O pasado domingo a parroquia de San Paio rendíalle un afectuoso homenaxe a Xosé Antonio Ortigueira Barros polas súas Vodas de Prata sacerdotais.
A celebración comezou, como non podería ser de outro xeito, con unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Estradense. Na homilía o párroco sorprendeu aos fieis cantando a capela “Que detalle Señor has tenido conmigo”. Posteriormente contou algunha anécdota da súa nenez aproveitando que tamén se celebraban varias comuñóns e un bautizo. O sacerdote, nado en Caldas de Reis, relatábanos como o seu nome ven tomado dos nomes dos seus padriños bautismais, como comunmente se facía por aqueles tempos, e como rachou o pantalón o día da súa Primeira Comuñón e o remendou coa complicidade da súa tía. Pechou a homilía agradecendo aos organizadores da homenaxe, dos grupos parroquiais, civís e veciños que o arroupaban neste día.
Trala misa a banda de Gaitas de Barbude esperaba na Praza da Igrexa para amenizar a saída, onde interpretou varias pezas para deleite dos presentes.
E como vos galegos ningunha celebración é festa sen a súa correspondente comida. O xantar tivo lugar no restaurante Sala Gradín ao que acudiron preto de 300 comensais que quixeron acompañar a Xosé Antonio neste día mostrándolle o seu cariño e aprecio. Acudiron entre outros o reitor do Seminario Menor, Manuel Ferreiro, en representación do Arcebispo, tamén estiveron presentes diversos colectivos parroquiais coma o da catequese, cáritas, fillas de María, adoración nocturna, colaboradores litúrxicos e camareiras do templo, os curas de Vea e a agrupación San Paio. Entre as autoridades civís encontrábase unha importante representación dos grupos municipais PSOE e PP, a deputada Carmen Cajide, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e representación das asociacións de empresarios, Fillos e Amigos de A Estrada e Duque de Segorbe. Sigue leyendo







































