Presentación da segunda edición da Cea Baile Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Estrada.

Presentación da segunda edición da Cea Baile Solidaria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na Estrada.

Será o 15 de marzo no Restaurante Samaná, a partires das 21.00 horas. Dende este sábado poden retirarse xa as entradas. Estarán á venda no Gran Vía, Chocolatería e Xoiería Benito Puente.

Non faltedes e colaborade co gran traballo que fai a asociación en beneficio de todos e todas nós.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rueda destaca que a proba O Gran Camiño sitúa Galicia coma referente do ciclismo mundial e actúa como escaparate do atractivo turístico da comunidade

 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe que a proba ciclista O Gran Camiño -que arrancará o vindeiro día 26 desde Portugal- sitúa Galicia coma referente internacional neste deporte e actúa como un gran escaparate da comunidade para atraer máis visitantes. “É unha maneira de promocionar o deporte en Galicia e tamén de promocionar a nosa terra”, destacou.

Tras percorrer en bicicleta parte dunha das etapas deste ano -entre Marín e A Estrada-, acompañado de varios exciclistas profesionais coma Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Alex Marque e Ezequiel Mosquera, Rueda destacou que esta proba permitirá que os galegos desfruten do mellor do ciclismo na súa terra e poñerá en valor os atractivos da comunidade coma destino turístico. Tamén sinalou que “en moi poucos anos consolidouse como unha das voltas de principios de ano máis importantes a nivel internacional”.

Nesta edición, o Gran Camiño amplía o número de etapas ata cinco. Haberá, como en anteriores ocasións, unha por cada provincia e ademais por primeira vez a competición arrancará fóra das fronteiras galegas, en Portugal.

O ano pasado a proba contou coa participación de 118 ciclistas de 17 equipos e foi retransmitida en directo para un total de 170 países.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Deputación presenta ante centos de persoas na Estrada os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

 O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, xunto co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, ofreceu un encontro co movemento asociativo e veciñal da vila, no que se deron cita centos de persoas, para informalo sobre as bases dos programas que impulsará esta área da Deputación de Pontevedra durante o ano 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior. O deputado provincial lembrou que “as bases xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”.

Javier Tourís sinalou a “sorpresa” do bo funcionamento dos programas impulsados o ano pasado, “malia que sabíamos que era unha necesidade e unha conta pendentes da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos”. Por iso “era unha obriga recuperación a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio, e estes programas serán unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”. O deputado sinalou novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG urxe arranxar os dous viais que dan acceso a Requián

Xoán Reices:  «A situación dos dous viais é xa intransitábel; tanto o que vai desde Frades como o que vai desde Santa Mariña de Barcala están nunha situación lamentábel

Desde o BNG da Estrada non é a primeira que solicitan ao concello da Estrada o arranxo dos dous viais que dan acceso ao lugar de Requián, na parroquia de Frades. «Hai meses xa que o levamos a pleno en varias ocasións», explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices. «Porén a situación dos dous viais é xa intransitábel; tanto o que vai desde Frades como o que vai desde Santa Mariña de Barcala están nunha situación lamentábel».

O concelleiro do BNG, Xoán Reices, explica que «o alcalde ten que deixarse de boas palabras e de enganar aos veciños e veciñas, xa que no seu día indicou que estes dous viais estaban entre as prioridades do goberno, sen embargo está claro que non é certo, porque a pesar dos remendos que se lle fixo a un dos viais (o de Frades) a situación non fixo outro cousa que empeorar», afirma.

Desde o BNG da Estrada instan ao goberno a poñer enriba da mesa «unha data críbel para acometer esta obra tan necesaria para os veciños e veciñas de Requián». «Xa abonda de promesas e de palabras baleiras», afirma o concelleiro do BNG, Xoán Reices.

Por outra parte, o concelleiro nacionalista engadiu que «a situación deste vial é un exemplo da situación de moitos viais municipais do noso concello, que só se acorda de renovar o firme nalgúns deles cando veñen as eleccións municipais, e o problema é que aínda estamos lonxe desa convocatoria electoral». Xoán Reices insta ao alcalde a moverse para reclamar das institucións competentes o arranxo dos viais do noso concello, xa que «a situación das infraestruturas do noso concello é lamentábel en xeral, aí está a situación da N-640, da que vai a Pontecesures, etc, etc.»

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada celebra o primeiro ano de retransmisións dos plenosmunicipais con case 2.000 reproducions.

O Concello da Estrada conmemora o primeiro aniversario das retransmisións
dos plenos municipais cun balance moi positivo. Este servizo, que busca
achegar a actividade municipal á cidadanía, acadou un total de 1.998
reproducions durante o seu primeiro ano de funcionamento. Este dato destaca
a crecente implicación da veciñanza e doutros interesados en seguir de preto
as deliberacións e decisións do goberno local.
Unha ollada ao detalle: datos por meses e impacto internacional.
As reproducions distribúanse de maneira equilibrada ao longo dos meses, con
picos de audiencia nos plenos extraordinarios, como os orzamentos municipais,
ou nos momentos de especial relevancia política.
Malia que a maior parte da audiencia procede de España, sorprende o interese
rexistrado dende outros países. Estradenses no exterior e persoas interesadas
nos asuntos do Concello seguiron os plenos dende Estados Unidos, Países
Baixos, Irlanda, Suíza e outros países europeos.
Principais fontes de acceso e preferencias tecnolóxicas.
A páxina web oficial do Concello, aestrada.gal, foi a principal canle de acceso
aos plenos, consolidándose como unha ferramenta clave para a comunicación
institucional.
En canto aos dispositivos utilizados, o teléfono móbil demostrou ser o medio
preferido pola maioría dos usuarios, acumulando 1.627 reproducions. O
ordenador situouse en segundo lugar, con 331 reproducions, mentres que o
uso de tablets foi máis anecdótico, con tan só 39 reproducions.
Os plenos máis seguidos: momentos destacados do ano.
Entre os eventos máis seguidos, destaca o pleno extraordinario celebrado o 8
de febreiro de 2024, no que se debateron os orzamentos municipais para o ano
2024. Este foi o pleno con maior audiencia en directo. Pola súa parte, o pleno
de xullo de 2024 acadou o maior número de reproducions en diferido,
demostrando o interese continuado pola actividade municipal.
Impacto e avaliación deste primeiro ano.
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Manuel Magariños, valora moi
positivamente estes resultados. As retransmisións permitiron reforzar a
transparencia e a proximidade do Concello coa veciñanza. Ademais, son un
reflexo do compromiso municipal por innovar e adaptarse ás necesidades
dunha sociedade cada vez máis dixitalizada.

Próximos pasos e compromiso de futuro
Este primeiro ano de retransmisións non é máis que o comezo. O noso
obxectivo é continuar mellorando este servizo, optimizando os sistemas de
retransmisión e ampliando o alcance. Estamos a traballar para que máis
persoas poidan acceder ás deliberacións municipais e formar parte do día a día
do Concello.
Queremos agradecer a participación da veciñanza, que coas súa visualizacións
contribúe a facer de A Estrada un referente en transparencia e bo goberno.
Animámosvos a seguir conectados cos plenos municipais, tanto en directo
como en diferido, a través da nosa páxina web oficial.
A transparencia é un labor de todos, e a vosa participación fainos mellorar cada
día.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS CONCELLO A ESTRADA

 

En relación á noticia aparecida na prensa no día de onte na que o BNG solicita unha campaña de concienciación e prevención do consumo de drogas, fundamentalmente dirixida aos mozos e mozas da Estrada, vémonos na obriga de lembrar que, desde hai varios anos, o concello conta cun departamento de prevención de condutas adictivas que realiza unha labor directa e individualizada con aquelas persoas que presenten problemas co consumo de substancias adictivas.
Asimesmo, cada ano escolar se realizan campañas de prevención ao longo de todo o curso en todos os centros escolares de secundaria do concello, a través dos seguintes programas de prevención universal e selectiva:

– Obradoiro de Habilidades Sociais “Facendo Saúde” dirixido aos primeiros cursos de secundaria, que ten como obxectivo desenvolver factores de protección fronte ao consumo de substancias adictivas e promover os factores de protección. Está implementado directamente a través da técnica de prevención e realízase dentro do horario escolar. O pasado curso 23/24 participaron mais de 400 alumnos e alumnas.
-Obradoiro “ Mitos e realidades do consumo das condutas adictivas”. Está dirixido aos alumnos de secundaria, fundamentalmente nas etapas de 3º e 4º, asi como aos ciclos formativos de formación profesional, xa que nestes cursos se detectan consumos experimentais e mesmo de risco. O obxectivo deste taller é desmontar os mitos asociados ao consumo de substancias psicoactivas por parte dos adolescentes e xoves. Está implementado pola técnica de prevención do concello e por Manuel Isorna Folgar, considerado un dos maiores especialistas en adiccións do país. No curso 23/24 participaron neste obradoiro arredor de 150 escolares.
-Obradoiro “ Non xogues co xogo” dirixido á prevención do xogo patolóxico en adolescentes e xoves, dado que se constata que en Galicia 1 de cada catro menores ten apostado diñeiro algunha vez na súa vida.
-Obradoiro “Sumerxidos no mundo dixital” orientado a fomentar o uso saudable das tecnoloxías da información e da comunicación, incluíndo as redes sociais.

Ademais, se realiza o programa “Mais que un teito” dirixido a pais e nais de adolescentes ou xoves co obxectivo de acadar os coñecementos e as estratexias para detectar situacións de risco, así como as canles de actuación axeitadas para afrontalo e pautas de comunicación para relacionarse cos seus fillos. Actualmente son 17 familias as usuarias deste programa.

Asimesmo, se ven realizando o programa de deshabituación tabáquica para todas aquelas persoas que teñan interese en abandoar o tabaco, asi como o programa de deshabituación alcohólica que atende a persoas con consumo problemático de alcohol.

Por outra banda, e en colaboración coa Fundación Galega contra o Narcotráfico, está a iniciarse un programa formativo de prevención do xogo patolóxico dirixido aos adestradores dos clubes e escolas deportivas municipais coa finalidade de ofrecer estratexias de recoñecemento de factores de risco nos adolescentes e xoves que adestran nos seus equipos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Basanta E Tarrío Abogados Seguen promovendo a creación de XURISPRUDENCIA relacionada cos abusos bancarios por parte de todos os Xulgados de España.



Seguimos promovendo a creación de XURISPRUDENCIA relacionada cos abusos bancarios por parte de todos os Xulgados de España. Se onte gañamos outra sentenza tras un recurso de casación interposto por BBVA na Audiencia de Pontevedra, hoxe gañamos outro recurso no mesmo Xulgado, esta vez a WIZINK BANK por outra das súas tarxetas de crédito ABUSIVAS. Seguimos
PREGUNTA SEN COMPROMISO!
 
Publicado en Portada | Deja un comentario