O vertedoiro de San Xiao de Vea desaparece aos quince días da denuncia feita polo BNG no Parlamento Galego

vertedoiro“No BNG estamos moi contentos do éxito conseguido, porque nos dá azos para seguir traballando por unha Estrada mellor para todas as veciñas e veciños”

Hai quince días o BNG da Estrada anunciou a presentación dunha batería de preguntas rexistradas no Parlamento Galego sobre o vertedoiro de San Xiao de Vea, onde se amoreaban nunha leira máis de vinte cinco vehículos abandonados, a parte de todo tipo de Ferralla, a escaso metros do río Vea.

Segundo informa o portavoz do BNG, Xosé Magariños, “esta denuncia que os nacionalistas levamos ás máis altas instancias do país, xa deron os seu froitos, xa que dun día para outro este verquido desapareceu, segundo nos comunicaron os veciños da parroquia”.

Vertedoiro San xiao 2“Porén”, indicou o concelleiro do BNG, “esta limpeza non tivo nada que ver coa dilixente actuación da administración local ou galega, senón que foi froito do temor dos responsábeis deste verquido a unha posíbel sanción, o que motivou a retirada inmediata de todo lixo que algúns desaprensivos acumularon durante anos, ante a pasividade das autoridades medioambientais do concello e da Xunta de Galiza”

“Hai que recordar,” explicou Magariños “que xa en 2006 foi o BNG quen puxo en coñecemento do concello da presenza deste vertedoiro ilegal, do que tamén tiña constancia o propio SEPRONA, segundo teñen informado os propios veciños, porén nada se fixo até estes días, sete anos máis tarde, e non foi por iniciativa das administracións públicas, responsábeis de velar polo noso medio ambiente”.

“Por outra parte,” afirmou Xosé Magariños, “no BNG estamos moi contentos do éxito conseguido, porque nos dá azos para seguir traballando por unha Estrada mellor para todas as veciñas e veciños”.

Fotografías e Redacción: BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Exposición de Manualidades da Asociación de Mulleres Rurais de San Xurxo de Vea

Como todos os anos a Asociación de Mulleres Rurais de San Xurxo de Vea expuxo os seus traballos realizados nos cursos de manualidades, bordados e encaixe cos palillos. Ademais durante a tarde agasallou aos visitantes con chocolate con churros.

Fotografías: Brais Cajaraville e Iria Eiras

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Asociacións, Galería de imaxes, Portada | Deja un comentario

Chegan as Festas de San Paio

Presentacion festas san paioChegan as festas de San Paio e a pesar dun presuposto sensiblemente máis baixo que o ano pasado, 35.000€ menos que en 2012, contan con un programa variado e para todos os públicos.

Así no lo fixo chegar o concelleiro de eventos, Nemesio Rey, acompañado de José Manuel Marque, membro da comisión, e Rosa Herraiz, deseñadora do cartel. En primeiro lugar presentaron o cartel deste ano do que Rosa nos conta que utilizou o tradicional palco de música da alameda transformado nun carrusel, para darlle un aspecto máis festivo.

Posteriormente Nemesio preséntanos o programa das festas, que pese a estar englobadas entre os días 25 e 29 de Xuño, conta con actividades xa dende o Venres 21 coa II Nocturna Estradense e o acendido do alumeado das festas.

Podedes consultar o programa, o cal aínda se lle poden engadir máis actividades xa que o petitorio continuará ata o comezo das festas, no seguinte enlace http://www.sanpaio.aestrada.com/ e nas próximas horas tamén disporedes da programación na nosa axenda para que non vos perdades nada. ¡Felices Festas!

Fotografía, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Festas, FESTAS SAN PAIO, Portada | Deja un comentario

A AGASP entrega os diplomas e condecoracións a policía local

IMG_0651O pasado venres na AGASP, Academia Galega de Seguridade Pública de A Estrada, tivo lugar a entrega de diplomas e condecoracións da policía local. Ao acto asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o vicepresidente, Alfonso Rueda, e o alcalde de A Estrada, José López, entre outros.

O presidente autonómico fixo entrega da Medalla ao Mérito Policial a Juan Manuel Delgado González, de Narón, por poñer en risco a súa vida durante unha intervención.

Finalizado o acto o vicepresidente da Xunta púxose a disposición dos medios estradenses que lle preguntaron polas obras do 112. Rueda mostrouse satisfeito co bo avance das mesmas, máis tendo en conta a situación económica actual, e espera que finalicen no presente ano.

Fotografías, Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Os prefetentistas pediron no pleno de Xuño o apoio do alcalde para buscar unha solución a quita

04 (1)Os preferentistas locais volveron asistir ao pleno deste mes de Xuño. Nesta ocasión o novo portavoz da plataforma estradense, Miguel Gómez, interveu no apartado de rogos e preguntas para solicitar o apoio do rexedor en busca dunha solución a quita.

 

Fotografía: Mariana Dono

Gravación e Redacción: Iria Eiras

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Panadería Cervela vende máis de 3.000 bolsas na campaña solidaria con Cáritas

IMG_4119A empresa amósase “moi satisfeita” pola participación, a dez días para o remate da iniciativa, e polo elevado uso das bolsas, que provocou que se esgotaran as 10.000 rifas para o sorteo dun televisor de última xeración.

 

Xa se repartiron preto de 7.000 barras de pan nas delegacións de Cáritas e
de Servizos Sociais dos concellos onde está presente a panadería.

A empresa estradense Panadería Cervela xa leva vendidas máis de 3.000 bolsas de algodón no marco da campaña solidaria a prol de Cáritas que arrancou o pasado mes de febreiro. O xerente, Benigno Cervela, amosouse “moi satisfeito” da acollida nestes meses e animou aos clientes a “dar un último empuxón” mercando estas bolsas nos últimos dez días da iniciativa, xa que o seu importe doarase en barras de pan en favor da entidade benéfica e ademais colaborase coa preservación do medio ambiente ao minguar o consumo de plásticos.
A venda de máis de 3.000 bolsas de algodón xa supuxo o reparto de preto de 7.000 barras de pan para distribuír entre as familias necesitadas de cada concello por parte de Cáritas Parroquial ou dos departamentos de Servizos Sociais onde non haxa delegación da entidade benéfica. A participación na campaña está a ser especialmente salientable nos municipios da Estrada, Caldas de Reis, Cuntis e Moraña. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

A asociación Cultural Vagalumes presenta o libro-dvd "A Terra Sabe a loita"

a-terra-sabe-a-loitaO vindeiro venres 14 de xuño a Asociación Cultural “Vagalumes” vai presentar na Estrada o libro-dvd “A Terra sabe a loita” no que se repasará a historia dos últimos 40 anos de conflitos agrarios a través das imaxes e do testemuño dun dos seu protagonistas máis sobranceiros, o dirixente sindical e político Emilio López Pérez (Milucho).

No libro temos ocasión de contemplar un extenso repertorio de documentos gráficos e ademais contase coa novidade de achegar dous DVDs nos que se dá conta de entrevistas e rescate de imaxes lembrando o acontecido até agora e que explica a situación na que hoxe nos atopamos.

O mundo rural galego sufriu un ataque despiadado obedecendo a intereses foráneos para eliminalo como competidor produtivo. A resistencia a esas agresións e as traizóns que desde o propio país tivemos que padecer serven de fitos do relato duns feitos que dan conta dun pobo que loita polo dereito a vivir dignamente do seu traballo na súa Terra.

O acto terá lugar ás 21:30 na sala de exposicións de Novagalicia Banco, na rúa principal da Estrada. Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario