Aberto o prazo de inscrición para aprimeira edición da Liga de Invernode tenis

 O prazo para inscribirse na competición manterase vixente ata o
vindeiro 29 de agosto.

Estrada Tennis League dá un paso máis ao
fronte coa apertura, hoxe, do seu prazo de inscrición para a que será a
primeira Liga de Inverno da súa historia.
Esta nova liga, que conta co apoio do Concello de A Estrada e forma parte da
plataforma A Estrada Deporte, manterá en vigor o prazo de inscrición ata o
vindeiro 29 de agosto a través da seguinte ligazón.
A ETL é unha liga de nova creación na zona de A Estrada, cun formato
diferente ao habitual nas ligas de tenis convencionais, xa que consta dunha
fase regular e unha eliminatoria posterior de playoff, que dependendo dos
participantes será ben polo ascenso ou ben polo título da ETL.
Ademais, cada ano natural a programación deportiva complementarase con
dúas ligas, a de inverno e a de primavera.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A estas alturas do verán e o concello da Estrada ten aínda sen constituír as brigadas antiincendios

Dende o BNG da Estrada condenamos o feito de que as brigadas antiincendios estean aínda sen constituír a estas alturas do verán e coas temperaturas en claro ascenso, como está a ocorrer nestes días.


Por iso, instamos ao goberno municipal que axilice o trámite canto antes e tamén que poña en marcha melloras para a contratación das brigdas, pois este tipo de problemas xa non é a primeira vez que se dá no noso concello; cada verán que pasa as brigadas constitúense máis tarde.

Pero dende o noso grupo municipal imos máis aló e demandamos unhas condicións de traballo xustas e dignas, así coma os a melloras nos salarios para as brigadistas co gallo de que garantir traballos de calidade e evitar que, como está a suceder, sexa o concello da Estrada un dos que sempre teña problemas á hora de contratar estes profesionais.

Dende o BNG da Estrada propoñemos facer listas de contratación máis longas no tempo para manter un servizo de calidade na prevención dos incendios mediante vixilancia e rozados, o que tamén axudará a manter o noso rural limpo e máis seguro fronte ao lume, especialmente os núcleos de poboación preto de eucaliptais descoidados ou bosques de maleza que son combustible para os incendios nesta tempada estival.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Mañá abre o prazo para solicitar asaxudas municipais de apoio á escolarización

 As subvencións están dirixidas ao alumnado matriculado no segundo
ciclo de educación infantil, cun importe máximo de 100 euros por
alumno.
 O prazo de solicitude estará aberto desde mañá, 9 de agosto, ata o 6 de
setembro, ambas datas incluídas.

Hoxe, martes, 8 de agosto saíron publicadas
no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases reguladoras da
convocatoria para a concesión de axudas municipais de apoio á escolarización
para o curso 2023/2024.
Ditas subvencións, dirixidas a familias en situación de dificultades
socioeconómicas, contémplanse como unha prestación social no marco das
Axudas de Emerxencia Social polo seu carácter extraordinario e finalista.
A finalidade da convocatoria de axudas de apoio á escolarización é establecer
un réxime compensatorio de carácter xeral destinado a colectivos con
carencias de carácter socioeconómico, para potenciar as condicións de
igualdade no acceso ao ensino financiado con fondos públicos, e ós seus
servizos, a todos os nenos e nenas empadroados no termo municipal do
Concello da Estrada, evitando deste xeito desigualdades derivadas da situación
económica e/ou social, e apoiando ás familias en situación de desvantaxe
social e con menor poder adquisitivo, así como promover a conciliación da vida
familiar e laboral, evitar situacións de risco, asegurar unha nutrición axeitada e
facilitar o rendemento escolar.
Polo tanto, a través destas axudas promóvese a adquisición de libros e material
escolar, estando dirixida ao alumnado matriculado no segundo ciclo de
educación infantil, podendo recibir ata un máximo de 100 euros por cada
alumno.
Tamén o servizo de comedor, dirixido ao segundo ciclo de educación infantil,
primaria e secundaria obrigatoria, esta subvención poderá ser como mínimo do
30% do gasto de comedor ata o 100% do gasto en base a circunstancias de
cada unidade familiar.
O prazo para a súa presentación estará aberto dende mañá, 9 de agosto, ata o
6 de setembro, ambos incluídos.

 

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica do Concello de
A Estrada ou a través do Rexistro de Entrada do Concello en horario de
atención ao público, de 09:00 a 14:00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada abre mañá o prazo deinscrición para o curso decapacitación dixital para maiores

 A iniciativa, xestionada polo IES Antón Losada coa colaboración do
Concello está dirixida a persoas maiores de 55 anos.
 O prazo para inscribirse estará en vigor ata o vindeiro 1 de setembro.

Estrada abre mañá o prazo para
inscribirse no curso de capacitación dixital para persoas maiores de 55 anos.
A formación desenvolverase durante o mes de setembro no IES Antón Losada,
centro responsable da mesma xunto coa colaboración do Concello da Estrada.
En total impartiranse 30 horas a través de sesións que terán lugar en horario de
tarde e nas que o alumnado se repartirá en 4 grupos de 15 ou 16 persoas cada
un.
O prazo para anotarse na actividade estará aberto ata o vindeiro 1 de setembro
e as persoas interesadas poderán recoller e entregar as súas solicitudes de
xeito presencial no Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As oficinas de turismo da Estradarexistraron 922 visitantes durante o pasado mes de Xullo

As oficinas de Turismo da Estrada
rexistraron durante o pasado mes de xullo un total de 922 visitantes, cunha
maioritaria presenza de turistas nacionais.
A punto informativo habilitado no Pazo de Oca foi o máis concorrido,
rexistrando un total de 754 turistas, dos cales o 80% procedían do ámbito
nacional e o 20% restante do estranxeiro, con predominancia de visitantes
franceses, italianos e portugueses. Ademais, durante este período, a oficina do
Pazo de Oca tamén atendeu a público estadounidense, arxentino e
colombiano, entre outras nacionalidades.
Pola súa parte, a oficina turística da Casa das Letras acadou unhas cifras de
168 visitantes dos cales o 79% foron procedentes doutras comunidades
autónomas, o 12% do ámbito autonómico e o 3% chegaron desde outros
países.
Dos visitantes nacionais, a meirande parte chegaron desde a Comunidade de
Madrid (66%), seguido de Aragón e Estremadura (6,5% cada unha), e con
presenza tamén de turistas chegados de Cataluña, Murcia, Castela e León,
Valencia, Andalucía e Baleares.
O público galego chegou principalmente da Coruña e da Estrada (78%), así
como de outros núcleos do sur autonómico como Vigo, Allariz, Pontevedra e
Redondela.
Pola súa parte, Francia e Portugal foron os países de procedencia do turismo
internacional que fixo emprego do punto de atención turística da Casa das
Letras.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A piscina municipal exteriorrexistrou unha afluencia de 2.114usuarios en xullo, máis dun 30% que no 2022

 As instalacións congregaron durante o pasado mes de xullo a 494
persoas máis que o mesmo mes do ano pasado, no cal 1.620 persoas
fixeron emprego das mesmas.
 Ademais, os 240 participantes do XIV Campus Deportivo de Verán
acudiron todos os días en horario matinal.

A piscina exterior municipal rexistrou
durante o pasado mes de xullo unha afluencia de 2.114 usuarios e 70 abonos
tramitados, tal e como reflexan os datos rexistrados polos despachos de
billetes.
Esta cifra supón un incremento na asistencia a estas instalacións dun 30,5%
con respecto ao mes de xullo de 2022 no que foron 1.620 as persoas que
fixeron emprego da piscina, 494 menos que no curso actual.
Dos datos rexistrados neste xullo, 1.240 asistentes, un 58,66%, foron adultos
mentres que 804 foron nenos, un 41,33%. Ademais, durante todas as mañás
do mes os rapaces e rapazas participantes no XIV Campamento Deportivo de
Verán acudiron á piscina.
Desde o executivo local sinalan a súa satisfacción “porque a veciñanza
estradense poida dispor dunhas instalacións que lles presten un servizo tan
demandado no verán como as piscinas exteriores” e fan fincapé en que esta
infraestrutura “é un valor engadido para que as persoas participantes en
actividades como os campamentos de verán ou clubs deportivos poidan
desenvolver un maior número de actividades”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada promove oenvellecemento activo a travésdunha actividade de musicoterapiaxerontolóxica

O Concello da Estrada, a través do
departamento de Servizos Sociais, reforza a súa aposta pola promoción do
envellecemento activo a través da organización dunha actividade de
musicoterapia xerontolóxica.
A actividade está dirixida persoas maiores de 60 anos empadroadas no
Concello da Estrada, ou menores desa idade cunha discapacidade do 33% ou
superior. O prazo de inscricións estará habilitado desde este mércores, 3 de
agosto, ata o día 18 do mesmo mes.
O inicio da primeira das dúas quendas está programado para o vindeiro día 5
de setembro, durando ata o 19 de decembro. Pola súa parte, a segunda
quenda comezará o 9 de xaneiro e prologarase ata o 18 de xuño. As sesións
desenvolveranse no segundo andar do edificio do Novo Mercado.
As solicitudes xa están dispoñibles na web do Concello, e deberán presentarse
presencialmente nas datas estipuladas no departamento de Servizos Sociais
do Concello da Estrada, en horario de 09:00 a 14:00 horas, ou de xeito
telemático a través da sede electrónica municipal, presentando o certificado de
discapacidade, se fose o caso, en ambos métodos de inscrición.

Publicado en Portada | Deja un comentario