A versión contemporánea de "Romeo e Xulieta" enche o Teatro Principal

IMG_1630

Onte pola noite chegoulles o turno o grupo xuvenil da escola de teatro que interpretaron «Romeo e Xulieta» no principal, nunha adaptación contemporánea. O reparto estivo composto por: Irina Zamora, Natalia Carracedo, Carlos Rodríguez, Mónica Silva, Izan Fontenla, Saleta Vázquez, Antía Sala, Mª Carmen Sánchez, Silvia Iglesias, Celia Suárez, Paulo Brea, Sheila Carbia, Ángela Vinseiro, Mariña Pena, Inma Rodríguez, Guillermo Fernández, Diego García.

Fotografías e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Gran participación na festa da bicicleta con uns 500 ciclistas

IMG_7668O luns celebrábase na Estrada unha nova edición da festa da bicicleta. Este ano viña englobada dentro do programa da Deputación de Pontevedra “Únete a Volta”

Nesta ocasión a volta ciclista contou con uns 500 participantes.

Finalizada a volta sorteáronse 10 bicicletas, 4 proporcionadas pola Concellería de Deportes do concello de A Estrada, 5 doadas por empresas locais e 1 pola Deputación de Pontevedra xunto con numerosos lotes de material deportivo.

IMG_8081Ademais entregáronse os premios a bicicleta máis antiga, que gañou Manuel Sanmartín, ao participante máis veterano, Manuel Torrado, de 82 anos, a familia con máis participantes, Valiño, con 9 membros, e a bicicleta máis orixinal que levou Calvelo con un vehículo fabricado por el mesmo.

Entregaron os premios o concelleiro de Deportes, Ismael Pena, o edil de Promoción Económica, Óscar Durán, e a concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar.

Aquí vos deixamos unha ampla galería para que vos busquedes.

Fotografías e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

O grupo infantil de teatro enche o Principal de luz e son coa representación de "O Crebanoces"

img_6784

O domingo o grupo infantil da Escola Municipal de Artes Escénicas pechou o curso coa escenificación da obra «O Crebanoces», nun fermoso espectáculo de luz e son, no que os rapaces non defraudaron ao público mostrando as súas grandes dotes como actores. O reparto estivo formado por: Elena Carracedo, Mencía Vidal, Ángel Domínguez, Manuel Pérez, María López, Leila Comojo, Mirian Núñez, Marcos Castro, Celia Astorga, María Porto, Saleta Lueiro, Uxía Mella, Giovanni Deidda, Alba Mato, Antón Lueiro, Laura Calvelo, Jesús Carbia.

Parabéns rapaces.

Recordarvos que hoxe é o turno do grupo xuvenil, que representará ás 21:00 horas no Principal a obra «Romeo e Xulieta» con entrada de balde.

Fotografías e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Esgotadas as entradas para o concerto de Amancio Prada

942624_405131759595665_1794444776_n

Publicado en Sin categoría | Deja un comentario

Xa está aberta a exposición fotográfica "Regreso a la orilla"

969071_378816185551812_267425251_nDurante estes días de festas podédesvos achegar a visitar a exposición fotográfica “Regreso a la orilla” de Aroa Martínez Sánchez, directora da revista dixital “catrogatos”. Unha mostra que de seguro non deixará indiferente aos bos amantes da fotografía.

A exposición estará aberta ao público de 11 a 13 horas da mañá e de 18 a 20 horas da tarde na Sala Novagalicia Banco, sita na rúa Calvo Sotelo, 7, ata o vindeiro día 29.

Parabéns a Aroa polo traballo realizado, que me consta que foron moitas horas ao pé do río Ulla. Deixámosvos aquí unha nota na que a fotógrafa nos relata a temática da exposición e agradece a colaboración prestada para conseguir esta fermosa galería fotográfica.

Dando continuidad a la exposición “La voz del río, la mirada del río” basada en el Concurso de Pesca del Salmón en aguas gallegas del pasado año, este año nace con idéntica ilusión “De regreso a la orilla”, y con la misma intención, que no es otra que mostrar el lado artístico de la pesca, las luces y sombras del río y de sus protagonistas, los pescadores, que con tantas horas de paciencia caña en mano, brindan a la cámara tantos bellos instantes.

Quiero agradecer a todos los que habéis colaborado, habéis sido y sois parte de esto.

Gracias a Reyes, por poner tu dulce voz a las fotografías, por tu complicidad y DSC_0848colaboración.

Muchas gracias a todos y a cada uno de los pescadores, que hacen que las fotografías tengan nombre propio.

Gracias a Tou y a Pablo por su ayuda a la hora de prestarme todo el atrezo de pesca que está en esta exposición.

Muchas gracias al ayuntamiento por ponerme las cosas tan fáciles para poder estar aquí estos días en plenas fiestas, muchas gracias a Juan Constenla por su constante ayuda y colaboración.

Y por supuesto, muchísimas gracias a todos por venir. Espero que disfrutéis viendo estas fotografías tanto como yo disfruté haciéndolas en las orillas del Ulla.

Aroa Martínez

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Suspendido o Festival de Bandas Locais do Aniversario Valenciaga

crespón negro (1)Suspéndese o concerto previsto para ás doce desta noite na praza do concello polo falecemento do cantante dos «Esquíos». No concerto ían participar o propio grupo dos «Esquíos» xunto con «Os John Deeres» e «Templanza».

Dende A Estrada na Rede queremos expresarlle as nosas condolencias a familiares e amigos. DEP.

Publicado en Festas, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Festa de San Xoán en Santa Cristina de Vea

O pasado sábado a parroquia de Santa Cristina de Vea celebrou o súa festa de San Xoán con sardiñas e porco ao espeto.

Fotografías: Iria Eiras

Publicado en Festas, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario