A casa consistorial da Estrada acolleu hoxe o acto de presentación do
cartel do Campionato de España e Galego de Enduro, que se celebrará no
municipio estradense os días 15, 16 e 17 de setembro.
No acto participaron o edil de Deportes, Ismael Pena, xunto con José
Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo e os sidreiros
locais José Antonio López Pampín e José Peroja.
Na súa intervención, o responsable de Deportes «convidou á veciñanza a
acudir a un evento de gran relevancia no eido do motociclismo
autonómico e nacional que seguro servirá para promocionar A Estrada
como un dos núcleos do deporte en Galicia»
Campionato de España e Galego de Enduro
Iniciadas as obras de acondicionamentoe mellora da seguridade viaria noscentros de ensino estradenses
As intervencións suporán o repintado de accesos, pasos de peón,
bordos de beiravías e zonas de estacionamento coa finalidade de
mellorar a seguridade do alumnado dos centros e dos peóns.
Os traballos executaranse no CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi, na
contorna dos institutos e no Colexio Plurilingüe N. S. De Lourdes.
O Concello da Estrada iniciou hoxe os
traballos de acondicionamento e mellora da seguridade viaria nas contornas
dos centros de ensino da localidade.
Esta mesma mañá deu comezo unha intervención que incluirá traballos de
repintado en elementos viarios como pasos de peóns, bordos de beiravías e
áreas de estacionamento de autobuses, coa finalidade de promover unha maior
seguridade tanto para os usuarios dos centros como para os viandantes e
condutores que circulen por estes espazos, os cales rexistran unha gran
afluencia de tránsito nas horas de entrada e saída do alumnado.
Os traballos estanse a realizar nos CEIP de Figueroa, no Pérez Viondi, na zona
dos institutos e no Colexio Plurilingüe Nosa Señora De Lourdes, e agardase
que ao longo da xornada de mañá poidan estar rematados, estando xa estas
zonas acondicionadas para o inicio do curso escolar.
Recepción aos participantes no Campamento do Mar
A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, recibiu na tarde de onte ás mozas e mozos participantes na segunda quenda do Campamento do Mar, que se desenvolveu desde a semana pasada no Albergue Xuvenil A Devesa, no Concello de Ribadeo.
Un total de 70 participantes puideron participar nunha iniciativa que recibiu unha valoración moi positiva pola súa parte.
Hai que municipalizar o SAF para que non se repitan os problemas da privatización dun servizo público
O alcalde tiña constancia dos graves problemas laborais das traballadoras do SAF e non fixo nada até se fixo público o demoledor informe da inspección de traballo
Algo parece que empeza a moverse no goberno municipal logo das denuncias feitas pola CIG sobre a situación laboral das traballadoras do SAF do noso concello, en mans dunha empresa privada. Desde o BNG tamén instamos ao goberno municipal a tomar medidas para atallar esta grave situación que afecta a un servizo público esencial.
Con todo, hai un aspecto que nos chama a atención. Segundo declaracións do alcalde, que saen publicadas hoxe nos medios de comunicación, o goberno municipal e a empresa mantiveron encontros periódicos coa empresa adxudicataria do servizo para comprobar a calidade e atender «as suxestións e demandas do equipo de traballo».
Os problemas do SAF da Estrada veñen de vello, as traballadoras mesmo mantiveron unha folga, polo tanto sorprenden estas declaracións do alcalde, nas que afirma que se reuniron coa empresa, e a pesar de ter constancia dos problemas laborais das traballadoras, non fixo nada até que a CIG deu a coñecer un demoledor informe da inspección de traballo, que mesmo pode ter consecuencias económicas importantes para o concello. Isto é moi grave e denota o abandono das súas responsabilidades de goberno, que tantas veces temos denunciado.
O Concello da Estrada avanza nostrámites para seguir garantindo oServizo de Atención no Fogar
O compromiso do goberno local é licitar a adxudicación deste servizo
ao longo do último trimestre do ano.
O alcalde, José López Campos e a edil de Servizos Sociais, Amalia
Goldar, mantiveron esta mañá unha xuntanza coa empresa
adxudicataria deste servizo para analizar a situación actual logo das
informacións emitidas pola CIG.
Desde o goberno local leváronse a cabo reunións periódicas coa
empresa adxudicataria coa finalidade de comprobar a calidade do
servizo e atender as suxestións e demandas dos traballadores e
traballadoras.
O Concello da Estrada avanza os
diferentes trámites para garantir o Servizo de Axuda no Fogar durante o ano
2024.
Deste xeito, comprométese a que durante este último trimestre de ano saia a
licitación a concesión deste servizo para así determinar cal será a empresa
adxudicataria do mesmo.
Esta mesma mañá, o alcalde, José López Campos e a edil de Servizos Sociais,
Amalia Goldar, mantiveron unha reunión con representantes da empresa que
actualmente presta este servizo para analizar a situación actual logo das
informacións emitidas pola Confederación Intersindical Galega.
Desde o Concello sinalan o seu compromiso e firme apoio a un servizo que
catalogan de “esencial”, motivo polo cal se mantiveron reunións periódicas coa
empresa adxudicataria deste servizo para comprobar a calidade do mesmo e
para escoitar e atender as suxestións e demandas do equipo de traballo.
Unha das máximas do goberno local desde a implantación do SAF foi a
garantía tanto dos dereitos dos traballadores e traballadoras como da calidade
do servizo recibido polas persoas beneficiarias do mesmo, motivo polo cal se
aumentou a facturación coa finalidade de respectar en todo momento os
convenios.
A Estrada presenta a programaciónde escolas deportivas municipaismáis variada da súa historia
Ofertaranse un total de 18 disciplinas con hípica, taekwondo e
esgrima como principais novidades.
O período de inscrición abrirá este mércores, día 6 de setembro,
nos contactos de cada escola ou o primeiro día da actividade.
O Concello da Estrada, a través da área
de Deportes, presentou hoxe a súa programación de escolas deportivas
municipais, a cal inclúe a oferta máis diversa da súa historia.
Hípica, taekwondo e esgrima son as principais novidades dunha programación
na que tamén se inclúen modalidades como ciclismo, natación, ximnasia,
pádel, judo, kárate, patinaxe e hockey, xadrez, tenis, tenis de mesa, voleibol,
bádminton, baloncesto, skate e balonmán.
A través deste programa búscase mellorar e facilitar o desenvolvemento
deportivo das disciplinas ofertadas e a promoción do deporte entre a poboación
do Concello
As escolas deportivas municipais contaron o ano pasado coa participación de
máis de 800 alumnos e alumnas no curso pasado, sendo unha actividade
fundamental no tecido deportivo local.
O período de inscricións estará aberto dende este mércores, 6 de setembro, e
poderase tramitar nos contactos de cada escola ou o primeiro día da
actividade.
A cota xeral é de 36 euros trimestrais para alumnado de ata 19 anos e maiores
de 65, mentres que a tarifa para adultos será de 60 euros por cada trimestre
Ademais haberá bonificacións, non acumulables, do 50% para familias
numerosas e mono parentais, sempre que sexan acreditadas e tamén se
reducirá o 50% na incrición dunha segunda actividade para un mesmo alumno
ou alumna.
As persoas que precisen maior información sobre a oferta de actividades e a
inscrición poderán atopala na web municipal a través desta ligazón.
O XIV Campus Deportivo de veránfoi o máis concorrido dos últimosanos cun total de 334 solicitudes admitidas
A participación aumentou en 129 asistentes totais, incluíndo os mozos e
mozas que repetiron quenda, máis con respecto ao ano pasado e 239
máis en comparación ao verán de 2021.
Nesta edición admitíronse un total de 79 solicitudes máis que en
2022, nas que houbo 255, e 145 máis que no 2021, con 189
admisións.
A décimo cuarta edición do ‘Campus
Deportivo de Verán’ pechou cunha bagaxe moi positiva, superando con
claridade as cifras de participación acadadas nos últimos anos.
Así o confirmou o edil de Deportes, Ismael Pena, quen hoxe fixo balance dos
datos da presente edición, na cal de superaron os rexistros de asistencia con
594 participantes totais, 129 máis que o ano pasado e 239 máis que no 2021.
Pola súa parte, este verán admitíronse un total de 334 solicitudes, o cal se
traduce en 79 solicitudes máis que en 2022 e 145 máis que no 2021.
No referente á procedencia dos participantes, 221 solicitudes, é dicir, o 66,1%
foron de participantes procedentes do núcleo urbano, mentres que 113, o
32,9%, procederon das parroquias.
Unha das actividades que tamén rexistrou un alto índice de participación foi a
excursión ao aquapark de Cerceda, á cal asistiron 330 mozas e mozos, 221 na
quenda de xullo e 109 en agosto.
Prezos populares para promover a participación
A tarifa por cada quincena e participante foi de 40 euros, un prezo asumible
para a veciñanza co que se buscou promover a maior participación posible.
No referente ao servizo de transporte, non hai dende o comezo da pandemia,
motivo polo cal se ampliou o horario, de 10:00 a 14:00 horas a 08:30 ata as
14:30 horas, coa finalidade de facilitar unha maior conciliación.
Segundo explicou o edil, proporcionar cobertura á totalidade do territorio do
termo municipal implicaría unha demanda de moitos autobuses o que se
traduciría na necesidade dun orzamento sensiblemente superior e por
conseguinte un prezo superior para o usuario.












































