Os Reis Magos percorrerán as rúasestradenses acompañados polo Carboeiro e diversa animación musical

 As súas Maxestades de Oriente iniciarán a súa cabalgata ás 18:00
horas xunto coa Banda Municipal da Estrada, o Obradoiro de
Música Moderna Carlos Barruso e Banda de Gaitas de Barbude.
 Tamén haberá cabezudos e lanzaranse caramelos sen glute para
garantir o consumo de todas as persoas.
 En caso de que as condicións meteorolóxicas impidan realizar a
cabalgata realizarase unha recepción no Teatro Principal.

O Concello da Estrada acollerá o vindeiro
venres, 5 de xaneiro, a visita dos Reis Magos que percorrerán as rúas do casco
urbano estradense antes de visitar os fogares para deixar os agasallos.
A cabalgata dará comezo a partir das 18:00 horas coa saída da comitiva real
desde o centro de saúde, na zona da Baiuca, para percorrer nun total de cinco
carrozas un itinerario que abarcará a rúa Varela Buxán, avenida Fernando
Conde, rúa Ulla, rúa Calvo Sotelo, Praza de Galicia, rúa Peregrina, rúa Capitán
Bernal, avenida de América, avenida Benito Vigo e recepción na praza do
Concello.
Na súa visita á Estrada estarán acompañados pola música dos integrantes do
Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, a Banda Municipal e a Banda
de Gaitas de Barbude. Ademais nunha das carrozas irá o Carboeiro para
identificar a eses cativos e cativas que non se portaron ben durante o ano e
tamén acompañarán o desfile cabezudos.
No desenvolvemento da cabalgata lanzaranse caramelos sen glute aptos para
ser consumidos por persoas que padezan da enfermidade celíaca.
Desde o Concello infórmase que no caso de choiva leve, e sempre cando as
condicións así o permitan, as súas Maxestades realizarán a cabalgata sen o
acompañamento musical, e no caso de que a climatoloxía impida a realización
da xornada, realizarase unha recepción no Teatro Principal.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA – CHARLA SOBRE O LIBRO HISTORIA DO TEATRO PRINCIPAL

O sábado, día 31, ás 12.00 horas, terá lugar no Teatro Principal unha charla sobre o libro ‘HISTORIA DO TEATRO PRINCIPAL DA ESTRADA’ , autoría de Pedro Pérez.


No coloquio intervirá, ademais do autor, o locutor Fran Campos, de Radio Estrada. Durante o acto, o público poderá tomar a palabra para dirixir as súas preguntas ao autor, quen asinará exemplares do libro ao remate do acto.
 
A charla estará amenizada con fotos e proxeccións dos 75 anos de historia deste local cultural. A entrada será libre e gratuíta ata completar as 50 butacas dispoñibles para o evento.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O xurado declara deserto o IX premio de textos teatrais » Varela Buxán»

O xurado, reunido esta mañá na sala
de xuntas do Concello da Estrada, para deliberar a obra gañadora da novena
edición do premio ‘Manuel Daniel Varela Buxán’ deixar deserto o premio.
O tribunal, integrado por Ana Carreira Varela, Santiago Cortegoso Calvar, Xosé
Lueiro Lemos e Henrique Vázquez Pernas, en calidade de secretario, logo de
ler os textos orixinais presentados ao certamen, acordou por unanimidade
declarar deserto o premio de textos teatrais de acordo ao estipulado no punto
seis das bases do mesmo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada desenvolverá en oito novasparroquias o programa de actividades para a prevención da dependencia

 Na última xunta de goberno local foi sometido a aprobación o
expediente deste servizo, valorado en 33.550 euros, que dará
servizo ao redor de 500 persoas.

O Concello da Estrada aumentará en
oito o número de parroquias nas que se impartirá o servizo de actividades para
a prevención contra a dependencia ao longo do vindeiro ano.
Durante a pasada xunta de goberno tratouse a aprobación do expediente
contratación deste servizo, que disporá dun orzamento de 33.550 euros e que
este ano se desenvolverá, conforme ás previsións, a partir do vindeiro mes de
marzo, tanto nas parroquias como nas instalacións do Novo Mercado.
Ao redor de 500 persoas xa están inscritas para participar no programa, no cal
se impartirán sesións de xerontoximnasia, memoria e pilates, debendo haber
un mínimo de 8 participantes para posibilitar a conformación dos grupos.
Ademais, implantarase un método de copago a través do cal as persoas
participantes deberán aboar unha contía de 15 euros por cada trimestre.
A concelleira de Servizos Sociais, Amalia Goldar, celebra os avances neste
proceso dado que permitirán “achegarlle á veciñanza un servizo esencial que
axudará a promover un envellecemento activo tanto no casco urbano como en
moitas das nosas parroquias”. Do mesmo xeito, tamén celebrou ”poder
aumentar o número de parroquias aos que facer chegar este servizo, o cal
supón un reto dado o gran número de núcleos de poboación cos que conta A
Estrada”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Ao redor de 600 persoas despedirán o anocon deporte nas dúas probas solidarias de Fin de Ano

 A San Silveira suma 155 inscricións mentres que a San Silvestre
405, cifras que dependerán das condicións meteorolóxicas e que
poderá incrementarse coa xente que decida inscribirse ‘in situ’ no
mesmo día.

Onte pechou o prazo de inscrición
para participar tanto na III San Silveira de BTT como na XIII Milla San Silvestre
Estradense que se celebrarán como é tradición o vindeiro domingo, día 31 de
decembro.
Un total de 155 persoas participarán na San Silveira, mentres que 405
corredores daranse cita para participar na San Silvestre vespertina. Estas cifras
están supeditadas ás condicións meteorolóxicas e poden incrementarse coas
persoas que tramiten a súa inscrición no mesmo día achegando un quilogramo
de alimentos non perecedoiros que será posto en disposición de Cáritas.
Desde o Concello valoran moi positivamente a gran afluencia da San Silveira,
unha proba que se está consolidando con cada vez máis participantes. Do
mesmo xeito, tamén se congratulan polas cifras de asistencia á San Silvestre,
unha proba xa consolidada no calendario de actividades de Nadal na Estrada.
Polo tanto, o domingo abrirá coa II San Silveira, unha subida BTT ao Monte
Cabalar que se iniciará ás 09:30 horas desde a praza do Concello. A
actividade, catalogada de dificultade media, terá un percorrido de 20
quilómetros e a idade mínima para participar é de 10 anos, debendo estar
acompañados os menores por un adulto durante o transcurso da mesma.
Xa pola tarde, a partir das 16:00 horas, dará comezo a recollida de dorsais para
a XIII Milla San Silvestre Estradense. A proba discorrerá nas categorías de
pitufos, con inicio ás 17:00 horas e un percorrido polas inmediacións da praza
da Feira.
As categorías de prebenxamín ata infantil corrern por un circuíto urbano con
saída desde a praza do Concello, pasando pola rúa Serafín Pazo, praza da
Farola, rúas Calvo Sotelo, Castelao e Irida, e chegada de novo ao punto de
comezo. O percorrido terá unha distancia de 800 metros e darase unha soa
volta ao mesmo.

Os participantes na carreira de cadetes ata veteranos realizarán o mesmo
traxecto, ao cal deberán dar 2 voltas, elevando a distancia a 1.6 quilómetros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada despide o 2023 cunha semanachea de actividades varias para todos os públicos

 Concertos, teatro, animación de rúa e as carreiras do día 31
pecharán a actividade cultural e deportiva.

O Concello da Estrada poralle esta
semana o punto e final ao 2023 cunha ampla oferta de actividades culturais e
deportivas dirixidas para todo tipo de públicos.
Mañá, mércores 27 de decembro, o Teatro Principal acollerá desde as 17:30
horas a representación da obra ‘Os Tres Porquiños’, por conta de Educa
Teatro. A obra, dirixida ao público familiar, narra a popular historia que vai
construíndo un explorador afeccionado aos contos que percorre o bosque na
procura dos seus porquiños preferidos.
Tamén mañá, a partir das 18:30 horas, Moa Quinteto levará a cabo unha
actuación na Prazoleta.
O xoves, día 28, a diversión virá da man de Filipa co Nadal, de Bandullo Azul
na rúa Principal ás 18:00 e con Ce Orquestra Pantasma na rúa Principal e
na Sala Abanca ás 19:00 horas. Pola súa parte, ás 21:00 horas, o Principal
será o escenario do concerto tributo a Phill Collins por conta do grupo ‘In the
Air Tonight’.
A animación na rúa será a encargada de animar as tardes do venres e o
sábado cos espectáculos O dentista, de Troula animación, na rúa Principal
ás 18:30 e O Apalpador, de Os Monifates, na Prazoleta ás 19:30 horas,
ambos o venres, e coa Fanfarria Taquikardia, o sábado nas rúas Calvo
Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta desde as 18:30 horas.
Finalmente, o domingo 31 será o protagonista da despedida do 2023 cunha
dobre cita que se iniciará ás 09:30 horas coa saída da III San Silveira BTT e
terá continuidade ás 17:00 horas co inicio da XIII San Silvestre Estradense.
Ambas probas son de carácter non competitivo e para participar haberá que
doar un kg de alimentos non perecedoiros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A vixésimo sexta Miscelánea foi presentadacon doce novos artigos que afondan nacultura e identidade estradense

 O Museo do Pobo Estradense presentou onte no MOME a
publicación, nun acto no que interviñeron o presidente do
patronato e director da publicación, Juan Andrés Fernández Castro
e a edil Amalia Goldar.

O MOME acolleu onte a presentación
do vixésimo sexto número da Miscelánea, a publicación presentada polo
Museo do Pobo Estradense ‘Manuel Fernández Portela’ suma ao seu xa amplo
arquivo doce novos artigos que afondan no patrimonio local.
O acto estivo conducido polo presidente do patronato e director da publicación,
Juan Andrés Fernández Castro, quen foi o encargado de introducir a relación
de autores e autoras que interviñeron no novo número da publicación. No acto
tamén estivo presente a concelleira Amalia Goldar quen louvou “o traballo de
todas as persoas que coa súa investigación permiten preservar a historia da
nosa localidade e os seus tesouros naturais, patrimoniais e culturais”.
O actual impreso conta coa participación de Carlos Miramontes Seijas,
sacerdote nas parroquias de Arnois e Oia; de Luis Ferro Pego e Xosé Troiano
Carril; Guillermo González Raviña ; Javier García Gómez; Henrique Neira;
Ariadna Silva Fernández; Carmen María Sánchez Arines e Marga Fraga; José
Bértolo Ballesteros; Juan Andrés Fernández Castro; e Ofelia Rey Castelao.
Entre as temáticas tratadas inclúense estudos sobre elementos patrimoniais
como a sepultura románica presente na igrexa de Arnois, análises de
toponimia, a tradición dos campaneiros ou personalidades como as de Jacoba
Ozores ou a mestra María del Carmen Castro Dono.

Publicado en Portada | Deja un comentario