma de Emigrantes Retornados de A Estrada ten xa recollidas máis de 500 sinaturas

IMG_2600A Plataforma de Emigrantes Retornados da Estrada xurdida após ao acto do BNG do mércores da semana pasada, sobre o que nós entendemos un trato inxusto por parte da Axencia Tributaria, non pode senón felicitarse pola boa acollida por parte de todos estradenses. Ao longo de toda esta semana foron moitas as mostras de apoio e solidariedade recibidas, que se plasman nas máis de 500 sinaturas recollidas en tan só uns poucos días.

Máis no só recibimos mostras de apoio, senón chamadas de moitos emigrantes retornados que se atopan en idéntica situación, que viven alén das fronteiras deste concello, algunhas moi preto, como Cerdedo, Cuntis ou Forcarei, mais tamén de Ourense. Todas estas chamadas veñen a demostrar que estamos perante un problema social e económico moi grande para moitas familias, un problema que só ten unha solución política, que lle corresponde dar ao Partido Popular, que agora ten as responsabilidades do goberno central. Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Recepción popular a Alex Marque

O vindeiro venres día 20 de Setembro terá lugar unha recepción popular a Alex Marque Porto no Concello de A Estrada ás 20 horas, onde faremos unha pequena marcha popular polas rúas da Estrada encabezada polo noso campión.

1209434_441185695990271_823612767_nConcellería de Deportes de A Estrada

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario