V Gala do Deporte Estradense

GALERÍA: 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A veciñanza estradense poderá seguir osplenos en directo grazas á implantación dun sistema streaming

 O novo modelo que entrará en vigor na próxima sesión plenaria
permitirá que calquera persoa poida ver os plenos en directo desde
a web municipal.
 O novo equipamento consta de catro cámaras e un novo sistema de
microfonía.

O Concello da Estrada anuncia a
implantación dun novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos
municipais. Este sistema, que entrará en vigor coa celebración da vindeira
sesión plenaria, permitirá a todos os veciños e veciñas acceder ás mesmas en
directo, promovendo unha maior transparencia.
O novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos fai emprego de
tecnoloxía de última xeración para garantir a calidade e a fiabilidade das
gravacións. As sesións plenarias gravaranse en alta definición e
retransmitiranse en tempo real a través da páxina web municipal
www.aestrada.gal.
Este novo sistema de gravación e retransmisión dos plenos ofrece numerosos
beneficios para os veciños. En primeiro lugar, aumenta a transparencia e a
accesibilidade das sesións plenarias, o que permite á cidadanía estar mellor
informada sobre todas as decisións tomadas.
Ademais, o sistema tamén permite aos cidadáns acceder ás sesións plenarias
desde calquera lugar e en calquera momento, o que aumenta a participación
cidadá na vida política do municipio.
O novo equipamento está composto por 4 cámaras; 2 cámaras PTZ (Pan-Tilt-
Zoom) situadas nos laterais para primeiros planos ou planos cortos; unha
cámara Panorámica; unha cámara para votacións. Ademais tamén inclúe un
sistema de microfonía con unidade de debates dixital, unha plataforma de
gravación e reprodución de vídeo. Tamén se xerará unha vídeoacta en formato
electrónico cos documentos integrados e asinada de xeito electrónico, un portal
de reprodución de vídeos onde visualizar as gravacións, minutadas por
intervención e puntos.
O edil de Novas Tecnoloxías, Conectividade e Reto Demográfico, Manuel
Magariños, indica que con este novo sistema “búscase implicar á veciñanza
nas sesións plenarias, co fin de que estean informados e sexan partícipes das
decisións que se adoptan nestas”. Tamén recordou que coa implementación da

retransmisión en directo “facilitamos o achegamento de todos os veciños e
veciñas, evitando desprazamentos e garantindo que calquera persoa das 51
parroquias que integran o municipio poida ver os plenos desde o seu fogar”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Principal celebrou a festa do deporteestradense recoñecendo aos melloresdeportistas locais deste ano

 David Vázquez e Raquel Miguens foron os mellores deportistas do
ano, mentres que Samuel Tato e Iziar Barcala acadaron este
distintivo na categoría sub 18.
 O Club Tenis RC foi o mellor club estradense e o Club Tenis de
Mesa Top Spin o mellor club de base.
 O galardón ao mellor equipo foi para o cadete masculino do CNS e
Miguel Sánchez, técnico do Club Tenis RC, proclamouse como
mellor adestrador, mentres que o loitador Joel Castro foi o
deportista revelación.
 As mencións honoríficas foron para Toño Rivas, Uxía Rodríguez e a
parella de baile integrada por Aixa Otero e Adrián Gañete, e o
doutor Juan José Cota foi recoñecido pola súa traxectoria.

O Concello da Estrada celebrou esta
noite a súa V Gala do Deporte recoñecendo o papel desempeñado polos
deportistas e clubs locais durante este ano.
David Vázquez foi galardoado co premio ao mellor deportista masculino.
Vázquez foi campión galego de rallyes copilotando a Víctor Senra, sumando
deste xeito o seu sexto campionato aos xa acadados nos anos 2016, xunto a
Alberto Meira, e no 2017, 2018, 2019, 2020 e 2023, todos eles con Víctor
Senra. Ademais, grazas á súa vitoria este ano iguala a Estrella Castrillón como
o copiloto máis galardoado no campionato autonómico.
Na categoría de mellor deportista feminina a premiada foi a xogadora de
bádminton Raquel Miguens, quen neste 2023 se proclamou campioa de
España senior 2023 na modalidade individual feminino logo de superar unha
operación meses antes.
O mellor deportista masculino sub 18 deste ano foi Samuel Tato, do Club
Judo Base, quendurante o 2023 sumou os seguintes recoñecementos; campión
Galego Cadete -60Kg; subcampión de España cadete -60 Kg. Tamén

participou no Campionato de España Junior (Sub -21), na Fase Final como
integrante da seleccion galega Junior, representou a España na European
Cadet Cup Coímbra 2023 e foi terceiro clasificado Campionato de España
Junior (Sub -21) Sector Oeste, sendo cadete.
Pola súa parte, Iziar Barcala, xogadora do Club Bádminton A Estrada, foi a
mellor deportista feminina sub 18. Barcala proclamouse durante este 2023
como campioa de España sub 17, campioa galega sub 19 en individual e
dobres mixto, subcampioa nacional sub 17 co combinado galego no
Campionato de España de Seleccions autonómicas. Tamén participou coa
selección española no Campionato de Europa Sub 17 e chegou aos cuartos de
final no torneo internacional de Bélxica. A data de 14 de novembro lideraba a
clasificación nacional sub 17.
Joel Castro, de Loita A Cambadela, foi proclamado como deportista
revelación. O loitador participou no campionato galego celebrado en
Pontevedra, onde resultou terceiro clasificado en loita libre masculina (48kg) e
campión en 45 kg. Mesmo premio que acadou no Campionato de España
sub17 celebrado en Carmona, Sevilla. Do mesmo xeito, acabou en cuarto
posto coa selección española no campionato internacional de promesas sub17,
celebrado no mes de abril en La Nucía, Alicante. Finalmente tamén rematou en
segunda posición no Torneo Nacional “Villa de Madrid” sub15, na modalidade
de 48 kg.
O mellor club do deporte estradense no 2023 foi o Club Tenis RC, quen neste
2023 acadou os seguintes resultados nas súas diferentes categorías:
 Absoluto Masculino A: Subcampión Primeira División e Ascenso a
División de Prata
 Absoluto Masculino B: Subcampión Segunda División e Ascenso a
Primeira División
 Absoluto Masculino C: Ascenso a Segunda División
 Absoluto Feminino A: Terceiro en División de Prata e permanencia
 Júnior Masculino: Subcampión galego Primeira División
 Júnior Feminino: 5 clasificado galego (división de honra)
 Cadete Masculino: Subcampión galego Primeira división
 Cadete Feminino: Terceira de Galicia (división de honra)
 Infantil Masculino: Subcampión Terceira División
 Alevín Feminino: Subcampión Segunda División
 Benxamín Masculino: Subcampión Terceira División
Na modalidade do mellor club de base, o Club Tenis de Mesa Top Spin
fíxose co galardón grazas ás súas 30 licenzas e á súa participación en diversas
competicións, tanto nacionais como internacionais, acadando vitorias como as
de Álvaro de la Torre no Torneo Internacional XIV concello de Oroso ou no
Torneo Valongo, en Portugal. Estes bos resultados compleméntanse con
diversos podios noutras competicións. Nos derradeiros anos o club avanzou no

seu proxecto de base competindo en categorías senior con deportistas
formados na súa canteira.
O CNS cadete masculino foi recoñecido como o mellor equipo de 2023.
Entre os méritos para recibir dito galardón figuran a cuarta posición de España
na súa categoría e o bo papel desempeñado polos seus deportistas; Nicolas
Baños; Andrés Carballeda; Iker Gómez; e Leonel Marín, medalla de ouro e
campións de España en relevo 4×25 remolque de manequín.
Pola súa parte, o Campionato Galego de Ximnasio de Trampolín foi elixido
como o evento deportivo do ano. A cita, celebrada no mes de maio reuniu en
torno ao Manuel Coto Ferreiro a máis de 200 deportistas para participar nunha
das probas máis sinaladas nesta disciplina. O evento destacou pola súa
vistosidade e pola presenza de ximnastas participantes no campionato do
mundo celebrado na cidade inglesa de Birmingham.
Miguel Sánchez, técnico do Club Tenis RC, proclamouse como mellor
adestrador grazas aos fantásticos resultados obtidos pola entidade ao longo
deste ano.
A distinción á entidade con maior apoio ao deporte foi para Habita
Inmobiliaria/ Helvetia Seguros, patrocinador principal do A Estrada Futsal e
da Sociedade Cabalar Estradense así como eventos deportivos puntuais e
deportistas como o piloto estradense de motos Javi Campos quen tomará parte
no Dakar.
Logo da entrega de premios tivo lugar as mencións honoríficas, estruturadas
en un recoñemento para unha figura representativa do pasado que nesta
edición foron parar a Toño Rivas, xogador histórico do Estradense e fiel
seareiro do conxunto vermello e todo o deporte estradense, do presente, para
Uxía Rodríguez Nebra, primeira galega en formar parte dun paddock de Moto3
co equipo Angelus MTA Team, e do futuro, para a parella de baile deportivo
conformada por Aixa Otero e Adrián Gañete.
Finalmente, o premio á traxectoria recaeu no doutor Juan José Cota,
estradense de nacemento na actualidade desenvolve a súa actividade do Real
Club Celta de Vigo, onde é responsable dos servizos médicos. No seu currículo
sobresaen as Eurocopas de 2008 e de 2012 e o Mundial de Sudáfrica 2010 coa
selección española de fútbol.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello pon á venda as entradas para oconcerto de tributo a Phill Collins

 As entradas para a actuación de The Air Tonight, que se celebrará o
vindeiro 28 de decembro no Teatro Principal, xa están a disposición
do público no departamento de Cultura por un prezo de 5 euros.
 Tamén se informa de que se poden retirar os convites para os
concertos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso e o
Concerto de Nadal da Coral Polifónica Estradense.

O departamento de Cultura do
Concello da Estrada puxo á venda as entradas para o concerto tributo ao
artista británico Phill Collins.
A actuación da agrupación The Air Tonight terá lugar o vindeiro día 28 de
decembro no Teatro Principal da Estrada a partir das 21:00 horas. A través da
mesmas as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo que rende
homenaxe a unha das figuras máis influentes da música nos últimos compases
do século anterior.
Ademais, desde a área de Cultura tamén se informa de que tamén se poden
recoller xa os convites para os concertos do Obradoiro de Música Moderna
Carlos Barruso do 22 de decembro e o Concerto de Nadal da Coral Polifónica
Estradense do 23 de decembro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

10º SALÓN DO VEHÍCULO CLÁSICO/65ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA 

 BÚSCATE NA GALERÍA : 10º SALÓN DO VEHÍCULO CLÁSICO/65ª FEIRA DE ANTIGÜIDADES E ARTESANÍA 

Publicado en Portada | Deja un comentario

ALIENTABLE AFLUENCIA DE VISITANTES NO RECINTO FEIRAL ESTRADENSE

ALIENTABLE AFLUENCIA DE VISITANTES
NO RECINTO FEIRAL ESTRADENSE
Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada, 1
6/12/2023
A primeira xornada de Motor Classic 202
3
e a Feira de Antig
Artesanía, conseguen
aglutinar aos visitantes no recinto.
A exposición de vehículos clásicos
supera o medio
centenar de
exemplares, pertencentes a clubes, asociacións, empresas privadas,
particulares, etc….
A aparcamento de v
ehículos clásicos estivo moi concurrido con vehículos
moi espectaculares.
O equipo organizativo salienta a profesionalidade das firmas presentes
como, a calidade do producto exposto
.
A maior afluencia de visitantes desta primeira xornada, coincidiu
coas horas centrais
sete
horas o recinto estivo moi
concurrido e animado.
mais salientable da mostra e a diferenciación en diversas áreas da exposición
(Exposición de vehículos, mercadillo de pezas, recambios e accesorios,
igüidades e Artesanía). Os organizadores, suliñan como máis salientable a
profesionalidade das firmas participantes, sen olvidar a colaboración activa de
clubes, asociacións e particulares que de xeito desinteresado aportan o mellor das
e vehículos clásicos, o que lle outorga á mostra unha especial
Na zona habilitada para exposición de vehículos clásicos, ubicáronse
centenar de exemplares (turismos,
tractores,
motocicletas e bicicletas).
amosa unha mostra de vehículos de
alta competición.
Pola súa banda, a media mañan o parking de clásicos estaba repleto de vehículos o
que incrementou a mostra interior.
Vehículos con certificación de clásicos e
históricos, de incalculable valor.
NO RECINTO FEIRAL
e a Feira de Antig
üidades e
centenar de
exemplares, pertencentes a clubes, asociacións, empresas privadas,
ehículos clásicos estivo moi concurrido con vehículos
O equipo organizativo salienta a profesionalidade das firmas presentes
, así
coas horas centrais
concurrido e animado.
mais salientable da mostra e a diferenciación en diversas áreas da exposición
(Exposición de vehículos, mercadillo de pezas, recambios e accesorios,
igüidades e Artesanía). Os organizadores, suliñan como máis salientable a
profesionalidade das firmas participantes, sen olvidar a colaboración activa de
clubes, asociacións e particulares que de xeito desinteresado aportan o mellor das
e vehículos clásicos, o que lle outorga á mostra unha especial
Na zona habilitada para exposición de vehículos clásicos, ubicáronse
máis de medio
motocicletas e bicicletas).
A Escudería
Pola súa banda, a media mañan o parking de clásicos estaba repleto de vehículos o
Vehículos con certificación de clásicos e
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
incondicionais do certame, participando xa nas anteriores edicións.
No referente á venda directa, podemos
por firmas maioritariamente procedentes de
chegadas de fora da nosa comunidade autónoma: Madrid, Asturias,
Salamanca, Cáceres,
Portugal, etc…
Vintecinco clubes, asoci
acións, empresas privadas e particulares, colaboraron co
equipo organizativo, aportando o mellor das suas coleccións de vehículos o que
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
O mercadillo de recambios, pezas,
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos visitantes, sen
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
fidel.
A entrada
de acceso ao recinto
recinto feiral permanecerá aberto ao público, en horario ininterrumpido de once a
vinte horas.
Ao longo da primeira xornada, os flashes fotográficos, encargáronse de inmortalizar
o evento e obter unha instant
valor, xoias clásicas e históricas que nos retrotraen a un pasado mais ou menos
recente, dependendo dos casos. Na exposición de vehículos, pódense ver pezas
dos anos 50 en adiante pero incluso algunhas son
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
incondicionais do certame, participando xa nas anteriores edicións.
No referente á venda directa, podemos
suliñar que a presente edición foi respaldada
por firmas maioritariamente procedentes de
Galicia
, complementadas con
chegadas de fora da nosa comunidade autónoma: Madrid, Asturias,
Portugal, etc…
acións, empresas privadas e particulares, colaboraron co
equipo organizativo, aportando o mellor das suas coleccións de vehículos o que
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
O mercadillo de recambios, pezas,
accesorios e complementos do motor, ubicado no
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos visitantes, sen
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
de acceso ao recinto
é
válida para os dous días que dura o
recinto feiral permanecerá aberto ao público, en horario ininterrumpido de once a
Ao longo da primeira xornada, os flashes fotográficos, encargáronse de inmortalizar
o evento e obter unha instant
ánea de vehículos espectaculares e de incalculable
valor, xoias clásicas e históricas que nos retrotraen a un pasado mais ou menos
recente, dependendo dos casos. Na exposición de vehículos, pódense ver pezas
dos anos 50 en adiante pero incluso algunhas son
anteriores, dos anos 30
A meirande parte das firmas expositoras de venda directa, así como, Clubes,
Asociacións, Empresas Privadas e Particulares, presentes na mostra, son
incondicionais do certame, participando xa nas anteriores edicións.
suliñar que a presente edición foi respaldada
, complementadas con
outras
chegadas de fora da nosa comunidade autónoma: Madrid, Asturias,
Toledo,
acións, empresas privadas e particulares, colaboraron co
equipo organizativo, aportando o mellor das suas coleccións de vehículos o que
incide moi positivamente na boa valoración dos visitantes e na distinción da mostra.
accesorios e complementos do motor, ubicado no
pavillón cinco, foi o que concentrou maioritariamente a atención dos visitantes, sen
obviar a xa consolidadada Feira de Antigüidades e Artesanía que conta cun público
válida para os dous días que dura o
certame. O
recinto feiral permanecerá aberto ao público, en horario ininterrumpido de once a
Ao longo da primeira xornada, os flashes fotográficos, encargáronse de inmortalizar
ánea de vehículos espectaculares e de incalculable
valor, xoias clásicas e históricas que nos retrotraen a un pasado mais ou menos
recente, dependendo dos casos. Na exposición de vehículos, pódense ver pezas
anteriores, dos anos 30
e 40.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O proxecto de sinalización do ruralestradense chega ao seu ecuador coainstalación de sinais en todo o nortemunicipal

 Na actualidade, a sinalización de parroquias e lugares xa está
completa no termo norte do municipio.
 Os paneis que se instalarán no territorio restante atópanse en
proceso de fabricación e serán instalados ao longo da primeira
metade do 2024.
 A actuación completarase coa numeración individualizada de cada
fogar e a instalación dun panel informativo en cada unha das 51
parroquias.

O ambicioso proxecto de sinalización
de todos os núcleos do rural estradense xa acadou o seu ecuador. En total a
actuación suporá a renovación dos paneis indicadores nas 51 parroquias e os
473 lugares que integran o Concello.
A intervención, valorada nun importe de 814.000 euros e financiada a través do
Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, suporá unha vez finalizada, a
instalación de ao redor de 2.000 sinais, ademais dun panel informativo por
parroquia con información sobre os puntos de interese, que se colocará nos
lugares máis sinalados de cada unha delas, e de placas con numeración para
cada vivenda. A maiores, colocaranse tamén sinais direccionais nos principais
cruzamentos dos lugares.
Deste xeito, na actualidade os traballos xa deron remate en todo o termo norte
municipal, onde se instalou unha sinal de inicio e outra de remate en cada
parroquia e unha ao comezo de cada lugar.
Pola súa parte, os indicadores que se instalarán no territorio restante xa están
en proceso de elaboración, e segundo as previsións, serán colocados ao longo
da primeira metade do 2024.
A intervención completarase con 51 paneis informativos, un por parroquia, no
que se incluirán datos de cada unha delas e de placas de numeración para os
fogares na que figure tanto o número de cada un deles como o nome da
parroquia e o lugar ao que pertencen e o escudo do Concello da Estrada.
O edil de Medio Rural, Gonzalo Louzao, destacou “o bo avance nos traballos
dun dos proxectos máis ambiciosos aos que facemos fronte dadas as

condicións do noso rural, xa que somos o municipio con máis núcleos de
poboación de todo o ámbito nacional”. Louzao tamén sinalou que “a
intervención responde á aposta pola promoción das particularidades de cada
parroquia e dos seus elementos naturais e patrimoniais”. O concelleiro apunta
que este proxecto culmina unha “demanda histórica de sinalización dos
diferentes núcleos do rural co que se mellorará a direccionalidade dos veciños
e veciñas e visitantes”

Publicado en Portada | Deja un comentario