O curro do domingo adiántase ás 11:30 por mor da ola de calor

Cartel Rapa das Bestas 2013O curro deste domingo previsto para ás 12 horas, adiántase media hora debido a ola de calor que afecta este fin de semana á nosa comunidade. As entradas poranse a venda unha hora antes, ás 10:30 horas.

Para máis información sobre a Rapa das Bestas de Sabucedo podedes visitar a web oficial www.rapadasbestas.es

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Documental sobre A Rapa das Bestas de Sabucedo

Rapa CurtaDeixámosvos aquí o enlace ao documental realizado por Producciones Trípode sobre A Rapa das Bestas, estreado a comezos de ano. A curtametraxe de 18 minutos de duración, non sólo se centra na festa actual senon tamén na historia da mesma que nos relata na voz de Pepe Rodríguez.

Documental da Rapa das Bestas de Sabucedo (En Galego)

Documental da Rapa das Bestas de Sabucedo (En Castelán)

 Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Última Hora Rapa das Bestas, atrásase o curro do sábado ás 8 da tarde

Cartel Rapa das Bestas 2013Debido á estrema calor que a Axencia Estatal de Metereoloxía anuncia para esta fin de semana, con acusada persistencia de valores superiores ao normal para esta época do ano, a Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo; organizadora da festa que se prolongará ata o vindeiro luns, decidiu retrasar o comezo do curro previsto para a tarde do sábado.

Deste xeito, o comezo do curro será ás oito da tarde e non ás sete como estaba previsto nun principio. A organización recoméndalles a todos os visitantes que se acheguen a Sabucedo beber abundante auga, levar roupa lixeira e levar a cabeza cuberta.

Rapa das Bestas

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Chega a Rapa das Bestas

IMG_6690

Un ano máis, a parroquia estradense de Sabucedo, convertirase durante o primeiro fin de semana de xullo nun dos núcleos máis visitados de Galicia, coa celebración da tradicional Rapa das Bestas.

Unha festa declarada de Interese Turístico Internacional que atraerá a atención de preto de vinte mil persoas chegadas de todos os recunchos do planeta. Dita distinción serve para premiar a antigüidade da celebración, o seu arraigo popular, a repercusión que ten nos medios de comunicación nacionais e internacionais, así como o bo trato dispensado aos cabalos.

A Festa, que comezará a noite de mañá coa IV Gala en honra e loubanza aos aloitadores, proseguirá o venres coa a subida aos montes na procura dos cabalos, a posterior xuntanza no cerre do Castelo e a inauguración da exposición Galicia latexa: A rapa das bestas de Sabucedo. Xa o sábado ás 19.00 h terá lugar a primeira Rapa no curro; seguida da acostumada verbena no Campo do Medio. O domingo a media mañá está prevista a segunda Rapa á que seguirán distintas actuacións folclóricas, para rematar o luns coa tradicional Rapa solidaria. Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Os socialistas estradenses buscarán un acordo plenario solicitando a exención dos expedientes sancionadores de facenda ás persoas beneficiarias de pensións do estranxeiro

PSOEA pesar de ter rexistrado a moción neste sentido, o Alcalde López campos non a incluíu na Orde do Día 

O grupo municipal socialista levará ao próximo Pleno do mes de xullo, mañá xoves, fóra da orde do día, una moción para que a Corporación se pronuncie sobre o tema e tomar un acordo para que a Axencia Tributaria exima a todas as persoas afectadas dos expedientes sancionadores que na actualidade teñen abertos en relacións ás pensións do estranxeiro. Segundo os socialistas, son centos os afectados no Concello da Estrada e na Comarca.

A Axencia Tributaria está reclamando a pensionistas galegos que perciben pensións de outros países a presentación de declaracións complementarias da renda dende o ano 2008 Estas reclamacións aplícanse con recargo por intereses de demora e sancións.

Ante esta situación, que está xerando unha grave alarma nas persoas pensionistas e dado o elevado número de emigrantes que tivemos no noso Concello, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, someterá a consideración do Pleno esta moción. “A pesar de tela rexistrado no Concello dende o 10 de Xuño parece que ao Sr. Alcalde non lle interesa falar do tema, pois nin convocou comisión informativa para tratar o asunto e valóralo, nin a incluíu no debate plenario. Unha vez máis, dende que o Sr. López Campos é Alcalde, os temas molestos para o PP non chegan ao Pleno, pisoteando así a defensa dos intereses xerais dos nosos veciños e veciñas. O PP local impediu coa súa maioría unha toma de posición plenaria sobre a reforma da lei de educación, o rexeitamento da subida nos presos dos comedores escolares ou a reforma da lei de saúde sexual e reprodutiva, e agora parece que pretende ignorar a situación de centos de pensionistas”.  Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG esixe unha solución inmediata ao problema da secretaría do Pérez Viondi

IMG_4929O proxecto de ampliación do Pérez Viondi, valorada en 2.300.000 euros, non
contempla un espazo para ubicar a secretaría do colexio, que conta con máis
de 500 rapaces.

O BNG vén de rexistrar no Parlamento Galego unha batería de preguntas dirixidas á Consellaría de Educación sobre os defectos detectados no proxecto de ampliación do colexio Pérez Viondi.

En concreto, segundo denunciou hai uns días o consello escolar, o proxecto de ampliación do colexio non contempla ningún espazo para o departamento de secretaría, imprescindíbel para calquera colexio das dimensións do Pérez Viondi, onde estudan máis de 500 rapaces e rapazas da Estrada.

Este departamento, que anteriormente estaba situado nun edificio anexo ao colexio, derrubando para acometer a ampliación, é esencial para o funcionamento diario do colexio, xa que deste departamento depende todo procedemento burocrático e administrativo do centro, así como arquivo, entre outras funcións.
Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Bases para a convocatoria do III Premio de Teatro

BASES PARA A CONVOCATORIA DO III PREMIO DE TEATRO

MOME “VARELA BUXÁN”

 O Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME), comprometido co proceso de creación cultural, convoca o III PREMIO DE TEATRO MOME «VARELA BUXÁN» cos obxectivos de:

 -Poñer en valor o MOME como referente na vida cultural estradense e galega.

-Perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación    de Galicia e principal patrimonio cultural.

-Contribuír á difusión da nova dramaturxia galega e á divulgación da vida e obra do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán, o patriarca do teatro galego.

BASES Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario