‘O Son dos Arrieiros’ regresa áEstrada cun cartel que pon en valoro talento emerxente galego

 O festival, nado no 2022, celebrarase durante a fin de semana do 22 e
23 de setembro.
 Carolina Rubirosa, Boyanka Kostova ou Malandrómeda serán algúns
dos artistas que formen o cartel da vixente edición.
 Os piares sobre os que se apoia o festival son a promoción de artistas
emerxentes galegos, o apoio ao negocio local e a introdución da
perspectiva de xénero como criterio de sustentabilidade social.

O festival ‘O Son dos Arrieiros’ regresará
a A Estrada os días 22 e 23 de setembro cun cartel definido pola súa marcada
aposta polo talento emerxente da música galega.
O salón de xuntas do Concello da Estrada acolleu hoxe a presentación dun
evento nado no ano 2022 ao abeiro dunhas axudas extraordinarias por mor da
pandemia concedidas por AGADIC. Dito festival foi o primeiro no que o público
puido estar de pé logo das restricións aplicadas aos eventos culturais durante a
pandemia.
Os artistas que participarán nesta terceira edición forman un cartel con
marcada presenza feminina integrado por: Carolina Rubirosa, que dará o
concerto inaugural, Guezos, Rayo Taser, DJOW, Hydn, Señora dj, Playa
Desmayo, Babykatze, Malandrómeda, Elba, Boyanka Kostova e Maefield.
Na presentación participou o edil de Cultura do Concello da Estrada, Juan
Constenla, quen agradeceu o apoio da Xunta de Galicia “para que A Estrada
poida gozar da terceira edición consecutiva dun festival diferencial” e tamén
tivo palabras de recoñecemento para Patricia Hermida e todo o equipo de
Dotbeat!, empresa organizadora “polo seu traballo durante os últimos meses
para materializar un evento único”
O responsable de Cultura tamén puxo en valor “o feito de que O Son Dos
Arrieiros sirva de escaparate para amosar o talento de novos artistas
emerxentes galegos e para dinamizar a vida cultural e a economía da Estrada”.
Tamén estivo presente Marta Mariño, secretaria territorial da Delegación da
Xunta en Pontevedra, quen durante a súa intervención sinalou “o orgullo da
Xunta por ser partícipe dun evento que ten por máximas o apoio ao talento
galego e a promoción da igualdade no eido musical”.

 

Finalmente, Patricia Hermida, xestora de Dotbeat!, empresa organizadora do
festival, foi a responsable de desmiuzar a programación do festival e afirmou
que “esta cita vai a consolidar A Estrada como un punto a ter en conta no
ámbito dos festivais en Galicia”.
Ademais, a organización confirmou que nas vindeiras datas darán a coñecer os
horarios e a programación completa, e asemade sinalouse que o Campo da
Feira será novamente o escenario principal aínda que se está a estudar a
posibilidade de ampliar as actividades en novas localizacións.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao goberno municipal a atallar a grave situación do servizo do SAF

Instamos ao goberno do PP a actuar, e non ser cómplice dunha situación que afecta a un servizo público esencial do noso concello

A situación das traballadoras do SAF da Estrado dado a coñecer no día de hoxe pola CIG a través dos medios de comunicación obriga ao goberno municipal do PP a actuar para atallar a grave vulneracións dos dereitos laborais das traballadoras.

O informe da inspección de traballo que se describe na información é claro e vulnera o contrato que ten a empresa co concello da Estrada, en cuxo prego administrativo e técnico de adxudicación indícase con toda claridade que «o contratista aboará ao persoal destinado á prestación do SAF as retribucións, incentivos, pagas extraordinarias, seguros sociais, etc, de acordo co disposto na lexislación vixente e convenios colectivos que o afecten».

Por outra parte, os pregos de adxudicación tamén indican que «a entidade adxudicataria queda abrigada a cumprir todas as disposicións vixentes en material laboral, da seguridade social e de seguridade e hixiene no traballo e de previsión de riscos laborais do persoal ao seu cargo».

Polo tanto, e tendo en conta o informe da inspección de traballo dado a coñecer pola CIG, estanse vulnerando de xeito grave os dereitos das traballadoras (pago de horas extras, descansos, etc), algo inadmisíbel desde calquera punto de vista, e moito máis tendo en conta que estamos a falar dun servizo público, cos prexuízos que iso pode causar á prestación do servizo.

Ademais, o concello está incumprindo o seu propio prego de adxudicación a esta empresa, realizado en 2015, por un importe de 1.019.000 euros, xa que a duración do contrato prevista nos pregos é de «2 anos, podendo prorrogarse por períodos anuais, previo acordo das partes. A duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non poderá ser superior a 4 anos». É dicir, que o concello da Estrada debeu sacar de novo a concurso o SAF en 2019, como moi tarde, o que, desde o noso punto de vista, fai cómplice ao concello da Estrada da grave vulneración dos dereitos laborais das traballadoras do SAF, o que pode ter consecuencias económicas importantes para o erario público.

Neste sentido, desde o BNG da Estrada instamos ao goberno do PP a actuar, e non ser cómplice dunha situación que afecta a un servizo público esencial do noso concello. Por unha parte ten que mediar coa empresa e as traballadoras para solucionar as graves deficiencias detectadas. Por outra banda, instamos ao goberno municipal a sacar un novo concurso do SAF que garanta unha boa calidade no servizo, así como cumprir os dereitos laborais das traballadoras.

En todo caso, desde o BNG consideramos que a mellor opción é a municipalización do servizo. Como se está a ver, a privatización poderá implicar menos traballo para o alcalde e os concelleiros e concelleiras de goberno, que cobran dedicacións exclusivas moi cuantiosas, pero resulta nefasto para os intereses das traballadoras e dos usuarios e usuarias do servizo de axuda no fogar, unha das pezas claves do estado do benestar no noso concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Feira do Moble de Galicia, alcanza o 100% de ocupación do seuespazo ofertado.

As tendencias máis actuais no sector do fogar regresan á Estrada da man
da trixésimo quinta Feira do Moble de Galicia. Nesta edición, o
Feiral Estradense ven de alcanzar a comercialización da totalidade do
espazo disponible.
As firmas expositoras p
puntos de Galicia, así como, do resto do territorio nacional (Valladolid,
Toledo, Asturias, Alicante, Ponferrada, Madrid, Bizkaia, Ciudad Real, etc…)
e de Portugal.
En menos dun mes, do 14 ao 17 de setembro
unha nova edición do certame no Recinto Feiral e converterase no
escaparate promocional das novidades en mobiliario, decoración e fogar.
Unha vez máis, as diferentes firmas presentes ofrecerán unha visión
integral en equipamentos para o fogar.
Deste xeito, na cita estradense terá lugar un encontro entre
representantes de mobiliario e doutras empresas relacionadas co fogar
como tapicería, descanso, complementos decorativos , sistemas de
climatización, sistemas de limpieza, menax
uso doméstico e moito máis. Porén, dende a Fundación de Exposicións e
Congresos da Estrada, sinalan que a presenza de participantes do sector
do moble incrementaráse con respecto á anterior edición.
Xunto á decoración, descans
poderán coñecer diferentes firmas galegas que achegarán antigüidades
para ofrecer o mellor de hoxe e de onte. Hai que suliñar que o Salón das
Antigüidades, naceu precisamente co telón de fondo da Feira do Moble de
Galicia.
A Feira do Moble de Galicia, alcanza o 100% de ocupación do seu
As tendencias máis actuais no sector do fogar regresan á Estrada da man
da trixésimo quinta Feira do Moble de Galicia. Nesta edición, o
stradense ven de alcanzar a comercialización da totalidade do
As firmas expositoras presentes proceden maioritariamente de diferentes
puntos de Galicia, así como, do resto do territorio nacional (Valladolid,
Toledo, Asturias, Alicante, Ponferrada, Madrid, Bizkaia, Ciudad Real, etc…)
En menos dun mes, do 14 ao 17 de setembro, a Feira do Moble celebrará
unha nova edición do certame no Recinto Feiral e converterase no
escaparate promocional das novidades en mobiliario, decoración e fogar.
Unha vez máis, as diferentes firmas presentes ofrecerán unha visión
os para o fogar.
Deste xeito, na cita estradense terá lugar un encontro entre
representantes de mobiliario e doutras empresas relacionadas co fogar
como tapicería, descanso, complementos decorativos , sistemas de
climatización, sistemas de limpieza, menaxe para o fogar, maquinaria de
uso doméstico e moito máis. Porén, dende a Fundación de Exposicións e
Congresos da Estrada, sinalan que a presenza de participantes do sector
do moble incrementaráse con respecto á anterior edición.
Xunto á decoración, descanso ou interiorismo, os visitantes tamén
poderán coñecer diferentes firmas galegas que achegarán antigüidades
para ofrecer o mellor de hoxe e de onte. Hai que suliñar que o Salón das
Antigüidades, naceu precisamente co telón de fondo da Feira do Moble de
A Feira do Moble de Galicia, alcanza o 100% de ocupación do seu
As tendencias máis actuais no sector do fogar regresan á Estrada da man
da trixésimo quinta Feira do Moble de Galicia. Nesta edición, o Recinto
stradense ven de alcanzar a comercialización da totalidade do
resentes proceden maioritariamente de diferentes
puntos de Galicia, así como, do resto do territorio nacional (Valladolid,
Toledo, Asturias, Alicante, Ponferrada, Madrid, Bizkaia, Ciudad Real, etc…)
, a Feira do Moble celebrará
unha nova edición do certame no Recinto Feiral e converterase no
escaparate promocional das novidades en mobiliario, decoración e fogar.
Unha vez máis, as diferentes firmas presentes ofrecerán unha visión
Deste xeito, na cita estradense terá lugar un encontro entre
representantes de mobiliario e doutras empresas relacionadas co fogar
como tapicería, descanso, complementos decorativos , sistemas de
e para o fogar, maquinaria de
uso doméstico e moito máis. Porén, dende a Fundación de Exposicións e
Congresos da Estrada, sinalan que a presenza de participantes do sector
o ou interiorismo, os visitantes tamén
poderán coñecer diferentes firmas galegas que achegarán antigüidades
para ofrecer o mellor de hoxe e de onte. Hai que suliñar que o Salón das
Antigüidades, naceu precisamente co telón de fondo da Feira do Moble de
Por outra banda, está será a primeira edición que acollen as instalacións
despois do proceso de renovación e acondicionamento ao que foron
sometidas. Estas actuacións foron pensadas para mellorar non só a
funcionalidade do recinto feiral local, senón
estética. O proceso de renovación e acondicionamento, foi levado a cabo
nos pavillóns cinco e seis .Dita mellora foi financiada íntegramente pola
Xunta de Galicia.
Horario ininterrompido e primeira xornada con entrada de balde
O Recinto Feiral de A Estrada abrirá as súas portas para recibir a trixésimo
quinta Feira do Moble de Galicia o vindeiro xoves 14 de setembro, xornada
cuxa entrada será de balde. A edición estenderase durante catro días, até
o domingo 17 de setembro. Podera
sector do fogar, de 11.00 a 20.00 horas, de maneira ininterrompida.
Ademais, os visitantes poderán participar nos diferentes sorteos que se
realizarán.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada congratúlase de ter conseguido, por presións da oposición ao longo de bastante tempo, que os plenos sexan retransmitidos finalmente a través de internet.

O BNG da Estrada congratúlase de ter conseguido, por presións da oposición ao longo de bastante tempo, que os plenos sexan retransmitidos finalmente a través de internet. Consideramos este feito un dereito democrático básico, que promoverá a participación cidadá na vida política e mostrará a realidade do traballo da oposición nacionalista de forma directa aos veciños e veciñas.

O BNG considera chave a transparencia é este feito será un revulsivo e amosará o traballo real a prol das veciñas de cada partido. Así, este xoves na comisión prevista, no BNG defenderemos a moción presentada a comezos de agosto para a retransmisión dos plenos e agarda que todos os partidos voten a favor, mesmo o PP, posto que anunciou unha proposta semellante poucos días despois de presentarmos a nosa proposta.

O BNG estradense considera esta unha mostra máis da importancia do traballo da oposición nacionalista á hora de conseguir melloras para o pobo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As actividades de conciliaciónpromovidas pola área de ServizosSociais beneficiaron a 400participantes

 O campamento urbano, que inclúe aos catro colexios do rural
contou con 320 asistentes, mentres que o Espazo Concilia deu
servizo a 65 nenos e nenas neste verán.
 “É moi satisfactorio prestar un servizo tan necesario e
indispensable a un elevado número de familias estradenses,
independentemente da súa condición socioeconómica ou do seu
lugar de residencia” valorou a edil de Servizos Sociais, Amalia
Goldar.

O Concello da Estrada, a través do
departamento de Servizos Sociais, facilitou a conciliación familiar da veciñanza
do municipio reunindo a preto de 400 nenos e nenas nas iniciativas
desenvoltas para esta finalidade durante o período estival.
Un total de 320 rapazas e rapaces participaron no Campamento Urbano, que
se desenvolveu tanto no casco urbano como nos catro colexios do rural
estradense. A través desta iniciativa buscouse promover unha alternativa de
ocio para todas as persoas asistentes, levando a súa celebración a diferentes
localizacións para facilitar así a asistencia do maior número de participantes
posibles en función das necesidades de cada familia.
Dita iniciativa, que aínda se prorrogará nalgúns centros durante os primeiros
días de setembro debido á proximidade do inicio do curso escolar, foi valorada
positivamente moi polas familias.
Outra das alternativas promovida pola área de Servizos Sociais foi o Espazo
Concilia que este verán aumentou a súa asistencia en 25 participantes, os
cales sumados aos 40 que xa acudían ao longo de todo o ano elevou a cifra
ata os 65 asistentes.
A edil de Servizos Sociais, Amalia Goldar, indicou a súa satisfacción por
“prestar un servizo tan necesario e indispensable a un elevado número de
familias estradenses, independentemente da súa condición socioeconómica ou
do seu lugar de residencia” e indicou o seu compromiso por “seguir avanzando
da man das familias, escoitando as súas suxestións para continuar dándolles
un servizo de calidade”.


70 asistentes ao ‘Campamento do Mar’, en Ribadeo
A edil tamén recibiu onte á primeira quenda de mozos e mozas que
participaron nos campamentos do Mar celebrados desde o pasado 26 de
agosto no albergue xuvenil da Devesa, no Concello de Ribadeo.
O balance realizado polos participantes foi boa, sinalando a maioría dos
mesmos a súa predisposición a repetir a excursión.
A segunda quenda de asistentes xa se atopa en Ribadeo, onde permanecerán
ata o remate da actividade, prevista para o vindeiro luns día 4 de setembro

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Escola Municipal de Artes Escénicas abre o prazo de inscripción o curso 2023-2024

 O período formativo dará comezo en outubro a través de catro grupos en
función das idades do alumnado.

A Escola Municipal de Artes Escénicas da
Estrada (EMAE) deu comezo ao período de inscricións para este vindeiro curso
2023 – 2024.
O centro, que recentemente celebrou o seu vixésimo aniversario nun acto que
reuniu a 550 persoas, ofertará para este curso catro grupos; infantil, a partir de
6 anos; xuvenil, a partir de 10 anos; adultos, para maiores de 18 anos e Grupo
Danza, a partir dos 40 anos.
Todas as persoas interesadas en inscribirse deberán dirixirse ao departamento
de Cultura do Concello da Estrada ou ben chamar ao teléfono 986 573 601. As
prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de inscrición. As clases darán
comezo no mes de outubro e todo o novo alumnado disporá de dúas clases de
cortesía antes de formalizar a súa matrícula.
As persoas que precisen maior información poderán obtela na páxina web da
EMAE en www.emae.aestrada.gal

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acolle esta fin de semanadúas importantes citas para obalonmán galego

 A Federación Galega de Balonmán celebra as probas de
preparación do colectivo arbitral para a vindeira tempada
 Tamén terán lugar os adestramentos das diferentes categorías das
preseleccións autonómicas de cara ao Campionato de España de
Seleccións Territoriais

O Concello da Estrada convértese esta fin
de semana no núcleo do balonmán autonómico coa acollida de dous eventos
que marcan o comezo da conta atrás para a vindeira tempada.
A Federación Galega de Balonmán celebra este sábado, 19 de agosto, as
probas de preparación para os árbitros da vindeira tempada. En total serán
arredor de 130 persoas as que se reúnan no municipio estradense para
enfrontar, ao longo de todo o día, a súa formación para o exercicio do ano que
vén.
As probas ás que se someterán contan con diferentes partes: test físicos,
teóricos e formacións impartidas por distintos profesionais. Nelas participará
todo o colectivo arbitral galego: colexiados, anotadores e cronometradores da
comunidade.
Por outra banda, A Estrada tamén acollerá durante esta fin de semana os
adestramentos das preseleccións galegas de todas as categorías de cara ao
Campionato de España de Seleccións Territoriais 2024, que se celebrará en
Blanes en xaneiro de 2024.
A súa preparación terá lugar os días 19 e 20 de agosto a partir das 9:30 horas.
Tanto as probas de arbitraxe como os adestramentos serán realizados nas tres
pistas do pavillón Coto Ferreiro.

Publicado en Portada | Deja un comentario