SANTAS TAPAS 2024 A ESTRADA

Programa 2024 SANTAS TAPAS 

                                                  SANTA TAPA A LACENA DA CHUCHA

Ruta de tapas que se celebrarán en el municipio de A Estrada coincidiendo con la Semana Santa, del 27 al 31 de Marzo. Los locales participantes, un total de 25, servirán deliciosa tapas elaboradas para la ocasión a un precio único de 3 euros. 

Los clientes de los locales hosteleros podrán participar en el sorteo de dos premios de 1.000 euros y muchos otros regalos.

Los locales participantes son: Os Peares, Eureka, O Xulia, Oasis, O Mesón, Scala, O Candil de Silvia, Velis, Enredo, A Riala, 20 Berzas, Salvaxe, A Lacena de Chucha, Bodeguiña, Ananás, Malo Será, Vasán, Paseo, Central, O Lar, Samaná, Amadeus, Lagoeiro, Florida y Andalucía.

El horario para degustar las tapas será de 12.00 a 15.00 horas y de 20.00 a 23.00 horas.

El municipio de A Estrada celebra una nueva edición del Santas Tapas. Una iniciativa gastronómica con la que dinamizar la hostelería local en las fiestas de Semana Santa poniendo rutas de tapeo por los distintos bares y restaurantes de la localidad. 
Publicado en Portada | Deja un comentario

ESTRADA ESCENA PRIMAVERA 2024

 

MARZO

Xoves 21 (20.30h) Go home! DAVID AMOR (estrea)

Venres 22 (21.00h) 50+1 MONCHO BORRAJO

Sábado 23 (18.00h) Festival de Acordeóns Música no Camiño

Domingo 24 (19.00h) Concerto de solistas da Banda Municipal da Estrada

 

ABRIL

Sábado 6 (20.30 h) Bailar agora, Marta Alonso

Domingo 7 (19.00h) Un médico na aldea, Emae + Tequexetéldere

Venres 12 (21.00h ) FRANCISCO CASTRO e a Banda dos Borges en concerto

Sábado 13 (12.30h) Mamut, Markeliñe

Xoves 18 (19.00h / MOME) Faladoiro sobre Avelina Valladares

Venres  19 (21.00h)  O porco de pé, Producións Excéntricas

Venres 26 (21.00h) Mangoreté, Bea Pillado e Desiré Pillado coa colaboración do Obradoiro Carlos Barruso

Sábado 27 (20.30h) Parladoiro Ensalada de Mosquito XX Aniversario

 

MAIO

Sábado 4 (20.30 h) Meixeverso, PABLO MEIXE

Xoves 9 (20.30h) Parladoiro musical con HEREDEIROS DA CRUS

Venres 10 (21.00 h) De algo hai que morrer, Malasombra Teatro

Sábado 11 (12.30h) Barquiño de pau, Tropa de Trapo

Domingo 19 (19.00h) Concerto do Salmón, Coral Polifónica Estradense

Venres 17 (21.00 h) Musical Carme sempre túa, Banda Municipal da Estrada + EMAE

Venres 24 (21.00h) Concerto A Música dos Valladares

Sábado 25 Concerto Orquestra Suso Vaamonde (rúa Calvo Sotelo)

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA CELEBRA O DÍA DA ÁRBORE CO ALUMNADO DO CEIP O FOXO DA ESTRADA COA PLANTACIÓN DE 50 ÁRBORES AUTÓCTONAS

 

  • O delegado territorial destacou a importancia de colaborar para seguir levando a cabo accións de concienciación que garantan o futuro do noso medio natural
  • O alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que rematou a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá nunha actividade levada a cabo pola Xunta no CEIP O Foxo, no concello da Estrada, con motivo da celebración do Día da Árbore.

Reguera foi un máis nunha xornada na que preto de 40 nenos e nenas plantaron cerca de medio centenar de árbores autóctonas da man dun equipo de axentes forestais que aproveitaron para explicarlles a importancia de coidar o medio ambiente.

Ademais, o alumnado asistiu á liberación dunha ave “miñato” que concluíu a súa estancia no Centro de Recuperación de Fauna.

Neste sentido, o delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actividades que “rompen a rutina dos máis pequenos e lles ensinan a respectar e coidar a natureza dunha forma divertida”.

Rematada a plantación, os pequenos viron en acción unha motobomba que serviu, ademais de para explicar o traballo dos axentes durante os incendios forestais, para regar as árbores plantadas.

O delegado territorial agradeceu o interese e bo comportamento de todo o alumnado e “moi especialmente aos axentes forestais e os docentes que sempre están dispostos a traballar coa Xunta nestas labores de concienciación que son tan importantes para garantir o futuro do noso medio natural”.

GALERÍA: 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rosalía Morlán presentarou no MOME Cando o avó esqueceu o meu nome, obra galardoada nos premios Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022

O MOME acoleu na tarde de onte, mércores 20 de marzo, a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, o libro de Rosalía Morlán publicado pola editorial Galaxia. O acto levarase a cabo ás 20.00 horas e contará coa presenza da propia autora, así como do concelleiro de Cultura, Juan Constenla e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Á presentación asistirán, así mesmo, o editor de Galaxia, Suso Domínguez, e o escritor Xosé Luna.

Durante a presentación, unha pequena representación do alumnado do CEIP do Foxo lerá varias pasaxes da obra de Morlán. Así mesmo, o cantante e compositor Manoele interpretará varias cancións durante o acto. A entrada á actividade é libre ata completar a capacidade da sala.

Cando o avó esqueceu o meu nome conta a historia dun avó que deixa de lembrar as caras dos seus seres queridos, quedando perdido no mundo do nada. Na obra, a neta loita por el, axudándoo a recuperar esas lembranzas agochadas que compartiron e evitando así que se perdan para sempre. O traballo de Rosalía Morlán gañou o accésit do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer .

GALERÍA :

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rosalía Morlán presentará no MOME Cando o avó esqueceu o meu nome, obra galardoada nos premios Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022

O MOME acollerá mañá, mércores 20 de marzo, a presentación de Cando o avó esqueceu o meu nome, o libro de Rosalía Morlán publicado pola editorial Galaxia. O acto levarase a cabo ás 20.00 horas e contará coa presenza da propia autora, así como do concelleiro de Cultura, Juan Constenla e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. Á presentación asistirán, así mesmo, o editor de Galaxia, Suso Domínguez, e o escritor Xosé Luna.

Durante a presentación, unha pequena representación do alumnado do CEIP do Foxo lerá varias pasaxes da obra de Morlán. Así mesmo, o cantante e compositor Manoele interpretará varias cancións durante o acto. A entrada á actividade é libre ata completar a capacidade da sala.

Cando o avó esqueceu o meu nome conta a historia dun avó que deixa de lembrar as caras dos seus seres queridos, quedando perdido no mundo do nada. Na obra, a neta loita por el, axudándoo a recuperar esas lembranzas agochadas que compartiron e evitando así que se perdan para sempre. O traballo de Rosalía Morlán gañou o accésit do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer do 2022. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Tribunal Superior de Xustiza adopta a suspensión cautelar do parque Campo das Rosas como solicitaban os Concellos da Estrada e o de Cerdedo-Cotobade

·       O impacto ambiental e paisaxístico foi un dos elementos centrais do recurso presentado conxuntamente por ambas as Administracións locais.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de emitir un auto polo que se adopta a suspensión cautelar do parque eólico Campo das Rosas. Con esta resolución, a xustiza referenda a posición defendida polo Concello da Estrada e polo de Cerdedo-Cotobade no recurso contencioso-administrativo que ambas as administracións presentaron no mes de outubro do 2023. Neste documento, o goberno local sinalaba o gran impacto ambiental que esta construción tería a nivel medioambiental e paisaxístico.

Por unha banda, o impacto ambiental foi un dos argumentos centrais do recurso presentado por ambos os dous concellos. Con todo, esgrimíronse, así mesmo, outras cuestións relacionadas coa tramitación como, por exemplo, a tramitación de información pública. De feito, no recurso deixouse constar que na tramitación de información pública correspondente non figuraban os informes sectoriais, algo que impediu ao Concello efectuar as súas alegacións ao proxecto. No recurso contencioso-administrativo advertíase, ademais, dunha posible fragmentación artificial de proxectos, entendendo que non se tivera en conta o proxecto eólico no seu conxunto. A distancia entre a construción e os núcleos de poboación foi outra das razóns que ambos os concellos deron para solicitar a medida cautelar.

Agora, o TSXG adopta a suspensión cautelar en base ao principio de prevalencia, outorgándolla á preservación do medio ambiente e determinando a suspensión dos actos que incidan desfavorablemente sobre o mesmo. Deste xeito, o Tribunal determina que se non se adopta a medida cautelar, o recurso contenciosos interposto perdería a súa finalidade lexítima, posto que a sentencia que anulase a autorización para a construción do parque eólico chegaría cando este estivese construído (cos posibles danos ambientais, sociais e económicos perpetrados).

Desde o goberno local celebran esta medida adoptada polo TSXG xa que construción deste espazo enerxético afectaría ao hábitat principal de numerosas especies de animais como, por exemplo, aves, cabalos silvestres e vacas. Desde o equipo de goberno sinalan o seu compromiso coa “defensa do medio natural e do noso patrimonio” e agardan que a través desta medida “se poida traballar con maior cautela e adoptar as medidas que permitan asegurar mellor a preservación da contorna e de todos os elementos que a integran”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BNG insta ao alcalde a aclarar se presentará ou non recurso xudicial contra o parque eólico de Xesteiras

Xoán Reices: «A día de hoxe o único que está claro é a oposición dos veciños e veciñas das parroquias de Santo André de Vea, Frades e Santa Mariña, a oposición do alcalde vai por días»

 O concelleiro do BNG, Xoán Reices, pediulle ao alcalde «claridade» sobre as actuacións prevista por parte do concello contra o parque eólico de Monte Xesteiras.

Segundo explicou Reices, «o concelleiro de rural, Juan Constenla, foi pouco preciso na reunión que mantivo cos veciños e veciñas o pasado luns, a respecto sobre se o concello presentará ou non recurso xudicial contra este proxecto, cousa que por certo, xa o fixeron noutros casos».

«Os veciños e veciñas necesitan claridade, queren saber se o concello vai botar unha man ou vai poñerse de perfil», afirma. «A día de hoxe o único que está claro é a oposición dos veciños e veciñas das parroquias de Santo André de Vea, Frades e Santa Mariña, a oposición do alcalde vai por días», engade.

Xoán Reices explicou aos medios, que «o alcalde ten que poñerse mans á obra e buscar co seu equipo xurídicos os argumentos xurídicos precisos para frear este atentado contra os intereses dos veciños e veciñas, que no caso dos residentes en Santa Mariña, de saír adiante este proxecto, quedarán entalados entre o parque eólico de Xesteiras e o de Castro Valente, coas consecuencias que ten iso para a habitabilidade da parroquia, as traídas, as explotacións agro-gandeiras e forestais, así como para o patrimonio cultura e patrimonial».

Problemas para rexistrar os recursos de alzada nos últimos días

Por outra parte, o concelleiro do BNG, Xoán Reices, indicou que «segundo informacións dos propios veciños e veciñas que xa foron presentar xa os recursos de alzada, parece ser que algunha das persoas que atende o rexistro ausentarase por motivos persoais nos últimos días de prazo para presentar os recursos e non haberá ninguén para substituílo, o cal nos parece sorprendente». «Queremos que o alcalde aclare esta situación, porque non é de recibo que este departamento quede desatendido eses días precisamente», afirma. «E evidentemente, a solución non pode pasar por eliminar os dereitos do traballador ou traballadora, senón por buscar outra persoa que por uns días substitúa as labores desta; esa é a labor do alcalde e ou do concelleiro que teña delegada as funcións de persoal, pero o rexistro ten que estar plenamente operativo todos os días laborábeis do ano», afirma.

Publicado en Portada | Deja un comentario