Así o deron a coñecer nos pasados días o presidente do CIT, Don Luís Reimóndez, acompañado de Don Xosé López Vilariño.
O señor Reimóndez destaca, que a pesar da súa xuventude, Don Xavier Otero Neira é xa un dos pianistas máis destacados de Galicia. Galardoado en diversas ocasións nos últimos anos leva o nome de A Estrada alá por onde vai.
En canto a Don Valentín García Gómez, a pesar de ser nado en Silleda, reside dende hai anos na Estrada á que sempre impulsou como traballador do concello e agora como Secretario Xeral de Política Lingüística. Don Luís destaca a súa vontade por axudar sempre que é requirido e o seu traballo polo concello estradense.
Tamén se deu a coñecer o pregoeiro deste ano que será Don Ramiro Varela, médico e ciruxán infantil.
Nos pasados días reuníronse no entorno ao centro escolar de Souto de Vea membros da ANPA, condutores de autocares escolares, un técnico da Xunta e a concelleira de educación, Amalia Goldar, para tentar buscar solución ao problema de que parte dos escolares teñan que apearse dos autocares na marxe da estrada. Sobre o terreo barallaron varias opcións como acondicionar a zona frontal do centro, zona verde, para que poidan entrar os autocares a deixar aos rapaces. Outra opción podería ser empregar o aparcamento dos mestres con este fin. Todas as ideas que alí falaron están sendo estudadas polos técnicos para ver a súa viabilidade e custos e tentar solucionar o problema na maior brevidade posible.
Na xornada de onte os veciños estradenses recibiron con estupor a nova da presunta implicación do alcalde Don Xosé López no amaño dunha oposición da cal se facía eco un xornal de tirada nacional. Ante estas acusacións nas que se aporta como proba unha conversación do concelleiro de deportes có demandante, gravada sen o consentimento do primeiro, o rexedor acompañado de Don Ismael Pena restoulle importancia a nova, algo que xa esperaba e defende a legalidade de todos os procesos selectivos realizados. Respecto a este contrato unha vez finalizado «o que fixo este goberno foi respetar a legalidade, sacar unha nova oposición e nesa nova oposición, me parece que se presentaron 6 persoas, 6 ou 7 aspirantes i el non aprobou, e o non aprobar, créndose no dereito de ter esa praza inicia o seu trámite xudicial» explica o alcalde, procedemento no que xa se aportaran as gravacións e que o xuíz desestimou. O señor Pena quixo deixar claro que el en ningún momento dixo que esas oposicións foran amañadas como se indicaba nun medio de comunicación.
Ante esta nova os primeiros en pronunciarse foron os integrantes do BNG de A Estrada que por medio de Don Xosé Magariños e Don Xosé Manuel Baños pediron a dimisión do alcalde Don Xosé López, a quen cualifican dun aprendiz de Baltar, e do responsable de persoal do concello.
Por parte do grupo municipal socialista realizan a seguinte valoración:
» Con preocupación recibimos a información publicada no día de hoxe, trátase de acusacións moi graves e que sitúan á Estrada, a nivel nacional, en entredito. A información sitúa ao Alcalde como responsable e indutor da comisión de un presunto delito, feito que xera unha importante alarma e desacougo entre os estradenses e que prexudica gravemente á Estrada a todos os niveis.
A Xustiza xulgará a denuncia e resolverá, pero o goberno municipal, o Alcalde e as persoas aludidas, deben aclarar a situación, algo que dende logo non se fai evadindo o tema con un simple ‘carece de importancia’.
Como grupo municipal solicitamos a convocatoria urxente de unha Comisión de organización, persoal e asuntos xerais para tratar este tema e valoralo en toda a súa importancia. »
A compañía de teatro Bandullo Azul, conformada polos actores estradenses Fran Campos e Fran Ameixeiras, recalará este venres e sábado no Teatro Principal coa representación da obra «A Verdadeira historia de Robinson Crusoe e Venres». Tratase dunha comedia, que baixo a dirección de Evaristo Calvo pretende chegar ao público a través da linguaxe xestual e clown. Os pases terán un aforo limitado ao situar ó público no propio escenario para que non se perdan ningún detalle da representación.
O prezo das entradas é de 5€ e pódense adquirir na billeteira do teatro antes de cada función.
Durante estes días e ata o 19 de abril pódese visitar a exposición fotográfica «Sexo na pedra» de Don Federico de la Peña na Sala de exposicións de Novagalicia Banco. A mostra está composta por 38 fotos de 36 Igrexas románicas de Galicia e especialmente da provincia de Pontevedra.
Federico cóntanos que non se sabe porque hai estas imaxes nas Igrexas xa que os escritos medievais da época non falan delas, pero coméntanos varias hipóteses: «Podían ser catecismos en piedra destinados a condenar los pecados, sobre todo la lujuria, y aquellos vicios que pueden desembocar en ella…, también podría ser una especie de pornografía de la época con la que el clero pretendería estimular sexualmente a la población y de este modo tuvieran más hijos…, o también podría ser una Iglesia más liberal»
O acto de presentación tamén asistiron Dona Ana Isabel Vázquez, deputada provincial, o alcalde Don Xosé López e outros membros da corporación municipal.
Organiza a mostra o Concello de A Estrada, o Museo e a Deputación de Pontevedra.
O venres 26 de Abril ás 22:00 horas o Teatro Principal de A Estrada acollerá o concerto da prestixiosa cantautora Patricia Kraus. As entradas sairán a venda a 10 €. Aquí vos deixamos o videoclip do tema I´d rather go blind para que poidades escoitar a súa impresionante voz.
Patricia Kraus, que continua con su gira de conciertos presentando su último disco “RETROCOLLECTION”, lleva el apellido de su padre, el mítico tenor canario, Alfredo Kraus, comienza sus estudios musicales a los nueve años, para más tarde ampliar su formación vocal junto a la soprano Lina Huarte y con su padre. A pesar de su formación clásica, se decanta por la música moderna y ya durante las décadas de los ochenta y noventa publica varios trabajos como autora y cantante, dentro del mundo del pop. En este nuevo trabajo discográfico “Retrocollection” nos sigue sorprendiendo con su dominio en la interpretación del Soul, Blues y Jazz y mucho más.
La artista escribe sobre los temas de ” Retrocollection”:
“Hay tantos temas que quiero cantar y tener la orpotunidad de expresar mi manera de entenderlos que inevitablemente, y frutosobre todo del trabajo del directo, surge Retrocollection, un cd planteado casi como un concierto en vivo, manteniendo el espíritu de las cosas efímeras, intensas, ensayando primero y grabando del tirón, sin tomas repetidas, dejando lugar a partes improvisadas para que cada instrumento se pueda expresar y aportar su interpretación del tema, para que pueda surgir la magia. Hay temas como “Miss cellies blues” de Quincy Jones, que cuando lo escuché por primera vez viendo la película de Steven Spielberg “El color púrpura”, quise cantar, sin dudarlo, o temas como “Moon River”,(Henry Macini) de “Desayuno con diamantes” o uno de mis temas favoritos cantado en su día por la espectacular Etta James, “I`d rather go blind”, Sigue leyendo →
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.