Agasallos entregados pola ACOE no programa de puntos aestradaPlus

Dende o mes de Xaneiro 2013,  A  A.C.O.E  fixo entrega dos seguintes agasallos solicitados no troco de puntos da tarxeta de fidelización aestradaPlus.

                       Agasallo                                                               Persoa                                                Comercio

Conjunto de 3 Boxer para chico,                                      Raquel .L.L.                                         ANA BELÉN

Pendrive Lacie iamaKey de 8 GB,                                     Cristina V.S                                      CÓDIGO DIGITAL

Teléfono Inalámbrico Panasonic,                                    Jorge F.C                                           CONNECTA REY

Vestido Miss Sidecar,                                                            Isabel V.N.                                                BAMBÚ

3 unidades de Bebida vegetal de arroz,                          Marta P.L.                                         FARMANATUR

3 paquetes de Cookies de pipas de chocolate Belsi,  Marta P.L.                                         FARMANATUR

Nevera Térmica con capacidad para 19l.                     C.M.F.                                             DROGUERIA MARY

2 Fundas de teléfono Gorfuss                                             O.T.V                                               LIBRARIA MARXE

Dende a asociación animámosvos a todos a que consultedes o catálogo e fagades o troco dos puntos por agasallos. Tentamos poñer cada vez máis agasallos de poucos puntos para que vos anímedes a trocalos.

Seguro que atopas algo para a volta o cole, para facer un agasallo, para decorar a casa, artigos de moda, complementos actuáis, etc. etc.

A ESTRADA PARA MERCAR TODOS OS DIAS.

Redacción: ACOE A Estrada

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

San Xurxo de Vea celebrou o pasado venres a súa 3ª Edición do Festival Folk

IMG_8516O pasado venres 30 de agosto o parroquia de San Xurxo de Vea celebrou a súa terceira edición do Festival Folk. Nesta ocasión contaron coa actuación de Retrouso de Ouzande, O Recobio de Vaamonte de Teo, Regato de Matamulleres de Callobre, realizando o fin de festa a agrupación de Cuntis, Estofados en Salsa.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

 

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O Sporting Estrada gaña o Torneo Val do Vea

IMG_0836O derradeiro domingo do mes de agosto preparando a nova tempada 2013/14 dispotouse o Torneo Val do Vea no campo de Nogueira. A competición na modalidade de triángular contou coa participación dos equipos estradenses Callobre e Sporting Estrada ademais do equipo local, Vea CF.

No primeiro encontro entre o Sporting e o Callobre decantouse a favor do Callobre na tanda de penaltis. No segundo o Vea enfrontouse ao Sporting Estrada volvendo a decidirse nas penas máximas que nesta ocasión se decantou polo Sporting. No derradeiro encontro entre o Callobre e o Vea, tamén na quenda de penaltis, decantouse a favor do Vea CF.

Deste xeito o Primeiro Clasificado foi o Sporting Estrada, Segundo o Vea e Terceiro o Callobre.

Os trofeos foron doados polo Concello de A Estrada, Taberna O Patio e Federópticos Fondevila.

Fotografías: Brais Cajaraville

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Os nacionalistas piden “xustiza” e o “dereito a pensións dignas” para as persoas que no seu momento tiveron que emigrar e puideron voltar a Galiza

1073744_683878778308286_844870244_oPreto de cen persoas afectadas déronse cita, nesta primeira asemblea, para atallar esta inxustiza recadadora planificada polo PP dende o Ministerio de Facenda

O BNG organizou unha asemblea informativa para todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española a quenes estiveron emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros países. Interviron os parlamentarios do BNG Carme Adán e Xosé Lois Leirós, como representante da plataforma de afectados do Salnés.

O BNG organizou unha asemblea informativa para todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española a quenes estiveron emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros países.

Todos os emigrantes que reciben pensións de dous estados e que teñen uns ingresos superiores a 11.200 € anuais están recibindo requirimentos polos ingresos recibidos dende o ano 2008. Os pensionistas que só cobran pensións do estado español non están obrigados a tributar se os seus ingresos non superan os 22.000 € anuais. Este mecanismo recadatorio foi posto en marcha polo Ministerio de Facenda a principios deste ano 2013. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A Estrada despide aos nenos Saharauis

IMG_6741Un total de 12 nenos e nenas foron acollidos este verán por familias estradenses. Rematado este mes de agosto retornan ao Sahara. Para despedilos o alcalde, Xosé López, acompañado da concelleira de Educación e Servizos Sociais, Amalia Goldar, fixéronlle unha recepción a rapaces e pais de acollida no salón de plenos do concello.

O rexedor dialogou cos máis cativos interesándose pola súa experiencia no noso concello e arredores. Os nenos mostráronse moi contentos e destacaron como principal atractivo da nosa comunidade o mar ao vivir nunha zona desértica.

Para rematar Xosé López fíxolle entrega duns agasallos conformados por material escolar, polo cal agradecen a colaboración e facilidades aportadas pola librería Lolimay.

Redacción e Fotografía: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O BNG propón que a casa das letras sexa unha homenaxe a “Rosalía de Castro”

IMG_4929O portavoz municipal do BNG ven de presentar un escrito no rexistro do concello no que propón que “a casa das letras leve o nome da escritora Rosalía de Castro, chamándose así Casa das Letras “Rosalía de Castro””.

Segundo explicou o concelleiro nacionalista “neste ano 2013 cúmprese o 150 aniversario da publicación da obra “Cantares Gallegos”, o que funda de xeito irreversíbel o sistema literario galego, sendo por iso a efeméride escollida para a conmemoración do día das nosas letras.”

“No BNG pensamos”, engadiu Xosé Magariños, que “lamentabelmente A Estrada non ten feito o suficiente por promover o recoñecemento desta escritora que ten mérito dabondo pola súa calidade e tamén polos valores que lle acompañan (dignificar a nosa lingua e as mulleres) motivos de sobra para recibir unha atención institucional axeitada, cousa que até día de hoxe non ocorreu”. “Neste sentido”, explicou o concelleiro nacionalista, “temos que
recordar que este goberno municipal do PP non fixo ningún acto de homenaxe polo 175 aniversario do nacemento da nos escritora máis universal”.
Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O próximo venres proxectárase o documental "A fazaña da liberdade" de Senén Outeiro

a-fazanha-da-liberdadeA Asociación Cultural “Vagalumes” informa que o próximo venres 6 de setembro vai estrear na Estrada o documental *“A fazaña da liberdade”* do realizador estradense Senén Outeiro. A proxección terá lugar no Teatro Principal ás 20:30 h. e a entrada será libre e gratuíta.

Este documental recupera a vida de Alexandre Bóveda, con testemuños que nos achegan a unha das personalidades máis relevantes da nosa historia.

Redacción: A. C. Vagalumes

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario