O XIV Campus Deportivo de Veránbate récords con 299 participantes incriptos

 Todas as solicitudes presentadas en tempo e forma foron admitidas en
todas as quendas solicitadas por cada participante.
 Os participantes deberán de realizar o pagamento antes do comezo
da actividade, de xeito presencial ou telemático a través da conta
ES78 0081 2208 2300 0101 2603 indicando no concepto nome e
apelidos do participante e quenda de asistencia.

Un total de 299 rapaces e rapazas
participarán na décimo cuarta edición do Campus Deportivo Concello da
Estrada na que será a edición máis concorrida desta iniciativa desde a súa
posta en marcha.
O Concello informa que todas as solicitudes presentadas en tempo e forma
foron correctamente admitidas dentro das quendas seleccionadas por cada
participante.
Polo tanto, as persoas participantes no XIV Campus Deportivo de Verán
deberán de realizar o pagamento antes do comezo da actividade, de xeito
presencial ou de xeito telemático a través do número de conta ES78 0081 2208
2300 0101 2603, indicando no concepto da transferencia nome e apelidos do
participante e quenda de asistencia.
O xustificante do pagamento deberá de entregarse ao coordinador/a do XIV
Campus Deportivo de Verán o primeiro día da actividade no punto de chegada
e recollida, que estará habilitado nas piscinas municipais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada súmase á Plataforma para aSaúde Mental e a EmpregabilidadeXuvenil da Fundación Santa María la Real

O Concello da Estrada, a través do Servizo de
Orientación Laboral da Concellería de Promoción Económica, Comercio e
Emprego comunicou a súa adhesión á Plataforma para a Saúde Mental e a
Empregabilidade Xuvenil da Fundación Santa María la Real.
A través disto, búscase xerar un espazo de traballo en rede con outras
entidades no que mellorar os efectos que ten o desemprego na saúde mental e
benestar emocional da poboación nova. Con iso, trátase de evitar a aparición
de problemas psíquicos debidos á falta de emprego ou á precariedade laboral
en persoas de entre 16 e 35 anos mediante accións dirixidas ao benestar
emocional e á saúde mental.
Polo tanto, ofrécese aos mozos e mozas desta franxa de idade un espazo en
liña e gratuíto no que recibirán acompañamento de persoas especializadas en
saúde mental participando en sesións grupais, webinars, recursos e outros
recursos formativos.
As persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web
https://plataformasaludmental.es/.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A aula CeMIT da Estrada acolleráformación dixital para mocidade epersoas maiores este verán

 Impartiranse os cursos O teu día a día en liña, con seguridade,
dirixido ao público maior e os Obradoiros Girl STEAM, para
mocidade de 8 a 15 anos.
 As inscricións para ambas actividades poden realizarse a través da web
na web https://cemit.xunta.gal/, ademais tamén se ofrecerá máis
información presencialmente nas oficinas de AEstradaDixital ou no
teléfono 986 570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

 

A aula CeMIT da Estrada programa para este
verán dous obradoiros formativos dirixidos tanto ao público xuvenil como a
persoas maiores.
A primeira destas iniciativas serán os cursos ‘O teu día a día en liña, con
seguridade’, nos que a partir do 23 de xuño se formará de xeito fácil e práctico
sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da
ciberseguridade e como afrontalos.
Dita formación, dirixida principalmente a persoas maiores, terá un total de
quince prazas e impartirase de xeito presencial nas instalacións de
AEstradaDixital a través de sesións cunha duración aproximada de unha hora e
medianas que se abordarán os principais métodos de ciberestafa.
Pola súa parte, os obradoiros ‘Girl Steam’, organizados xunto ao Colexio
Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, buscarán formar á
mocidade nos estudos STEAM coa finalidade de promover o talento e e
espertar vocacións tecnocientíficas.
O formato será presencial a través de dous obradoiros feitos por grupos de
idade, un primeiro de 8 a 11 anos e outro de 12 a 15 anos, con 3 horas de
obradoiro para cada grupo.
O primeiro grupo recibirá a súa formación o día 20 de xullo e o segundo faráo
un día máis tarde, o venres 21 de xullo. Ambos serán de 10.00 a 13.00 horas
nas instalacións de AEstradaDixital.
O primeiro terá terá como produto final unha peza audiovisual en formato stop

 

Motion, mentres que no segundo a mocidade aprenderá a programar sensores
con Arduino para construír, por grupos, un proxecto sobre unha prenda textil
que reaccione a cambios de distancia, luz ou inclinación.
As persoas interesadas en participar en calquera destas iniciativas poderán
inscribirse a través da web https://cemit.xunta.gal/. A maiores, as persoas que
desexen obter máis información poden acudir presenciualmente ás oficinas de
AEstradaDixital sitas na Avda Benito Vigo no 94 Baixo, ou a través do teléfono
986 570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Sala de Xuntas do Concello da Estrada acolleu esta tarde a presentación da AE League Soccer que terá lugar no Coto Ferreiro desde o 12 ata o 30 de xuño.

A  AE League Soccer é unha asociación deportiva creada por 4 mozos de 16 e 17 anos que decidiron emprender no mundo deportivo e crear unha liga xuvenil mixta de fútbol sala na Estrada, implementando unha nova normativa. 

 
Esta primeira edición da liga pretende que todos os mozos teñan un pasatempo durante o mes de xuño, xa sexan espectadores ou xogadores. A competición conta con 176 xogadores e 16 equipos repartidos en 4 grupos de 4 equipos nos que os dous primeiros clasificados loitarán para clasificarse ás eliminatorias. 

Os encontros serán retransmitidos a través da plataforma Twitch.
Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada inicia hoxe ospreparativos do San Paio coainstalación do alumeado festivo

 Ademais, a partir das 17.00 horas do vindeiro mércores iniciarase a
instalación das atraccións, que darán servizo entre os días 17 e 28
de xuño.
 Para garantir a seguridade, o Concello contratou unha empresa
para a realización dunha inspección técnica para avaliar a correcta
montaxe e funcionamento das atraccións.

O Concello da Estrada inicia hoxe os
preparativos para as festas patronais de San Paio coa instalación da
iluminación que engalanará as rúas estradenses ao longo dos festexos, que
terán lugar desde o 23 ata o 27 de xuño.
Durante a xornada de hoxe iniciouse a colocación dos diferentes elementos de
iluminación, os cales serán acendidos o vindeiro 23 de xuño, día de inicio das
festas.
Ademais, o mércores 14 de xuño dará comezo a instalación das atraccións no
campo da feira. Polo tanto, coa finalidade de non interferir coa actividade
comercial, ao celebrarse a feira semanal en dita data, os traballos darán
comezo a partir das 17.00 horas dese mesmo día, e prolongaranse durante
toda a xornada do día seguinte, xoves 15 de xuño.
Ante esta situación, os mércores 21 e 28 de xuño a feira trasladarase ao
párking da rúa Iryda e á rúa Ponteareas.
Co propósito de ofrecer as maiores condicións de seguridade posibles, o
Concello contratou os servizos dunha empresa especializada para realizar
unha inspección técnica coa que garantir a correcta montura e funcionamento
das atraccións.
As atraccións darán servizo desde o día 17 ata o 22 en horario de 18.00 a
22.00 horas, durante as festas o horario prolongarase desde as 18.00 ata as
03.00 horas e o día do neno, 28 de xuño, estarán dispoñibles de 18.00 ata as
22.00.
Deste xeito, dase comezo aos preparativos dunhas festas nas que A Estrada
contará coas actuacións de agrupacións de referencia no panorama
internacional como Tanxugueiras e Carlos Baute, e con orquestras punteiras

como París de Noia ou Combo Dominicano, ademais dunha ampla variedade
de propostas culturais e deportivas para todos os públicos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Festa das Palabras pon en valoro emprego do galego entre amocidade estradense

 A xornada, promovida polo Concello e Dinamizastrada, é a
coroación ao concurso literario levado a cabo ao longo de varios
meses para promover o emprego do galego.

O Teatro Principal da Estrada converteuse na
tarde de hoxe no epicentro da literatura local coa conmemoración da décima
edición da Festa das Palabras.
O acto estivo presentado por alumnado do IES nº1 da Estrada, e nel fíxose
entrega as 62 persoas que resultaron premiadas nos concursos de
microrrelatos e micropoemas.
O acto, ao igual que os certames, tivo por finalidade promover o emprego do
galego como elemento vehicular entre o público máis novo e a comunidade
educativa. O fío condutor da presente edición foi a creación de pezas que
contiveran as palabras ‘camiño’ e ‘espello’, dous termos presentes nos títulos
das obras de Francisco Fernández del Riego, autor recentemente
homenaxeado nas Letras Galegas deste 2023.
O acto central da xornada foi a entrega dos premios aos 62 gañadores, os
cales recibiron exemplares, que recompilamos 62 escritos presentados,
ademais de 14 ilustración feitas por nenos e nenas de Educación Infantil, e
cunha portada deseñada por Rosa de Cabanas e un prólogo da escritora Charo
Golmar, madriña da edición.
A música de proxecto Valladares harmonizou un serán no que a madriña,
Charo Goldar, puxo en valor “o enorme traballo desenvolto tanto pola
organización como polos rapaces e rapazas, cuxo traballo puxo en valor o
emprego da nosa lingua e permitiu crear unha obra única”.

GALERÍA: 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O mellor bádminton baseautonómico darase cita este sábado na Estrada

 O pavillón Manuel Coto Ferreiro acollerá desde as 10.00 horas o
campionato galego de bádminton sub 11 e sub 19.
 O edil de deportes, Ismael Pena, presentou hoxe a proba
acompañado por Jesús Pereiro, presidente do Club Badminton A
Estrada e Patricia Iglesias, membra da xunta directiva.

A Estrada reafirma a súa posición como un
dos epicentros do deporte galego acollendo este sábado o campionato galego
sub-11 e sub-19 de bádminton.
A cita desenvolverase desde as 10:00 horas da mañá no pavillón Manuel Coto
Ferreiro e nela, 81 deportistas daranse cita no que será un dos grandes
eventos do bádminton base autonómico.
Esta mañá tivo lugar a presentación da proba, nun acto no que participaron o
edil de Deportes, Ismael Pena, xunto con Jesús Pereiro, presidente do Club
Bádminton A Estrada e Patricia Iglesias, integrante da xunta directiva desta
entidade.
As probas desenvolveranse nas categorías feminina, masculina e mixta,
disputándose un total de 5 títulos en cada unha das categorías, sub-11 e sub-
19, con premiacións para os vencedores nas modalidades individuais, dobres e
mixtos.
O bádminton estradense estará representado a través de 5 deportistas locais
que aspirarán a 4 títulos, todos eles en categoría sub-19.
Durante a súa intervención, o responsable de Deportes indicou a “importancia
de albergar este tipo de eventos para poñer en valor o bo traballo feito nas
categorías base e deste xeito darlle visibilidade a un deporte que conta cun
gran número de adeptos”.

Publicado en Portada | Deja un comentario