O PROXECTO ONDA ODS INICIA OS SEUS CICLOS DE
FORMACIÓN CUN CURSO DE PODCAST NA AULA
MULTIMEDIA DA FUNDACIÓN CULTURAL DA ESTRADA

O Proxecto Onda ODS, no que participan máis de
300 medios locais de todo o Estado, e do que forma parte Radio Estrada,
arranca este mes de outubro os seus cursos de pódcast. Ademáis de
entrevistas, vídeos e cápsulas informativas encamiñadas a sensibilizar á
cidadanía e fomentar a reflexión na audiencia arredor dos obxectivos recollidos
pola ONU na Axenda 2030, Onda ODS pon o foco na formación con cursos de
15 horas de duración.
Dende o venres 13 de outubro ata o día 11 de novembro, o CEIP San
Ramón de Moeche, o CEIP Plurilingüe Eladia Mariño de Cabanas e a aula
multimedia da Fundación Cultural serán o escenario das aprendizaxes
radiofónicas que os alumnos e alumnas recibirán da man dos locutores Susana
Falcón (Radiofusión) e Pablo García (Radio Estrada). As claves dunha correcta
locución, a redacción, os diferentes textos radiofónicos, así como tamén o
manexo das novas tecnoloxías para crear os seus propios podcast, centrarán
boa parte dos contidos que se abordarán neste obradoiro. Ademáis, os
participantes neste ciclo de formación gravarán cinco podcast que se poderán
escoitar nas distintas canles de comunicación do proxecto Onda ODS e que
serán emitidos por Radiofusión.
A Axenda 2030, aprobada o 25 de setembro de 2015 e firmada polos
193 estados membros, aglutina 17 obxectivos e 169 metas vinculadas ás
esferas económica, social e ambiental cos que incidir positivamente na vida
das persoas, na conservación do planeta e nos niveis globais de prosperidade
da poboación mundial.
Co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, máis de 300
medios locais de todo o Estado deseñaron o proxecto ONDA ODS, que aspira
a divulgar estes obxectivos e propósitos cun enfoque próximo, presentando
casos concretos e dando visibilidade a iniciativas que, desde o local, loitan en

2
favor do medio ambiente, o despoboamento do rural ou a desigualdade de
xénero.
As Emisoras Municipais Galegas (EMUGA-Radiofusión) en asociación
con Emisoras Municipais de Andalucía (EMA), La Xarxa-Radio Televisión
Cardedeu (Cataluña) e a Rede Estatal de Medios Comunitarios están detrás do
proxecto ONDA ODS que, como parte da súa estratexia de comunicación, dará
voz a todas aquelas persoas e iniciativas que traballan a prol destes valores ao
longo de todo o territorio galego. Facer fronte á emerxencia climática e
ambiental, pechar a brecha de xénero e poñer fin a discriminación, superar as
ineficiencias dun sistema económico excesivamente concentrado, erradicar a
precariedade laboral, acabar coa pobreza, reverter a crise dos servizos
públicos, loitar contra a inxustiza global, revitalizar o noso medio rural e
enfrontar o reto demográfico serán as cuestións abordadas neste proxecto.
Para coñecer máis sobre as características do proxecto Onda ODS pódese
consultar a súa web www.ondaods.org e os seus perfís nas redes sociais
(Facebook, Twitter e Instagram).

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xoán Reices: «Podemos derrotar ao PP»

«Non nos deixemos cegar polo cemento nin polas luces de neón dos centros comerciais; A Estrada non vai ben e hai un culpábel desta situación: o PP de López»

Este Sábado pola mañá militantes e simpatizantes do BNG da Estrada acompañaron a Xoán Reices na súa primeira comparecencia de prensa como cabeza de lista da organización nacionalista para as vindeiras eleccións municipais, e a Susana Camba, actual concelleira.

O candidato do BNG iniciou a súa comparecencia agradecendo á militancia que «confiou en min» e engadiu que «ser o cabeza de lista do BNG nas vindeiras eleccións é un reto de grande responsabilidade que afronto con ilusión. Porei todo da miña parte para sacar uns magníficos resultados, mais sei que non vou estar só nesta tarefa: conto cos compañeiros e compañeiras, cos simpatizantes da nosa organización; conto cos veciños e veciñas da Estrada.»

Xoán Reices referiuse tamén ao programa electoral que se elaborará ao longo dos vindeiros meses, nos que, afirmou «temos un intenso traballo por diante; en primeiro lugar polo programa electoral que ten que estar á altura das necesidades do noso concello; das necesidades dos veciños e veciñas. Un programa centrado na posta en valor das noso patrimonio cultural e inmaterial, que aposte pola industria da madeira como motor de emprego, que aposte por unha vila verde, cuxas actuacións vaian máis alá da rúa Calvo Sotelo. Será un programa que poña o rural no centro, con servizos públicos e eficientes, un rural que permita aos veciños e veciñas vivir e traballar.»

O cabeza de lista tamén se marca como obxectivo para os vindeiros meses «conformar unha candidatura que estea á altura dos grandes retos do programa electoral; unha candidatura na que se sintan representados todos os veciños e veciñas, apostando pola mocidade que é o motor do futuro, mais tamén recollendo toda a experiencia acumulada ao longo dos 40 anos que ten a nosa organización.»

A Estrada non vai ben

O cabeza de lista do BNG tamén se referiu a situación do concello e ao goberno municipal. Neste sentido, Xoán Reices apuntou que «hai quen di que o PP de López teno doado para ganar as vindeiras eleccións municipais. Eu non o creo. Non nos podemos deixar cegar polo cemento da Alameda nin polas luces de neón dos grandes centros comerciais apadriñados por López. Si, temos un Mercadona e Lidl, pero A Estrada non vai ben. Non hai máis dar un paseo polas rúas para ver baixos pechados, edificios baleiros postos á venda enteiros, edificios públicos abandonados, caos circulatorio e chapuza tras chapuza…»

«Por outra parte,», engadiu o candidato nacionalista, «o PP de López leva gobernando 11 anos e durante todo este tempo non foi quen de facer nin un só saneamento no rural, para o que só miran para cando chegan as eleccións.»

«O dito,» afirmou Reices, «A Estrada non vai ben e hai dous responsábeis: López e o seu partido, o PP, que non teñen proxecto nin ideas para poñer o noso concello no carreiro do futuro.»

O candidato nacionalista rematou a súa intervención afirmando que «imos a por todas nas eleccións municipais! Non nos poñemos límites. Con ilusión e traballo, é posíbel mandar ao baúl da historia A Estrada gris do PP.».

Pola súa parte, Susana Camba, actual concelleira do BNG, explicou que «xa hai uns meses que informei ao consello local que razóns de índole persoal e profesional impedíanme ser a candidata do BNG nas eleccións municipais». «Con todo», engadiu, «continuarei como concelleira até o final do mandato e estou a disposición de Xoán Reices para botar unha man no que sexa posíbel co obxectivo de impedir que o PP teña outra vez maioría absoluta».

Publicado en Portada | Deja un comentario

INAUGURACIÓN  DA EXPOSICIÓN DE MANUEL GARCÍA BARROS NO IES NÚMERO 1

Na mañá de hoxe ás 12.00h, en dependencias do IES Núm 1, tivo lugar a inauguración da exposición de Manuel García Barros: obra, vida e pensamento impulsada polo Concello da Estrada e a editorial Galaxia. No dito acto participarón, ademais da directora do centro Beatriz Quintela; o biógrafo do autor Carlos Loureiro, o responsable editorial da exposición Xesús Domínguez e a concelleira de Educación do Concello da Estrada Amalia Goldar. Despois de facer parada nos tres IES estradenses, a exposición continuará xirando a partir de novembro polos distintos centros de primaria da vila.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada confraterniza con el pueblo de Vladeçti

Varios ciudadanos del pueblo de Vladeçsti, en el condado de Argeç, en Rumanía, visitan estos días el concello de A Estrada como parte de la política del Gobierno local de apostar por proyectos culturales de la Unión Europea. El alcalde, José López, recibió en la Casa Consisto rial a estas personas, que disfru tarán de su estancia en la capital de Tabeirós Terra de Montes co nociendo su historia, economía, cultura y gastronomía.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Chove na praza de abastos e o goberno municipal do PP non fai nada

 Desde o BNG da Estrada temos denunciado en moitas ocasións a chapuza da nova praza de abastos inaugurada en 2015. Entre os múltiples problemas que ten o principal é que mete auga cando chove. E hoxe concretamente, praceiras e praceiros enviáronnos un vídeo no que se aprecia con claridade que a praza ten fallos estruturais importantes e a auga entra por litros cando chove, non son simples goteiras.

Desde que se inaugurou a Praza, e a pesar das evidencias, o goberno do PP, capitaneado por José López, foi incapaz de darlle solucións aos problemas, e en especial á entrada de auga masiva na praza.

A reforma da praza de abastos fíxose a conta dos impostos dos veciños e veciñas, non é normal que o goberno do PP recepcionara unha obra que tiña fallos e nunca reclamou á empresa construtora, e ademais nunca fixo nada para mellorar as condicións de habitabilidade de praza para prestar un bo servizo aos praceiros e praceiras, mais tamén aos veciños e veciñas.

Xa dixemos noutra ocasión que o PP de López está empeñado en deixar morrer a praza, as goteiras confírmano. Teranos enfronte, non permitiremos que iso ocorra e exiximos ao goberno que tome medidas para solucionar os problemas da praza e en concreto das goteiras que impiden un desenvolvemento normal da actividade na praza de abastos.
Publicado en Portada | Deja un comentario

José Miñones exemplifica na Estrada o compromiso do Goberno co municipalismo con investimentos de máis de 7 millóns

O delegado del Goberno en Galicia, José Miñones, exemplificou hoxe no Concello da Estrada o compromiso do Goberno co municipalismo. José Miñones sinalou que “A Estrada é un exemplo de como o Goberno aposta por mellorar os servizos públicos e a calidade de vida de todos os galegos e galegas, no marco da aposta do Executivo de Pedro Sánchez por facer chegar o Plan de Recuperación a cada recuncho do país”.
 
O delegado do Goberno desprazouse hoxe ata o Concello da Estrada xunto coa subdelegada na provincia, Maica Larriba. Alí, mantivo unha reunión co alcalde, José Campos, para abordar os investimentos estatais no municipio e coñecer as súas demandas.
 
Durante o encontro, José Miñones anunciou que o Concello da Estrada é un dos 8 concellos da provincia que poden optar, xunto coa deputación, ás novas subvencións para a dixitalización das entidades locais.
Lembrou que na convocatoria de 2022, o Ministerio de Política Territorial abriu estas axudas para municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes e puxo ao dispor do territorio galego unha inxección económica de preto de doce millóns de euros. “O obxectivo é inxectar 12 millóns do Fondo de Recuperación en Galicia, e, en concreto, catro millóns na provincia de Pontevedra, para que as administracións locais faciliten as xestións á cidadanía, con propostas innovadoras que mellorarán a prestación dos servizos públicos”, destacou.
 
O delegado detallou que no caso da Estrada, o Concello pode beneficiarse dunha subvención de 140.900 euros. Así llo trasladou ao alcalde, a quen pediu concretar esta axuda en proxectos que permitan modernizar os servizos públicos municipais. “A convocatoria está aberta ata o 15 de decembro e animo ao alcalde a aproveitar esta importante oportunidade para facer da súa administración local unha ferramenta máis próxima e accesible para a cidadanía. Non podemos perder nin un so euro para a recuperación de Galicia”, incidiu.
 
Nova solución para a N-640
 
José Miñones valorou tamén outros investimentos do Goberno no municipio, como a variante N-640, “unha obra de vital importancia para a localidade e a provincia e coa que o Goberno está comprometido, tal e como o evidencia a partida de medio millóns de euros que lle reservan os Orzamentos Xerais do Estado para 2023”.
 
O delegado explicou que a obra “viuse ralentizada pola aparición do Castro de Preguecido e os correspondentes informes de Patrimonio da Xunta de Galicia, pero continúamos avanzando e traballando por facela posible”. Neste sentido, explicou que vaise licitar un novo contrato de servizos que inclúa a tramitación ambiental necesaria e que adapte a redacción do proxecto á nova solución acordada coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
 
Esta nova solución modifica o trazado no tramo que afecta ao Castro de Preguecido mediante a construción dun túnel de 330 metros para evitar a alteración deste elemento patrimonial. O delegado advertiu que “a construción do túnel requirirá, non obstante, novos estudos hidroxeolóxicos para analizar os seus posibles impactos”.
 
Dixitalización co Plan ÚNICO Banda Ancha
 
José Miñones avanzou que A Estrada está incluída nas dúas convocatorias -2021 e 2022- de dotación de internet de alta velocidade que financia o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e que se vehiculan a través do Programa ÚNICO Banda Ancha.
 
O Ministerio financia con este programa ata o 90% dos custos (tecnolóxicos, obras, permisos, etc.) nos que incorren as empresas tecnolóxicas para levar a conexión de alta velocidade (superior a 300mb) a zonas sen cobertura. Entre as dúas convocatorias do Plan ÚNICO, o Goberno inviste na provincia de Pontevedra 16,2 millóns de euros para levar a tecnoloxía de conexión de alta velocidade a máis de 41.289 vivendas e empresas da provincia.
 
No caso da Estrada, o Programa ÚNICO posibilitará a conexión de alta velocidade de 739 puntos nos que se localizan 1.941 vivendas e empresas: “Estamos a falar de garantir a conectividade máis de 300 megas a máis de 700 zonas que hoxe non dispoñen deste tipo de cobertura, esencial no mundo actual”, subliñou o delegado do Goberno.
 
6,8 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxética
 
José Miñones lembrou tamén que A Estrada recibiu case 7 millóns de euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) para renovar as luminarias das súas zonas rurais. Un proxecto que, segundo informou o alcalde está a piques de ser rematado, e permitirá mellorar a eficiencia enerxética do municipio e reducir a súa factura da luz.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A escritora Ledicia Costas protagoniza este venres unha charla literaria na Estrada

Este vindeiro venres ás 20.30h, no Teatro Principal, terá lugar unha
nova edición do parladoiro das Letras coa presenza da escritora
Ledicia Costas. Un acto que moderará Pablo Chicas e que
contará coa colaboración do programa O recuncho da lingua de
Radio Estrada e de distintos centros educativos do municipio.
Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas
da literatura galega. Nos últimos años recibiu importantes
recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, pola
súa obra Escarlatina, a cociñeira cadáver. Por ese mesmo libro, o
Ministerio de Cultura concedeulle o Premio Nacional de Literatura
Infantil y Juvenil no ano 2015. No ano 2019, con Infamia, Ledicia
estréase no xénero de novela para adultos. Este sería o libro máis
lido nos clubs de lectura de Galicia na ESO durante o curso 2019-
2020.
Todos aquelas persoas que queiran asistir a esta charla literaria,
terán que recoller un convite no departamento de Cultura ou en
dependencias do Teatro Principal media hora antes do comezo do
acto. A entrada será reducida e contará cunha sinatura de libros ao
remate da charla.

Publicado en Portada | Deja un comentario