RAPA DAS BESTAS 2023 EN IMAXES

GALERÍA SÁBADO 08/07/23

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Rapa distingue como “Aloitadores de honra”a Sara Monteagudo, As Bestas e Alberto Rey

• No transcurso da XII Gala na honra dos aloitadores presentouse o “tráiler” do
documental “Rapa”, dirixido por Alejandro Enríquez, da produtora Mondotropo, que
se estreará en outubro
• A misa na honra a San Lourenzo abre mañá ás 6.30 horas a tradición da subida ao
monte na procura das bestas
• Sheila Patricia, Balkan Bomba, Brinkadelia Troupe e Funkiwis actúan mañá no
Festival Rapason, a partir das 23.00 horas, no escenario do Campo do Medio

O curro de Sabucedo acolleu a pasada noite a XII Gala na
honra dos aloitadores organizada pola Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, que
nesta edición distinguíu como “Aloitadores de honra” á veciña de Sabucedo Sara
Monteagudo, ao equipo da película “As Bestas” e ao xornalista Alberto Rey.
A Sara Monteagudo a organización da Rapa das Bestas defínea como “unha filla do
vento, libre, independente, xenerosa, sen barreiras, sen filtros, todo corazón, todo
amizade e todo xenerosidade”. “Leva o nome de Sabucedo e da Rapa das Bestas por
bandeira, pese a que nunca tivo un cabalo, demostrando que o corazón manda máis
que a propiedade”, resaltaron na gala.
Pola súa parte, o actor Pepo Suevos foi o encargado de recoller o recoñecemento ao
equipo da película “As Bestas”, dirixida por Rodrigo Sorogoyen, ao que a Asociación
Rapa das Bestas de Sabucedo quere agradecerlle “a súa inmensa empatía co pobo de
Sabucedo” e o feito de empregar o seu minuto de gloria na Gala dos Goya para “poñer
Sabucedo no foco e visibilizar ante millóns de persoas o problema que se está a
desenvolver nos montes da contorna coa proxección de catro parques eólicos”.
Do xornalista Alberto Rey, que leva anos xestionando o gabinete de prensa durante a
Rapa das Bestas, a asociación valora “a súa implicación, a reivindicación, a defensa e
o traballo pola supervivencia e a correcta difusión da tradición”.
Por outra banda, na gala de hoxe tamén se presentou o tráiler do documental “Rapa”,
dirixido por Alejandro Enríquez, da produtora Mondotropo, que se estreará o vindeiro
mes de outubro.
Mañá, subida ao monte e Rapasons
En canto á programación de actividades previstas para mañá, a celebración ás 6.30
horas da tradicional misa na honra a San Lourenzo dará paso á subida ao monte na
procura das bestas para reunilas no Peón, antes de conducilas ao peche do Castelo,
onde pasarán a noite. A música será outra das grandes protagonistas mañá pola noite,
coa celebración do Festival Rapasons, no que actuarán Sheila Patricia, Balkan Bomba,
Brinkadelia Troupe e Funkiwis, a partir das 23.00 horas no Campo do Medio.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES | VENRES 7 DE XULLO
• 6.30 horas: Tradicional misa na alborada na honra de San Lourenzo
• 7.00 horas: Saída dende O Celeiro cara ao monte na procura das bestas
• 20.00 horas: Pasarrúas do grupo “A Tralha da Terra de Montes”
• 20.30 horas: Inauguración da exposición itinerante “O Sentir dun pobo: Sabucedo e a
Rapa das Bestas” no curro vello
• 23.00 horas: Festival Rapasons:
– Sheila Patricia
– Balkan Bomba
– Brinkadelia Troupe
– Funkiwis

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sabucedo agarda recibir 15.000 visitantes“na Rapa máis combativa contra os eólicos”

• “O importante desta festa non é a festa en si; o fundamental son as bestas. Elas son
o centro de todo”, afirma o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo,
Paulo Vicente Monteagudo

presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo

• Máis dun cento de profesionais da comunicación procedentes de seis países
(España, Portugal, Francia, República Checa, Holanda e Exipto) están acreditados
para cubrir esta tradición
• Valentín García destaca a capacidade da Rapa para “sobrepoñerse a adversidades
como a peste, as pandemias e as guerras” e, fronte ás eólicas, avoga por “unha saída
de consenso e unha fórmula que permita ás bestas seguir sendo tan bravas”

A parroquia estradense de Sabucedo, na que durante
todo o ano apenas vive medio cento de veciños/as, prepárase para recibir desde mañá
ata o vindeiro luns arredor de 15.000 visitantes co gallo da tradicional e centenaria Rapa
das Bestas, Festa de Interese Turístico Internacional desde 2007, que estes días
celebrará “a edición máis reivindicativa e combativa contra a proliferación de parques
eólicos nos montes da contorna”.

Así o manifestou hoxe o presidente da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, Paulo
Vicente Monteagudo, no transcurso da rolda de prensa que tivo lugar na Cidade da
Cultura e na que estivo acompañado polo concelleiro de Cultura da Estrada, Juan
Constenla; o secretario xeral de Política Lingüística, o estradense Valentín García; e a
directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo

Ante a “ameaza que as eléctricas están a supoñer para o territorio, a tradición, o
patrimonio, a natureza e os animais”, Paulo Vicente asegurou que a Rapa das Bestas
de 2023 “vai ser a Rapa dos eólicos, porque todo vai xirar arredor da defensa da
contorna e das bestas”.

“O importante desta festa non é a festa en si; o fundamental son as bestas. Elas son o
centro de todo. Non perdamos a perspectiva, porque isto non é só unha celebración. A
Rapa de Sabucedo susténtase na supervivencia dos cabalos salvaxes no seu hábitat,
no mantemento do monte. As Administracións non deben sentir que pedimos a súa
colaboración para o mantemento do folclore. Isto non é unha verbena. O que lles
esiximos é que dean un paso adiante na defensa da nosa propia esencia, da identidade,
da vida como a coñecemos porque outros e outras a mantiveron así durante séculos,
ata hoxe”, manifestou o presidente da Asociación Rapa das Bestas. “En Sabucedo
queremos unhas bestas ceibes e bravas”, resaltou.

O curro do sábado, sen entradas
Na súa intervención, Paulo Vicente explicou que, como é habitual, celebraranse tres
rapas no curro: a primeira, o sábado ás 19.00 horas, para a que xa non quedan entradas
dispoñibles; a segunda, o domingo ás 12.00 horas, e a terceira, o luns ás 12.00 horas.
Para estas dúas aínda poden mercarse entradas a través da web rapadasbestas.gal.
Ademais, o presidente da asociación subliñou a diversidade da programación cultural e
musical, coa participación de preto dunha vintena de grupos musicais e artistas de
animación.

103 fotógrafos e xornalistas acreditados
Pola súa parte, o concelleiro de Cultura da Estrada, Juan Constenla, referiuse á Rapa
das Bestas de Sabucedo como “o principal referente turístico e a celebración que pon á
Estrada no mapa rexional, nacional e internacional” e subliñou que xa están acreditados
para cubrir esta Rapa un total de 103 profesionais dos medios da comunicación de seis
países, entre fotógrafos, xornalistas, reporteiros de televisión, documentalistas, etc.
Maioritariamente proceden de España e Portugal, pero tamén acodirán profesionais
chegados de Francia, República Checa, Holanda e Exipto.

presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo

Constenla tamén agradeceu a colaboración de patrocinadores e colaboradores como
Abanca, Estrella Galicia, Helvetia e a Deputación de Pontevedra. Ademais, o edil de
Cultura compartíu “a preocupación” do Concello da Estrada pola afección que os
parques eólicos proxectados na zona poden ter sobre a Rapa e anunciou que o concello
“está a traballar na recompilación de documentación para solicitar a declaración da Rapa
das Bestas de Sabucedo como Ben de Interés Cultural de carácter inmaterial, coa
finalidade de outorgarlle maior protección”.

Pola súa parte, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García destacou a
capacidade histórica da Rapa das Bestas de Sabucedo, que comezou a celebrarse a
raíz dunha peste, para “sobrepoñerse a todas as adversidades, como pestes,
pandemias, guerras e agora a ameaza dos proxectos eólicos”. Ao respecto, avogou por
“unha saída de consenso e unha fórmula que permita ás bestas seguir sendo tan
bravas”.

PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES | RAPA DAS BESTAS DE SABUCEDO 2023
XOVES 6 DE XULLO
• 21.30 horas: XII Gala Rapa das Bestas de Sabucedo na honra aos “aloitadores”

VENRES 7 DE XULLO
• 6.30 horas: Tradicional misa na alborada na honra de San Lourenzo
• 7.00 horas: Saída dende O Celeiro cara ao monte na procura das bestas
• 20.00 horas: Pasarrúas do grupo “A Tralha da Terra de Montes”
• 20.30 horas: Inauguración da exposición itinerante “O Sentir dun pobo: Sabucedo e a
Rapa das Bestas” no curro vello
• 23.00 horas: Festival Rapasons:
– Sheila Patricia
– Balkan Bomba
– Brinkadelia Troupe
– Funkiwis

SÁBADO 8 DE XULLO
• 11.00 horas: Recollida das bestas no peche do Castelo
• 14.00 horas: Chegada das bestas a Sabucedo
• 14.30 horas: Actuación de Udra no palco da fonte
• 16.00 horas: Actuación de Fanfarria Taquikardia no palco da fonte
• 17.00 horas: Pasarrúas a cargo do grupo Airiños de Caldelas
• 18.30 horas: Actuación do grupo Tequexetéldere no curro
• 19.00 horas: Primeira Rapa no curro
• 21.00 horas: Concerto de Mekánika Rolling Band
• 23.00 horas: Verbena popular no Campo do Medio:

– La Banda de Ayer
– Fania Blanco Show

DOMINGO 9 DE XULLO
• 11.30 horas: Actuación de Gabi Reboredo no curro
• 12.00 horas: Segunda Rapa no curro
• 14.00 horas: Actuación de Festicultores Troupe
• 16.30 horas: Festival de música no palco da fonte:
– Pandereteiras do Val de Quireza
– Polo correo do vento: Contadores e ilustración
– Pakolas
– Catuxa Salom
• 23.00 horas: Verbena popular:
– Miramar
– Dolce Vita

LUNS 10 DE XULLO
• 11.30 horas: Actuación do grupo Airiños de Caldelas no curro
• 12.00 horas: Terceira Rapa no curro

OUTRAS ACTIVIDADES EN SABUCEDO
• Visitas guiadas polo patrimonio de Sabucedo:
o Exposición exterior permanente “Sabucedo e a Rapa das Bestas” (polas rúas
do pobo)
o Ruta dos muíños de Sabucedo: 10 km (longa) ou 3,5 km (curta)
• Exposición itinerante “O Sentir dun pobo: Sabucedo e a Rapa das Bestas” (no curro
vello)

Publicado en Portada | Deja un comentario

As oficinas turísticas da Estrada xaestán operativas para prestar servizo durante a tempada estival

 O centro de información turística habilitado na Casa das Letras
estará en funcionamento ata o 31 de outubro e o do Pazo de Oca
ata o 31 de agosto.

O Concello da Estrada habilitou esta semana
as súas oficinas de atención turística co propósito de ofrecer asesoramento ás
persoas visitantes ao municipio durante este período estival.
Deste xeito, a oficina turística presente na biblioteca municipal ‘A Casa das
Letras’, situada en pleno casco urbano, prestará este servizo ata o 31 de
outubro, mentres que o punto de información para turistas situado no Pazo de
Oca, un dos enclaves máis frecuentados polos visitantes A Estrada, fará o
propio ata o 31 de agosto.
O horario de atención de luns a venres, en ambas instalacións, será de 10:30 a
14:00 e de 16:00 a 19:00 horas pola tarde. Os sábados o horario amplíase de
10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas e os domingos só abrirán de mañá de
10:00 a 13:00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada abre o prazo para anotarse noPrograma de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO

 A iniciativa está dirixida ás persoas maiores de 65 anos
empadroadas no Concello da Estrada.
 O prazo de inscrición para participar na iniciativa estará en vigor
desde mañá, 29 de xuño, ata o 26 de xullo.

O prazo de inscrición para participar no
Programa de Vacacións para Maiores organizado polo IMSERSO en convenio
de colaboración co Concello da Estrada correspondente á tempada 2023/2024
permanecerá aberto desde o 29 de xuño e ata o 26 de xullo, ámbolos dous
incluídos.
Poderán participar no Programa as persoas que cumpran os seguinte
requisitos:
– Ser residente e estar empadroado no Concello da Estrada.
– Ser maior de 65 anos.
– Pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
– Pensionistas viuvez con idade igual ou superior a 55 anos.
– Pensionistas de invalidez, outras pensións ou prexubilados e ter en todos
estes casos 60 anos cumpridos.
Soamente se admitirá como acompañante ao cónxuxe, parella de feito, ou
unión estable, aínda que non acade o requisito da idade, e sempre que reúna
tódolos demais requisitos, non sendo necesario que reúnan os requisitos de
idade ou pensión, tamén se admitirá coma acompañante a un fillo/a con
discapacidade, que teña un grao de discapacidade igual ou superior ó 45%.
As persoas participantes nas viaxes organizadas na tempada 2022/2023
figuran directamente acreditadas para participar nas viaxes da tempada
2023/2024 , polo que non teñen que presentar nova solicitude, pero si deberán
presentar solicitude de confirmación de reserva de praza no Departamento de
Servizos Sociais ou no Rexistro de Entrada do Concello, do 29 de xuño e ata o
26 de xullo.
Para aquelas persoas que non figuran acreditadas por non ter participado nas
viaxes en anos anteriores, é condición imprescindible presentar solicitude

 

segundo modelo facilitado polo IMSERSO, xunto co modelo municipal de
reserva de praza dirixida o Concello.
As solicitudes deberán presentarse no departamento de Servizos Sociais, ou
por Rexistro de entrada do Concello ou a través da Sede Electrónica do
Concello da Estrada ata o 26 de xullo.
Para máis información poden dirixirse o Departamento de Servizos Sociais (de
luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas ou chamando ao teléfono 986
573 265

Publicado en Portada | Deja un comentario

‘As historias non contadas’ pecha asúa primeira temporada con noveepisodios de índole feminista

 A iniciativa, promovida polo CIM do Concello da Estrada e desenvolvida
por APAIOGA, foi levada a cabo polo alumnado dos centros educativos
estradenses.
 Referentes femininas en diversos eidos como Susie Wolff, Isabel Zendal
ou María Herrera foron as protagonistas da tempada inaugural.
 Os contidos foron emitidos a través de Radio Estrada e posteriormente
subidos ás canles de Spotify e iVoox da Ollada da Sospeita.

Esta semana deu remate a primeira
tempada da iniciativa ‘As historias non contadas’, promovida polo CIM do
Concello da Estrada, financiado a cargo dos fondos do Pacto de Estado contra
a Violencia de xénero, desenvolvido por APAIOGA e emitido a través Radio
Estrada e nas canles de Ivoox e Spotify da Ollada da Sospeita xestionadas
pola axente de Igualdade, Lara Fuentes.
Na produción das nove emisións participaron unha trintena de alumnas e
alumnos dos diferentes Centros Educativos de educación secundaria da
Estrada achegáronnos historias non tan coñecidas de mulleres como Jutta
Kleinschmidt, Susie Wolf, Laia Sanz, María Herrera, María de Villota, Vanesa
Casal, Marga Fraga, Mary Isaura, Begoña Vila, Carmen Conde Présaras,
Isabel Zendal, Ángela Ruíz Robles e Cristina Andrade, entre outras.
Tamén se emitiu unha entrevista onde un grupo de alumnado comentou os
resultados atopados nun estudo realizado sobre a situación da muller no
mercado laboral na contorna do IES Nº1 da Estrada.
Na recta final do proxecto os episodios contaron coa presenza con Xiana
Lastra e Andrea Porto da Banda da Loba e coa actriz Anabell Gago.
‘As historias non contadas’ da Ollada da Sospeita converteu ao alumnado dos
centros educativos da contorna en protagonistas do labor de visibilización das
achegas das mulleres en ámbitos como o mundo do motor, a artesanía, a
fotografía,o teatro, a ciencia ou a educación, empregando as tecnoloxías da
información e a comunicación e o pódcast, un formato en significativo auxe nos
últimos anos.

Desde o CIM da Estrada agradecen “a enorme implicación do alumnado, así
como do profesorado que coordinou aos diferentes grupos participantes, así
como ao equipo de Radio Estrada por dar cabida a este proxecto”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Prezos reducidos nas atraccións e unha franxa sen música e iluminación para os cativos con TEA así será o Día do Neno na Estrada

A Estrada despedirá mañá, mércores 28 de
xuño, o seu programa das festas patronais de San Paio. Farao coa celebración
do Día do Neno, unha xornada pensada para os máis cativos e cativas da casa
e que chega, este ano, con importantes cambios. Entre elas, o Concello
acordou uns prezos reducidos nas atraccións para os pequenos e pequenas. A
maiores, introduciuse unha franxa especial sen música e iluminación para os
nenos e nenas con trastorno do espectro autista (TEA).
As atraccións estarán en funcionamento mañá, mércores 28 de xuño, entre as
17.00 e as 22.00 horas. Porén, co fin de garantir a inclusión social dos rapaces
con TEA, estableceuse unha franxa especial entre as 17.00 e as 18.30 horas
na que os aparellos non terán música e iluminación. Con esta medida, o equipo
de goberno busca favorecer a asistencia dos nenos e nenas con autismo, un
trastorno que causa hipersensibilidade en situacións cun elevado nivel de ruído
ou iluminación. Trátase dunha novidade con respecto a outras edicións das
festas e que o goberno local sumou a raíz da solicitude dunha asociación
especializada e que está asentada no municipio.
En todo caso, entre as 17.00 e as 22.00 horas, os cativos e cativos poderán
acceder ás atraccións cun prezo reducido que o Concello acordou coas
persoas responsables das mesmas.
Con motivo desta xornada, a feira municipal trasladarase mañá ao aparcadoiro
da rúa Iryda e á rúa Ponteareas.
Un programa completo
Centos de persoas tomaron parte, nos últimos días, no programa das festas de
San Paio. O calendario deste ano ofreceu actuacións de agrupacións de
referencia, como Tanxugueiras e Carlos Baute, e con orquestras punteiras
como París de Noia ou Combo Dominicano. A celebración incluíu, así mesmo,
unha ampla variedade de propostas culturais e deportivas para todos os
públicos.

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario