Este fin de semana terá lugar unha edición máis da Feira da Becerra

IMG_2784Esta semana gandeiros estradenses reunidos coa Concelleira de Desenvolvemento Rural e Actividade Agrogandeira, Dona Ángeles Pais, ultimaban os preparativos para esta edición da Feira da Becerra.

Este fin de semana terá lugar unha nova edición da Feira da Becerra e do Concurso Frisón da Becerra Selecta no recinto feiral de Guimarei. A inauguración da feira prevista para ás 12 da mañá adiantase ás 11:30 horas.

CCI12092013_0000 CCI12092013_0001

CCI12092013_0002

CCI12092013_0004

 

Publicado en Agrogandeiros, Portada | Deja un comentario

O xurado falla a favor de "Corpos Transitivos" de Dna. Elvira Riveiro a XVII Edición do Premio Avelina Valladares

IMG_2549

Esta semana o Concelleiro de Cultura, don Juan Constenla, acompañado polos membros do xurado da presente edición do Premio de Poesía Avelina Valladares , conformado por Dna. María Xesús Nogueira Pereira, D. David Otero Fernández, D. Xosé Luna Sanmartín e Dna. Dolores Araujo Arias, esta última como secretaria; deron a coñecer a obra gañadora do XVII edición.

IMG_2589Nesta ocasión e como dita a acta: “Unha vez lidos os orixinais presentados, selecciona por unanimidade, como gañador do XVII Premio de Poesía Avelina Valladares, o presentado baixo o lema “Corpos Transitivos” que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Dna. Elvira Riveiro Tobío, no que o xurado destacou do poemario a indagación levada a cabo sobre a perda do territorio e do lugar, a reflexión sobre a escritura e o propio poema, salientou ademais a forza do discurso e a orixinalidade na creación de xogos verbais non exentos de ironía».

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Nace en A Estrada unha Plataforma de Emigrantes Retornados

IMG_2610

Nace en A Estrada unha Plataforma de Emigrantes Retornados. Ante as recentes notificacións da axencia tributaria a este colectivo polas pensións que reciben do estranxeiro e sancións por non habelas declarado durante 4 anos atrás, unha véntena de afectados poñen en marcha unha plataforma para conseguir apoios ante a súa situación, a cal consideran inxusta ante o descoñecemento de que tivesen que declarar estes ingresos.

IMG_2600Dende o colectivo esperan que se lle incorporen máis afectados e mentres teñen previstas varias acción. En primeiro lugar xa comezaron con unha recollida de firmas da cal están tendo moi boa acollida por parte dos veciños da vila. En breve solicitarán reunirse co alcalde e con representantes dos distintos partidos políticos para buscar o seu apoio e unha solución a esta situación.

Redacción, fotografía e gravación: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere abrirá o vindeiro 15 de setembro o prazo para apuntarse as súas escolas de música e baile tradicional

cartel teque2 curso 13-14 cartel teque 2013-14

Tríptico de inscrición

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Cursos gratuítos de iniciación á fotografía e reparacións domésticas do Plan Activate

O prazo de inscrición remata o vindeiro 26 de setembro e as inscricións poderanse formalizar no Departamento de Cultura do Concello A Estrada.

Estes cursos teñen un límite de 25 prazas e son completamente gratuítos.

Poden atopar máis información no seguinte link: Deputación de Pontevedra

ReparaciónsDomésticas fotografÃ-a

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá o venres a carpa itinerante "Xplora Xuventude"

A Estrada acollerá este venres, entre as 17,00 e 20,00 horas, a carpa informativa ‘Xplora Xuventude’, da Consellería de Traballo e Benestar, que ten como obxectivo proporcionar información e asesoramento á mocidade. En concreto, a iniciativa estará emprazada na Praza do Concello.

Esta carpa forma parte dunha campaña informativa, promovida polo departamento autonómico, que tenta achegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados a mocidade.

Os mozos e mozas que se acheguen ata a mesma contarán con información e asesoramento proporcionados por técnicos especializados sobre programas Iniciativa Xove e Xuventude en Acción, voluntariado xuvenil e ambiental, axudas para a obtención do carné de conducir, Galeuropa e outros programas de mobilidade xuvenil, servizo Quérote +, Carné Xove e outros carnés destinados á mocidade,.., entre outros.

A carpa tamén servirá como un espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Este venres a ACOE organiza actividades para os rapaces con motivo da Volta ao Cole

VOLTA O COLE 2013 arreglado

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario