Esta tarde "Únete a Volta" ciclista á Estrada

IMG_4975Hoxe ás 17:30 partirá da praza do concello a volta ciclista á Estrada, englobada no programa Únete a volta.

A volta contará con dous circuítos, un para menores de 8 anos e outro para os máis maiores. Entregaráselle unha camiseta a todos os participantes e haberá trofeos para o ciclista máis veterano, a bicicleta máis antiga, a bicicleta máis orixinal e a familia máis numerosa.

É obrigatorio o uso de casco e os participantes poden inscribirse na praza do concello.

Así no la presentaron o edil de portes, Ismael Pena acompañado do técnico municipal de deportes.

Fotografía, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Última hora sobre as Festas San Paio

_MG_5458Chéganos unha novidade de última hora para as Festas San Paio da man da web de Meteogalicia, vainos visitar Lorenzo durante toda a semana traendo un incremento das temperaturas. Polo que xa non tedes escusa para non gozar ao máximo destes días.

¡¡Que pasedes unhas Boas Festas!!

 

Fotografía e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

O grupo infantil e xuvenil da Escola Municipal de Teatro pechan o curso con "O Crebanoces" e "Romeo e Xulieta"

6A escola Municipal de Artes Escénicas de A Estrada continúa coas representacións de final de curso dos tres grupos de alumnos deste ano.

Tras realizar a primeira exhibición o pasado venres día 7 coa obra “Amores e Crimes de Xan Panteira”, chega agora o momento dos máis novos que representarán “O Crebanoces” e “Romeo e Xulieta”.

Así no lo presentaron o director da escola municipal de teatro, Xosé Lueiro, acompañado dun dos actores xuvenís, Carlos rodríguez, que representará a Romeo, e o edil de cultura, Juan Constenla.

A representación da obra “O Crebanoces” realizarana o grupo infantil de teatro composto por Elena Carracedo, Mencía Vidal, Ángel Domínguez, Manuel Pérez, María López, Leila 8Comojo, Mirian Núñez, Marcos Castro, Celia Astorga, María Porto, Saleta Lueiro, Uxía Mella, Giovanni Deidda, Alba Mato, Antón Lueiro, Laura Calvelo, Jesús Carbia. Será o domingo 23 ás 21:00 horas no Teatro Principal con entrada de balde ata completar aforo.

O turno do grupo xuvenil coa representación de “Romeo e Xulieta” chegará o martes 25 ás 21:00 horas no Teatro Principal, tamén con entrada de balde. Neste caso o reparto está composto por Irina Zamora, Natalia Carracedo,Carlos Rodríguez, Mónica Silva, Izan Fontenla, Saleta Vázquez, Antía Sala, Mª Carmen Sánchez, Silvia Iglesias, Celia Suárez, Paulo Brea, Sheila Carbia, Ángela Vinseiro, Mariña Pena, Inma Rodríguez, Guillermo Fernández, Diego García.

Fotografías: Mariana Dono

Gravación: Abel Eiras

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Cultura, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

Festival de Fin de Curso do Conservatorio de Música Profesional de A Estrada

_MG_5340

Deixámosvos aquí unha galería de imaxes da actuación de fin de curso dos estudantes do Conservatorio Profesional de Música que tivo lugar onte no Teatro Principal.

Parabéns rapaces, A Estrada conta con unha gran canteira musical.

Fotografías e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Xornadas de Amizade e Letras dos Clubes de Lectura do IES Nº1 no Recreo Cultural de A Estrada.

01O pasado martes nas instalacións do Recreo Cultural de A Estrada tivo lugar unha XORNADA DE AMIZADE E LETRAS que levaron a cabo os CLUBES DE LECTURA do IES Nº1. Un dos Clubes estivo centrado na literatura cinematográfica, outro na narrativa e un terceiro adicado ao Teatro (centrándose este na figura de Roberto Vidal Bolaño e así asemade na creación dunha obra de teatro propia titulada VOCES A CAMBIO DE SINTONÍAS).

Sigue leyendo →
Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Matalobos estrea Bieito Folk na súa tradicional festa na honra a San Benito

IMG_4856

Este ano a festa a San Benito de Matalobos ven cargada de novidades. Para abrir boca o día anterior celebraran o seu primeiro Bieito Folk, acompañado dunha sardiñada gratuita para todos os que se queiran achegar ata o campo da festa da parroquia e, o domingo, a festa grande virá acompañada de polo ao espeto.

A comisión agradece a colaboración dos veciños, as empresas e os particulares que grazas ós seus donativos fixeron posible esta festa, da que nos presentan o programa completo por medio de José e Carina Seoane.

Polo que queda dito: «Se vas a San Benito, vai onde van todos, ao lugar de Santa Baia, na parroquia de Matalobos» ¡¡¡Esperámosvos!!!

Programa das Festas: Sigue leyendo →

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Alumnas do IES Nº1 que resultaron premiadas no XXXIV Certame Terra Cha de Literatura e Debuxo

IMG_0004No Certame TERRA CHA de Literatura e debuxo nesta edición de 2013 resultaron gañadoras as alumnas do Ies Nº1.

Na modalidade de POESÍA (ESO): Lucía Liste Prieto, Jennifer Calviño, Ana Iglesias Casal, de 2º ESO e Laura Espiño dos Santos e Tania Neira Iglesias, de 3º ESO.

Na modalidade de Narrativa resultaron gañadoras:Raquel Clemente Neira, Tamara Lorenzo e Nerea Iglesias Espiño, de 1ºESO.

A este Certame presentáronse 612 traballos correspondentes a 74 Centros Educativos de toda Galicia.

Fotografía e Redacción: IES Nº1

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario