O Concello da Estrada acolleu esta mañá a presentación do cartel da 27 Subida A Estrada. Nela, o alcalde, José López Campos, xunto a representantes de Escudería Estradense desvelaron o cartel dunha das probas automobilísticas máis senlleiras da comarca, a cal se desputará na fin de semana do 5 e o 6 de agosto.
PRESENTACIÓN CARTEL SUBIDA DA ESTRADA
José López Campos promete“traballo para consolidar a A Estrada como unha referencia autonómica”
O salón de plenos do Concello da Estrada
acolleu hoxe a sesión constitutiva da nova corporación, tralas eleccións
municipais do pasado 28 de maio. O popular, José López Campos, que
acadou maioría absoluta, foi investido e será rexedor da Estrada durante o
vindeiro mandato.
Na votación, López Campos foi investido grazas á maioría absoluta coa que
conta a agrupación popular, con 13 concelleiros dun total de 21.
Logo de recoller o bastón de mando, o recén designado alcalde tomou a
palabra lembrando “o legado de tantos rexedores que me precederon, cuxa
labor nos fixo dispor da nosa marcada identidade estradense”.
José López tamén agradeceu “a confianza depositada pola veciñanza nun
equipo e nun proxecto que ten por finalidade consolidar á Estrada como un
municipio protagonista e activo en Galicia, por seguir sendo un referente en
diversos eidos a nivel autonómico”.
O rexedor reafirmou como metas para este novo mandato, o cuarto
consecutivo como alcalde, a aposta do goberno local por “manter a Estrada na
vangarda e aproveitar o vento favorable para dotar ao municipio de mellores
conexións, servizos e infraestruturas”, sen esquecer “o desafío de fixar
poboación incentivando o emprego e promovendo o acceso á vivenda”.
Tamén sinalou como obxectivo “seguir mellorando a calidade de vida no rural
estradense, dotando ás parroquias de mellores servizos e mantendo a aposta
pola oferta dunha rede viaria de calidade en todos os nosos núcleos rurais”.
Finalmente, López Campos fixo un chamamento “a recoller o legado do pasado
para avanzar cara unha Estrada coa mirada posta no futuro, un municipio
activo do que sentirse orgullosos”, sinalou o alcalde.
O Concello da Estrada apostará pola inclusión nestas festas de San Paio
O Concello da Estrada apostará pola inclusión nestas festas de San Paio coa fixación dunha franxa horaria de funcionamento sen sonido nas atraccións para adaptalas a persoas con Trastorno do Espectro Autista.
Tamén se contratou a un enxeñeiro industrial para a supervisión a montaxe das atraccións.
A Estrada reivindica o legadoliterario de Manuel García Barroscoa reedición de dúas das súas obras
A Casa das Letras acolleu este serán a presentación da reedición
por parte da Editorial Galaxia dos libros Dos meus recordos e
Enredos, de Manuel García Barros.
No acto participaron; Juan Constenla, edil de Cultura; Suso
Domínguez, editor de Galaxia; Carlos Loureiro, editor e biógrafo de
Manuel García Barros; e Valentín García, secretario xeral de Política
Lingüística.
A Casa das Letras acolleu este serán o acto
de presentación da reedición por parte da Editorial Galaxia dos libros de
Manuel García Barros Dos meus recordos e Enredos.
No acto interviñeron Suso Domínguez, editor da editorial Galaxia, Carlos
Loureiro, editor e biógrafo do escritor Manuel García Barros, Valentín García
Gómez, secretario xeral de Política Lingüística e Juan Constenla, edil de
Cultura do Concello da Estrada.
A reedición das obras "Dos meus recordos" e "Enredos" constitúen a
culminación do proceso de reedición e edición inédita da súa obra, emprendido
por Galaxia no ano 2019. Unha labor de edición no que colaboraron
activamente o Concello da Estrada e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
“Para o Concello da Estrada é un orgullo colaborar estreitamente coa Editorial
Galaxia neste proxecto, así como coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta iniciativa demostra o noso compromiso coa promoción da nosa cultura e o
fomento da literatura na nosa lingua”, sinalou Constenla.
Pola súa parte, Suso Domínguez, editor de Galaxia afirmou que “as obras,
consideradas pilares da literatura estradense, foron meticulosamente
restauradas coa finalidade de achegar o legado de Manuel García Barros aos
nosos días”. Carlos Loureiro, editor e biógrafo do literato, engadiu que “a
culminación deste proceso supón un fito que fará perdurar a figura e obra dun
dos máis sobranceiros escritores do noso municipio”.
Finalmente, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez,
puxo en valor “o fantástico traballo realizado durante todo este tempo para
hoxe poder presentar estas obras e reivindicou a importancia da colaboración
institucional para levar a cabo este tipo de iniciativas
A Estrada inicia hoxe os preparativos do San Paio coa instalación das atraccións na feira
O Concello da Estrada inicia hoxe os
preparativos para as festas patronais de San Paio coa instalación das atraccións .
No día de hoxe dou comezo a instalación das atraccións no
campo da feira. Polo tanto, coa finalidade de non interferir coa actividade
comercial, ao celebrarse a feira semanal en dita data, os traballos derón
comezo a partir das 17.00 horas dese mesmo día, e prolongaranse durante
toda a xornada do día seguinte, xoves 15 de xuño.
Ante esta situación, os mércores 21 e 28 de xuño a feira trasladarase ao
párking da rúa Iryda e á rúa Ponteareas.
Co propósito de ofrecer as maiores condicións de seguridade posibles, o
Concello contratou os servizos dunha empresa especializada para realizar
unha inspección técnica coa que garantir a correcta montura e funcionamento
das atraccións.
As atraccións darán servizo desde o día 17 ata o 22 en horario de 18.00 a
22.00 horas, durante as festas o horario prolongarase desde as 18.00 ata as
03.00 horas e o día do neno, 28 de xuño, estarán dispoñibles de 18.00 ata as
22.00.
Deste xeito, dase comezo aos preparativos dunhas festas nas que A Estrada
contará coas actuacións de agrupacións de referencia no panorama
internacional como Tanxugueiras e Carlos Baute, e con orquestras punteiras
como París de Noia ou Combo Dominicano, ademais dunha ampla variedade
de propostas culturais e deportivas para todos os públicos.
A Estrada, Cerdedo – Cotobade eCampo Lameiro estudan unha estratexiaconxunta ante a aprobación dosparques eólicos na comarca
Os rexedores en funcións dos Concellos de A Estrada, Cerdedo –
Cotobade e Campo Lameiro mantiveron hoxe unha xuntanza de
traballo no consistorio estradense para definir unha estratexia
procesal conxunta ante a aprobación dos parques eólicos que
afectarán ao termo municipal destes municipios.
A casa consistorial da Estrada acolleu esta
mañá unha reunión de traballo para comezar a definir as liñas de accións
conxuntas que se tomarán logo da aprobación dos parques eólicos no termo
municipal destas localidades.
Na reunión, os alcaldes en funcións, José López Campos, da Estrada, Jorge
Cubela, de Cerdedo – Cotobade, e Carlos Costa, de Campo Lameiro, e o edil
estradense, Juan Constenla, deron inicio ao deseño dunha estratexia procesal
conxunta para deste xeito definir as liñas de acción que se executarán unha
vez analizada a documentación pertinente.
A Estrada abre este xoves o prazopara inscribirse nos cursos de natación de verán
A formación, impartida polos adestradores do CNS A Estrada,
desenvolverase durante xullo e agosto nas piscinas municipais.
O prazo para anotarse manterase en vigor ata o vindeiro 28 de
xuño.
O Concello da Estrada oferta en colaboración
co CNS A Estrada, programa unha nova edición dos cursos de natación de
verán 2023.
A actividade, impartida polos adestradores do Club de Natación e Salvamento
A Estrada, desenvolveranse os martes en horario matinal nas piscinas
municipais ao longo dos meses de xullo e agosto, a través de grupos divididos
en función das idades e o nivel dos participantes.
O prazo para participar na formación estará habilitado desde este xoves, 15 de
xuño ata o día 28 do mesmo mes. As persoas que desexen anotarse poderán
facelo a través do enderezo cnsaestrada@gmail.com ou no número de teléfono
687 394 656.
Cada alumno deberá abonar un tarifa de 30€ mensuais, o segundo membro da
unidade familiar terá un desconto do 30% e desde o terceiro membro a
inscrición será de balde. Os pagamentos deberán realizarse a través do
número de conta ES78 0081 2208 2300 0101 2603.
Unha vez finalizado o prazo de inscrición, comunicaráselle a cada persoa
inscrita o seu grupo e horario.











































