BNG presenta por urxencia unha moción para baixar o IVE do gas butano

Susana Camba: «PSOE e Unidas Podemos están cometendo un grave erro ao excluír da rebaixa do IVE a miles de persoas»

A concelleira do BNG, Susana Camba, anuncia que presentará por urxencia no pleno de mañá xoves unha moción para instar ao goberno español a baixar o IVE da  bombona de butano e de propano.

Susana Camba explicou «que non se entende que o goberno que se autoerixe como o máis progresista do mundo deixe fóra da baixada do IVE do 21 ao 5% a este tipo de gas, que na maior parte do rural, mais tamén da vila, é a única alternativa que teñen para facer a comida ou quentar algo a casa».

A concelleira nacionalista afirma que «PSOE e Unidas Podemos están cometendo un grave erro ao excluír desta rebaixa a miles de persoas, moitas delas colectivos vulnerábeis como pensionistas». «Hai que ter en conta que o prezo dunha bombona de butano no mercado regulado é de 19,55 €, cando hai só dous anos era de 12,68 €», explica Susana Camba. «Pero no mercado libre o prezo do butano é aínda máis caro, podendo chegar as 23 ou 26 euros por bombona», engade.

«No BNG cremos que esta situación é inasumíbel e insoportábel para moita xente, tamén para moitos veciños e veciñas do noso concello, por iso presentaremos por urxencia unha moción para instar ao goberno español a rectificar, porque é de xustiza», explica a concelleira do BNG.

Publicado en Portada | Deja un comentario

LUME NA LAREIRA CELEBRA O 13 DE NOVEMBRO A SÚA EDICIÓN MÁIS FORTE








Louzao destacou que Lume na lareira acollerá a máis de cincuenta artistas "nun clásico cultural da Estrada". Lembrou que os billetes voan, polo que pediu aos interesados ​​que se apresuren a conseguir o abono de cinco euros no Mesón da Estrada, na cafetería Eureka e a partir do luns na Concellería de Cultura do Concello. Ruibal indicou que as portas abrirán ás 17.15 horas e o inicio do encontro ás 18.00 horas. O presentador será Julio González Showman e os intérpretes serán os coruñeses Os larpeiros de Altamira, Os Dezas de Moneixas (que será o seu debut no teatro da Estrada), o padre Xiao, Xirandola, o búlgaro Cristo Cristini, Antonio Barros e Ialma. e Rut e a Lume na Lareira, que interpretarán unha peza inédita tocada con gaita.
Publicado en Portada | Deja un comentario

LÓPEZ BUENO PEDIRÁ DETALLES SOBRE O FUTURO ARRANXO NA
PRAZA DA FEIRA

Luis López Bueno pedirá detalles sobre o anuncio de
melloras na praza da feira que fixo o PP esta fin de semana. O líder
socialista levará ao pleno diversas cuestións sobre a actuación que se prevé
facer e o financiamento que se require para “arranxar a chapuza que
recibiron”.
López Bueno valorou que este anuncio do PP responde a que o tempo
demostrou que o Grupo Municipal Socialista e a empresa que completou as
obras “tiñamos toda a razón nas nosas críticas” e indicou que ao PP non lle
quedou outra saída que “dar o brazo a torcer diante do que é unha
evidencia”.
Ademais pedirá detalles sobre o financiamento das actuacións que se
realizarán, porque “é bo que os veciños e veciñas saibamos canto nos vai
custar arranxar as desfeitas do PP”. Recordou que o PP “estaba advertido
dende maio por un escrito que COVSA dirixiu ao Concello” e ve “indecente”
que o PP recibira unha obra que custou 824.000 euros de todos os veciños e
veciñas e que demostrou “ser unha chapuza”.
O socialista bota en falta a “defensa numantina” desa obra que facía
Gonzalo Louzao durante os meses do verán e pregúntase “onde quedan
agora as súas declaracións públicas e a defensa do proxecto tal e como
está”. De todas as maneiras, López Bueno agradécelle a López Campos e a
Louzao que “entraran en razón aínda que xa sexa moi tarde”.
Desvelou que “incluso os concelleiros do PP eran capaces admitir que a obra
non cumpría o prometido” e consideraban “un escándalo” recibir a obra tal e
como se executou, o que lle fai pensar que “hai concelleiros do PP que
pintan moi pouco no goberno local” e que “non hai un goberno serio”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

 «O alcalde ten que instar ao arcebispado de Compostela a que reconstrúa o pombal de Santo André de Vea»

A falta de mantemento e a choiva acabaron por derrubar, o pombal de Santo André de Vea, un dos elementos patrimoniais e arquitectónicos máis característicos desta parroquia. O pombal, así como a reitoral do que forma parte, é elemento arquitectónico protexido, e é propiedade da Igrexa.

O candidato do BNG, Xoán Reices, explicou que «o primeiro que debe facer o alcalde, coñecedor como é da situación, é acordoar a zona para evitar que se achegue máis do debido algún curioso ao pombal; evitar accidentes debe ser unha prioridade».

«Por outra parte», engade Reices, «o alcalde ten que instar ao arcebispado de Santiago de Compostela a que reconstrúa o pombal; a Igrexa terá a propiedade deste elemento, pero o pombal é patrimonio  de todos e todas, en especial dos veciños e veciñas da parroquia de Santo André de Vea.»

O candidato nacionalista afirma que «sabemos que o patrimonio dos veciños e veciñas da Estrada non ten ao alcalde entre os seus máximos defensores e protectores, só hai que ver en que situación na que se atopa a Torre e o Pazo de Guimarei, que tamén está en mans privadas; mais no BNG seguiremos turrando para que todo o noso patrimonio perdure no tempo e poidamos legalo ás xeracións futuras como un ben para o seu disfrute e como referencia que contribúa co resto do patrimonio a facer do noso concello un destino atrainte para visitantes».

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sarela sensibilizará sobre o ICTUS con puntos de información en Santiago, Ribeira, A Estrada, Lalín, Arzúa e Mazaricos

O sábado 29 de outubro conmemórase o Día Mundial do ICTUS. Este enfermidade hoxe é a primeira causa de Dano Cerebral Adquirido (DCA) en España. Concretamente o 78% dos casos de  DCA é debido a un ictus, moi por diante doutras causas como os traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais etc.

 

Sarela celebra do Día do ICTUS anticipadamente mañá venres, 28 de outubro, con presenza nos hospitais e nalgúns centros de saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza. Concretamente Sarela instalará puntos de información entre as 10:30 e as 12:30 en:

 

– Complexo Hospitalaria Universitaria de Santiago.

– Hospital da Barbanza (Ribeira)

– Centro de saúde da Estrada.

– Centro de saúde de Lalín.

– Centro de saúde de Arzúa.

– Centro de saúde de Mazaricos.

 

O ictus pode ser isquémico (falta de irrigación sanguínea debido á interrupción súbita e inmediata do fluxo do sangue) ou hemorráxico (rotura dun vaso sanguíneo encefálico debido a unha suba da tensión ou a un aneurisma conxénito). Algúns datos da Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) ILUSTRAN  a dimensión da incidencia do ictus en España:

  • Cada ano unhas 000 persoas en España sofren un ictus, dos cales un 15% falecerán e un máis do 30% terán dependencia funcional.
  • É a 2ª causa de morte no mundo e a 1ª causa de discapacidade en forma de DCA (Dano Cerebral Adquirido).
  • En España é a primeira causa de mortes en mulleres e segunda en homes.
  • Nos próximos 20 anos aumentará un 40% o número de casos debido ao avellentamento da poboación.
  • Unha de cada seis persoas sufrirá un ictus, das cales un 50% terá secuelas discapacitantes ou morrerá. Cada ano falecen por esta causa 27.000 persoas.
  • Estes son só algúns datos da incidencia do ictus na nosa sociedade, unha patoloxía que debido á maior esperanza de vida irá medrando nos vindeiros anos. O ictus cambiou o perfil de persoas con Dano Cerebral. A finais dos anos 80 a poboación nova era a máis afectada debido aos accidentes de tráfico. Hoxe o 65% son maiores de 65 anos e o ictus é a causa no 78% dos casos.
  • A pesar diso, desde a SEN insístese tamén en que non debemos pensar que é unha enfermidade asociada unicamente á idade: o 27% dos ictus atendidos nos hospitais españois corresponden a persoas menores de 65 anos.

 

Prevención e detección

  • Segundo a SEN o 80% dos ictus poderían evitarse con medidas cerebro-saudables como deixar de fumar, limitar o consumo de alcohol, realizar exercicio de forma regular, seguir unha dieta equilibrada e variada, evitar o sobrepeso e o estrés crónico e controlando adecuadamente a tensión arterial, el azucre e o colesterol”.
  • Un dos problemas que existe é que só un 10% da poboación española sabería definir correctamente que é un ictus e só o 50% recoñecer algún dos síntomas desta enfermidade. Neste sentido é importante incidir nos tres sinais de alarma coñecidos como os 3F: problemas na Fala, na Forza e na Faciana.

 

Que pasa despois do ictus?

O ictus é unha enfermidade tempo-dependente. Quere dicir que canto máis temperá sexa a súa detección, o acceso a probas e ao tratamento, maior será a probabilidade de sobrevivir á enfermidade e maior tamén a de superalo sen secuelas. Por iso se di que no ictus “o tempo é vida”.

 

En caso de ter secuelas en forma de Dano Cerebral é importante ter unha rehabilitación inmediata e especializada. Unha vez de volta a casa é importantes contactar co servizo de traballo social de atención especializada ou primaria e/ou da asociación de dano cerebral que corresponda e solicitar información e apoio sobre a situación e necesidades do familiar con dano cerebral adquirido.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Instamos ao alcalde a tomarse en serio os vertidos que se producen nos sumidoiros da periferia da vila

Xa hai tempo que denunciamos os verquidos do sumidoiro que hai preto da praia fluvial do Liñares. A nosa concelleira, Susana Camba, levouno ao pleno en máis dunha ocasión. O alcalde dixo que ía solucionar este problema, mais estes días o sumidoiro volveu verter todo tipo de desperdicios, que preferimos non detallar, ao Río Liñares, nun espazo que ten a poucos metros a praia fluvial.

Non é a primeira vez que denunciamos vertidos en puntos concretos da periferia da vila, o que demostra que hai un problema grave, mais o alcalde non tomou medidas. De feito, podemos asegurar que nin se molestou en buscar unha solución a este problema.

Certo é que non estamos nunha época de altas temperaturas que inviten a pegarse un baño á praia fluvial do Liñares, pero o goberno municipal do PP debería tomarse en serio os problemas que xeran os sumidoiros da periferia da vila.

O alcalde pensa que os problemas soluciónanse sós, mais non é así. Require analizar o problema e facer investimentos. Sabemos que o alcalde é máis de gastar alí onde poida sacar a foto e lucirse, e arranxar os problemas dos sumidoiros non locen o mesmo, mais este tipo de investimentos son necesarios porque redundan na saúde e no benestar dos veciños e veciñas, mais tamén no noso medio ambiente.

Publicado en Portada | Deja un comentario

XXXI EDICIÓN DOS PREMIOS SAN MARTIÑO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA 2022

O padroado dos Premios san Martiño, por medio da presente nota, pon no seu coñecemento
que, este luns 24 de outubro, celebrou unha reunión para fallar os Premios San Martiño do ano
2022, que serán entregados nun acto aberto a todo o público na segunda semana de novembro no
Teatro Principal da Estrada.
Os premios, concedéronse nas súas 3 modalidades,
 A Estrada e Comarca de Terra de Montes
 Galicia Enteira
 Toda unha vida

PREMIOS S. MARTIÑO
GALARDOADOS 2022

Premio á difusión da lingua na comarca
de Tabeirós Terra de Montes:
Outorgado ás empresas Ausama-Ausavil

As empresas Ausama (Lamela) e Ausavil (A Estrada) dirixidas polos irmáns Antonio e Miguel
Villar Costoyas, inician a súa andadura hai 30 e 20 anos, respectivamente. Situada na parroquia de
Matalobos (A Estrada), Ausavil dedícase á fabricación e venda dunha ampla gama de maquinaria e
accesorios relacionados co sector forestal, xardinería, horta, enoloxía, oleomaquia, equipos de
limpeza e auga a presión para lavados. Situada na parroquia de Lamela (Silleda), Ausama dedícase
á importación e distribución de maquinaria agrícola e gandeira. Estas firmas convertéronse, da man
dos seus propietarios, nun foco emprendedor de proxectos culturais que tiveron na lingua galega a
súa canle de referencia, sendo quen de normalizar o seu uso no ámbito das relacións comerciais e
industriais.

Premio á normalización no ámbito galego:
Outorgado a Tanxugueiras

Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro son Tanxugueiras. Tres cantareiras para unha nova
década. Capaces de reinterpretar os sons dunha tradición milenaria fusionándoa con ritmos urbanos,
más cercanos ao trap ou á electrónica. A súa enerxía, o seu apoderamento, a súa contundencia e o
seu virtuosismo vocal son os máximos exponentes do seu innovador estilo, coñecido como trad.
O trío recolle o legado das pandeireteiras, das mulleres que traballaron por manter viva a música
tradicional galega, para revisionalo e ofrecerllo, de novas, ao mundo nunha explosión de

modernidade, e cunha forza ancestral que as está a facer triunfar a nivel nacional e internacional.
O fenómeno Tanxugueiras conseguiu vertebrar, por outra banda, entre a mocidade galega unha
corrente de predisposición en favor do uso do noso idioma, demostrando que a nosa lingua pode
chegar a calquera ratio de poboación e a calquera lugar do mundo.

Premio á normalización durante toda unha vida
Outorgado a D.a Mercedes Brea López

A estradense D.a Mercedes Brea López é catedrática xubilada de Filoloxía Románica na
universidade de Santiago de Compostela. Foi, nesta universidade, entre outros cargos, directora do
Servizo de Publicacións, vicerreitora de Profesorado e decana da Facultade de Filoloxía. Dirixiu
unha decena de proxectos de investigación do Plan Nacional, e varios de carácter autonómico,
ademais do proxecto Lírica gallego-portuguesa, que se desenvolve no Centro Ramón Piñeiro para a
Investigación en Humanidades. Precisamente, esta liña de investigación centrada na literatura
románica medieval ocupou e ocupa un lugar prioritario no seu traballo, así como o estudo do léxico
e a expresión lingüística na lírica galego-portuguesa do medievo.

Publicado en Portada | Deja un comentario