A Estrada corre en homenaxe a Manuel Bergueiro

IMG_1728

Na xornada matinal deste domingo celebrouse na Estrada a III Edición do Memorial en Homenaxe a Manuel Bergueiro organizado por Atlántica de Abogados en colaboración co Concello de A Estrada.

IMG_1144As rúas máis céntricas do pobo foron ocupadas por corredores e público de todas as idades que quixeron achegarse e participar do evento. Comezaron ás 10 da mañá os máis cativos con circuítos adaptados aos rangos de idades; pitufos, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Todos os participantes destas categorías recibiron unha medalla ademais da camiseta conmemorativa que se lle facía entrega xunto cos dorsais a todos os corredores. Os atletas tamén tiñan a súa disposición bebidas e froita.

Antes da carreira grande que daría comezo ás 11:30 horas e na que competían os atletas de categoría absoluta e veteranos, o xerente de Atlántica de Abobados, José Cao, acompañado do edil de Deportes, Ismael Pena, fixéronlle entrega duns ramos de flores a familiares do IMG_1763homenaxeado Manuel Bergueiro.

En total competiron arredor de 270 atletas dos cales obtiveron trofeo o primeiro clasificado de cada categoría, tanto masculina como feminina, dos máis pequenos e veteranos. Na categoría absoluta obtiñan trofeo e premios en metálico os tres primeiros clasificados; 250, 150 e 100 € respectivamente, tanto en categoría feminina como en masculina.

 

Deixámosvos aquí galerías de imaxes de todas as probas para que vos busquedes:

Pitufos

 

Prebenxamín e Benxamín

 

Alevin

 

Infantil e Cadete

 

Proba Absoluta

Entrega de Trofeos (Fotos cedidas  por Catrogatos)

A entrega de galardóns tivo lugar ás 13:00 horas na Praza do Concello e os gañadores por categorías foron os seguintes: Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O MOME acollerá obradoiros de emprendemento rural sostible

cartaz xenerico obradoiros 2013Os días 11 e 12 de setembro celébrase en A Estrada un obradoiro de emprendemento rural sostible organizado por A Cova da Terra.

A asociación A Cova da Terra, xunto coas ONGD’s Panxea, Sodepaz e Taller de Solidariedade, organizan este obradoiro dentro do programa: De aquí, xusto e ecolóxico. O rural como motor de cambio. O obxectivo de este proxecto é achegar á mocidade as diferentes oportunidades laborais que ofrece o noso rural, a partir de conceptos clave como agroecoloxía, sustentabilidade económica, social e medioambiental, cooperación e soberanía alimentaria.

O obradoiro celebrarase no MOME (Avenida Benito Vigo, 92-baixo, A Estrada) con horario de 16:00 a 21:00. É unha actividade de balde, grazas á colaboración da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e do Concello da Estrada. As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa. Poden encontrarse más detalles sobre o calendario de obradoiros e a forma de inscrición na dirección web: http://deaquixustoeecoloxico.blogspot.com.es/ ou na Cova da Terra 982 230 211 – 698 161 760, www.covadaterra.org.

Detállase o programa a continuación:  Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Homenaxe a Miguel Ángel Castro

IMG_3167A praza do concello de A Estrada acolleu a noite do sábado un concerto en homenaxe ao recentemente falecido Miguel Ángel Castro. Sobre o esceario actuaron Seve Cantautor, Regato de Matamulleres, John Deeres, Esquíos, Raiba e Ruxe Ruxe.

Fotografías: Yaisa Picallo

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Festas na honra á Virxe do Socorro en Ouzande

IMG_3275

Este domingo a parroquia de Ouzande celebrou a súa festa na honra á Virxe do Socorro, onde non faltaron as tradicionais poxas.

Fotografía: Yaisa Picallo

Publicado en Igrexa, Portada | Deja un comentario

A mañá deste domingo terá lugar o III Memorial Manuel Bergueiro

III Memorial Manuel BergueiroEste domingo terá lugar o III Memorial Manuel Bergueiro puntuable para o circuíto «Corre, A Estrada, Corre».

Por este motivo serán cortadas diversas rúas:

Serafín Pazo, Praza da Farola, Rúa Peregrina, Capitán Bernal, Avenida de América, terceira travesía de la Avenida de América , rúa San Antón, Don Nicolás, Calvo Sotelo, Ulla, Porta do Sol, Avenida de Ponteareas, Rúa Baiuca, Varela Buxán e Justo Martínez.

A carreira tamén discorrerá polas rúas Antón Losada e Gradín, que non estarán cortadas ao tráfico xa que os participantes correrán polo arcén.

Para coñecer os horarios e planos dos percorridos pinchar aquí.

Redacción: Concellería de Deportes

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O PSdeG PSOE fai unha valoración dos últimos acontecementos acontecidos en A Estrada

IMG_9891Comeza un novo curso político e o PSdeG PSOE de A Estrada en voz de Don Xosé Antonio Dono, acompañado das concelleiras Belén Louzao e Montse Maceiras, mostra que a súa “visión alónxase bastante do que o alcalde trata de vender con visitas ao Presidente da Xunta, con visitas de conselleiros á Estrada, con roldas de prensa de presentacións de Plans Xerais…, a realidade é un pouco diferente”.

O líder socialista considera que a visita a Núñez Feijoo non é máis que un principio de “curso mediático e propagandístico que non sirve para nada”, xa que non se se fixo nada en estes dous anos e medio de lexislatura e continuarase sen facer nada, “nin coa autovía, nin en solo industrial, nin en ningunha outra obra importante das que ten pendentes este concello”.

En canto ao colexio Pérez Viondi denuncia que “ao mesmo tempo que se fai o Pérez Viondi se reduce o número de profesores” sendo o colexio con máis matrículas.

Por outra banda Dono demanda que o concello da Estrada é un dos que menos inverte por habitante, 48€, de toda a comarca, “concentrando en campos de fútbol e vías da Deputación a inversión que lle corresponde ao concello de A Estrada para todo o termo municipal da Deputación”, provocando o deterioro dos servizos esenciais como bacheo ou desbroces. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Continúan as concentracións contra o peche do Rexistro Civil

IMG_9916Como todos os venres ás 12 do mediodía dente o pasado mes de marzo continúan as concentracións contra o peche do Rexistro Civil estradense.

Unha nova lei do Ministerio de Xustiza podería supoñer a centralización dos rexistros civís obrigando aos estradenses a desprazarse ata Pontevedra para realizar trámites que ata o de agora se realizaban no noso concello.

Redacción e fotografía: Iria Eiras

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario