O campionato F Class aire 100metros chega este domingo a A Estrada

 A competición desenvolverase desde as 10:00 horas no antigo
campo de fútbol de Tabeiros, na paroquia de Nigoi.

O Concello da Estrada continúa
aumentando o seu repertorio deportivo coa acollida do Trofeo Concello da
Estrada F Class aire 100 metros.
A proba terá lugar este vindeiro domingo, día 6 de maio, no antigo campo de
fútbol de Tabeiros, situado na parroquia de Nigoi. As persoas que desexen
participar poderán inscribirse a pé de campo pagando unha inscrición de 3
euros.
En total desputaranse tres modalidades; PCP Cal – 4,5, PCP Cal. ou superior
carabinas muelle e tiros a chapas a 50, 60, 70, 80, 90 e 100 metros.
As persoas interesadas en participar poderán obter máis información
chamando ao teléfono 633 294 400.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A rapazada participante no Campus Deportivo de Verán acudiu hoxe a unha excursión ao Aquapark do Concello de Cerceda no que os 220 nenos e nenas participantes puideron desfrutar de todas as atraccións e xogos de auga das instalacións recreativas.

A rapazada participante no Campus Deportivo de Verán acudiu hoxe a unha excursión ao Aquapark do Concello de Cerceda no que os 220 nenos e nenas participantes puideron desfrutar de todas as atraccións e xogos de auga das instalacións recreativas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá as finaisnacionais de futbolín esta fin de semana

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro será escenario o sábado, 29 de
xullo, e o domingo, día 30, da final da LNF Presas na que se darán
cita 250 equipos e 500 participantes.
 Na competición repartiranse un total de 15.000 euros en premios.

O Concello da Estrada reafirmase como uns
dos núcleos neurálxicos do deporte autonómico e nacional coa acollida das
finais da LNF Presas esta fin de semana.
O pavillón Manuel Coto Ferreiro será o escenario escollido para levar a cabo a
resolución das diferentes competicións autonómicas. Un total de 500
participantes repartidos en 250 equipos participarán tanto o sábado como o
domingo coa mira posta en facerse co galardón de campións nacionais.
A competición desenvolverase a través de dúas modalidades; o sábado
disputarase ‘Movemento’ e o domingo ‘Parado’, e en ambas se incluirán as
categorías de élite, primeira, segunda e terceira.
Ambos os dous días a programación dará comezo ás 11:00 horas e a hora de
remate está prevista entre as 22:00 e as 23:00 horas, en función do
desenvolvemento da competición.
En total repartiranse un total de 15.000 euros en metálico, con premiacións
económicas para os 12 mellores equipos nas distintas modalidades e entrega
de trofeos para os 16 mellores combinados.
Desde o Concello da Estrada sinalan a súa satisfacción “por seguir
incrementando o catálogo de deportes e institucións que apostan pola nosa
infraestrutura deportiva para levar a cabo competicións tan sinaladas como
esta”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Manuel López Rodríguezproclámase gañador do XXVIIpremio de poesía “Avelina Valladares

 O xurado do certame, reunido hoxe na sala de Xuntas do Concello
da Estrada, acordou por maioría premiar o poemario “Fío –
Taxidermista”, de Manuel López Rodríguez.
 O xurado destacou “o realismo cromático, clasicismo e o
compoñente hopperiano” da elaboración.

Manuel López Rodríguez proclamouse esta
mañá vencedor da vixésimo sétima edición do certame de poesía “Avelina
Valladares”.
Así o acordou por maioría o xurado reunido esta mañá na sala de xuntas do
Concello da Estrada. O tribunal, integrado por Gumersindo Villmayor, Rosalía
Morlán, Esteban Folgar e Dolores Araújo, en calidade de secretaria, destacou
“o realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo” do
poemario de López Rodríguez.
Ademais, tamén sinalaron que “no seu simbolismo metafórico atopamos unha
acentuación atinada”. Do mesmo xeito, destacaron que “utiliza o recurso de
falla de artigo” e fan fincapé na derradeira, que se presenta “como un poema
resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como
estratexia poética”.
A edil, Amalia Goldar, acompañou ao xurado e sinalou “a importancia de darlle
un espazo a estas manifestacións artísticas, que enriquecen o patrimonio
cultural municipal e que nos permiten achegarlle un altofalante aos autores e
autoras para que as obras presentadas cheguen ao público”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Tradición e folclore daranse cita enCouso os días 13 e 14 de agosto na festa «As nosas Música»

 Hoxe tivo lugar a presentación deste festexo, que reunirá en Couso
a numerosas agrupacións de música tradicional.
 Títeres, gastronomía, artesanía e xogos tradicionais complementan a
programación da 26ª edición da festa.

‘As Nosas Músicas’ regresará a Couso os días 13 e 14
de agosto no que será o regreso dun dos eventos musicais máis agardados do
verán estradense.
A sala de Xuntas acolleu esta mañá a presentación da festa nun acto no que
participaron o edil de Cultura do Concello da Estrada, Juan Constenla, e
representantes de As Nosas Músicas Couso A Xesteira, entidade organizadora
do evento.
No encontro, o concelleiro puxo en valor “o traballo que entidades como esta
desenvolven durante todo o ano para poder gozar de iniciativas de gran
importancia cultural como As Nosas Músicas”.
Pola súa parte, desde a entidade organizadora agradeceron “a vital
colaboración do Concello para que Couso e A Estrada poidan gozar dun evento
de referencia” e tamén reivindicaron a diversidade de propostas desta edición
que incluirá música tradicional, xogos tradicionais, artesanía e actividades para
os máis pequenos.

PROGRAMACIÓN
A festa dará comezo o domingo 13 de agosto coa sesión vermú programada
para as 12:00 horas. Pola tarde a programación continuará co obradoiro infantil
de instrumentos musicais a cargo de Oli Xiráldez, ás 16:30 horas, seguido da
apertura da I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas, ás 17:00 horas, media
hora antes da ruada con Galega de bailables, Retranqueiras, Silandeiras,
Bouba e Requinta da Laxeira.
O luns, 14 de agosto, o pioneiro obradoiro de toques de campás, na Igrexa de
Couso, por conta da Asociación de Campaneiros de Galicia, será o encargado
de inaugurar a xornada. A mediodía, terá lugar unha sesión vermú amenizada
por Faíscas da Pontragha e pola tarde, ás 17:00 horas, darán comezo os xogos

 

tradicionais na música e na festa, e ás 19:00 o espectáculo de monicreques O
galo Quirico e os seus amigxs, de Seisdedos.
A iniciación ao baile tradicional, con Nuria Gesteira, programada para as 20:15,
servirá como antesala á ruada das 21:30 na que participarán Os Melidaos,
Coanhadeira, Carunchos, Tiruleque e Art-Monium, Animación a pé de pista.
Ademais, o festexo tamén incluirá área de acampada na carballeira anexa e
zona gastronómica.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A mesa de contratación eleva aproposta de adxudicación das obras do tramo da AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea

 A proposta de adxudicación de UTE VÍAS Y CONSTRUCCIONES
S.A. – MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y CONSTRUCCIONES DE AROSA,
S.L. (MARCONSA) foi elevada a ao órgano de contratación pola
Mesa de Contratación, cun importe total de 27.176.116,00€.
 Logo da adxudicación, os traballos terán un prazo de execución de
20 meses.

AUTOVIA AG-59 QUE SERA AMPLIADA HASTA A ESTRADA

A Mesa de Contratación acordou elevar ao
órgano de contratación a proposta de adxudicación do contrato ao licitador UTE
VÍAS Y CONSTRUCCIONES S.A. – MOVIMIENTO DE ÁRIDOS Y
CONSTRUCCIONES DE AROSA, S.L. (MARCONSA), por un importe total que
ascende a 27.176.116,00€, para a execución dos traballos da primeira fase de
prolongación da AG-59 entre A Ramallosa e Pontevea.
Esta primeira fase, aprobada o pasado mes de marzo pola Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade, permitirá a unión de A Ramallosa e Pontevea,
núcleo limítrofe co Concello da Estrada, a través dun novo tramo de 3,5
quilómetros de lonxitude.
Os traballos neste primeiro tramo, que terán un prazo de execución de 20
meses, incluirán seis novas estruturas: o viaduto de Santa Lucía de 150 metros
de lonxitude, 3 pasos inferiores e 2 pasos superiores, un en cada enlace.
Ademais prevense ao longo do trazado variantes das estradas actuais e
camiños de servizo.
Paralelamente avanzase no segundo treito proxectado, que conectará
Pontevea con O Rollo, xa en termo municipal estradense. Este tramo terá unha
lonxitude de 4 quilómetros e incluirá 9 novas estruturas: 2 viadutos -un sobre o
río Ulla e outro sobre o río Vea-, 4 pasos inferiores, 1 paso superior e 2 muros.
A través destes avances, dáselle continuidade á materialización dunha
actuación histórica para o desenvolvemento da Estrada, xa que con esta nova
conexión enlazarase o municipio estradense con Santiago de Compostela en
menos de dez minutos e sen pagamento de peaxes, situando A Estrada nunha
posición privilexiada debido á súa proximidade a unha urbe referente no
turismo nacional que conta con infraestruturas como unha estación intermodal
ou un aeroporto internacional.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello está a facer “todas as xestiónsposibles” coa operadora privada Lyntiapara que solucione a avaría que afecta amoitos veciños do municipio

 Trátase dunha avaría da infraestrutura da entidade privada Lyntia
que dá servizo ao resto de operadores, mesmo a aestradadixital,
que paga por usala.

O concello da Estrada está a facer todas as
xestións posibles para solucionar a avaría, que afecta a todo o termo municipal,
á maior brevidade posible. Trátase dunha avaría da infraestrutura da entidade
privada Lyntia que dá servizo ao resto de operadores, mesmo a aestradadixital,
que paga por usala.
Desde a madrugada do venres 7 de xullo, o operador neutro de fibra Lyntia,
que opera no concello da Estrada, ten unha avaría masiva que afecta a toda a
provincia de Pontevedra que aínda non está solucionada. Este problema afecta
a todos os operadores que usan a súa infraestrutura no concello, desde
operadores nacionais como Vodafone, Pepephone, Yoigo, etc…, ata
operadores locais como aestradadixital.

Publicado en Portada | Deja un comentario