O Domingo o recinto feiral de Guimarei acolle unha nova edición da Feira Cabalar de Pascua

03Este domingo o recinto feiral de Guimarei acolle unha nova edición da Feira Cabalar de Pascua coa marcha cabalar pola vila, un espéctaculo a cargo do Centro Ecuestre Mirantes de León e o concurso morfolóxico no que estarán como xuices Antonio Vega e Pablo Besada.

 

O programa é o seguinte: Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Rodrigo Romaní presenta "As Arpas de Breogán" este venres no Principal

cartel.Romani.FBRodrigo 5Rodrigo Romaní presenta un concerto adicado ao son da arpa céltica é á súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para duas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.

As entradas anticipadas xa están a venda no Departamento de Cultura do Concello.

 

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Concurso das Santas Tapas

Os hosteleiros estradenses acollen nestos días de Semana Santa un concurso de Tapas.

31441_10200621250309596_1973663071_n

        Folleto de Puntuación             Mapa de locais que participan no concurso

Folleto Tapas Puntuación   Mapa Locais Tapas

 

 

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Oficios e Procesións de Semana Santa na Parroquia de San Paio

Fotografía: Iria Eiras

Domingo de Pascua

10:15 – Misa Rezada

12:30 – Celebración Solemne da Pascua de Resurrección, con bautizos

20:00 – Misa Rezada

 

 

Publicado en Igrexa | Deja un comentario

Linho do Cuco estrea o seu novo traballo "As Alegrías" no Teatro Principal

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Don Juan Constenla, edil de Cultura, acompañado de Xián Herrera, Benxamín Otero e Pablo Doval, compoñentes do grupo Linho do Cuco, preséntannos a estrea do novo disco da agrupación musical, «As Alegrías», que terá lugar o vindeiro sábado no Teatro Principal.

As entradas poden adquirirse unha hora antes na billeteira do teatro a un prezo de 5€, os que o desexen tamén poderán adquirir o disco a 10€, que con gusto lle adicarán os compoñentes do grupo.

Redacción: Iria Eiras

O novo disco de Linho do cuco está inspirado no interior de Galiza e por iso leva o nome das entrañas do animal: As Alegrías. É un disco corado polo aire cortante do montes do interior de Galiza, que os cabalos salvaxes fan asubiar co seu galope. Mais tamén é un disco que torna o frío interior polo repertorio que contén: repertorio de tabernas, de banda, de verbena, de orquestras do interior. Dos Padernes do Caurel, do Quinteto Monterrei,da Banda da Ribeira Vella, da Banda de Veteranos de Lalín, da Republicana de Bermés…

www.linhodocuco.com

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Rutas populares en BTT 2013

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

O Departamento de deportes do Concello de A Estrada en colaboración có clube Bikestrada organiza unha nova edición das Rutas Populares en BTT.

As dúas primeiras van dirixidas a rapaces de entre 7 e 16 anos e terán lugar o 23 e 30 de Marzo ás 16:30 horas. As dúas seguintes serán o 7 e 14 de abril, dirixidas a maiores de 16 anos, ás 10:00 horas, de dificultade baixa e de arredor de 20 Km.

Todas elas sairán da praza do concello, son de balde e é obrigatorio o uso de casco.

Redacción: Iria Eiras

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

I Circuíto “Corre, A Estrada, Corre”

Fotografía e Gravación: Iria Eiras

Don Ismael Pena, concelleiro de deportes, acompañado de Don David Carballo, técnico de deportes do concello, presentan o que será o primeiro circuíto de carreiras estradense. Este incluirá tres das catro carreiras populares que se disputan tradicionalmente no concello:

–          Cross Río Liñares (24 de marzo, 7,5 Km)

–          Nocturna Estradense (22 de Xuño, 8 Km)

–          Memorial Manuel Bergueiro (8 de Setembro, 10,5 Km)

A carreira de San Silvestre queda fora do circuíto por ser de carácter lúdico e non competitivo. Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario