San Paio 2023

 Festas de #SanPaio2023!

O Sábado foia  quenda para a segunda xornada de festexos, marcada pola lectura do pregón a cargo de Olaia Maneiro, a quen, por suposto, xa consideramos unha estradense máis. 

 Moitas grazas, Olaia. Por facernos partícipes do teu amor pola nosa terra, pola nosa querida #AEstrada.

 E agora toca gozar do fantástico concerto de TANXUGUEIRAS !
 E isto non remata aquí nin moito menos, consulta toda a programación 👉

*PROGRAMA DE FESTAS PARA HOXE LUNS 26 DE XUÑO*

– *11:00* // Bombas de Palenque
– *11:00* // *Festa da Bicicleta* (Praza do Mercado)
– *11:00* // *Programa de Radio Estrada en directo* coa presentación do libro de *Pedro Pérez* Historia do Teatro Principal e outras salas da Estrada (Rúa Calvo Sotelo)
– *13:00* // Concerto da *Banda de Música Municipal de Santiago* (Teatro Principal)
– *14:00* // Concerto de *The Narts* (Zona dos Viños)
– *17:00* // *Día do neno acuático*: inclables de auga e festa da escuma (Praza do Mercado)
– *18:00* // Parque de Atraccións de Feira (Praza da Feira)
– *20:00* // *Misa Cantada na honra a San Paio pola* Coral Polifónica San Salvador de Camanzo e procesión a cargo da Agrupación Musical de Cornetas, Tambores e Gaitas ACOTAGA de Ferrol.
– *22:00* // *BIG BAND OBRADOIRO DE MÚSICA MODERNA CARLOS BARRUSO* (Praza do Concello)
– *23:15* // *MONOLIOUS DOP* en concerto (Praza do Concello)
– *00:00* // *ORQUESTRA EL COMBO DOMINICANO* (Praza de Galicia)

Publicado en Portada | Deja un comentario

“Entomoloxía para misioneiros”, de Fernando Castro Paredes próclamase gañadora do XXXV premio de novela «Manuel García Barros»

A novela “Entomoloxía para misioneiros”, do
tapiego Fernando Castro Paredes foi galardoada hoxe co prestixioso premio
literario ‘Manuel García Barrios (Ken Keirades)’.
O xurado, integrado por Iria Collazo López, Patricia Arias Chachero, presente a
través de videconferencia, Marcos Sánchez Calveiro, Armando Requeixo Cuba
e Carlos Loureiro Rodríguez, reuniuse esta mañá na sala de xuntas do
Concello da Estrada para deliberar cal sería a peza vencedora na trixésimo
quinta edición do certame.
Unha vez valoradas as 22 obras presentadas, a decisión do tribunal foi
concederlle o premio por maioría á novela de Castro Paredes, da cal
destacaron “a ambición estética dunha narración que conxuga a fórmula do
relato de aventuras cunha historia de procuras interiores na que se torna
esencial o contraste dos mundos de Occidente e Oriente”.
Tamén se puxo en valor a arquitectura “moi elaborada que inclúe epístolas,
informes e outras modulacións do discurso, Entomoloxía para misioneiros
ábrese á reflexión sobre grandes cuestións como a oposición fe/ciencia, a
problemática da identidade ou a realidade da (in)comunicación entre outros
asuntos palpitantes, que fan desta novela un artefacto literario de xenuína e
poderosa voz”, destacou o xurado.
O edil de Cultura, Juan Constenla, destacou “a calidade de todas as propostas
presentadas na presente edición, e puxo en valor a realización dun certame
que supón un fantástico escaparate para moitos escritores e escritoras ao
mesmo tempo que mantén vixente a figura dun dos grandes literatos
estradenses como é Manuel García Barros”.


Polivalencia artística e un nutrido palmarés
Fernando Castro Paredes naceu en Tapia de Casariego (Asturias) en 1975.
Exerce coma profesor de ensino secundario. Traballa no eido do teatro escolar
e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele
Teatro, do IES Fernando Blanco de Cee, e membro do grupo Farándula
Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. Cultiva
todos os xéneros literarios, especialmente o teatro. Como dramaturgo,
formouse nos talleres do Centro Latinoamericano de Creación e Investigación
Teatral e recibiu recoñecementos como o Premio Rafael Dieste, o Premio
Álvaro Cunqueiro e o Premio Roberto Vidal Bolaño, entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada presenta o seu V Plan de Igualdade con 76 medidas transversais a prol da igualdade de xénero

 O plan foi presentado esta mañá pola responsable do CIM, Marga
de la Calle e pola axente de Igualdade, Lara Fuentes, nun acto no
que participaron o alcalde, José López Campos e a edil, Amalia
Goldar.
 O documento está composto por 5 obxectivos xerais, 12 obxectivos
específicos e 76 medidas deseñadas para corrixir ou compensar as
situacións de desigualdade e discriminacións existentes.

O Concello da Estrada presentou hoxe o seu
V Plan Municipal de Igualdade e de Prevención da Violencia de Xénero. Este
plan está promovido polo Concello e o Centro de Información ás Mulleres da
Estrada, financiado a cargo dos fondos do Pacto de Estado Contra a Violencia
de Xénero do Ministerio de Igualdade e elaborado por APAIOGA (Asociación
Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega).
O plan, enmarcado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, foi
presentado esta mañá pola responsable do CIM, Marga de la Calle e pola
axente de Igualdade, Lara Fuentes, nun acto no que tamén asistiron o alcalde,
José López Campos e aconcelleira, Amalia Goldar.
Trátase dun documento guía para os vindeiros cinco anos, froito do
compromiso do Concello da Estrada coa igualdade e que conta cuns
obxectivos claros e unhas medidas deseñadas para reforzar, coordinar e
intensificar a promoción da igualdade entre mulleres e homes e a loita contra a
violencia de xénero no ámbito municipal.
Nel distingue cinco áreas prioritarias de acción; abordaxe integral da violencia
de xénero; educación en igualdade; participación social; apoderamento e
benestar; emprego, conciliación e corresponsabilidade e transversalidade de
xénero na administración local.
En total, o plan está composto por 5 obxectivos xerais, 12 obxectivos
específicos e 76 medidas deseñadas para corrixir ou compensar as situacións
de desigualdade e discriminacións existentes.

 

Neste novo plan, ponse énfase na sensibilización á sociedade sobre as
distintas formas de violencia contra as mulleres con medidas como a
presentada esta semana, o protocolo de actuación ante agresións sexuais en
espazos de ocio, así como o reforzo da interderivación e o impulso da Mesa
Local de coordinación contra a violencia de xénero, entre outras.
No eido da educación en igualdade, destacan as medidas destinadas á
sensibilización, formación e implicación de toda a comunidade educativa con
obradoiros nos que abordar as ciberviolencias, as novas masculinidades, a
diversidade afectivo-sexual etc. Tamén, se deseñaron medidas para ampliar a
sensibilización a toda a sociedade a través de actividades lúdicas, culturais,
redes sociais etc.
No eido de participación social, apoderamento e benestar, recóllense medidas
orientadas á mellora do benestar da poboación e ao apoderamento das
mulleres. Algunhas medidas deste eido teñen que ver, por exemplo, co
mantemento e creación de novas colaboracións con entidades especializadas
en diversidade funcional, migración, diversidade afectivo-sexual etc para
garantir unha correcta atención ás necesidades de todas as persoas.
Tamén, medidas que buscan promover a presenza e recoñecemento
equilibrado de mulleres e homes nas distintas esferas de participación e
decisión e a visibilización das mulleres da Estrada nos diferentes ámbitos.
Na area de emprego, conciliación e corresponsabilidade; as medidas están
orientadas a potenciar a incorporación e permanencia das mulleres no mercado
laboral, a promover a responsabilidade social do empresariado local en materia
de igualdade e a fomentar a corresponsabilidade e a conciliación.
Por último, no quinto eido, búscase un modelo de gobernanza que incorpore a
transversalidade de xénero en todos os procesos da organización municipal;
que incentive a formación en igualdade, que promova a presenza equilibrada
de mulleres e homes e que coide a linguaxe e imaxes utilizadas.
Este documento estará dispoñible ao longo da vindeira semana na páxina web
municipal e quedará a disposición de toda a poboación estradense.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello apostará polo ‘ADNEstradense’ nas festas patronais de SAN PAIO

 Representantes de ata seis agrupacións estradenses mantiveron
hoxe un encontro no Concello co edil Gonzalo Louzao para explicar
as actuacións dos grupos locais.
 “As festas patronais deben ser un escaparate para que o público
coñeza e desfrute do gran potencial artístico que atesouran as
agrupacións e os artistas da Estrada”, sinalou Louzao.

O Concello da Estrada ultima os preparativos
para as festas patronais de San Paio, que encherán de troula o municipio entre
os días 23 e 27 de xuño, ambos inclusive.
O cartel dos festexos, que inclúe as actuacións de artistas e bandas de
prestixio internacional como Carlos Baute, Tanxugueiras, ou algunhas das
orquestras punteiras do eido autonómico como París de Noia ou Combo
Dominicano, defínese tamén pola súa decidida aposta polo talento local
mediante a contratación de numerosos grupos e artistas estradenses para
complementar coa súa música a diversa oferta lúdica das festas.
O salón de Xuntas do Concello acolleu esta mañá un acto no que o edil,
Gonzalo Louzao, recibiu a representantes da Banda Barbude; Tequexeteldere;
a Banda Municipal da Estrada; o Dj local, Carlos López; e a Escola Barruso. No
encontro, o concelleiro puxo en valor “a cantidade e calidade de propostas que
ofrecen os artistas do municipio” e reivindicou “a decidida aposta por ofrecerlle
ás agrupacións locais un espazo no que compartir coa veciñanza todo o seu
talento”.

Actuacións das bandas estradenses no San Paio.
O sábado, día 24, ás 21.00 horas, a Banda Municipal ofrecerá un concerto
xunto a Píscore, unha agrupación integrada por catro percusionistas
profesionais. A actuación incluirá pezas dirixidas a un público infantil e xuvenil.
A Big Band do Obradoiro Carlos Barruso desenvolverá o seu espectáculo
musical, dirixido por Rubén Servide, o luns, día 26, na praza do Concello a
partir das 22.00 horas.

 

O sábado 24, a Banda de Gaitas de Barbude protagonizará un pasarrúas ás
12.00 horas xunto co grupo folclórico xixonés Trebeyu e o Rancho Folclórico de
Silvares. Ademais, ás 20.00 horas levarase a cabo unha gala conmemorativa
do 25 aniversario da banda, na praza de Galicia.
Pola súa parte, a quenda para a música electrónica será o domingo 25 coa
celebración do Start of Summer Festival no que participarán os dj’s galegos
Michenlo e Groove Amigos, xunto cos estradenses Carlos López, Totti x Eloppp
e Sasso. A cita será na praza do Concello a partir das 00:45 horas.
Ese mesmo día, ás 22.00 horas na na praza de Galicia, terá lugar a gala
Tequexetéldere xunto coa Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra. Na
posta en escena participarán ao redor de 70 persoas nun espectáculo que
conxugará danza e música.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Temos que frear a vaga eólica no noso concello

 A autorización administrativa previa por parte da Xunta de Galiza do parque eólico de Castro Valente supón un novo duro revés para o rural estradense e para o patrimonio do noso concello.

A Estrada vai estar rodeada de parques eólicos mentres o goberno municipal mira para outro lado, escondendo a cabeza para que as eléctricas fagan o seu negocio a conta de do medio ambiente e do patrimonio que quedará sepultado baixo as palas dos muíños de vento.

A autorización non é definitiva, polo que no vindeiro pleno do mes de xullo presentaremos unha moción urxente para rexeitar declarar A Estrada libre de muíños de ventos e instar ao goberno municipal a presentar un recurso de alzada perante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galiza.

Por outra parte, instaremos tamén ao goberno municipal presentar un recurso diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza para frear tamén o parque eólico do Campos das Rosas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello mantén unha xuntanzacoa Asociación da Hostalaría paraexpoñerlle o Protocolo de Actuación ante agresións sexuais.

O encontro tivo lugar esta tarde no consistorio e estradense e nel, o
goberno local informou á hostalaría do Protocolo de Actuación ante
agresión sexuais nos espazos de ocio da Estrada.

A Concellería de Igualdade e o Centro de
Información ás Mulleres do Concello da Estrada reuníronse onte cos
hostaleiros e hostaleiras da vila para informarlles sobre o Protocolo de
Actuación ante agresión sexuais nos espazos de ocio da Estrada – AQUÍ NON
SOMOS CÓMPLICES.
Trátase dun protocolo que establece un marco de coñecemento e pautas de
acción comúns orientadas á primeira atención as vítimas de agresións sexuais
acontecidas en espazos de ocio (bares, restaurantes, pubs etc). Ademais,
permite sentar as bases para un rexeitamento social e unitario a este tipo de
violencias.
O contido do documento, aberto ás achegas realizadas pola hostalería,
permitirá unha maior coordinación e colaboración na vila, co fin de loitar contra
esta lacra.
Entre os compromisos adquiridos coa adhesión a este protocolo, os
establecementos colocarán uns carteis identificativos do protocolo co lema
“Aquí non somos cómplices” e con pautas de actuación ante un caso de
agresión sexual.
Con esta acción, o Concello da Estrada amosa o seu compromiso en prol da
igualdade e en contra de todas as formas de violencias machistas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A nova sinalización do rural é un avance, pero pequeno

Desde o BNG instamos ao concello a no obviar microtopónimos asentados e tradicionais e pedimos a retirada da vella sinalización

Nestes días o concello, a través da empresa adxudicataria, está poñendo a sinalización dos parroquias e lugares da Estrada. Era un clamor e unha necesidade nun concello con máis de 400 núcleos de poboación e 51 parroquias.

Con todo, a pesar de ser un avance importante, cremos que hai aspectos que poderían mellorarse e que pasamos a detallar.

Por unha banda detectamos lugares, que ao ter dous accesos por vías disintas, só se sinala un deles, deixado o outro como estaba, e o que é peor, xerando confusión co nome doutro lugar que ten ao lado. É o caso do Pouso, en San Xiao de Vea, que ten o sinal correspondente no vial da Xunta que vai de Baloira a Pontecesures, pero non acceso que vai de Portela a Souto de Vea.

Outro problema que detectamos é que o concello ignora topónimos asentados e tradicionais, que designan lugares. Adoitan ser lugares con poucas casas, mais habitadas. É o caso dos Croios, en Santo André de Vea ou O Empalme en San Xurxo de Vea. Se vén é certo que estes microtopónimos non figuran no directorio oficial de toponimia e nomenclátor da Xunta de Galiza, si os utilizan os veciños e veciñas para designar un lugar específico destas parroquias. Eses topónimos existen e o concello non debería obvialo na súa sinalización e pedindo á Xunta a súa incorporación aos topónimos oficiais do noso país.

Outro aspecto que se bota en falta nesta sinalización do concello é a que fai referencia á propia vila da Estrada en parroquias e lugares próximos ao casco, ou mesmo a outros concellos limítrofes, así como viais como N-640 ou N-525.

E por último, outro dos aspectos que nos gustaría destacar é que deberían retirarse a sinalización anterior, que non supón axuda algunha por escasa, e si dá unha imaxe deplorábel, ao atoparse nunha situación lamentábel, sucia e en moitos casos moi deteriorada. É unha mágoa que se non aproveite a instalación da nova sinalización para retirar a antiga.
Publicado en Portada | Deja un comentario