CABALGATA PAPA NOEL DE A ESTRADA

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

CABALGATA DE PAPÁ NOEL A ESTRADA

Hoxe día 24 Papá Noel visitará A Estrada e fará o tradicional paseo polas nosas rúas.
 
👉 *Saída Cabalgata* ás 18:00 h dende a Baiuca
 
👉 *Percorrido* ➡ rúa Varela Buxán ➡ avda. Fernando Conde ➡ r. Ulla ➡ r. Calvo Sotelo ➡ Pr. de Galicia ➡ r. Serafín Pazo ➡ Pza. do Concello.
 
👉 *Recepción* No palco da música da alameda.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

Pé de Foto: 500 persoas asisten ao Encontro de Nadal do PP da Estrada

O PP da Estrada vén de celebrar, no Restaurante Samaná da vila, o seu tradicional Encontro de Nadal, que contou coa presenza do alcalde, José López; o presidente provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López; a secretaria xeral do PP provincial, Luisa Piñeiro; o secretario xeral de Política Lingüística e coordinador do programa electoral do PP para as Eleccións Autonómicas, Valentín García; e uns 500 militantes, simpatizantes e colaboradores do partido.

 
Con este evento na Estrada, púxose fin aos 23 encontros locais e comarcais de Nadal celebrados polas agrupacións do PP na provincia de Pontevedra ao longo do último mes, que reuniron, en conxunto a unhas 10.000 persoas.
Na quenda de intervencións, o alcalde José López agradeceu o traballo de todos os que forman o partido para alcanzar, o pasado mes de maio, unha ampla maioría absoluta para revalidar o goberno local, mentres que Luis López chamou aos militantes populares a traballar arreo os vindeiros 57 días ata as Eleccións Autonómicas do 18 de febreiro, xa que considerou «fundamental» para A Estrada que Alfonso Rueda revalide a presidencia da Xunta de Galicia para non poñer en risco a autovía a Santiago, actualmente na fase inicial das obras, ante as «dúbidas e os posibles intentos de paralización manifestados por algúns dos partidos que conformarían un hipotético cuatripartito».
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG critica que os orzamentos son irreais e o debate chega tarde

O BNG da Estrada critica que os orzamentos presentados polo goberno para o ano 2024. «Non estamos ante unha proposta seria de orzamentos senón ante un exercicio de propaganda por parte do alcalde», acusa Xoán Reices, voceiro dos nacionalistas.
 
Desde o BNG sosteñen que a situación económica da Estrada e a xestión do goberno fan que o concello viva a crédito, pensando cada ano como pagar o ano anterior e que o anexo de investimentos «é unha vergoña, con decenas de partidas abertas para poder mover os cartos entre elas pero sen orzar, polo que non se sabe canto se prevé investir en realidade».
 
Censuran tamén os nacionalistas que non se prevea unha partida económica específica para levar accións que permitan superar a «dramática» situación demográfica do concello ou para promoción de vivenda pública.
 

Ademais das críticas puramente económicas, desde o BNG tamén critican ao goberno a tardanza en elaborar os orzamentos, unha semana antes de que remate o prazo, e a falta de tempo co que se envía a documentación ao resto de forzas políticas, no que din é unha estratexia do goberno para dificultar o seu labor como oposición.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A mocidade estradense fará chegar as súaspropostas a representantes dos grupos políticos locais

 A xornada, enmarcada na iniciativa ‘Encontro Mozo’, celebrarase
mañá na casa consistorial ás 17:30 horas, dándolle así
continuidade á reunión mantida durante o pasado mes de
novembro.

O Concello da Estrada programa para
mañá, xoves 21 de decembro, unha xornada na que a mocidade local
participante na iniciativa ‘Encontro Mozo’ manterá unha reunión con
representantes dos diferentes grupos políticos municipais para avanzar nas
diferentes propostas de mellora emitidas.
Durante o pasado mes de novembro xa se levara a cabo unha reunión entre
representantes de Arousa Moza, entidade promotora, e a mocidade
estradense, e previamente, os edís Amalia Goldar e Alberto Blanco tiveron
unha primeira toma de contacto con estes.
A xornada manterá a dinámica dun pleno, e nela os participantes debaterán
sobre as diferentes medidas contempladas, exporán dúbidas e tratarán de
darlle respostas ás mesmas. A continuación, o seguinte procedemento na
iniciativa consistirá na avaliación destas propostas por parte dos
representantes políticos participantes e nunha posterior reunión para
trasladarlle á mocidade as valoracións.
A concelleira de Servizos Sociais sinala que “estas iniciativas permiten achegar
as institucións á mocidade, escoitando as súas demandas e dándolles un oco a
que poidan expresar con voz propias a súas inquedanzas”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As tradicionais feiras de Noiteboa e Fin deAno regresan á Estrada xunto cun mercado de productos locais

 Ambas citas complementarán as feiras ordinarias que se celebran
tanto os mércores como os sábados.
 Os días 23 e 24 de decembro o Novo Mercado acollerá un mercado
extraordinario de produtos locais que contará coa participación de
12 produtores do municipio.

O Concello da Estrada anuncia o
regreso, un ano máis das feiras de Noiteboa e Fin de Ano, que se celebrarán
como é costume os días 24 e 31 de decembro respectivamente.
As citas complementarán os dous mercados semanais ordinarios e
celebraranse de xeito simultáneo, tanto na praza da Feira como na do
Mercado. Para ambas foron convocados tanto os feirantes como as pulpeiras
que acoden frecuentemente ás feiras ordinarias. Ademais tanto o día 24 o 31 a
praza de Abastos estará aberta.
Outro dos atractivos residirá na celebración dun Mercado Extraordinario de
produtos locais que terá lugar tanto os días 23 e 24 de decembro no Novo
Mercado e contará coa participación de 12 produtores locais dados de alta na
Estrada; Froitas e Hortalizas Rio Ulla SAT; Horta Peregrina; Flávia Horta da
Casa, Sidra Peroja; Biofruit Galicia, Ovos de Remesar; Apícola Cañedo Mel; O
Mel de Brea; Leite Ulla; Pelegrinas; Rebullidoiro Granxa Eco; e As Besadas.
O edil, Gonzalo Louzao, explica que con esta medida “buscamos darlle
continuidade a dúas citas tan tradicionais como o son as feiras de Noiteboa e
Fin de Ano, ampliando a oferta de mercados xunto coas feiras ordinarias,
ofrecéndolle tanto á veciñanza como aos visitantes unha alternativa de lecer
nestas datas”. Ademais, en relación ao mercado de produtos locais, Louzao
sinala que “buscamos incentivar o consumo de produtos da contorna e dar
apoio aos profesionais a través de ofrecerlle un espazo no que poidan
comerciar cunhas materias de primeira calidade, con selo estradense e de
quilómetro cero, destacando o espazo de celebración como un punto de
referencia do produto local de calidade, moi propio para estas datas”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O artista David Amor será a imaxe deAEstradaDixital ao longo do vindeiro ano

O polifacético actor e humorista residente na Estrada será a cara
visible da plataforma.

AEstradaDixital dá comezo hoxe a
unha nova campaña publicitaria que contará co artista David Amor como imaxe
principal.
O polifacético actor e humorista, natural de Salceda de Caselas, pero residente
na Estrada desde hai uns anos, pasará a ser a imaxe de aestradadixital
durante o próximo ano.
A colaboración, que David Amor realizou de maneira totalmente desinteresada,
suporá o emprego da súa imaxe tanto na páxina web, nas redes sociais e en
espazos radiofónicos.
Desde a plataforma indican que as persoas que desexen máis información
sobre os paquetes e as tarifas, poden consultala tanto na súa páxina web
www.aestradadixital.gal ou no teléfono 986 570 997.

Publicado en Portada | Deja un comentario