O BNG organiza unha asemblea informativa para as persoas afectadas polos requerimentos da Axencia Tributaria aos que perciben pensións dende outros países

IMG_4929Facenda trata como “defraudadores fiscais” aos emigrantes galegos retornados

O BNG da Estrada organiza para o vindeiro mércores 4 de setembro unha asemblea informativa para abordar esta problemática que están a sobre os emigrantes retornados.

O BNG organizará unha asemblea informativa para todas aquelas persoas afectadas e interesadas polos requirimentos que se están enviando dende a Axencia Tributaria Española a quenes estiveron emigrados e emigradas e que perciben pensións dende outros
países. Neste acto público e aberto, que se levará a cabo o vindeiro mércores 4 de setembro, ás 20h, no Teatro Principal, intervirán Carme Adán (deputada no Parlamento Galego) e Xosé Antonio Leirós Gude, da asociación e emigrantes retornados “Marusía” e representante da plataforma de afectados do Salnés.

Milleiros de emigrantes galegos retornados, con pensións do estranxeiro, están a recibir requirimentos da Axencia Tributaria Española con comunicación de posíbeis sancións. O afán recadatorio da facenda española fixo que no primeiro mes, dende que empezaron a enviar estes requirimentos, xa recadaran máis de 3 millóns de euros entre os emigrantes galegos. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Prezos populares para a vosa cita có Folk esta noite en San Xurxo de Vea

1185414_10201888858331873_1649718420_n

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Novas imaxes da Volta Ciclista España

Aquí vos deixamos tres novas imaxes da volta ciclista España entrando na Estrada que nos envia Ánxela Sanmartín Eirín.

Grazas Ánxela.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG de A Estrada denuncia que o alcalde ante a falta de argumentos, os insulta e considera que a Deputación só desbroza por onde pasa a volta ciclista

IMG_4929O alcalde cando non sabe que dicir, insulta.

“É economicamente inviábel afrontar por unha banda unha indemnización multimillonaria dos terreos da alameda e ao mesmo tempo acometer unha ampliación e a súa correspondente urbanización, cuxo custe superará amplamente as seis cifras, e iso é algo que até un neno pequeno o entende, agás o Sr. López, claro”

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, pediulle ao alcalde da Estrada que “se non ten argumentos políticos e técnicos suficientes para rebater as propostas do BNG a respecto da ampliación da Alameda, polo menos non insulte, que é único que saben facer no PP cando non teñen que dicir”.

“Neste sentido”, indicou o concelleiro nacionalista, “reiteramos que é economicamente inviábel afrontar por unha banda unha indemnización multimillonaria dos terreos da alameda e ao mesmo tempo acometer unha ampliación e a súa correspondente urbanización, cuxo custe superará amplamente as seis cifras, e iso é algo que até un neno pequeno o entende, agás o Sr. López, claro”. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Nova cita có Folk este venres en San Xurxo de Vea

Festival Folk 300813O vindeiro venres 30 de Agosto nova cita para os amantes do Folk en San Xurxo de Vea nun Festival que celebra a súa 3ª Edición.

Está previsto que o festival de comenzo sobre as 22:30 horas, e a partir desa hora actuaran os seguintes grupos:

Retrouso de Ouzande.
O Recobio de Vaamonde.
Regato de Matamulleres, de Callobre.
Estofados en Salsa, de Cuntis.

Os tres primeiros grupos teñen un repertorio folk tradicional; temas coñecidos por todolos asistentes co cal será fácil que todos nos arraquemos a cantar algún que outro tema, faendo a festa mais participativa e o traballo dos grupos mais doado.

es4O último grupo en actuar, polo tanto os encargado de poner o broche de ouro o festival serán os cuntienses dos Estofados en Salsa do cal forman parte , Damián Cortés á voz e saxo, Abrahán Sande e Fran Campos ó baixo e guitarra respectivamente e Alberto Torres á batería e percusións. Eles definen o seu espectáculo como un espectáculo musicómico, e faramnos gozar a todos de temas de moi diferentes estilos e sobradamente coñecidos con un toque estofado moi característico e singular.

Como nas pasadas ocasións o festival celebrarase no campo da festa de San Xurxo de Vea, pero con algún que outro cambio de ubicación das actividades, que evidentemente aquí non desvelaremos para non fastidiarlle a sorpresa ós asistentes.

IMG_0044Ainda que nun principio non este previsto a acampada a zona permiteo, asi que se a alguén lle apetece traerse a tenda e quedar a pasar a noite en Vea, non terá ningún tipo de problema.

Ainda que o Festival Folk de San Xurxo de Vea, é un festival moi xoven, dende a organización, estamos a traballar con moitas ganas para que vaia medrando pouquiño a pouco e se convirta nun referente do folclore tradicional como xa o son outro festivais da zona, como poden ser As Nosas Músicas de Couso, ou o Folk de Raiz de Callobre. Festivais que tomamos como exemplo a seguir, e dos cales aprendemos moito edición tras edición.

Redacción e Fotografías: Comisión Festival Folk de San Xurxo de Vea

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

VI Foliada de Música Tradicional en Ouzande

cartel fervenza de músicas 2013 contA AC A Fervenza de Ouzande presenta a sexta edición da FERVENZA DE MÚSICAS, dirixida especialmente á promoción e divulgación da nosa música, tal como ven facendo desde a súa fundación, a través do desaparecido festival Músicas da Terra, ata 2007, ou coas clases de música tradicional que se desenvolven no local social de Ouzande, e nas que no curso pasado participaron máis de 60 persoas de todas as idades.

A iniciativa, xa consolidada nestes cinco anos anteriores, cumpre o obxectivo fundamental de posibilitar o intercambio cultural e musical con outras iniciativas e grupos semellantes, achegando agrupacións da comarca e de comarcas próximas. Trátase de agrupacións de música tradicional e popular pero con formas ben distintas de achegarse á musica galega deste tipo, dando mostra da riqueza e variedade da mesma, obxectivo que tamén está nas nosas intencións.

Tamén está nas motivacións da actividade o feito de incluír no programa das festas parroquiais (Festas do Socorro de Ouzande) unha actividade musical diferente nas que a música tradicional e popular teña cabida e sexa a principal protagonista. En consecuencia FERVENZA DE MÚSICAS está incluída en dito programa de festexos que organiza a Xunta Parroquial de Ouzande.

As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes. Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O BNG considera que a ampliación da Alameda será un lastre económico para o concello

IMG_4929A indemnización solicitada pola familia Campos e a ampliación prevista polo PP hipotecarán a execución do PXOM actual.

O consello local da Estrada reuniuse onte pola noite para, entre outras cuestións, tratar a reclamación presentada pola familia Campos reclamando a responsabilidade patrimonial do concello a respecto do terreos contiguos á Alameda da vila.

Como xa indicamos en múltiples ocasións, o BNG da Estrada considera un despilfarro e unha hipoteca inasumíbel para o concello acometer a ampliación da Alameda tal e como prevé o Partido Popular. No canto disto, o BNG considera moito máis útil para os veciños e veciñas da Estrada, e por suposto, máis económico, dotar o casco urbano con distintas zonas verdes, e mellorar a calidade urbana da vila,  no canto de se centrar nunha soa e puntual actuación. Ao mesmo tempo, estas zonas verdes repartidas pola vila levarían aparelladas  aparcadoiros públicos, o que facilitaría o aparcamento de vehículos en superficie; dando resposta tanto á cidadanía que reside na vila coma ao comercio e ás necidades de aparcadoiro que require o carácter administrativo e comercial da  Estrada  como cabeceira
de comarca.

O escrito presentado pola familia Campos demandando ao concello pola responsabilidade patrimonial perdida é froito das chapuzas reiteradas do PP a respecto do ordenamento urbanístico do concello. Teríamos que remontármonos ao último goberno de Ramón Campos para atopar o cerne deste problema, onde, e precisamente a consecuencia del, acadou un papel destacado o actual alcalde da Estrada, daquela concelleiro novel con
aspiracións que formaba parte da Xunta de Goberno Local. Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario