O alcalde da Estrada, José López, fixo balance da
xestión do goberno local durante este último mandato e anunciou que se adxudicaron
obras por valor de 18 millóns de euros en 54 actuacións -a maioría delas xa finalizadasdesde mediados do 2019, adicados na súa meirande parte a proxectos que teñen que ver
coa humanización das rúas, cos plans de asfaltado das vías do rural ou coa modernización
do alumeamento público nas parroquias.
López subliñou que “nestes últimos anos estanse a acometer importantes actuacións
transformadoras no noso municipio, relacionadas coa recuperación de espazo para os
peóns, coa mellora da eficiencia enerxética ou coa aposta polo deporte base”, e engadiu
que este nivel de licitacións é posible “grazas ao bo facer dos técnicos do Concello e á
nosa capacidade de xestión para conseguir fondos públicos”.
As actuacións no rural concentraron gran parte do investimento nos tres últimos anos.
Un dos proxectos de maior magnitude que se está a executar na actualidade, adxudicado
en 6,8 millóns de euros á empresa Tecuni, consiste na renovación do alumeamento
público das 51 parroquias estradenses co cambio de 14.000 puntos de luz por luces LED,
o que permitirá reducir un 70% o consumo enerxético e, ao mesmo tempo, aumentar a
cantidade de luminarias no rural. Estes traballos súmanse á substitución de 1.700
luminarias do casco urbano, adxudicada en máis de 800.000 euros e xa finalizada.
Ao mesmo tempo, estase a executar a construción dunha rede de abastecemento que
conecte as parroquias de Tabeirós e Nigoi á traída de auga municipal. Estos traballos,
adxudicados á firma Petrolam en 840.000 euros, solucionará os problemas de
abastecemento de máis de 400 vivendas.
Ás anteriores actuacións súmanse as numerosas licitacións para realizar asfaltados tanto
nas vías rurais como nas urbanas, por un valor total de preto de 4 millóns das obras xa
adxudicadas. No eido urbano, ao longo deste último mandato as obras máis costosas
foron aquelas adicadas á humanización das súas principais rúas, á adquisición de novo
mobiliario urbano e á reforma integral da Praza da Feira, cun desembolso de 1,2 millóns
de euros para estas actuacións xa finalizadas.
O resto da licitación correspóndese con actuacións adicadas ao mantemento e á mellora
das instalacións deportivas, a iniciativas como o Smart Párking, ao acondicionamento de
espazos públicos, á mellora da seguridade e da iluminación das rúas da vila, á mellora do
equipamento do Teatro Principal, á adquisición de terreos para adicalos a aparcadoiro
público gratuíto ou á creación de rutas de sendeirismo, entre outras.
No que vai de 2022, o goberno local licitou 14 obras públicas adxudicadas a 11 empresas
diferentes. A actuación que está a supoñer un maior investimento, sumando case o 40%
do importe total adxudicado durante os oito primeiros meses do ano, é a construción da
pista de atletismo. Este proxecto, adxudicado á firma Construcciones y Viales S.A (Covsa)
por 1.187.868 euros, atópase na súa segunda fase logo de rematar os traballos de
explanación do terreo sobre o que se asentarán as instalacións, adxudicados a Ivanca por
183.920 euros. A seguinte fase do proxecto consistirá na construción dun módulo anexo
á pista de atletismo, que será financiado cun millón de euros procedentes da Secretaría
Xeral para o Deporte e outro millón de euros de fondos propios do Concello. O rexedor
local estima que estas obras estean rematadas antes de abril do 2023.
Antes de que remate o ano, López confía en adxudicar outros proxectos “de moita
relevancia” como a mellora da sinalización no ámbito urbano e no rural, para o que se
adicarán 1,1 millóns de euros que serán empregados para mudar todos os sinais de
dirección, de tráfico, de parroquia e de lugar no casco urbano e mais en cada unha das
51 parroquias estradenses. Outras actuacións xa definidas para as que aínda non se
iniciou o procedemento de contratación son a mellora integral do Camiño da Geira e dos
Arrieiros e mais o Miñoto-Ribeiro, cun orzamento de 388.000 euros; ou a mellora do
campo de fútbol de A Nogueira, en Vea, cun orzamento de 435.000 euros.
O goberno local adxudica obras por valor de 18
millóns de euros desde o comezo do actual mandato
O Concello da Estrada organiza un obradoiro
gratuíto de marcha nórdica o 10 de setembro
O Concello da Estrada organizará o sábado 10 de
setembro unha xornada gratuíta de marcha nórdica, que terá lugar no campo de fútbol
7, situado na zona deportiva estradense, co obxectivo de achegar este deporte á
cidadanía.
A xornada desenvolverase de 10.00 a 13.00 horas e estará dividida en tres partes: en
primeiro lugar, haberá unha parte teórica na que se lle entregará aos participantes o
material necesario e aprenderán conceptos sobre este deporte coma a súa orixe ou os
seus beneficios; logo, haberá unha parte práctica na que empregarán o material e
aprenderán a técnica; e finalmente realizarán unha pequena ruta de baixa dificultade
pola zona deportiva da Estrada co obxectivo de que poidan poñer en práctica o
aprendido. Os/as participantes deberán acudir con roupa e calzado cómodos.
O obradoiro será impartido por Nacho García, licenciado en Ciencias da Actividade Física
e do Deporte pola Universidade de Vigo, seleccionador do equipo galego de marcha
nórdica, subcampión autonómico e instrutor deste deporte desde o ano 2015.
Aquelas persoas interesadas en participar poderán inscribirse de balde ata o vindeiro día
9 de setembro, a través do enderezo electrónico sanidadeeturismo@aestrada.gal ou no
teléfono 986 67 77 02.
As oficinas de turismo da Estrada rexistran o seu
mellor mes de agosto tras recibir 1382 visitantes
o A Oficina de Turismo da Casa das Letras e o Punto de Información Turística do Pazo
de Oca atenderon 2544 turistas durante todo o verán
o A maioría dos visitantes chegaron desde Madrid, Cataluña e Andalucía atraídos
pola cultura, a gastronomía, a natureza e o Pazo de Oca
. O Departamento de Turismo, que dirixe Óscar Rancaño,
fixo público esta mañá que a Oficina de Turismo ubicada na Casa das Letras e mais o
Punto de Información Turística emprazado no aparcadoiro do Pazo de Oca acadaron o
seu mellor mes de agosto dende que existen rexistros logo de atender 1382 visitantes, o
que supón un incremento de 120 persoas con respecto ao mesmo mes do 2021.
O edil de Turismo celebrou “uns datos extraordinariamente bos, que amosan o interese
que espertan os atractivos da Estrada xa non só dentro das nosas fronteiras, senón en
todo o mundo”.
A Oficina de Turismo da Casa das Letras recibiu 142 turistas en agosto, máis do doble ca
os atendidos no mesmo período do ano anterior. A maioría dos visitantes chegados ata a
oficina foron madrileños (19), seguidos de cataláns (17) e, en terceiro lugar, galegos (16).
Seguíronlle os procedentes de Andalucía, Comunidade Valenciana e o País Vasco. Fóra
das nosas fronteiras, chegaron turistas principalmente desde Francia e Arxentina.
A meirande parte dos/as visitantes afirmaron visitar A Estrada atraídos pola súa oferta
cultural, pola súa natureza a través das rutas de sendeirismo ou de espazos naturais como
as fervenzas ou as praias fluviais do municipio, pola gastronomía ou o Pazo de Oca.
O atractivo do “Versalles galego” reflexouse un mes máis nos datos rexistrados no Punto
de Información Turística ubicado no seu aparcadoiro. Durante todo o mes de agosto
recibiu un total de 1240 visitantes, 40 máis ca os que se rexistraron no 2021. A maioría
deles chegaron desde diferentes puntos de Galicia, Madrid, Cataluña, Andalucía e a
Comunidade Valenciana. En canto aos visitantes europeos, procederon principalmente
de Francia e, en menor medida, de Italia, Alemaña e Portugal, aos que se lle sumaron
outros turistas chegados dende Arxentina, EEUU, México e Venezuela.
En canto aos datos de todo o verán, o Departamento de Turismo anunciou que durante
os meses de xullo e agosto pasaron polas dúas oficinas estradenses 2544 turistas na
procura de información. Gran parte deles escolleron os aloxamentos rurais estradenses
para descansar durante a súa estancia. Tamén se aloxaron en concellos próximos á
Estrada como Silleda, Boqueixón ou Vila de Cruces, e outros moitos escolleron Santiago
de Compostela ou zonas das Rías Baixas.
A partir do 1 de setembro só permanece aberta a Oficina de Turismo da Casa das Letras,
que ofrecerá os seus servizos ata o vindeiro 30 de outubro co seguinte horario: de martes
a venres, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30 horas; sábados de 9.00 a 13.30 e de 16.30
a 20.30 horas; e domingos de 11.00 a 13.30 horas.
O Concello abrirá o luns o prazo para inscribirse na
terceira quenda dos cursos de natación para maiores
O Concello da Estrada manterá aberto dende o
vindeiro luns e ata o día 19 de setembro o prazo para inscribirse na terceira quenda da
actividade de piscina para persoas maiores, que se desenvolverá dende o 3 de outubro
ata o 30 de decembro.
Haberá un total de 60 prazas divididas nos seguintes grupos de mañá e tarde: os luns, de
9.15 a 10.00 horas ou de 16.30 a 17.15 horas; os mércores, de 9.15 a 10.00 horas; e os
venres, de 9.00 a 9.45 horas ou de 9.45 a 10.30 horas. En cada sesión deberá haber un
mínimo de sete participantes, e non poderán superar os 12.
O prezo da inscrición será de 20 euros. Poderán participar nesta actividade as persoas
empadroadas no municipio que sexan maiores de 50 anos ou presenten algunha
discapacidade igual ou superior ao 33%.
Aqueles/as interesados/as deberán presentar as súas solicitudes de xeito presencial, no
Departamento de Servizos Sociais do Concello de 9.00 a 14.00 horas, ou a través da sede
electrónica do Concello. O modelo de solicitude estará dispoñible na páxina web do
Concello e deberá presentarse cuberto e acompañado dunha copia do DNI e, se fose o
caso, do certificado de discapacidade
O Viveiro de Empresas municipal podería
completar o seu espazo cunha nova incorporación
A Comisión de Valoración e Seguimento do Viveiro de
Empresas da Estrada celebrará unha reunión o vindeiro luns ás 12.00 horas para avaliar
a incorporación dun novo membro, David Villar Brea, que desempeñará as funcións
dunha consultoría informática especializada na xestión da cadea de subministración.
Polo de agora, este emprendedor aínda non está constituído como empresa. Deste xeito
aproveitará unha das vantaxes que ofrece o viveiro, que permite ocupar un dos seus
espazos durante tres meses para que o/a interesado/a leve a cabo os trámites necesarios
para a posta en marcha do seu proxecto ata que xustifique o inicio da súa actividade e
poida continuar no espazo.
De aprobarse a súa incorporación, o Viveiro de Empresas da Estrada contaría coa
totalidade dos seus dez espazos cubertos: sete deles por pequenas empresas e
emprendedores/as do municipio, un deles polo servizo SmartPeme da Deputación de
Pontevedra, e outro cedido polo Concello á asociación Amicos.
O concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, destacou o “éxito desta iniciativa
municipal para fomentar o emprendemento na Estrada” e asegurou que “é un dos
poucos viveiros da provincia xestionados íntegramente polo Concello e un dos que mellor
retorno ten por parte dos usuarios”. Durán tamén quixo aclarar que, aínda que a priori
non queden espazos baleiros, se hai algunha persoa interesada en formar parte do viveiro
poderíase avaliar a súa incorporación xa que “o servizo de SmartPeme só se presta dous
días ao mes e poderíamos mudalo de ubicación para darlle preferencia aos
emprendedores estradenses”.
As persoas beneficiarias do Viveiro de Empresas, situado no Novo Mercado, teñen
dereito a ocupar o espazo durante dous anos, prorrogables por outro ano a maiores.
Realizando un pagamento de 50 euros ao mes, teñen cubertos todos os gastos de luz,
auga, calefacción, aire acondicionado, internet, teléfono e limpeza, ademáis de dispoñer
dunha sala de reunións equipada para a realización de conferencias.
A Comisión de Valoración estará composta polo concelleiro de Promoción Económica,
Óscar Durán; un membro da Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE); un
representante da Asociación de Empresarios da Estrada; e un membro da Asociación de
Xóvenes Empresarios de Pontevedra.
A Estrada acollerá a VI andaina solidaria co Alzhéimer
“Os Camiños da Memoria” o 16 de setembro
A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, presentou
esta mañá a sexta edición da andaina solidaria “Os camiños da memoria”, organizada pola
Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (Agadea) en
colaboración co Concello, que volverá acoller A Estrada o día 16 de setembro despois de
dous anos celebrándose en formato virtual por mor da pandemia.
Durante a presentación do evento, a edil de Benestar Social estivo acompañada da
presidenta de Agadea, Isabel Gey; da coordinadora da asociación na Estrada, Sonia
Castro; e do representante da asociación colaboradora SendeRuta, Toni Ibáñez. Goldar
agradeceu “a implicación e a colaboración de Agadea a través desta e doutras moitas
actividades que celebran no noso municipio encamiñadas ao envellecemento activo” e
animou a toda a veciñanza a formar parte desta iniciativa.
Pola súa banda, Isabel Gey quixo agradecer a colaboración do Concello da Estrada e mais
das empresas colaboradoras. A presidenta de Agadea explicou que a actividade física “é
un dos piares máis importantes para previr as demencias en xeral, e o Alzhéimer en
particular” e precisou que a través desta actividade “preténdese sensibilizar á sociedade
sobre estas enfermidades para evitar os estigmas sociais e familiares que aínda existen
arredor delas”.
A andaina dará comezo o venres 16 de setembro, ás 19.30 horas na Praza do Novo
Mercado. Alí haberá actividades organizadas pola asociación xuvenil Ocionautas e
acompañamento musical a cargo do grupo de folk Regatos. Dende a organización
recomendan vestir roupa e calzado cómodos e acudir unha hora antes para que os/as
participantes poidan recoller cadanseu dorsal e realizar a entrega de camisetas e
mochilas.
A ruta terá un percorrido de oito quilómetros en total con dúas zonas de avituallamento,
comezará e rematará na Praza do Novo Mercado, desprazarase por Figueiroa de Abaixo
e Figueiroa de Arriba e será de baixa dificultade “co obxectivo de que participe xente de
todas as idades, dende nenos ata avós”, explicou Gey.
Aquelas persoas interesadas en participar poderanse inscribir ata o día 14 de setembro
ás 13.00 horas, a través da páxina web da asociación www.agadea.org. A inscrición terá
un prezo de 5 euros para os/as maiores de 12 anos e será gratuíta para os/as menores
desta idade. Aqueles que desexen colaborar coa asociación poderano facer tamén a
través do “Dorsal 0”.
Na actualidade, Agadea conta con arredor dunha vintena de usuarios/as tanto no seu
Servizo de Estimulación Terapéutica como no centro de día ubicados no Novo Mercado.
A edil de Benestar Social referiuse a este último e avanzou que “nos vindeiros días, o
Concello presentaralle á Xunta o proxecto para a ampliación do número de prazas
dispoñibles, que dependerá do que dictamine a administración autonómica”. Neste eido,
Goldar tamén destacou a calidade deste servizo municipal, impulsado polo goberno local
e financiado con fondos propios do Concello, no que “por menos de 30 euros ao día podes
ter coidada á túa persoa maior durante toda a xornada, nun centro completamente
equipado, con comida, con profesionais cualificados e servizo de fisioterapia
A Feira do Moble alcanza o 100% de ocupación con expositores da Comunidade
Autónoma .
Faltan pouco máis de quince días para que A Estrada reciba a trixésimo cuarta Feira do Moble
de Galicia. Esta nova edición vén de alcanzar o 100% da ocupación do seu espazo expositivo,
no que firmas autonómicas ,nacionais e internacionais mostrarán todas as novidades do sector
rante os catro días de duración do certame.
Os usuarios interesados en coñecer o mercado actual de mobiliario doméstico e decoración
teñen unha cita ineludible do 15 ao 18 de setembro, de 11.00 a 20.00 horas, no Recinto Feiral
A Estrada. A maioría dos expositores pertencen á comunidade galega, mais os visitantes
tamén poderán coñecer e deixarse aconsellar por firmas procedentes de Asturias, Madrid,
Biscaia, Ciudad Real, Córdoba, Madrid, Toledo, Sevilla, Valladolid, Alicante e mesmo
omité Executivo
Por outra banda, o Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada
reuniuse para tratar diferentes temas . Ao encontro asistiron o alcalde da Estrada, José López
Campos; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Luís López; e o
representante da Ace , José Luís Carracedo.
Na reunión presentarouse a proposta publicitaria para a Feira do Moble, así como os
orzamentos da entidade para o ano 2023.
Malia que haberá que agardar ata o vindeiro xoves 15 de setembro para coñecer en vivo e
directo as novas en materia de decoración, mobiliario, electrodomésticos, complementos do
fogar, instalación de piscinas, automatismos ou enerxías renovables, entre outras moitas
ofertas, dende o Recinto Feiral A Estrada comezarase nos próximos días coa presentación de
expositores e a campaña publicitaria do evento.





































