Á CESIÓN E USO DA SALA DE XUNTAS E DE MOBILIARIO DO CONCELLO DE A ESTRADA Á SOCIEDADE COOPERATIVA ULLAMA

O Concello da Estrada a través da concellería de Medio Rural, encabezada polo Concelleiro do
Rural, D. Juan Constenla Carbón acaba de asinar un convenio de cesión de uso e espazo da
sala de xuntas do Viveiro de Empresas municipal á sociacedade cooperativa Ullama, cuia
finalidade é apoiar aos produtores e produtoras locais de mazá no nos municipio.
A produción de mazás para sidra na Estrada pasou de ser unha tradición a un fenómeno cada
vez máis abundante, máis tendo en conta que coa baixa da produción ganadeira moitos dos
terreos se empregaron para o cultivo desta froita.
Cabe destacar pois que é un sector de actividade económica moi importante que move o tecido
emprearial local xerando actividade e postos de traballo tanto de maneira directa como
indirecta.
A cooperativa Ullama é un dos referentes, non só no municipio, senón a nivel galego, coa
totalidade da súa produción ecolóxica absorbida para sidra.
A cooperativa Ullama constituíuse no ano 2002, pasando no 2007, a centrar case a
totalidade da súa produción á vertente ecolóxica ao establecer un vínculo comercial con Maeloc
(Estrela Galicia).
Actualmente ten arredor de 60 socios, dos cales case a metade son mulleres que atoparon na
cooperativa unha actividade profesional que desenvolver.
O Concello da Estrada mantén un firme compromiso de dinamización e desenvolvemento do
noso medio rural, sendo un dos eixes prioritarios da concellería do rural o apoio ao mesmo e
máis concretamente aos pequenos produtores e produtoras locais.
A finalidade da sinatura deste convenio é a de facilitar a cooperativa un espazo para
desenvolver a súa actividade; celebrar as asambleas e reunirse cos seus socios e clientes alén
de prestarlle mobiliario e equipamento informático para facilitar os trámites administrativos
que precisan no seu día a día.
O convenio asínase por un período dun ano, prorrogable por vontade das partes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os cables de Bouzamar seguen sen arranxar e causando graves problemas de seguranza vial

O Alcalde ten que tomar medidas, non pode ficar de brazos cruzados vendo os días pasar agardando que as cousas se arranxen soas, cando o normal é que empeoren como é o caso

 Hai máis de 4 meses, en xuño pasado, denunciamos que no lugar de Bouzamar había un poste de Telefónica roto e os cables estaban amarrados provisionalmente e dun xeito que, dun día para outro, podían desprenderse e provocar un accidente.

Pasaron as semanas e os meses e a situación, lonxe de mellorar, empeorou dada a provisionalidade da situación. No día de hoxe, veciños e veciñas da zona de Vea comunicáronnos que os cables volven a estar sobre a EP-8401, pola que pasan diariamente moitos vehículos, moitos camións de grandes dimensións.

No BNG actuamos con responsabilidade e nada máis termos coñecemento da situación chamamos a Protección Civil para que sinale o perigo e afaste os cables da Estrada. Mais volvemos a insistir en que o Alcalde ten que tomar medidas, non pode ficar de brazos cruzados vendo os días pasar agardando que as cousas se arranxen soas, cando o normal é que empeoren como é o caso. Neste sentido, o alcalde, como máximo responsábel político do concello ten que esixir a Movistar que arranxe esta desfeita, que pode deixar sen teléfono e internet á metade do val de Vea.

Por outra parte, desde o BNG tamén instamos á Deputación de Pontevedra á actuar. A EP-8401 é unha estrada da súa competencia e non pode ser que esta chapuza deste calibre sexa un perigo para a seguranza vial e para os veciños e veciñas Vea. Hai que ter en conta que os cables están situados nunha curva moi pechada e estreita, pola que a duras penas poden pasar dous camións un tempo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Blanca Millán e R.J. Peralta reciben o II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado no Concello da Estrada

O Concello da Estrada acolleu a entrega do II Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado a Blanca Millán e R. J. Peralta por ‘As filloas de Manola’. No acto participaron Carlos Loureiro, secretario do xurado; o edil de Cultura Juan Constenla, e Sara Valcárcel, responsable de Comunicación e Novos Proxectos da Editorial Galaxia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xosé Neira Vilas segue vivo no Ceip O Foxo

Xosé Neira Vilas segue vivo no Ceip O Foxo. Na mañá de hoxe os nenos e nenas xunto co claustro e acompañados por membros da Fundación Xosé Neira Vilas homenaxearón a Neira Vilas no día do seu nacemento.

GALERÍA:

Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO CRITICA Á XUNTA POR ELIMINAR A BONIFICACIÓN
DO CANON DE SOGAMA E APOSTA POR MANTER O PREZO DOS
RECIBOS EN 2023

Opina que o servizo que presta o Concello é “insuficiente” e que
polo tanto “é unha obriga moral manter a bonificación”. Indicou que
“se o PP fixera caso das nosas propostas e instalara o quinto
contenedor e os composteiros comúns no casco urbano, teriamos
aforrado centos de milleiros de euros no Canon”

Luis López Bueno considera “inxusto” que a Xunta de
Galicia e Sogama eliminen a bonificación do 10 % no Canon que os
Concellos galegos lle pagan a Sogama polo tratamento dos residuos.
O líder socialista indicou que “a rebaixa do canon vai ligada a unha serie de
obxectivos de reciclaxe que os Concellos debemos cumprir” e parécelle
“pouco serio” que a Xunta utilice “excusas de mal pagador” para retirar ese
incentivo á reciclaxe. Apuntou que “unha vez tomada a medida, non é de
recibo que se retire tan pouco tempo despois”.
O voceiro aposta agora porque o Concello “faga un pequeno esforzo
económico” e manteña os recibos bonificados xa que “existe marxe
económica para facelo”. Opina que é unha “obriga moral” manter a redución
acordada en 2019 porque “todos podemos ver que o servizo é claramente
insuficiente, sobre todo nas parroquias”. Tamén valora que “os veciños e
veciñas non deben pagar a pouca consistencia do criterio político da Xunta”.
López Bueno afeoulle ao PP da Estrada que leve case catro anos facendo
caso omiso das propostas do Grupo Municipal Socialista en relación coa
instalación do quinto contenedor e a utilización de composteiros comúns no
casco urbano. Asegurou que ademais de estar incumprindo unha obriga
legal “se o PP nos fixera caso teriamos aforrado centos de milleiros de euros
no Canon que se lle paga a Sogama, porque se enviarían moitas menos
toneladas”.
De igual maneira, tamén considera “vergoñento” que o PP fora incapaz de
sacar un novo contrato do lixo para que se produzan “melloras de verdade”
no servizo de recollida (sobre todo nas frecuencias e no mantemento dos
contenedores), e dubida de que o actual goberno sexa quen de sacar este
contrato no curto prazo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acto de recoñecemento aos gandeiros da comarca

Mañá venres 4 de novembro, ás 12.00h, terá lugar no restaurante Samaná da Estrada
unha xuntanza cos gandeiros/as da comarca que ten como finalidade recoñecer o labor
levado a cabo por estes ao fronte das súas explotacións e as melloras acadadas en
termos de calidade e optimación de recursos.
A xuntanza está organizada pola concellería de Desenvolvemento Rural e Actividade
Agrogandeira do Concello da Estrada, da que é responsable dona María de los Ángeles
Pais Carbia e contará coa presenza do director xeral de Gandería e Industrias
Agroalimentarias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A muller toma o protagonismo na programación Cultural

Como xa ocorreu o ano pasado, este mes que remata co Día Internacional contra a Violencia
contra as Mulleres, o Concello de Cultura, en colaboración co Centro de Información ás
Mulleres (CIM), programou unha xeira de eventos onde a muller e a perspectiva de xénero
adquiren gran protagonismo. Un ciclo que vén a amosar o compromiso deste Concello na loita
contra a violencia de xénero e na concienciación social que demanda un problema que afecta á
toda a sociedade no conxunto.

Benquerer(se) do dúo Aldaolado

DÍA /HORA: Venres 4 de novembro (20.30h) / Teatro Principal

XÉNERO: Recital humorístico-poético
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN:60 min
LINGUA: Galego
ENTRADA: Libre ata completar as 60 butacas dispoñibles.
SINOPSE: Aldaolado son Lucía Aldao e María Lado, dúas poetas galegas de consolidada
carreira que, en 2005, decidiron unir os seus nomes —que utilizan as mesmas letras, como se
de permutacións dun mesmo ser poético se tratase— e unir tamén os seus esforzos creativos
para dar lugar a esta proposta tan singular. Aldaolado fala do patriarcado, do feminismo, da
discriminación de xénero, do concepto de amor romántico, do amor a unha mesma e de todos
aqueles temas cos que van tropezando no seu camiño cara ao apoderamento.
Crónica dunha heterosexual insatisfeita / Verdeveras E.A. (en
coprodución co CDG)

DÍA: Venres 11 de novembro / Teatro Principal

HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Teatro comedia
CATALOGACIÓN: Adultos
DURACIÓN: 60 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no Dpto.Cultura)
SINOPSE: Unha muller absolutamente común, desas que saben que non aparecerán xamais
en ningún libro de historia, descobre case por accidente que se está a facer vella, e que se non
muda algunha cousa vai morrer conxelada. Decide entón, concretar unha das súas fantasías e
convidarnos para que sexamos testemuñas do seu gran momento.
Esta será en principio, a reconstrución dunha viaxe cara a dentro. Unha muller que se
transforma, como a eiruga que despois dun tempo no seu casulo renace bolboreta e bota a
voar, espléndida, por primeira vez. Crónica dunha heterosexual insatisfeita é unha peza para rir,
para reflexionar e para gozar da vida e do teatro!!

O idioma da tinta / Yolanda Castaño e Isaac Garabatos

DÍA: Venres 18 de novembro / Teatro Principal
HORA: 21.00 h
LUGAR: Teatro Principal da Estrada
XÉNERO: Concerto recital
CATALOGACIÓN: Todos os públicos
DURACIÓN: 50 min
ENTRADA: 5,00€ (retirada anticipada no Dpto.Cultura)
SINOPSE: Un dos músicos máis versátiles e activos do panorama actual pon música a un dos
rostros máis populares da poesía galega. A poesía de Yolanda Castaño encontra nas
composicións de Isaac Garabatos o mellor dos acompañamentos, capaz de conectar con
propios e estraños a través dun concerto ameno, de alta calidade artística e cargado de
emocións. Un xeito de que a mellor poesía contemporánea de Galicia chegue a un público máis
alto.

Publicado en Portada | Deja un comentario