CONVOCATORIA DE AXUDAS DESTINADASÁS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS; MULLERES RURAIS E COMUNIDADES DEUSUARIOS DE AUGAS

Estas entidades poden acceder á liña de axudas tanto da Xunta de Galicia como da Deputación de
Pontevedra destinas ao arranxo e mellora dos seus locais sociais así como doutras infraestructuras,
equipamentos ou espazos nos que desenvolvan as súas actividades, ou no seu caso ao arranxo e
mellora das traídas de auga.
As axudas da Deputación de Pontevedra ascenden a 10.000 euros e teñen como prazo de solicitude
o 17 de marzo e as da Xunta de Galicia poden chegar aos 12.000€ e o prazo abrangue ata o 15 de
febreiro.
O Concello da Estrada ofrécese para realizarlles toda a tramitación das mesmas, ao considerar que o
desenvolvemento do noso rural é un piar fundamental para un municipio como o noso. Polo tanto,
asumimos os gastos técnicos precisos para a tramitación destas axudas.
Se ben, para facilitar toda a información, o vindeiro martes 28 de xaneiro teremos unha reunión no
MOME ás 20.00 horas á que convodamos a todas as asociacións do noso municipio para explicar en
detalle estas convocatorias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concienciar para previr as drogadiccións

O BNG pide campañas de sensibilización sobre as consecuencias das drogas, especialmente entre as capas máis novas da nosa veciñanza

Unha das cuestións que está a preocupar aos veciños e veciñas da vila nos últimos días é a aparición de xeringas en diversas rúas, supostamente utilizadas por persoas drogodependentes, o BNG explica a través do seu portavoz municipal, Xoán Reices, que «alén de que o concello realice unha recollida tendo en conta todas as precaucións sanitarias para os traballadores e traballadoras que realizan esta tarefa, pensamos que o goberno municipal do PP debería realizar campañas de concienciación sobre os perigos e os problemas da droga entre as capas novas da nosa veciñanza».

O concelleiro nacionalista indica que «moita xente pensa que con máis vixilancia vaise terminar haberá menos xeringas nas rúas, e si, seguramente será así, mais iso non vai por fin ao grave problema que supón a droga na nosa sociedade». «Por iso», engade, «pensamos que o goberno municipal do PP debería desenvolver campañas de concienciación social sobre as consecuencias sanitarias, mentais e económicas de esta lacra, especialmente entre os mozos e mozas en colexios e institutos do noso concello».

«Hai uns anos era habitual atopar anuncios publicitarios sobre as consecuencia da drogadición; as campañas desapareceron, non así a droga das rúas por iso temos que concienciar para previr», afirma Xoán Reices.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Luis López informa por carta aos alcaldes e alcaldesas das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes que recibirán 9,6 millóns de euros do +Provincia 2025 e do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

A Estrada, Agolada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces contarán con estes recursos para construír e mellorar instalacións deportivas ou adquirir novos equipamentos e para obras e servizos de competencia municipal

 

“Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial

Os concellos da Estrada, Agolada, Cerdedo-Cotobade, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces recibirán este ano 9,6 millóns de euros para investimentos través do +Provincia da Deputación, o plan de obras e servizos de competencia municipal, do que lles corresponden 8,5 millóns de euros, e do II Plan de Infraestruturas Deportivas, con preto de 1,1 millóns. O presidente Luis López explicou que onte se dirixiu por carta aos alcaldes e alcaldesas da zona para informarlles da asignación dos recursos de ambos plans, así como do Plan Extra. “Queremos seguir avanzando conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”, asegurou o presidente provincial, que lembrou ademais que “se 2024 foi o ano no que puxemos as bases do proxecto municipalista, en 2025 imos bater récords de apoio aos pequenos e medianos concellos cando máis se precisa”.

 

O +Provincia 2025, para o que se poden presentar proxectos ata o 2 de abril, está dotado cun total de 48,2 millóns de euros para os 59 municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia e elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, reparte o crédito de acordo con criterios obxectivos e, por segundo ano consecutivo, introduce o reto demográfico como parámetro para dito reparto, co obxectivo de minorar a fenda de poboación que afecta principalmente aos municipios rurais da provincia. Como novidade, este ano admite a posibilidade de financiar investimentos de carácter plurianual, co obxectivo do goberno provincial de seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos para sustentar o labor municipal e facilitar ao tempo a execución de investimentos estratéxicos que lle brindan un servizo esencial á veciñanza.

 

A cifra histórica de 48,2 millóns de euros distribuirase entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

 

No caso das comarcas do Deza e Terra de Montes, os 8.498.492 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 5,9 millóns de euros a novos investimentos, 705.374 euros a gasto corrente, 1,63 euros a fomentar o emprego e 212.462 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.  Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

 

Tendo isto en conta, A Estrada recibirá 1.772.556 euros, Agolada 639.281 euros, Cerdedo-Cotobade 854.555 euros, Dozón 474.805 euros, Forcarei 681.528 euros, Lalín 1.767.655 euros, Rodeiro 639.660 euros, Silleda 494.536 euros e Vila de Cruces 769.912 euros.

 

II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas

Por outra banda, o Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas ascende nesta edición  a 8 millóns de euros, o dobre que na pasada, aos que poden optar todos os concellos da provincia agás Pontevedra e Vigo, que se rexen por convenios específicos. As bases do plan establecen que os recursos serán distribuídos nunha parte fixa a repartir entre os concellos (4,42 millóns de euros)  e noutra variable en función da poboación (3,57 millóns de euros). Deste xeito, o concello da Estrada poderá beneficiarse de ata 201.377 €, o de Agolada ata 89.185 €, Cerdedo-Cotobade 110.790 €, Dozón 81.400 €, Forcarei 95.051 €, Lalín 202.642 €, Rodeiro 89.223 €, Silleda 130.860 € e Vila de Cruces 106.983 €.

 

Luis López lembrou que este plan “fala da nosa aposta estratéxica polo deporte, polas súas instalacións e polo fomento de hábitos de vida saudable, reafirma o noso compromiso para mellorar e renovar as infraestruturas deportivas da provincia e deixa claro o carácter municipalista deste goberno, que dota de recursos aos concellos”, e que os concellos aínda teñen ata o 22 de xaneiro para presentar proxectos e recibir financiamento ao abeiro do plan.

 

As bases do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas contemplan que ditas actuacións deportivas deberán ser superiores aos 20.000 euros ou, no caso da compra de material, un mínimo de 6.000 euros. Ademais, os investimentos deberán estar executados na súa totalidade o 30 de abril de 2025 e as axudas son compatibles con outras subvencións, polo que os Concellos poderán contar con achegas doutras administracións sen que a contía do organismo provincial se vexa reducida.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Pleno da Estrada declara 2025 Ano Cultural Avelina Valladares

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Gran Camiño Cycling chega A Estrada

 
O Gran Camiño Cycling trae á provincia o mellor ciclismo.
En Marín, inicio dunha etapa que rematará en A Estrada, presentamos o percorrido polas #RíasBaixas co que seguiremos posicionándonos como a provincia do deporte.
Do 26 de febreiro ao 2 de marzo, a desfrutalo!
Publicado en Portada | Deja un comentario

As SS.MM. Os Magos de Oriente chegán hoxe o noso Concello A Estrada

Debido ás inclemencias do tempo, comunicámosvos que *as SS.MM. Os Magos de Oriente* farán o seu tradicional desfile polas rúas da nosa vila, *HOXE SÁBADO, ás 18.00 h*.

Posterior recepción no Teatro Principal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural»

O Museo do Pobo Estradense que leva o nome de Manuel Reimóndez Portela presentou na noite de onte un novo volume –o número 27– da súa publicación anual, «A Estrada. Miscelánea Histórica e Cultural», que inclúe 11 artigos e que chega acompañado, por vez primeira, dun anexo. Trátase da peza «Príncipes Prateados», de Armando Requeixo, arredor da literatura gastronómica de Álvaro Cunqueiro, o salmón e A Estrada, nun 2024 no que se conmemoran 50 anos da Festa do Salmón.

No acto estiveron presentes o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, o director do museo e da publicación, Juan Andrés Fernández Castro, e Armando Requeixo, entre outros.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario