ROTEIRO DRAMATIZADO POLO BERRES DOS VALLADARES
Tequexetéldere con máis de 180 alumnos é alumnas inicia as súas clases
As escolas de música e baile tradicional de Tequexetéldere deron comezo estos días coas presentacións das diferentes actividades.
Este ano a matrícula nas escolas tiveron un notable incremento en todas as súas disciplinas chegando a un total de case 180 alumnas e alumnos que van dende os 3 anos ata os 75.
Ademais do incremento notable nas clases de gaita e percusión, este ano se recuperaron os grupos de baile de iniciación de adultos e de pandeireta de adultos.
T
Tamén durante estas dúas semanas estamos achegando o baile as nenas e nenos dos últimos grupos de primaria do CEIP Pérez Viondi e a vindeira semana comezaremos co alumnado do CEIP de Figueiroa.
O BNG da Estrada leva ao Parlamento a expropiación da Torre e o Pazo de Guimarei
Susana Camba: «A expropiación é o único camiño se queremos conservar o noso patrimonio»
Montse Prado: «A Xunta non pode permitir que un patrimonio deste valor, e declarado BIC, estea totalmente abandonado e en estado de ruína, ten instrumentos para actuar e ten a obriga de facelo. Hai lexislación específica para protexer o noso patrimonio e non pode ficar só nun papel»
O BNG da Estrada traslada ao Parlamento a situación da Torre e o Pazo de Guimarei, e, a través dunha iniciativa presentada pola deputada nacionalista Montse Prado, insta á Xunta a expropiar ambos elementos patrimoniais do noso concello.
Militantes da organización nacionalista da Estrada acompañaron na mañá de hoxe á deputada do BNG, Montse Prado, a coñecer in situ a situación na que se atopan a Torre e o Pazo de Guimarei. A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que «o estado de abandono da Torre, que é un elemento catalogado como BIC pola Xunta de Galiza en 1994, e os reiterados incumprimentos por parte do propietario, así como o pasotismo do goberno municipal, levounos a presentar esta iniciativa para que a Xunta expropie a Torre e o Pazo de Guimarei, que é a única alternativa que nos queda se queremos conservar o noso patrimonio».
Pola súa parte, a deputada do BNG, Montse Prado, explicou que a Xunta non pode permitir que un patrimonio deste valor, e declarado BIC, estea totalmente abandonado e en estado de ruína. Ten instrumentos para actuar e ten a obriga de facelo. En caso de non ser posíbel o acordo cos propietarios para a súa adquisición, a Lei 5/2016 no seu artigo 51 «faculta á Xunta de Galiza á expropiar elementos patrimoniais catalogados como BIC, cando se pon de manifesto o incumprimento do deber de conservación dos bens de interese cultural.
«Por outra parte,» engade a deputada do BNG, «a lei citada tamén contempla a expropiación dos elementos anexos á Torre, isto é o Pazo do século XVII, así como outras estruturas pertences a este, apelando ao apartado 3 do citado artigo, que di que ‘Así mesmo, serán causa xustificativa de interese social para os efectos da expropiación as melloras nos accesos aos bens de interese cultural, a dignificación do seu contorno e, en xeral, a mellora das condicións para a súa valorización e función social.'»
Posta en valor
A expropiación que propón o BNG terá como fin a posta en valor dos elementos expropiados, así como a protección deste elemento do patrimonio cultural da Estrada en particular e de toda Galiza.
A deputada Montse Prado explica que «o artigo 51, apartado 4 da Lei 5/2016 é claro nos obxectivos que se perseguen, que non é outro que protexer o noso patrimonio, iso en primeiro lugar, e facultar ás administracións pública a levar adiante actuacións destinadas á posta en valor do patrimonio co obxecto de facilitar a visita pública e desfrute polos veciños e veciñas, cousa que agora, obviamente, non se dá».
A concelleira do BNG, Susana Camba, indicou tamén que rexistrará unha moción no concello para instar á Xunta a expropiar o Pazo e a Torre. «Entendemos que todos os grupos con representación teñen claro que a Torre de Guimarei, mais tamén o Pazo, non poden estar permanentemente nunha silveira, unha situación na que leva décadas, deteriorándose cada ano que pasa», afirma. «Cremos tamén que ao propietario démoslle xa demasiado tempo para que tome tome medidas para consolidar e conservar o BIC que ten en propiedade», engade a concelleira nacionalista, «así que é hora de que o concello pase á acción».
«Sabemos que o concello por si mesmo non o pode facer», explica a concelleira nacionalista, «non pode expropiar estes elementos patrimoniais, entre outras cousas por unha cuestión económica, mais si pode presionar á Xunta para que tome a iniciativa». «Agardemos que todas as forzas políticas con representación no concello estean á altura do que o noso patrimonio necesita», afirma.
O Colexio O Foxo bautiza o seu pavillón polideportivi co nome do estradense Álex Marque
O CEIP O Foxo rendeu onte unha calorosa homenaxe ao ciclista estradense Álex
Marque, nun acto ao que asistiu, ademais do profesorado
e alumnos do centro educativo, o alcalde, José López, e o secretario
Xeral de Política Lingüística, Valentín García. No encontro, o pavillón
polideportivo do colexio estradense foi bautizado co nome
Álex Marque Porto, en recoñecemento aos seus logros no campo
deportes. A directora do Foxo, Rosa Ferreira, destacou o sacrificio do
Atleta estradense e destacou que "eu arranxo a historia no país portugués". O
acto de homenaxe incluíu a lectura de poemas por parte do alumnado
e actuacións musicais
A Estrada inicia o asfaltado dunha decena de viais
do casco urbano por valor de 218.000 euros
2. As obras de pavimentación dunha decena de vías do
casco urbano, adxudicadas á empresa Construcciones Obras y Viales S.A (COVSA) por un
importe de 218.641,36 euros, deron comezo esta mañá no aparcadoiro municipal da rúa
Serafín Pazo, situado a carón do Teatro Principal da Estrada.
Durante a mañá, os operarios traballaron no acondicionamento dun novo acceso ao
aparcadoiro pegada á entrada do Teatro Principal, co obxectivo de que permita instalar
os detectores de vehículos grazas aos que o sistema “Smart Parking” ofrecerá datos en
tempo real sobre as prazas dispoñibles nas zonas de aparcamento municipais e, ao
mesmo tempo, proporcione maior seguridade aos peóns ao aumentar as súas
dimensións.
Nas vindeiras xornadas, as actuacións continuarán coa mellora do firme das seguintes
vías do casco urbano estradense: 3ª Travesía de América, Rúa Forcarei, Rúa Cerdedo,
Avenida de Santiago, Rúa Serafín Pazo, Rúa Justo Martínez, Rúa 36, Rúa Matadoiro e Rúa
Marqués de la Vega de Armijo, cun prazo de execución de dous meses.
O Teatro Principal contará cun outono cultural con
preto de 30 eventos musicais, teatrais e literarios
O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou
na mañá do Venres os preto de 30 eventos que conformarán a programación cultural do municipio
durante os meses de outono e que pecharán os actos conmemorativos do 75 aniversario
do Teatro Principal da Estrada.
Na súa intervención, o edil de Cultura puxo en valor o traballo do seu Departamento para
ofrecer “como vén sendo habitual, unha programación cultural que busca a calidade, a
diversidade e o entretemento”, con propostas musicais, teatrais e literarias para todos
os públicos e idades “que reflexan o noso compromiso en materia cultural coa
veciñanza”.
Dentro da programación infantil e familiar, Constenla destacou a presenza na Estrada de
dous musicais de gran formato como “La Bella y la Bestia” e “Pinocho”, ademais do
espectáculo “Golulá”, “unha das propostas infantís con máis éxito da historia do teatro
galego”, para o que se poderán recoller entradas a partir do luns 3 de outubro no
Departamento de Cultura do Concello. No eido musical, o edil resaltou o concerto da
banda de folk Milladoiro, “agrupación que inaugurou o Teatro Principal tras a súa
reapertura a finais dos anos 90 e que pechará agora os actos do seu 75 aniversario”. No
tocante ao apartado teatral, Constenla fixo referencia á presenza da compañía madrileña
Yllana, ao espectáculo “Chungo”, de Luis Zahera e a “unha estrea moi ilusionante”, a da
nova obra da EMAE “Pastel de Escarapote”, con Anabell Gago e Chelo do Rejo ao fronte.
Copmletarán a oferta recitais e parladoiros literarios e tamén haberá espazo para a
zarzuela.
O primeiro dos eventos culturais programados no Teatro Principal da Estrada ata final de
ano será o espectáculo “Greenpiss”, da compañía madrileña Yllana, que se representará
mañá ás 21.00 horas con todas as localidades esgotadas; o sábado 8 de outubro, ás 12.30
horas contará co espectáculo infantil “Golulá”, de Galitoon Producións e, xa pola noite,
ás 21.00 horas estrearase a última comedia da Escola Municipal de Artes Escénicas
“Pastel de Escarapote”, que repetirá función o domingo 9 de outubro ás 19.00 horas. O
venres 14 de outubro, o pianista estradense Javier Otero presentará o seu último traballo
ás 21.00 horas; o sábado 15, ás 20.30 horas, o Coro Liceo de Vilagarcía protagonizará un
concerto de zarzuela; o venres 21, ás 20.30 horas, terá lugar o primeiro parladoiro
literario con Ledicia Costas; o sábado 22, ás 21.00 horas, será a quenda de Luis Zahera co
seu monólogo “Chungo”; e o sábado 29 a Coral Polifónica Estradense ofrecerá o seu
concerto de outono ás 20.30 horas.
A oferta cultural do mes de novembro comezará o venres 4, ás 21.00 horas, co recital
literario do dúo Aldaolado; o sábado 5, ás 19.30 horas será a quenda do musical “La Bella
y la Bestia”, de Eventime Producciones; o venres 11, ás 21.00 horas a compañía
Verdeveras representará a obra “Crónica dunha heterosexual insatisfeita”; o domingo 13,
ás 18.00 horas celebrarase o festival “Lumen a Lareira”; o venres 18, ás 21.00 horas terá
lugar o espectáculo poético-musical de Yolanda Castaño “O idioma da tinta”; o sábado
19, ás 20.30 horas a Banda de Música Municipal da Estrada ofrecerá o seu concerto de
Santa Cecilia; o venres 25, ás 21.00 horas celebrarase o concerto do grupo de folk
Milladoiro en homenaxe ao 75 aniversario do Teatro Principal; e o sábado 26, ás 20.30
horas, a Banda de Música Cultural da Estrada ofrecerá o seu concerto de Santa Cecilia.
Durante o mes de decembro desenvolveranse as seguintes actividades: o sábado 3, ás
21.00 horas Joan Strader protagonizará a exhibición do taller “Humor para torpes”; o
sábado 10, ás 12.30 horas, a compañía Títeres Alakrán representará “Desconexión”; o
sábado 17, ás 20.30 horas, a Coral Polifónica Estradense ofrecerá o seu tradicional
Concerto de Nadal; o xoves 22, ás 20.30 horas celebrarase o parladoiro literario co
escritor Manuel Rivas; o venres 23, ás 21.00 horas o Obradoiro de Música Moderna Carlos
Barruso ofrecerá un Concerto de Nadal; e o mércores 28, a compañía La Bicicleta
representará o musical “Pinocho el Musical” con dúas funcións ás 17.30 e ás 19.30 horas.
Constenla tamén adiantou que nos próximos días presentarase a xira do ciclo “O teleclub
da comedia”, que percorrerá as distintas parroquias estradenses ao mesmo tempo ca o
ciclo de actividades culturais “Un cómico na aldea”, que xa se está a desenvolver na
actualidade. Tamén están pendentes de confirmar as datas dos dous últimos
“Parladoiros”, presentados no mes de marzo cun gran éxito entre os/as estradenses. A
maiores da oferta cultural do outono, o edil explicou que o Departamento de Cultura está
a traballar na programación especial do Nadal “para facilitar a conciliación familiar e
ofrecer numerosas propostas para os máis cativos”.
A carteleira cultural presentada esta mañá estará dispoñible na páxina web do Concello
e na aplicación móbil do Departamento de Cultura.



























































































































